Praza do Souto

Praza do Souto

domingo, 26 de marzo de 2017

Parladoiro O Ciclo do Pan con Manuel Rivero.

Onte 25 de marzo tivemos Parladoiro, unha actividade que " Os Espigueiros " consideramos fundamental xa que contribúen á divulgación e investigación  da nosa cultura e historia.
Tivemos o privilexio de contar con Manuel Rivero: antrólogo, psicólogo, sociólogo da Universidade da Uned. Unha persoa moi cercana que non só nos falou da importancia do pan e da súa vertente págana e relixiosa,  se non que nos fixo despertar conciencia da necesidade de voltar ao anterior e aplicalo e adaptalo á nosa vida diaria.
Moitas grazas Manuel.
Fotos cedidas por Andrés Bourio.























sábado, 18 de marzo de 2017

"Toca otra jota Baril"

… Vamos seguir con Baril
A ver se lle damos xeito
Este home vivía no Curro
Barrio moi popular
Alí había de todo
Bon malo e regular.
Quen non recorde a Baril
Cando estaba con Jovita
Eilí había sermpe xente
Alegría e putería.
Viñan Puchos e Casetos
Que eran os pinches do pobo
Unhos cantaban as copras
Outros tocaban o bombo
Sempre estaban contentos
Nunca se queixaban de nada.
Pasaban algo de fame
Pro eso que máis lles daba
Sempre foi bo e nunca
Lle fixo mal a ninguén
Por eso nesta parroquia
Todos lle quixeron ben

                   
Este é un anaco de copra que Leonardo de Baril lle dedica a seu tío Jota Baril. Pero… quen foi Jota Baril? coñecido e querido  polos maiores... ignorado e esquecido por novos...
Nas culturas máis antigas a comunicación de novas e relatos adoitaba facerse cun soporte musical debido sen dúbida a que a música ten o poder de transmitir emocións e sentimentos
Nunha época na que a prensa escrita brillaba pola súa ausencia, que cando chegaba  aos pequenos pobos chegaba como chegaba,e na que gran parte da poboación non sabía ler nin escribir...os cantares de cego eran unha importante forma de información xa que narraban relatos históricos, contos, sucesos, crimes pasionais, amores imposibles,… que acaecían nos pobos dos redores.
 Estes cantares, eran pequenas pezas interpretadas por un home/muller a veces cegos, outras non,  xa que se buscaban as súas estratexias para mendigar, como pegar un ollo con cera, torcer brazos, poñer carne putrefacta…para ganar unhas moedas.
Estas pezas musicais interpretábanse co acompañamento do son dun violín ou dunha zanfona. No caso de ir acompañado, o acompañante ou criado complementaría  a peza coa percusión ben bombo, pandeiro ou tamboril.  Levarían as súas coplas por festas,romarías, feiras… por distintos puntos da xeografía. Cego e criado, vendían estas coplas impresas en cuartillas de papel fino que penduraban para amosalas en cordeis.
O criado durante a actuación portaba un estandarte con debuxos que facían referencia aos principais sucesos que se narraban na copla, o chamado cadro de feiras. O criado sostiña o apeiro e ía sinalando cada unha das escenas
Neste contexto situamos a Manuel Martínez Chao, ou Jota Baril como o coñecen os veciños.
  O “Mané” naceu en Rego de Cas, (Mondoñedo),a fins do 1897.
Seus pais vendían quincalla de feira en feira naqueles momentos. Neste  lugar a gran maioría dos mercadores ambulantes, titiriteiros, músicos,… dábanse cita chegados de diferentes lugares da bisbarra.
O Manuel á tenra idade de sete anos, quedou cego dun ollo tras unha enfermidade.
 Inmerso dende o primeiro momento nun mundo de músicos, titiriteiros e mercadores ambulantes e con grandes cualidades para a música, aprendeu de moi novo a  tocar o violín de mans do Benigno Soto Pajón,
 “ O Roso “ ,un dos múltiples músicos que se daban cita en Mondoñedo.

Dende moi novo comezou a ir de festa en festa vendendo e cantando coplas que escribía, ou ou lle escribían, entre eles Abelardo de Marcelo.  Noutras ocasións   intercambiábaas con outros músicos nos diferentes lugares de encontro.
 Percorría numerosos pobos do redor: Arante, Remourelle, Fazouro, Mondoñedo, Foz …  durante o verán, e polo inverno viaxaba cara as montañas de Galicia e Asturias co seu burriño, abrigado cunha chaqueta longa e arrastrando nas zocas. Por San Miguel víase máis no inverno vivindo nun pequeno alpendre no Curro.
Nas súas viaxes, durmía onde lle deixaban cadras, alpendres...  e a cambio tocaría  durante as esfollas e mallas. Cando Jota Baril chegaba comezaba a festa, “seica che manca o zoco Mané” ou “toca outra jota Baril” coreaba o público nas esfollas que facían no Curro,  orixinando así o seu nome artístico, Jota Baril
Tocaba o violín pechando nun ollo e nas súas cantigas en moitas ocasións exaltaba aos heroes da república, cantigas prohibidas posteriormente durante o réxime.
Nos primeiros anos ía acompañado do seu criado chamado de mal nome o “zangamulo” ao que lle pagaba un real .Zangamulo acompañaba a Baril coa percusión e ademáis ía sinalando cun pao ao público as principais escenas do que Baril narraba. Tras Zangamulo, tivo numerosas acompañantes femininas.
Visita foi a que máis tempo compartiu con Manuel . Era asturiana e viña escapada dos horrores da guerra civil, vira como fusilaban a seus irmáns por ser republicanos coma ela e o Manuel. Non sabía ler nin escribir pero Leonardo, sobriño de Baril por todos coñecidos, líalle as coplas e ela memorizábaas con facilidade e interpretábaas coa súa voz prodixiosa. Cando a guerra finalizou ela foise para a súa terra para nunca máis voltar. Despois de Visita virían outras mozas.
Manuel morreu no ano 1957 con apenas sesenta anos en Foz deixándonos sen a súa música por sempre, o seu violín deixou de tocar.
Ao longo da súa vida, chegou xuntar máis de 1500 coplas. Estas coplas  que foron destruídas despois da guerra por medo, xa que a gran maioría eran de exaltación da república e o medo naqueles anos durante o réxime era palpable en tódolos recantos do pobo.
Sorte de nós que  puidemos conversar con Leonardo , seu sobriño, que de memoria recordou e transcribiu algunha desas coplas e as compartiu con nós.
 Eternamente agradecidos Leonardo, conservarémolas para que ninguén esqueza a este personaxe pobre, pero de boa fe, que desfrutou  da música coma ninguén,  que nos tempos da guerra chegaba co seu violín aos Campos amenizar as tardes dos domingos cando os bailes se suspenderan, de forma que contribuíu a esquecer os horrores e preocupacións da guerra aos nosos veciños e veciñas.
Remato este artigo cunha copla das que este home de San Miguel, pobo que sempre levou no corazón, interpretou anos previos á guerra.

García y Galán
Mariposas que cernís el vuelo
Allá en el sepulcro cantad y decir
Si es verdad que hay Dios en el cielo
Los dos sepulcros debe bendecir
Y un castigo dar al Caín que llamándose rey
Pisoteó la ley Constitucional.
No lloreis a Galán ni a García
Murió la maestría
La idea quedó.
Si su sangre vertieron un día
abierto el camino a España dejó
sólo para ver poco a poco caer al farsante
que luce un brillante sin sudarlo el.
El que tiiene dinero no siente
Las penas que pasó el trabajador
Derramando el sudor de su frente
Y dando el producto al explotador
dijo así Galán, y al momento
de ser fusilado dió un Viva cerrado
Por la libertad.