Praza do Souto

Praza do Souto

martes, 25 de junio de 2019

Santo Estevo

Cristo Viva, Cristo Reina,
Cristo te libre del mal morir, amén
San Esteban da Pagá
Dios che quite a enfermedá
E che de a sanidá
Polo poder que en Dios ten
E a Virxe María AMÉN

Coa resaca do Santo Estevo  da Pagá en mente, que se celebrou hai unhas semanas  e coa visión do Festival de Augas Santas  celebrada no Santo Estevo do Ermo, pode resultar interesante dedicarlle uns instantes á historia  dunha destas capelas, a capela do Santo Estevo da Pagá.

O nome de Santo Estevo da Pagá non se refire a pagano como poidera levarnos a pensar,realmente o seu nome débese a Pacatus no seu xenitivo Pacati que indica que a ermida era propiedade dunha persoa chamada Pacatus (nome frecuente no baixo latín que se conserva en moita documentación medieval.
 No documento nº53 do Tumbo de Lourenzá do  1078 aparece este termo na súa forma xenitiva “Et sic nobis dedit in Sancto Stephano de Pacati vi parte integra intus et toris cum quantum pretitum homina est.
No 1124  tamén dentro dos documentos do Tumbo de Lourenzá obedecendo ás leis de evolución do latín ao romance, aparece a forma evolucionada de Pagadi “Sanctus Stephanus de Pagadi”.
Xa no 1290 aparece a forma Pagade. Moitos topónimos como o caso de Pagá  caeron en desuso na xente por iso o significado resulta incomprensible.  Este foi o caso de Pagá, este nome perdurou ao estar referido a unha capela.


Poderíamos comezar este resumo da historia da Capela de mil formas pero poida que a que máis se me adecúa é situándonos nos inicios e no por que.
Comeza esta historia co  reinado do Rei Silo (que reinou en Asturias dente o ano 774 ao 783).
O reinado deste, caracterizouse por percorrer belicosamente terras galegas co fin de someter aos nobres galegos que se proclamaran en rebeldía ,  as terras galegas pertencían a moitos naquel momento, sobre todo a nobres portugueses aliados con Córdoba que non vían con bos ollos a un rei asturiano. Silo mantivo a paz con España (denominaban así ao territorio musulmán) disque por causa de súa nai que se especula que  posiblemente fora musulmá.



Q

Consérvase na Catedral de León un documento do ano 775  asinado polo rei Silo que resulta tremendamente interesante para nós, dunha por ser un dos documentos máis antigos de España e doutra, porque fai referencia a lugares próximos a nós.
O 23 de agosto do 775 co fin de cristianizar a zona oriental galega, Silo firma un documento de doazón duns terreos  a través do abade Sperauta  co fin de crear neles unha casa de oración “.doa, aos presbíteros Pedro, Avito y Valentín, e aos conversos Alanti y Lubini e  demáis monxes o celeiro que posuía no lugar de Lucis, entre os ríos Eo E Masma e os outros bens que se determinan, para que edifiquen alí unhna igrexa”
Este convento tería por patrón a San Estevan, daquí se desprende a  relación que garda a situación deste mosteiro coa construcción das capelas do Santo Estevo da Pagá e a do Santo Estevo de Augas Santas.
O mosteiro que se construíu nestes terreos recibiu o nome de Esperautano na honra ao abade a través do cal se fixo a doazón.



