RESTOS CASTREXOS NA PUNTA DO CASTRO
A cultura castrexa deixou pegadas ao longo de todo o litoral galego incluso no noso aparece o xacemento de Punta do Castro.
A vida no castro era una vida sinxela adicada á agricultura e á gandeiría dependendo a súa vida do cultivo de cereais coma o trigo ou a cebada e leguminosas como as fabas ou os chícharos.
Nos castros costeiros como o noso tamén aproveitaban os recursos mariños.
Nos castros costeiros como o noso tamén aproveitaban os recursos mariños.
O
Xacemento Arqueolóxico de Punta do Castro
Na actualidade conservamos un
parapeto de cinco metros de altura pero crese que tivo outro maior a uns 50
metros terra dentro que se destruíu por
mor dunha explotación de feldespato e as obras da estrada.
Posuía dous fosos
que aínda hoxe en día podemos observar con facilidade e nos cales se
atoparon restos diversos de cerámica e ósos de cervo e balea. Aínda que non
está confirmado, posiblemente chegou a ter tres fosos.
O que máis se atopou neste
castro, foron restos de cerámica que foron depositados no Museo da Prehistoria de Vilalva.
PUNTA CORBEIRA
Tras un estudio de campo realizado polos técnicos de
patrimonio en abril do 2013 semella que posiblemente se conservan vestixios
castrexos nesta punta atendendo á morfoloxía do terreo e os cortes que
aparecen, a ausencia de restos materiais visibles leva a valoralo como
referencia de momento e non como xacemento.
Joaquín Ferrer Cruz e o seu axudante Javier Chao Álvarez afirman que vendo o
patrón dos asentamentos castrexos na liña costeira e a súa intensa ocupación e
densidade que presentan tanto en Barreiros como Foz e Ribadeo con moita
posibilidade esta punta fora habitada.
Imaxe facilitada polo Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura -terriotrial da Consellería de Cultura en Lugo. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario