Praza do Souto

Praza do Souto

sábado, 8 de abril de 2017

IBERIA CF (Primeira parte)


         O 5 de xaneiro de 1935 aparece o seguinte artigo no semanario ribadense “Las Riberas del Eo”:

San Miguel de Reinante

NUEVA SOCIEDAD  Un grupo de jóvenes de este pueblo, ansiosos de elevar el nivel cultural de sus vecinos, han ideado constituir una sociedad deportiva, que abarcase a los jóvenes de todas las edades, para practicar toda clase de deportes, prestándole preferente atención al conocido por Foot-ball.
  Enseguida que se ha dado a conocer la idea, muchos fueron los que han corrido a inscribirse, guiados por la ilusión, de hacer los posibles para que, el pueblo de San Miguel, dentro de poco figure entre los pueblos deportivos, con tres equipos de fútbol, uno titular, y dos infantiles.
  El pasado día 1.º se han reunido todos los inscritos, habiendo nombrado una Directiva provisional, encargada de llevar a la práctica, la organización de la misma, que llevará, al igual que sus equipos, el nombre de “Iberia”. Forman la directiva provisional los siguientes señores:
Presidente, D. Bautista Vila; Secretario, D. Isidro Martínez; Tesorero; D. Vicente Debén; Contador, D. Manuel Villamil; Vocal 1.º, D. José Ríos; Vocal 2.º, D. Antonio Mosquera.
  También han sido nombrados entrenadores, los señores don Rodolfo Tapia y don José Antonio Rocha, quienes después de haber terminado la junta, han organizado un partido, con el fin de ir seleccionando el personal que ha de componer el equipo principal, inaugurando de esta forma el campo alquilado a este fin.
Dado el entusiasmo que reina en todos y la seriedad de sus directivos, no dudamos que la naciente sociedad, dentro de poco, hará sentir sus efectos, dando a San Miguel días de gloria. CORRESPONSAL.

Segundo este artigo, pódese entón asegurar que foi o 1 de xaneiro de 1935 cando se funda oficialmente o IBERIA CF, de San Miguel de Reinante. Sen embargo, hai constancia de que a finais dos anos 20 (1926, 1928...) a afección polo fútbol no pobo fixo que se formaran espontaneamente equipos para disputar partidos entre as aldeas veciñas. Un deses equipos foi o chamado “O Glorioso” e que xa vestía a mesma indumentaria que na actualidade: camiseta branquiazul a raias verticais e pantalón azul. Este equipo non tiña directiva, senón que se organizaban os propios xogadores para disputar partidos amigables e trofeos contra outros equipos da comarca.
No “El Heraldo Gallego”, Órgano das colectividades galegas en Bos Aires do 24 de outubro de 1926, aparece unha pequena reseña do partido disputado polo GLORIOSO en Foz conta o Masca FC dese porto e no que o resultado foi de empate: 0-0.
Outro dos equipos desa época foi o ESPAÑA F.C. que se enfrontou ao KARABA F.C., de Foz, o día 17 de xuño de 1928, segundo aparece no xornal “El Pueblo Gallego” daquela época. O resultado do partido foi 6-2 favorable aos de San Miguel.
Formaban estes equipos, entre outros, Paco de Clemente, José Antonio Rocha, Manolo e Mauricio Maseda, Eduardo Cora, Manolo do Merlo (Lángara), Virgilio Díaz, Secundino, Manolo do Colexio, Margolles, Mariano Fraga, Amando do Coxo, Rivero do Saleiro, O Palla, Selmo do Roxo, Amancio de Teixeira, Cachán, Edmundo, Alberto, Desiderio, etc.
O motivo de elixir o novo nome de IBERIA é puramente anecdótico, posto que ao carecer o equipo de camisetas, Desiderio, un obreiro que traballaba con Bautista Vila e natural de O Carballiño (Ourense), conseguiu un equipamento con franxas brancas e azuis que traían gravada a marca Iberia, de coitelas de afeitar. O seu logotipo era un león rampante. Pois ben, este símbolo pasou ao escudo e o nome de Iberia ao equipo.


O primeiro partido que disputa o IBERIA CF foi o día 1 de marzo de 1935 contra o Racing Club Devesano, coincidindo cun dos días de festa máis famosos do pobo: o San Rosendo. A continuación, transcribimos a crónica de dito partido segundo “Las Riberas del Eo” (09-03-1935):

A las tres de la tarde del citado día, el público empieza a abandonar el campo de la feria, para dirigirse al de fútbol, en donde se iba a celebrar el partido anunciado, entre el “Iberia” de esta localidad, y el Racing Club Devesano, que por ser el primer partido que jugaban los locales, había despertado enorme interés. Y...
...A las tres y media de la tarde, saltan al campo, entre una cerrada ovación, os equipos contendientes, acompañados de sus respectivas madrinas, señoritas Margarita Valiela Dorado, del Iberia, y Francisca Villamil, del Racing. Los capitanes de ambos equipos, entregan hermosos ramos de flores naturales, después de cuya ceremonia y bajo las órdenes del señor Rodolfo Tapia, empieza el partido dando el kick-off, la madrina del club local.
Durante todo el primer tiempo, ambos equipos ponen de su parte todo lo que pueden, viéndose en ambas partes jugadas bonitas y pases preciosos, no habiendo marcado los locales algunas veces, por tener mala suerte de luchar contra el aire, que echaba a perder todas las oportunidades, terminando el primer tiempo, con un empate a cero.
En el segundo tiempo, el entusiasmo de los jugadores se acrecienta, y tratan por todos los medios de lograr el desempate, llegando este, de una forma dudosa, a la mitad del segundo tiempo que los devesanos lograron para ellos el único tanto de la tarde.
Con la anotación de 1 a 0, a favor de la Devesa, terminó este partido, con que el Club Iberia debutó en la vida futbolística. Los equipos alinearon en la forma siguiente:
“Racing Club”: Casanova; Mena, Narciso; Domingo, Oroza, Rosendo; Fondón, Maño, Agustín, Manolillo, Guerra.
“Club Iberia”: Paco; Margolles, Villamil; Nemesio, Suso, Germán; Mariano, Dorado, Desiderio, Fraga, Palla.
Durante el descanso distinguidas señoritas amigas y compañeras de la madrina, han efectuado entre la concurrencia una colecta con el fin de aumentar los fondos de esta sociedad que a los dos meses de fundada, cuenta con un centenar de asociados. CORRESPONSAL.

O segundo partido do Iberia CF foi en Foz para Xogar contra o Villajuane. O resultado foi de 0-1, gol de Desiderio, co cal o Iberia CF consegue a primeira vitoria da súa historia. A alineación presentada nese partido foi a seguinte: Rocha; Villamil, Margolles; Germán, Suso, Fraga; Palla, Amando, Desiderio, Iglesias, Mariano.

Outros partidos:
Iberia CF-Deportivo Foz                  (0-1)  (31-03-1935)
Iberia CF-Villajuane CF                   (3-2)  (07-04-1935)
Deportivo Foz- Iberia CF                 (1-2)  (18-04-1935)
Iberia CF-Unión Sport Piñeira         (2-2)  (13-06-1935)
Iberia CF- Lóstrego de Vilanova      (2-0)  (16-06-1935)
Lóstrego de Vilanova-Iberia CF       (2-2)  (23-06-1935)
Villaronte-Iberia CF                          (1-5)  (24-06-1935)

 Nese mesmo ano 1935, disputa o seu primeiro campionato, o “Campionato de Rinlo”, coa participación dos equipos Unión de Rinlo, Racing Club Devesa, Selección Campesina de Vilaframil e Iberia CF.

Fórmase unha nova directiva o 9 de xullo de 1935:
Presidente, don José Miranda; Secretario, don Inocencio González; Tesoureiro, don Benito Rodríguez; Contador, don José Antonio Rocha; Vocal primeiro, don José M. Iglesias; Vocal segundo, don Domingo Otero.

O 14 de xullo comeza a disputa da COPA BUIDE. O comité encargado da organización, presidido por don José Buide, está formado por persoas de gran arraigo a San Miguel, pero alleas por completo ao Iberia CF. Os equipos participantes son o Iberia CF, Unión Deportiva Corredoira de Villajuane FC, Villaframil e Lóstrego de Vilanova de Lourenzá.
Resultou campión o Iberia CF ao que lle foi entregado o trofeo nunha festa campestre.

