Praza do Souto

Praza do Souto

sábado, 5 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN

Somos os herdeiros dos espigueiros, os nosos antigos recollían pinas para poder comer, nós recollemos os retais  da nosa historia para alimentar a nosa ansia de saber por qué chegamos a ser como somos, de onde vimos e mesmo chegar a entender a onde imos. 
  Porque a nosa historia merece a pena, a nosa, é unha historia que chega co salitre do mar, o olor dos fentos e a terra mollada, é unha historia que non se debe esquecer porque o que esquence a súa historia perde as súas raíces. Herdeiros duns castrexos que nos cantís da Punta do Castro vixiaban aos inimigos dende Burela de Cabo a Tapia. Que viron chegar un día a xentes doutro lugar falando unha lingua extraña e que lles ensinaron a obter un tinte moi prezado de cor púrpura, a cor do emperador de Roma.
  Nestas terras construiuse unha capela na honra de Stefhanus Pacati  para estender  nestas terras o cristianimo. 
En Gelsindi chegaron a cultivarse vides das que se obtiña un viño moi prezado...  en Pumarruinno Alvaro Pardo de Taboada e a súa dona Violante de Andrade construiron o seu pazo que foi testigo sereo e silencioso do paso dos anos.  
  
   
 A historia de San Miguel, de San Pedro, de Santiago de Reinante, de San Cosme… non está de momento contida nun tratado de historia, pero por suposto, a súa historia existe pois está asinada por home e mulleres que viviron e viven aquí por xeracións de centos de anos. Homes aqueles , que sen saber escribir pero que foron quen de pagar para que se construirán escolas para que os seus fillos e netos puideran  aprender. Xente cristiá, católicos e protestantes que conviviron en paz e compartiron as vivencias propias dun pobo:festas, mercados, xogos, tendas do pequeno comercio, xente cunha vida de traballo sinxelo e cotián que non a facía xente rica pero que tiña de todo para vivir e disfrutar.  Que maior riqueza?


No hay comentarios:

Publicar un comentario