Praza do Souto

Praza do Souto

martes, 15 de agosto de 2017

XUNTANZA VECIÑAL

Este 14 de agosto foi un día especial porque logramos encher de vida de novo a praza do Souto.
Comezamos o día cun roteiro polos principais pazos do pobo.



Xa pola tarde a pista recuperou a súa función como punto de encontro, entre todos montamos a nosa exposición de fotos Retais de Historia. 
Á par, os nenos e nenas do pobo encheron de alegría coas súas risas a pista. Xogos como a goma, a pedriquiña, a corda e o birilé fixéronlles afastarse desas maquiniñas, tablets e televisores pasando unha tarde agradable na que os adultos tamén voltaron á súa infancia participando nos distintos xogos









E tralo exercicio un chocolate e un pouco de música. O baile do farolillo puxo fin a este día de encontro, para o ano máis e mellor



Subida a Comado 29 de zullo 2017

O pasado día 29 de xullo organizamos unha ruta de sendeirismo ata Comado.
Agradecer a Suso Díaz Branco que exerceu como un excelente guía, Andrés Bourio pola fotografía e a Óscar Chao Penabad polas súas explicacións a nivel de fauna e flora o seu traballo.