En Ribadeo organízase outro campionato, a COPA DOMECQ,  que comeza o 27 de outubro de 1935. Participan os seguintes equipos: A.D. Lóstrego de Vilanova de Lourenzá, Amateur FC de Ribadeo, Racing Club Devesano, Racing Club Ribadeo e Iberia CF. Así quedou a clasificación:


EQUIPO
  X.
  G.
E.
P.
   F.
   C.
  Pt.
01
Amateur FC
8
8
0
0
41
7
16
02
Rácing Devesano
8
3
1
4
10
12
7
03
Lóstrego
8
3
1
4
5
17
7
04
Racing CRibadeo
8
3
0
5
19
14
6
05
Iberia CF
8
2
0
6
12
37
4









       Nos anos posteriores séguense disputando estes e outros campionatos entre os equipos da zona. Os partidos disputábanse sempre en campos cedidos ou alugados aos veciños, coma O Corello, Dourado, etc.
Coa guerra civil paralízase a actividade futbolística case por completo ata o ano 1940. Nestes anos só se xogan algúns partidos do Iberia Xuvenil, chamado por aquel entón o “Pequeno Iberia”.
A partir de 1940 reármase o equipo e nos seguintes anos sucédense os partidos, campionatos, xogadores e directivos. “O Galleguito”, coa colaboración de Xulián e os irmáns Baamonde, Xosé e Nilo, todos eles xogadores, forma un potente equipo que participa en numerosos torneos da comarca.

Como anécdotas da época destacar que un socio protector pagaba como mínimo 5 pesetas ao mes, a cota de socio era de 2 pesetas mensuais, pagábase un aluguer mensual de 20 pesetas polo campo de fútbol, un par de botas custaba 80 pesetas e un balón 300 pesetas.
O campo de fútbol onde se xogaba non era propiedade do club: era o Campo de San Acisclo, máis coñecido polo nome de Campo de “A Grila”, polo cal se pagaba unha renda ou aluguer a Dª Pura Fierros de Ribadeo.


1943
Palla- ? - Manolo do colexio - Virgilio - ? - ? - Secundino - Suso Catalán - Valado - Villaframil - Maruja Andrade - Ester Abraído - Blanca de don Inocente e Margot

No ano 1944 xóganse varios partidos: o 18 de maio co San Cosme; en xuño, inauguración do campo do Villaframil e mais en Foz...

Neste mesmo ano créase un equipo chamado Celtibérico, que vai estar formado por xogadores do Celta de Barreiros e o Iberia CF de San Miguel, para participar no Campionato Copa Domeqc 1944, organizado polo Ribadeo FC. Os outros equipos participantes foron o Viveiro FC, o Castropol e o CD Focense, que se retiraría na segunda volta por discrepancias coa organización. O campión deste torneo foi o Ribadeo FC, que foi derrotado polo Celtibérico precisamente na primeira xornada por 2-1.
En febreiro de 1945 fanse porterías novas e tráense as redes de Rinlo.
O 1 de marzo, día de San Rosendo, xógase o Iberia CF-CD Focense (2-4) e recáudanse 266,50 pesetas. O 15 de abril devólvese a visita a Foz: CD Focense-Iberia CF (3-3).
Durante este ano sucédense multitude de partidos: Burela, Mañente, Cervo, Ferreira, Racing Devesano, Selección Ribadense Villaframil, Ribadeo FC, Mondoñedo...


