Praza do Souto

Praza do Souto

lunes, 4 de junio de 2018

A Escola da Obra Pía



 A OBRAPIA DE PRIMEIRA ENSINANZA
Por Faustino González Recalde







Todos os que nacemos, e vivimos os nosos anos de infancia ou adolescencia, en San Miguel  coñecemos sobradamente as escolas construídas e patrocinadas pola “Sociedad de Hijos de San Miguel y Reinante” en La Habana, todos e todas as coñecemos porque ou ben fai uns cantos anos fomos a elas aprender as nosas primeiras letras, ou ben anos mais tarde, finais do século XX e aínda hoxe en día se utilizaron, e se utilizan, para outros aprendizaxes como é o da cultura da música e do baile tradicional galego, representacións teatrais, cursos de formación práctica de maiores, festexos, reunións e outros actos sociais e culturais.

Pero antes, ¿onde aprenderon a ler e escribir os nenos e nenas de San Miguel antes do 1918?, ¿cales eran as escolas antes da construción dos “Colexios vellos”?.

A primeira lei importante que pretende organizar o ensino público en España fíxose en 1857, a chamada lei Moyano (Claudio Moyano 1809-1890) político propulsor da mesma, que regula toda a ensinanza en España desde a primaria elemental a universitaria e todo canto atinxe a establecementos,   profesorado, materias, salarios ou obrigas de cada un dos actores que participan no sistema de formación.

O noso interese nesta lei está só na parte que afecta as  escolas primarias e a sua ensinanza, que divide en Primeira Ensinanza Elemental e Primeira Ensinanza Superior.  A elemental que abrangue uns coñecementos mínimos de doutrina cristián, lectura, escritura, principios de gramática e ortografía, principios de aritmética, pesos e medidas e breves nocións de agricultura, industria e comercio.  (Estas tres últimas materias trocábanse por labores propias do sexo feminino, debuxo aplicado a esas labores e hixiene doméstica, si a escola era de nenas). A lei declara obrigatoria a ensinanza elemental para tódolos  españois. Os pais ou titores enviarán a escola pública aos seus fillos desde a idade de 6 ata os 9 anos, agás que lles proporcionen suficientemente esta formación nas súas casas ou en establecemento privado. O incumprimento da norma estaba sancionado cunha multa de 2 a 20 reais.

 Mais adiante dicía que son Escolas Públicas de primeira ensinanza “las que se sostienen en todo o en parte con dinero público, obras pías u otras fundaciones destinadas a tal objetivo.
Estas Escuelas estarán a cargo de los respectivos pueblos, que incluirán en los presupuestos municipales, como gasto obligatorio, la cantidad necesaria para atenderlas, contando con los ingresos de las referidas fundaciones.”  “En todo pueblo de 500 almas habrá necesariamente una escuela pública elemental de niños, y otra, aunque sea incompleta, de niñas”. Escola incompleta chamábase a que non chegaba a impartir todas as materias da Primeira ensinanza Elemental e ao fronte dela podería exercer de mestre, o cura, o secretario do concello ou un pasante, baixo a titoría do mestre da escola completa mais próxima. Só nestas escolas se permitiría a concorrencia de nenos de ambos sexos no mesmo local, pero coa separación debida.
 Facemos esta introdución  porque queremos sinalar a situación da ensinanza escolar en 1857 e sobretodo quen debía pagar a ensinanza primaria segundo esta lei: fundamentalmente os concellos, non só os gastos xerais, tamén o salario do mestre, a vivenda (“habitación digna e suficiente para o mestre e a sua familia”), o material ou a habitabilidade das instalacións. É dicir a parte mais débil da administración era a que tiña que soportar o peso da alfabetización.
En Galicia o peso da escolarización soportábano as escolas incompletas, centros que tiñan importantes deficiencias, que ían dende o escaso orzamento co que contaban ata un baixísimo índice de asistencia por parte do alumnado. Non podemos esquecer que os concellos eran os encargados de soster o ensino Galicia, aínda que as deputacións e o estado cumprían certas obrigas. Isto supuña un problema para o sistema educativo en Galicia en comparanza co resto do Estado, xa que os concellos galegos eran os que menos recursos tiñan e, polo tanto, os que menos investían en educación  (ANA CABANA IGLESIA «Mirando polos que quedaron». A man dos indianos no ensino primario: o caso de  Ribadeo. ESTUDOS MIGRATORIOS 2008)


Asi pois, non é de estrañar que en maio de 1914, tres ou catro anos antes de inaugurar os novos colexios pagados polos fillos do pobo na Habana, o concello publica a seguinte comunicación:
La Junta Local de primera enseñanza del ayuntamiento de Barreiros acordó trasladar la escuela de San Miguel de Reinante del local que actualmente ocupa, por hallarse en estado ruinoso, a otro que reúna buenas condiciones: a tal fin abre concurso por un plazo de quince días para que los propietarios de inmuebles situados en dicha parroquia manifiesten a la Alcaldía las proposiciones que crean oportunas, para arrendar al ayuntamiento local para dicha escuela y casa-habitación para el maestro, teniendo en cuenta que el precio anual de la renta no supere las 125 pesetas y que el arrendamiento no será menor de tres anos. (La Voz de la Verdad: Diario Católico con censura eclesiástica, editado en Lugo entre 1910 e 1937)
Esta situación tamén nos axuda a entender a preocupación e o empeño que puxeron os emigrantes galegos, e de San Miguel e Reinante en particular, para levar adiante a magnifica obra de escolarizar as xeracións que viñan tras deles.

FUNDACIÓN FELIPE DE SOTO
Volvendo a citada lei, como vimos, nomea as Fundacións e as Obras Pías de ensinanza, instituídas por un benefactor, que por unha parte de forma altruísta as financia coas rendas que orixinan  uns bens que pon a disposición da obra, e por outra marca as directrices de goberno das mesmas.
Pois ben, no noso pobo temos un barrio co nome de Obraría, e non por casualidade, pois tamén tivemos unha fundación benéfica de ensinanza, unha Obra Pia de primeiras letras; e temos probas da sua existencia por varias vías diferentes que se complementan: o B.O.E.,  ou o seu antecesor La Gaceta de Madrid, os arquivos da desamortización e os Libros da Parroquia de San Miguel.
Empezando por estes últimos; a partir de 1733, no Libro de Fábrica da parroquia depositados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, empezamos a ver nas contas de cada ano un apunte de 33 reais a favor da igrexa co seguinte concepto:
“Se le hace cargo de ciento treinta y dos reales que percibió de Don (?) Barela de cuatro años cumplidos hasta el de este dicho año de treinta y tres inclusive; por cada uno treinta y tres reales vellón, que mandó dar a esta en cada año Don Felipe de Soto, natural de Indias en la última disposición con que murió”



No ano 1736 a anotación é algo mais cativa, pero xa cambia o nome do Patrono:  “más treinta y tres que paga Marcos Villarino, patrono de la escuela de esta feligresía”.

En 1803 especifica que a escola é de nenos: “Y lo son treinta y tres reales que paga el patrono de la Obrapía de Escuela de Niños de esta parroquia”.

En 1836 volve a nomear ao fundador: “Lo son treinta y tres reales, que no menos debió percibir del patrono de la Obrapía de primeras letras de esta parroquia, por razón del legato que le hizo el fundador de dicha obrapía D. Felipe de Soto”.

“Trinta y tres reales que debió cobrar del patrono o depositario de la escuela de esta parroquia.” En 1859

Si observamos o tempo verbal, vemos que utiliza o pretérito “debeu cobrar”, que parece indicar que non se percibe o importe asignado, detalle que concreta en 1860 cando escribe:

“No se le hace el cargo de los treinta y tres reales que debía pagar el Depositario o Patrono de  la escuela-pia de esta parroquia, por no poder cobrar ya hace tiempo, y por haber pasado hoy a la Hacienda.”



Tamén escribe o contable da Fábrica José López Maseda baixo a dirección do párroco D. Ramón Fernández Rios “por haber pasado hoy a la Hacienda”.  Ese “hoy” temos que entendelo non como o día, senón como momento presente, e a frase fai unha clara referencia, a que esta fundación foi obxecto da desamortización do século XIX.
La Gaceta de Madrid do 30 de outubro de 1895 publica unha lista de mais de cen bens  de toda a xeografía española co encabezamento: “Relación de las Inscripciones expedidas a favor de Corporaciones Civiles, con arreglo a las leyes Desamortizadoras”   entre os cales figura a Escola de San Miguel de Reinante cun valor de 584,24 pesetas, feito que tamén foi recollido polo periódico  El Lucense: Diario Católico de la Tarde (Lugo 1886 – 1901).  Podemos ler: “En la relación de las inscripciones  expedidas a favor de las Corporaciones civiles con arreglo a las leyes desamortizadoras y remitidas a esta Delegación de Hacienda por la Dirección General de la Deuda, figuran el hospital de Monforte, representado por un capital de 23,35 pesetas y la escuela de San Miguel de Reinante por 584,24”


É dicir a escola e os seus bens pasaron ao Estado (non podemos asegurar que estivese funcionando) e a fundación recibiu inscricións de Débeda Pública  por valor de 584,24 pesetas.
FELIPE DE SOTO
Pero quen era Felipe de Soto?. O mais que puidemos saber del encontrámolo en La Gaceta de Madrid do día 29 de xaneiro de 1925, onde o Ministerio de Instrución Pública y Bellas Artes publica unha disposición para cumprir con nova lexislación no que atinxe a este tipo de fundación e obras benéficas, no caso da nosa xa sin actividade, e polo que veremos, parece que sin patrono que a dirixise. Nesta disposición encontramos a xénese da nosa Obra Pia de primeiras letras e da súa fundación no ano 1709. De forma resumida esta disposición di o seguinte:
Visto el expediente de clasificación de la Fundación instituida en San Miguel de Reynante, ayuntamiento de San Cosme de Barreiros (Lugo)  por D. Felipe de Soto; y
Resultando que dicho señor falleció bajo testamento otorgado en la ciudad de México el 13 de Marzo de 1709, ante el escribano D. Juan Arcibay Anaya, por lo cual legaba las rentas de diversos bienes de su propiedad, con la finalidad de constituir un capital que sirviera para fundar y sostener una escuela gratuita de niños en la entidad de población de que queda hecha referencia, y para levantar determinadas cargas piadosas.
Resultando que instituyó un Patronato de sangre, y, que en su defecto, dispuso lo ejerciera la Cofradía del Santísimo Sacramento de San Miguel de Reinante.
Resultando que no relevó a los Patronos, de la obligación de presentar presupuestos y rendir cuentas y,
Resultando que el capital fundacional está constituido actualmente por 8 inscripciones intransferibles de Deuda Publica por valor de 10.387,63 pesetas nominales, en junto:
Considerando que dicha Fundación se halla constituida por un conjunto de bienes y derechos destinados a la enseñanza, así como sus rentas, por lo que puede clasificarse de benéfico-docente de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 2º del Real Decreto do 27 de setiembre de 1912.
Considerando que, dada la cuantía del capital, pudo cumplir su fin al tiempo de su institución, pero ahora ni lo cumple ni puede cumplirlo por lo exiguo de la renta
Considerando que los Patronos de las Fundaciones Benéfico-docentes están obligados a presentar presupuestos y rendir cuentas anualmente al protectorado salvo cuando el fundador les hubiere expresamente relevado de esa obligación
A propuesta de la Sección de Fundaciones y de acuerdo con lo informado por la asesoría jurídica este Ministerio, dispone:
Que se clasifique de beneficencia particular docente la Fundación instituida en San Miguel de Reynante por Don Felipe de Soto.
Que se nombre Patrón de la misma a quien justifique su derecho a serlo, como pariente del fundador de acuerdo con el llamamiento que hace éste en su testamento, y de no aparecer ninguno, se confiera el patronazgo a Cofradía del Santísimo Sacramento de San Miguel de Reinante; Debiendo entretanto seguir ejerciéndolo la Junta Provincial de Beneficencia de Lugo.