A situación do mosteiro, foi unha gran incógnita durante anos xa que non existe  na actualidade ningún tipo de resto  que nos fixera saber da súa existencia, este feito  suscitou numerosos estudos sobre o tema situándoo en distintos lugares.
O historiador Villamil y Castro sitúa na súa “Crónica da provincia de Lugo” este convento na parroquia de Santa Cristina en Celeiro. Fundamentan esta teoría con que o topónimo Celeiro (nome desta parroquia) presupon a existencia dun Cellarium. Argumento pouco concluínte xa que baseándose neste topónimo podíase referir ao lugar de Celeirós en Cubelas  (Ribadeo)

Amor Meilán pola súa parte inclinouse no seu día por situalo en San Miguel de Reinante ou en San Cosme de Barreiros xa que existe en ambas localidades o topónimo Áspera. Teoría desmontada xa que no nomenclator galego existe este nome noutros 18  lugares da xeografía galega.
É José María Rodríguez Díaz   o que mellor nos sitúa este mosteiro a partires do analise da toponimia que se atopa no documento do rei Silo.
O mosteiro en cuestión,  crese que estivo situado entre os ríos Iube (Eo) e Masoma (Masma)  O documento determina máis a súa ubicación entre os rios Alesancia e Mera, entre o actual río Grande (que se denominaba antigamente Alesancia e que da nome ao lugar  das Anzas,) e o Mera (este nome tamén desapareceu e posiblemente se referira ao río da Capela na parroquia de Ove)

A pesares de todos os Estudos ningún é concluínte e o achádego duns grandes piares preto da capela do Santo Estevo do Ermo abre de novo as portas a novas indagacións..
Este mosteiro pasou a pertencer a un personaxe chamado Fonso no Século X Este monxe manifesta a vontade de deixar en testamento os seus bens ao Conde Santo Osorio Gutiérrez. Este monxe, morre repentinamente e será o rei Ordoño III quen no ano 958 interpretando a vontade deste monxe dona ao Conde Santo (seu tío)  o Mosteiro Asperotani xunto coas igrexas que lle pertencían,a capela do Santo Estevo da Pagá e  do Santo Estevo de Augas Santas para ser agregadas ao citado mosteiro.
A capela do Santo Estevo, ten a súa existencia certificada xa no século XI no documento nº 53 do  Tumbo de Lourenzá 3 de marzo do 1078 documento polo cal Mejitu Eriz e a súa dona Geloria Alfonsiz doan  ao abade don Gutierre certos bens situados no Santo Estevo da Pagá
Non se teñen noticias do destino desta capela trala doazón ata o século XII
Nun documento da colección Diplomática Medieval (Arquivo da Catedral de Mondoñedo do ano 1124)Afonso VII reparte entre Nuño Alfonso e o conde Don Rodrigo Vélaz as parroquias pertencentes a un e a outro, citándose tanto a ermida do Santo Estevo da Pagá como a súa veciña Santo Estevo do Ermo.
Ditaminábase que o Santo Estevo da Pagá pertencía á sede episcopal de Mondoñedo xunto con Santiago de Reinante, San Miguel de Vilachá, San Pedro de Vilachá, San Cosme, San Vicente de Cubelas, Santa María de Cedofeita, San Xulián de Cabarcos, San Xusto, Santa Cristina de Celeiro e dúas ermidas, e o San Estevo de Augas Santas
“Et infra ipso terminos inter euue et Masme devenerun in particione sedis sanctus iacobus de Regnanti, Santus Michael de Villaplana, Sanctus Petrus de Villaplana, Sanctus Cosmedi, Sanctus Vicensius de Covelas, Sancta Maria de Citofacta, Sanctus Iulianus de Cavarcus, Sanctus Iustus, Santa  Christina de Cellario et duas hermidas Sanctus Stephanus de Pagadi et Sanctus Stephanus de Aquis Sanctis”
No 1290 un documento polo que se da traslado notarial das Constitucións da Catedral de Mondoñedo feito polo bispo Nuño II concédese no 1262 a ermida do Santo Estevo á mesa capitular”
“Damos e concedemos  unha heredade en Preguntoiro, situado en San Pedro de Vilacha, Casal de Outeiro e a ermida de Santo Estevo da Paga… e o Santo Estevo de Augas Santas”
“Damus etiam et concedimos eidem ecclesiam de nendin pleno iure et hereditatem de Preguntorio que iacet in prechia Sancti Petri de Villaplana et Casale de Outeiro et heremitagiun Sancti Stephani de Pagade cum pertinenciis et directuris que in dictis locis ad ecclesiam nostram spectant.
anus de Pagadi et sanctus Stephanus de Aquis Sanctis»