1944-45: Catalino – Enrique – Pepe –Óscar – Néstor – Julián
Mingón – Marchante – Velas – Baamonde e Fuco



1945 (2-SETEMBRO – A ESPIÑEIRA)
Baamonde – Fuco – Suso de Caballero – Paquilín – Cafetero – Julián
Mario – Nilo – Celestino – Néstor - Ricardo



1947 (En Ribadeo)
- Bagullo – Mario – Macías – Ricardo – Cafetero – Enrique – Cardesín
José Baamonde – Pepe do Correo –Mongo do Páxaro – Guerra - Mena

No ano 1949 fórmase unha nova Directiva: 
Presidente:  D. Rodolfo Tapia
Secretario:  D. Jesús Pérez
Tesoureiro: D. Gerardo Mosquera ata que ten que marchar para Cuba. É substituído por D. Antonio López “Ñico”.
Vocais:       D. Amando Rodríguez
                   D. Narciso Blanco
                   D. Francisco Pérez
                   D. Eugenio Fernández
Continúase xogando cos equipos da zona: Vilanova de Lourenzá, Tapia, Mondoñedo, Ferreira, Villaronte...

No ano 1950 hai un cambio na Presidencia da Directiva: Don Rodolfo Tapia é substituído por Don José Andrade, seguindo a mesma Directiva reforzada con D. Xosé Otero e D. Xosé López.

29 de xuño: Iberia CF-Mondoñedo (7-1)
9 de xullo: Ribadeo FC- Iberia CF (2-2)
23 de xullo: Iberia CF-Ribadeo FC (3-3)
30 de xullo: Vilanova-Iberia CF (4-1)
13 de agosto, na Devesa: Iberia CF-Arenas Club de Ribadeo (2-0) Trofeo “Casa Maseda”.
15 de agosto: Iberia CF-Racing Devesano (5-2)
27 de agosto, en Vilanova: Iberia CF-Mondoñedo (3-2) I Trofeo Conde Santo
10 de setembro: Iberia CF-Estudiantil de Lugo (2-0)
29 de setembro: Iberia CF-Cultural Atlética Lucense (4-0) Festas patronais.

         Neste mesmo ano, a nova Directiva do Ribadeo FC, que acababa de unificar os tres equipos existentes na vila, organiza un importantísimo torneo: o “Campeonato de Invierno 1950-51”. Nel ían participar o Ribadeo FC, o Lorenzana CF, o CD Juvenil de Foz, o Iberia CF de San Miguel, o Pelamios CF e o Remedios CF, estes dous últimos de Mondoñedo. O campión do torneo foi o CD Juvenil de Foz (trofeo doado por Bazar Fernández) e o subcampión o Iberia CF de San Miguel (trofeo doado por Casa Maseda). Como era costume neste tipo de torneos, os trofeos entregáronse nun partido que celebraron os dous primeiros equipos da clasificación o día 11 de marzo de 1951 no Estadio Municipal de Ribadeo. O resultado foi de 3-0 a favor do Iberia CF.
         Xogadores que participaron neste torneo foron: Cafetero, Macías, Enrique, Bagullo, Casanova, Mario, Ricardo Mena, José Baamonde, Néstor, Guerra, Pepe, Mongo Páxaro, Nilo Baamonde, Julián, Domingo do Páxaro, Paco do Páxaro, Cañós, Petilán, Guillermo do Capataz...
    Este foron os resultados dos partidos e a clasificación final:

1ª XORNADA
6ª XORNADA
1
0
2
2
1
1
Juv.Foz-Lorenzana
Remedios-Ribadeo
Iberia -Pelamios
3
0
2
4
2
2

4ª XORNADA
9ª XORNADA
3
3
5
0
4
5
Pelamios- Ribadeo
Iberia - Lorenzana
Juv. Foz-Remedios
2
1
5
0
4
2


2ª XORNADA
7ª XORNADA
1
0
0
4
1
6
Lorenz.-Pelamios
Ribadeo - Juv. Foz
Remedios-Iberia
0
1
1
2
1
3
5ª XORNADA
10ª XORNADA
1
1
2
1
2
1
Ribadeo-Iberia
Remedios- Lorenz.
Juv. Foz-Pelamios
1
1
0
1
1
1



3ª XORNADA
8ª XORNADA
1
4
3
1
1
1
Lorenz.-Ribadeo
Iberia-Juv. Foz
Pelamios- Remed.
0
1
0
1
1
0