Que el patronato cualquiera que sea presente presupuestos anuales y rinda cuentas.
Que  además, incoe el expediente conforme a la Instrucción de 24 de julio de 1913, para poder alterar los fines fundacionales por insuficiencia del capital para el cumplimiento de los objetivos previstos por el fundador, según lo dispuesto por el Real Decreto de 15 de julio de 1921.
Os Reales Decretos e Disposicións que se citan non se refiren en particular a Fundación de San Miguel, senón que son normas ditadas con instrucións xerais para as fundacións benéficas e obras pías (escolas e hospitais de beneficencia) que abundaban no territorio nacional, e que non só estaban revestidas dun carácter benéfico e altruísta, senón que significaban para o seu fundador e a sua familia, un recoñecemento público, e como sucede neste caso, ao instituír un padroado de sangue, eso quería dicir que deixaba a obra, o seu goberno e o seus beneficios en mans dun familiar. Tamén di que se constituía para “levantar determinadas cargas piadosas”, que neste caso serían os 33 reais que o fundador mandaba dar, no seu legado, cada ano a Igrexa de San Miguel, como doazón piadosa para estar a ben coa Igrexa e con  Deus o día que o chamara a súa presenza.
Pois ben, a partires desta disposición de 1925 o padroado da Fundación debeu seguir en mans da Xunta de Beneficencia de Lugo ao non haber familiar do fundador nin Confraría do Santísimo Sacramento de San Miguel que se fixese cargo, e nun camiño, que se nos antolla lento na Administración, en 1949 o Director Xeral de Ensinanza Primaria do Ministerio de Educación, diríxese ao Gobernador Civil de Lugo (presidente da Xunta de Beneficencia Provincial) para, de forma urxente, normalizar o funcionamento da institución, volvendo a incidir no mesmo que se publicou en 1925. Que se designe a quen, con acomodo a vontade do fundador, vaia a exercer o padroado, e que se inicie o expediente de cambio dos fins da fundación, xa que as rendas non son dabondo para manter unha escola.
Dado que as últimas contas presentadas son do ano 1937, a Xunta Provincial de Beneficencia como xestora interina, debe presentar as dos anos transcorridos a maior urxencia. De forma inmediata o Gobernador Civil comenza o expediente para trocar o fins da institución e manda publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o conseguinte anuncio concedendo audiencia durante 15 días a “los representantes de la Fundación y a los interesados en los beneficios para que se manifesten sobre el expediente.”
Pasados os 15 días, e ¡tres anos mais!, en marzo de 1952, a Xunta Provincial de Beneficencia de Lugo, diríxese a Dirección de Xeral de Ensinanza Primaria do Ministerio, e despois de varios considerandos, comunícalle que o capital fundacional é de 15.700 pesetas representadas por 8 láminas intransferibles de Débeda Pública e que os xuros anuais son 502,40 pesetas. Que non consta que se formularan alegacións de ningunha clase, e como no pobo xa hai dúas escolas nacionais de nenos e dúas de nenas, e con ditas rendas non se pode manter ningunha institución complementaria escolar, propón, a instancia da Inspección Provincial de Ensinanza, destinar as 502,40 pesetas dos xuros a dotar, de material escolar as escolas xa existentes.
O 13 novembro, pasados seis meses mais, o B.O.E.  publica unha Orde da Dirección Xeral nos mesmos termos. Que a proposta formulada está ben fundamentada, que con ela se pretende atender un fin benéfico-docente, como é adquisición de material escolar para a sua doazón, con carácter gratuíto, as Escolas Nacionais de San Miguel de Reinante; proposta respecto a que nada hay que opoñer, autorizando a Xunta de Beneficencia de Lugo, patroa interina da Institución, para que, a partir do próximo curso escolar, leve a cabo a distribución das rendas fundacionais entre as Escolas Nacionais existentes.
Non encontramos cal foi a distribución nin en que se investiron ditas rendas ni mais noticias posteriores a 1952 sobor desta fundación, imaxinamos que nos anos posteriores sería disolta, e para ben ser, os fondos investidos en beneficio da ensinanza pública da provincia.



BENS DA OBRAPIA 
REDENCIÓN DE CENSOS E SUBASTA DOS RESTANTES

Despois de coñecer a existencia da Obra Pía Escola de primeiras letras, fundada por Felipe de Soto a comenzos do século XVIII en San Miguel de Reinante, a curiosidade lévanos a  seguir buscando mais documentación sobre a mesma e logo de saber que foi obxecto da desamortización  de mediados dos século XIX,  visitamos o Arquivo Histórico Provincial de Lugo e tentamos na documentación de facenda do século XIX, nos fondos da desamortización na provincia. Alí encontramos varios expedientes que se refiren a San Miguel, entre eles o correspondentes a redención de censos das fincas que eran propiedade da Fundación da Escola da Obrapía. Esta percibía en 1855 as rendas de cerca de oitenta censatarios que levaban as súas propiedades, a maioría en San Miguel Reinante e  Benquerencia, pero tamén de San Martín de Oscos, San Xusto, Valadouro, Sante, Lourenzá, Cabarcos, Budián, Foz, Santa Cilla, A Devesa, Riotorto ou Arante, segundo listaxe que en setembro de 1872 remitiu o Concello de Barreiros ao Xefe de Administración Económica de Facenda da provincia de Lugo.

Unha orde do Ministerio de Facenda de 11 de marzo de 1859 deu a posibilidade de redimir foros, canons ou rendas de bens procedentes do Estado, beneficencia, instrución pública e outras entidades, e nun avultado cartafol, entre outros varios expedientes similares  da  provincia, encontramos o referente o da Obra Pía de San Miguel incluíndo varios escritos dirixidos ao Gobernador Civil da Provincia solicitando tal redención. Transcribimos aquí un, como exemplo para facerse a idea do que significaba tal operación e os termos utilizados para explicar o pago que se viña facendo.

“Antonio Moreda, vecino de San Miguel de Reinante, distrito municipal de Barreiros, partido judicial de Rivadeo, a V.S. Expone: que por derivación de mis causantes Pedro Otero y su mujer Antonia Rodríguez, estoy en la antiquísima costumbre y posesión de satisfacer a la Obra Pía, escuela de instrucción primaria de Reinante, de dicho distrito, los réditos de tres reales al año en virtud de un censo sobre de un prado de ferrado y medio en sembradura, sito en donde llaman “Pozo del Asno” en la misma parroquia de San Miguel, cerrado sobre sí, que linda por levante con el rio que lo separa de mas prado de D. Ramón de Ben y José Rico; mediodía en hacienda de la casa de Lamas; poniente y norte a Francisco Rodríguez.

Y conviniéndome acogerme al beneficio que a ley me dispensa para a redención de dicha pensión de la cual no adeudo anualidad ninguna por ahora,

Suplico a V.S. Sírvase disponer que se practique la oportuna capitalización y admitirme a verificar la redención de dicha pensión ….... , previas las formalidades y requisitos que a ley exige al efecto. San Miguel de Reinante, Mayo 30 de 1859.”

Firma: Por el suplicante      Manuel Gayoso


Número 840 del Registro de foros y censos de Instrucción pública resulta que José do Rego paga anualmente a al escuela de Reinante, tres reales treinta céntimos por una finca en Pozo del Asno y si  Antonio Moreda y el llevador de dicha finca, y derivado de aquel por que le corresponda la redención, no encuentra reparo la Administración en que se le admita la redención sin perjuicio de mejor derecho a otro tercero, para lo que se formula la liquidación siguiente:

Capitalización año 8% . . . . . . 41,25 reales


Lugo    8     de noviembre   de     1859
Firma:   José Mª Zubiri

Junta de ventas de la provincia de Lugo
Se aprobó  en la sesión del día de hoy. Lugo 18 de  noviembre de 1859.