Nun segundo documento da  Colección Diplomática, do 1290
Polo que se da traslado notarial das Constitucións da Catedral de Mondoñedo feitas polo obispo don Nuño II e o Cabildo catedralicio no 1262,
concedese á mesa capitular a ermida de Santo Estevo de Pagá:
Existe un gran salto na historia da capela dende este momento ata o ano 1630 .
Neste ano queda reflexada unha anotación nos libros de fábrica parroquiais no que o bispo trala súa visita episcopal fai referencia ao estado ruinoso da capela e ameaza ao párroco cunha multa  de 1000 maravedíes se non lle pon porta e pechadura á capela.
Este mandato non se cumprirá nin neste mandato nin nos sucesivos que aparecen nos libros de fábrica con motivo das visitas pastorais á parroquia de San Miguel..
No 1751 ante o mandato do bispo Don Antonio Sarmiento de Sotomayor que ordeaba derrubar a ermida, os veciños trouxeron un mestre de arquitectura Sebastián Díaz de Rivadeneira  e este confirma no seu exame.
“El tejado está en ruina y empujando hacia fuera, las paredes, ocurre los mismo con el arco toral que exige levantar unos machos por la parte de afuera para asegurar la pared.
As obras non se executan tampouco neste momento.
Dous anos despois o 10 de agosto de 1753 o bispo Carlos Riomol Quiroga visita a parroquia facendo varias anotacións no libro de fábrica.
los feligreses no asisten a la misa parroquial y explicaron de doctrina anticipándose a oirlas en las hermitas del distrito de la parroquia. Manda SS que en ninguna de ellas pueda decirse misa sin que haya hecho la de la parroquia” …”por la visita que SS hizo personalmente de todas la hermitas que hay en esta parroquia y la falta de reparos que en ellas reconozco, cuando se blanqueen las paredes de la de Nuestra Señora del Crmen y también el cáliz y en cuanto a la de San Esteban se cumpa lo mandado por el Almo. Sarmiento en la última visita. Esta está muy indecente y aún sin llave en la puerta y advierte a los feligreses que la pongan decente de techo altar y de lo preciso para celebración del Santo Sacrificio de la misma en seis meses y en defecto al cura párroco la haga demoler dentro de los siguientes seis meses bajo pena de mil más a cuenta de sus materiales mudando la imagen que dieron del San Estevan a la iglesia Parroquial “
Os diferentes mandatos ao longo de todo o século XVIII infórmannos do deterioro que sofren as ermidas do pobo sen dúbida polo escaso poder adquisitivo da poboación.nlm

Será a fins deste século  cando os veciños (propietarios da capela naqueles intres) comecen a facer algunha que outra reparación para evitar a súa destrución..
Pese aos sucesivos mandatos ordenando o derrube, a capela seguiu en pe ata que no ano 1878 por fin se executan as obras de acondicionamento da capela.
Gracias a esta reforma podemos observar hoxe en día esta capela aínda que posiblemente a súa estructura non se corresponde á dos seus inicios.

A súa planta é rectangular  cunha cuberta a dúas augas e a catro na capela maior coroada por unha espadaña dun so oco coa súa pequena campá adicada a Santo Domingo dende o ano 1883 na que don José María Maseda Leitón cura ecónomo da parroquia de San Miguel e  Santiago delegado polo Sr. Dr. D. José Manuel Palacios López obispo de Mondoñedo, a bendeciu e consagrou ao mesmo tempo que as campás da igrexa de San Miguel que unha é en honor  a Jesús María José e a outra a Santa Bárbara,
(notas extractadas do traballo sobre “San Esteban da Pagá” de José Mª Rodriguez Díaz, Rudesindos 8, 2012)Libros de fábrica da catedral de Mondoñedo e do Tumbo de Lourenzá.