CLASIFICACIÓN FINAL CAMPEONATO DE INVERNO 1950-51




EQUIPO
X.
G.
E.
P.
F.
C.
Pt.
01
Juvenil Foz
10
7
1
2
23
13
15
02
Iberia CF
10
5
4
1
27
9
14
03
Pelamios CF
10
3
5
2
13
12
11
04
Ribadeo FC
10
3
4
3
18
18
10
05
Remedios CF
10
2
2
6
16
27
6
06
Lorenzana CF
10
2
0
8
4
22
4





     



    Unha vez rematado o “Campeonato de Invierno 1950-51”, o 4 de abril de 1951 elíxese unha nova Directiva:
Presidente:  D. José Andrade           
Vicepresidente:    D. Manuel Otero
Secretario:  D. Enrique Díaz            
Vicesecretario:     D. Antonio López
Tesoureiro: D. Manuel Martínez      
Vicetesoureiro:    D. José Otero
Contador:   D. Eliseo Novo
Vocais:       D. José Dorado                     D. Salvador Labrada
                   D. Perfecto Alvariño            D. Virgilio Díaz
                   D. Nilo Baamonde               D. José A. Rocha
D. Domingo Lombardero    D. Emilio Rodríguez
D. Francisco Salgado          D. Ángel García
         
        Nesa Asemblea, a Directiva considera que as medidas daquela (82 x 43 m) do Campo de San Acisclo (ou da “Grila”) son insuficientes, polo que acorda formar unha comisión para entrevistarse coa Grila, que ten unha parcela paralela ao campo, e emprender negociacións para a ampliación. Unha vez feitas, acórdase arrendar por tres anos e 500 pesetas anuais un monte de 16 áreas en San Acisclo que linda polo sur co campo de fútbol. Tamén se acorda poñer uns bandos para solicitar prestación persoal voluntaria nos pobos de San Miguel e San Pedro para os traballos de ampliación do campo. O Sr. Lombardero di que sería conveniente solicita-la inscrición do Club na Federación Española de Fútbol para poder participar en torneos rexionais para equipos da nosa categoría. Acórdase consulta-los gastos que ocasionaría dita inscrición, nomeando para este fin a D. José Otero López. Dáse tamén lectura dunha invitación enviada desde San Martín de Mondoñedo na que se indica que naquela localidade formouse un comité organizador dun torneo no que participen equipos xuvenís, obsequiándose ao campión cunha fermosa copa. O torneo chamarase “Trofeo de Primavera”.
         Noutra reunión da Xunta Directiva, o 2 de xuño de 1951, considerando que o estado económico impón restricións e que os adestramentos, debido á non asistencia dos xogadores, son un gasto inxustificado, acórdase prescindir provisionalmente dos servizos de adestrador a D. Antonio Macías, agradecéndolle os servizos prestados ao Club.
         E o 7 de xullo do mesmo ano, a Directiva acorda citar a tódolos xogadores para unha reunión extraordinaria con vistas á participación do Iberia CF no Campionato Provincial de Fútbol Modesto organizado en Lugo. Tamén se acorda gratificar aos xogadores con 10 pesetas por partido, e recábase a necesidade urxente de celebrar partidos co equipo infantil para facer xogadores con vistas ao titular. O día 10 de xullo, tódolos xogadores están de acordo en participar no Campionato de Modestos, coa excepción de Francisco Alvariño (Ramallets). O capitán do equipo, Casanova, solicita da Directiva ou do adestrador que cando un xogador non sexa alineado no próximo partido, debe comunicárselle, a ser posible, o día anterior.

         No Campionato de Modestos 1951-52 participaron nun principio oito equipos: Valle de Oro, Ribadeo FC, Viveiro CF, Villalba, Mondoñedo, Iberia CF, CD Xuvenil de Foz e Lorenzana (retirouse na xornada 10ª). Comeza o 12 de agosto e remata o 11 de novembro proclamándose como campión o Ribadeo FC. O Iberia realizou un bo campionato, segundo crónicas da época. Mágoa de non ter os resultados.