Siguen as firmas do presidente -ilexible- e outra de Toribio Batalla.


Neste expedente figuran outros suplicantes que se acolleron a citada lei de marzo de 1859   en moitos  dos casos sin coñecer o orixe de tal pago, mais que porque se viña pagando “de sempre”

María Dominguez, veciña da parroquia de Santiago de Reinante, (…)   expón co debido respecto que desde antes de 1800 pagaron a Obra Pía de San Miguel de Reinante via censo, catro reales e medio de vellón polos meses de maio cuxo gravamen impúxose a unha heredade que chaman Cortiña do Curro (…)   que confina, por levante co rio, oeste e norte con Francisco Pérez, e polo sur con Narciso Rodríguez. Non obstante como en poder da exponente non se acha  documento algún que acredite dita pensión sin perxuizo de facelo no sucesivo si fora necesario (…)  suplica...

Pedro Gómez, veciño da parroquia de San Pedro de Benquerencia a V.S. Expón que por derivación dunhos causantes, correspóndelle pagar unha peza de heredade, sembradura de dous ferrados sita no barrio de Sargendes que chaman A Viña que está suxeta a satisfacción dun censo redimible á Obra Pía de San Miguel de Reinante cuxos réditos son tres reais...

Francisco do Rego das Cruces veciño de San Cosme de Barreiros, expón que por lexítimos títulos correspóndelle unha peza de heredade na Veiga da Granda término de San Miguel de Reinante, sembradura de 3 ferrados e 20 cuartillos que lle afecta un censo redimible polo que paga anualmente a Obra Pía escola de San Miguel de Reinante con quince reais.

Ramón Casavella, veciño de San Miguel de Reinante, distrito municipal de Cabarcos (...)  expón ser poseedor dunha peza de prado secán na Cortiña da Tilleyra, que linda con Bernarda Cartabo da vila de Ribadeo e con Francisco Blanco, cuxa leira ten unha pensión de oito reais que se satisfacen polo mes de maio a Obra Pia de San Miguel...

María Pérez, viuva de Manuel de Lago, veciña da parroquia de Santa Marta de Meilán, unha das que compoñen “el ayuntamiento constitucional de Riotorto”, expón que por unha posesión inmemorial paga trinta e tres reais anuais a escola de San Miguel de Reinante, ao seu parecer por censo, ignorando cales son os bens suxeitos a tal, xa que o facían os seus antecedentes.

José Rodríguez, veciño de San Miguel de Reinante, por derivación dos meus causantes veño pagando a Escola Obra Pía de San Miguel de Reinante seis reais, pensión anual por unha peza de prado de cinco ferrados sita onde chaman Pereira.....

José Díaz Maseda, como sucesor de Antonio Díaz Maseda da parroquia de San Xusto de Cabarcos, expón que meu tio pagaba, e logo eu no seu nome un censo de corenta e cinco reais ó mestre de primeira ensinanza da Obra Pía da parroquia de San Miguel … (sigue o escrito  suplicando a redención do censo, pero non especifica finca porque non debe coñecela)

Ramón Mosquera, veciño da parroquia de Santa Cilla do Valadouro, por unha herdade de tres ferrados lindante por tódalas partes con D. Juan José Moscoso, escribán de Cámara en Madrid, e por dous ferrados de prado regadío lindante por leste co tal Moscoso, polo sur con regato de auga, polo oeste con Javier Fernández, ambas fincas sitas na Alcabedra, término desta parroquia, contribúe anualmente a escola de nenos de San Miguel de Reinante con trinta e tres reais.......

Francisco Díaz Ron, veciño da vila de Ribadeo, co debido respecto expón que está contribuíndo a Facenda Pública en representación da Obra Pía de San Miguel de Reinante, distrito municipal de Cabarcos, dez reais por réditos de censo impostos catro deles por tres cuartas de ferrado situados nas viñas de San Pedro de Benquerencia e os seis reais restantes por dous ferrados sitos no Cerrado do Foro de Salgueiros de San Miguel.......