         O 19 de xullo de 1952 nunha Xunta Extraordinaria presenta a súa dimisión a Directiva por levar máis dun ano. Días máis tarde, elíxese unha nova Directiva:
Presidente:  D. Antonio López Otero
Vicepresidente: D. Nilo Baamonde
Secretario:  D. Eugenio Fernández
Tesoureiro: D. Francisco Pérez
Vocais:       D. Xesús Pérez
                   D. Amando Rodríguez Rico
                   D. Narciso Blanco
                   D. Antonio Lombardero.
A cota mensual de socio queda fixada en 2 pesetas e proponse o ingreso na Directiva de dous ou máis xogadores, quedando a estudio este último punto.
Os partidos e torneos durante os próximos anos virán a menos e non se ten constancia da maioría deles. Varios dos equipos cos que se xogaba habitualmente, agora están disputando campionatos provinciais ou rexionais: Ribadeo, Foz, Viveiro... e outros van desaparecendo.
O 15 de febreiro de 1959 disputouse un partido entre o Ribadeo FC e o Iberia CF no Estadio Municipal de Ribadeo, de carácter benéfico para axudar economicamente ao ex-xogador Emilio González Iglesias “Rubio” que se encontraba enfermo.

Ese mesmo día constitúese unha nova Directiva que queda así:
Presidente:  D. Manuel García Teijeira
Secretario:  D. Nilo Baamonde Novo
Tesoureiro: D. Antonio Martínez Pérez
Contador:   D. Narciso Blanco Maseda.
Vocais:       D. José Penabad Fernández
                   D. Ramón Penabad Fernández
                   D. Antonio Blanco Maseda
                   D. Mario López Otero
                   D. Justo Martínez Castro
                   D. Emilio Rodríguez Penabad
A cota de socio pasa a ser de 5 pesetas mensuais e entrada gratis a tódolos partidos.


1958-59
Milín – Carrilano – Vila – Paco do Calderón – Juanito da Marola – Goyos
Andrade – Mazuco – Neira – Zipi - Milucho

O Iberia CF participa nese ano nun campionato organizado polo Mondoñedo e no que van estar ademais o Lourenzá, O Valadouro e Celta de Barreiros.
O 18 de novembro de 1959 constitúese nova Directiva por dimisión voluntaria do Presidente, Manuel García, do Secretario, Nilo Baamonde, e do vocal D. Ramón Penabad, que explican os motivos polos que toman esta decisión que é aceptada polos socios presentes. Despois de varias propostas, a Directiva quedou do seguinte xeito:
Presidente:  D. Edelmiro López
Secretario:  D. Guillermo Vázquez
Tesoureiro: D. Antonio Martínez
Vocais:       D. Narciso Blanco
                   D. Antonio Blanco
                   D. José Penabad

A primeira Reglamentación Social do Iberia CF pola que o Club quedou afiliado Á Federación Española de Fútbol coa categoría de “adherido”, data documentalmente do 19 de febreiro de 1960, participando nas competicións que daquela a Federación organizaba dentro da súa categoría.



1960 (29 setembro)
Nilo–Villalba–Paco do Calderón–Milucho– Milín– Juanito– Mario– Tabletas-Vila
Mazuco – Faxoco – Pascasio – Domingo - Andrade



1960-61
Tabletas – Mazuco – Faxoco – Arias – Pascasio – Juanito – Villalba
Verdego – Milín – Delgado – Andrade - Domingo

Dispútase o Campionato Comarcal Zona Norte organizado en Mondoñedo e coa  participación dos mesmos equipos, e volverase a repetir en 1962 ano no que quedará campión. 



1962 – (En Vilanova de Lourenzá)
Tabletas – Felipe Burelo – Carreiras – José de Piñeira – Carlos – Juanito
Carrina – Mazuco – Ginzo – Mosqueira – Faxoco – Carlos de Roña

 
 






1966 – (Campo de San Acisclo ou da Grila)
Tabletas – Juanito – Carlos – Leandro – Mazuco – Neira - ? – Milín
Andrade – Mosqueira – Suso Docobo - ? – Faxoco - Popeye

Ata o ano 1967 que se forma unha nova Directiva, xóganse coma sempre algúns partidos amigables. A nova Directiva queda así: 
Presidente:  D. José Luis Otero (Chamusca)
Secretario:  D. Francisco Dorado Fernández
Tesoureiro: D. José Fernández (Pepe do Sacristán)
Vocais:       D. José Antonio Fernández López (Popeye)
                   D. José Andrade González
                   D. Ramón González López
                   D. Carlos Martínez Rocha
                   D. Antonio Rodríguez Rodríguez
Partidos dese ano con: Lorenzana, Figueiras, Barres, Vellas glorias, Vegadeo, Club de Mar de Celeiro, Foz...


1967
Tabletas – Burelo – Carlos – Carrina – Juanito – Román
Amoedo - ? – Mazuco - ? – Faxoco - ?

No ano 1968, o Iberia CF participa no “Campionato das Rías Altas” xunto cos equipos CD Foz, Viveiro CF, Club de Mar de Celeiro, R.C. Vilalbés, SD Burela, U.D. Chanca de Lugo, o Ribadeo FC e o CD Cariño. A clasificación final foi a seguinte: 


EQUIPO
X.
G.
E.
P.
F.
C.
Pt.
01
Ribadeo FC
16
10
2
4
28
14
22
02
Viveiro CF
16
10
1
5
41
17
21
03
RC Vilalbés
16
8
4
4
29
21
20
04
CD Foz
16
8
3
5
33
25
19
05
CD Cariño
16
7
3
5
28
29
17
06
U.D. Chanca
16
7
1
8
18
20
15
07
Iberia CF
16
4
4
8
23
36
12
08
SD Burela
16
4
1
11
15
34
9
09
Celeiro Club Mar
16
3
3
10
15
34
9

     









      Os xogadores que participaron neste campionato foron: Tabletas, Xirifo, Toño de Cora, Chendo, Manolo de Aida, Gerardo, Moncho, Ibaseta, León, Celeiro, Virgilio, Paquío, Julián, Amoedo, Nemesio, Chucho, José María, Jaime... O adestrador na segunda volta foi Pestaña.
        

1968 - 69
Jaime – Xirifo – Toño – Chendo – Nemesio – Gerardo – Tabletas
Virgilio – Ibaseta – León – Pisco de Celeiro - Amoedo

          No
1969 preside a Xunta Directiva D. Leandro Oroza. 
         Volveuse a participar no “Campionato das Rías Altas”, pero con menos equipos: CD Foz, Viveiro CF, SD Burela, R.C. Vilalbés, Ribadeo FC e Iberia CF. Foi un campionato convulsivo, coa retirada, incluso, do R.C. Vilalbés, e no que quedou campión o Ribadeo FC. O adestrador foi Motorín, de Ribadeo.

         No ano 1970 só se participa no Campionato de Xuvenís “Rías Altas” xunto cos equipos de Ribadeo, Foz, Burela... O adestrador, Pepe de Neira.


1969 – 70 (A casa da Grila ao fondo)
Iríbar – Anuco – Julián – Mauro – Moncho – Virgilio – Pablo Vizoso
Micky – Xele – Labrada – Andrés – Luis Cortiñas - Basilio

         A partir deste ano, vai haber unha paréntese dunha década  en canto á participación do Iberia CF en partidos “oficiais”. A causa principal foi que o Iberia CF non tiña un terreo de xogo propio e desenrolaba as súas actividades nun campo alugado que non reunía as condicións esixidas para poder continuar naquel tipo de competicións, sendo este o principal e case único motivo que o apartou dos torneos oficiais, pois os medios económicos do Club non lle permitían levar a cabo outro tipo de instalacións. A maioría dos xogadores fichan por outros equipos da zona, principalmente para o Burela; outros para o Foz, o Ribadeo... Cos xuvenís pasou o mesmo.
Nestes dez anos o Iberia CF xoga partidos de cando en vez, cando se xuntaban un número abondo de xogadores, desprazábanse nas súas bicicletas a pobos veciños, arranxaban as porterías, as redes, os balóns... e a xogar.
         Como anécdota, dicir que o campo de fútbol non tiña vestiarios, polo que os xogadores tíñanse que cambiar no Salón Tirabeque, ir andando ata o campo de fútbol un quilómetro aproximadamente, beber da auga do pozo da Grila e, ao rematar o partido, “ducharse” os dous equipos no lavadoiro do río. Todo un espectáculo!

CONTINUARÁ...

FORZA IBERIA!