Na resolución dí que no rexistro de foros e censos figuran os 6 reais por dous ferrados, terra labradía, onde chaman A Leitona, na Aspara, e un ferrado na situación da Viña en San Pedro de Benquerencia (Sarxende)

Os contribuíntes no seu nome, como levadores, son Luis Fernández e Francisco Pouparín.


Dos case oitenta censos que percibía a escola da Obra Pía non todos foron redimidos, xa fora  por falta de medios dos seus levadores para pagar a redención, xa por descoñecemento das leis ou por descoñecer, como acabamos de ver en algún caso que non sabían cal era o motivo do pago, ou a leira obxecto do foro.


SUBASTAS

Pasados uns tres anos e xa correndo o ano 1862, as propiedades cuxos censos non foron redimidos pasan a mans de particulares por medio de poxas organizadas na capital da provincia.  Eran adxudicadas a quen pagaba o prezo segundo valoración de Facenda. Estes serían os novos propietarios das terras e polo tanto os novos perceptores das rendas.

Encontramos tres lotes de poxa no mesmo cartafol referente as propiedades da Obrapia:

“Número de expediente 12
Domingo Carballo y Cabo, escribáno por S. M. y de número del juzgado de primera instancia de la ciudad de Lugo y su Partido

Certifico: que habiendo sido aprobados por la Junta Superior de Ventas de Bienes Nacionales en la sesión de dieciocho de junio último, los remates de menor cuantía numerados en el Boletín de Ventas número doce y celebrados en trece de mayo anterior a favor de Don Mariano Soto Legaspi de la villa de Ribadeo, que con las respectivas cantidades de capitalización y remate que se expresan a continuación. Presentose Sabino Valcarce, vecino de esta ciudad como encargado del rematante manifiesta que estaba cerca de realizar el pago en la forma prevenida para lo que requería testimonio. Y es el presente que firmo en Lugo a diecinueve de julio de mil ochocientos sesenta y dos.


Escuela de San Miguel de Reinante

829 Un censo de seis reales que pagaba a idem. D. Lorenzo de Ben de San Miguel de Reinante capitalizado al contado en setenta y cinco reales y adjudicado al rematante en la misma cantidad.
834 Otro de cuatro reales que pagaba D. Francisco Moreda, de Reinante capitalizado al contado en noventa reales....
835 Otro de dos reales que pagaba Francisco Andrade, vecino de Reinante capitalizado al contado en veinticinco reales....
837 Otro de cuatro reales y medio la viuda de Benito Moreda de Reinante capitalizado al contado en cincuenta e seis reales...
848 Otro de cuatro reales que pagaba la viuda de Dorado, vecina de Venquerencia capitalizado al contado en cincuenta reales...
851 Otro de cinco reales que pagaba la viuda de Dorado de Venquerancia por una caseta en Abelleira capitalizado al contado en sesenta e dos reales y cincuenta ctms....

Outros dous expedientes con igual formulación adxudica outros censos a distintos persoaxes:

Don Pedro Osorio, de Ribadeo, que por medio do mesmo representante en Lugo,  faise con catro censos que pagaban Antonio Andrade de San Miguel; Ramón Rios, de Reinante; Viúva de Narciso Sánchez, de Benquerencia; os herdeiros do Sr. Cura do Valadouro por unha finca en Pereira e outro que pagaba Juan de Recesende. Todos eles  por un importe total de 1.171,25 reais.

Francisco Díaz Ron, tamén de Ribadeo, tamén compra outros catro censos que pagan José Rocha de Salxende,  Antonio Pérez de Benquerencia, Cándido Otero de Benquerencia e Antonio  (?)  de San Xulián de Cabarcos. Todos eles por importe de 1.365 reais.

Casualidade, ou non, os tres adxudicatarios eran da Vila de Ribadeo, e os seus apelidos soan de familias coñecidas como propietarias de terras e perceptoras de censos no pobo de San Miguel.


Anexo:
Documentación coa relación de censos que o Concello remitiu ao Xefe da Administración Económica de Lugo (Arquivo Histórico Provincial)