Praza do Souto

Praza do Souto

jueves, 1 de noviembre de 2018

UNHA EPIDEMIA DE CÓLERA ASOLA O POBO

         VERÁN DE 1855: O CÓLERA ATACA EN SAN MIGUEL


Durante bastantes anos de mediados do século XIX foi cura da parroquia de San Miguel de Reinante “y su aneja Santiago de Reinante” Don Ramón Fernández Rios. Era fillo doutro Don Ramón Fernández Rios e de Gertrudis López, naturales da parroquia de Santa Eulalia da Devesa.
Estes datos aparecen na acta de enterramento de Don Ramón pai. O home finou o dous de septembro de 1855 de enfermidade natural aos 95 anos de idade, e quedáronlle como fillos, ademais do citado cura de San Miguel, a Benito casado en Villaframil e a Ignacia casada tamén na Devesa.
Como se acostumaba naqueles anos, cando a influencia da Igrexa e da relixión  predispoñian ao individuo, temeroso do mais alá, a deixar francos os camiños que levan vida eterna, Don Ramón, para tal fin ofrendou a igrexa, como era habitual trigo, carneiro, viño e cera, ademais de 240 reales de limosna para os pobres (1). Esto era o que decía no seu testamento feito quince anos antes co escribano Don Juan Ron y Barrera, deixando como cumplidores ao seu fillo Don Francisco, cura que foi de San Julián de Portela de Corgomo en Valdeorras, e a falta deste a sua dona Gestrudis; pero como resulta que el, cos seus noventa e cinco anos, sobreviviu tanto a un como a outra, por medio dunha ampliación do citado testamento feita ante o escribano D. Alonso Santar, ilustre veciño do noso pobo e avó do filántropo Venancio Santar Abraído, no sitio daqueles nomeo novo cumpridor e albacea ao seu fillo D. Ramón Fernández Ríos, Cura Rector desta parroquia para que o  funerara da maneira que lle tiña falado, e dacordo a sua concencia. E fixoo da forma seguinte:
“Fixeronselle funcións de enterro e honras con asistencia de oito sres. Sacerdotes que foron os únicos que puido traer despois de convocar a doce, os que non concurriron por causa o cólera que naquel momento facía estragos na parroquia.”

Tiñamos o cólera no pobo. A bacteria vibrio cholerae, que entrara en España a bordo dun barco que chegou ao porto de Vigo no inverno de 1833, e levaba máis de vinte anos pintando cadros de morte, dor e miseria; facía estragos nas familias de San Miguel, así como noutros pobos e cidades do pais. Só durante os meses de agosto e septembro do ano 1855 a parca cubría co seu negro manto máis de 50 dos nosos antepasados, e orixinaba comitivas de pranto cara o cemiterio do atrio da igrexa.
Para darse conta do que siñificaba a pandemia basta decir que tan só o día 29 de agosto constan nos libros da parroquia cinco enterros, o 6 de septembro catro enterros, o 28 de agosto, 8 e 14 de septembro tres enterros cada día, 7 dias de dous enterros, era raro o día que non houbera un enterro.
o atrio da igrexa foi cemiterio con anterioridade ao 1900 . A imaxe é do 1914/1918 e nela aparece Don José Teijeira

A rectoral en torno ao 1914/18
Fotografía actual da rectoral


(1) Era común ata finais do século XIX facer un testamento xudicial ante un escribano, ou como mínimo oral ante 4 ou 5 testigos para arranxar, entre outros temas terrenais, a presencia ante a xusticia divina para  non chegar con pecados ou faltas pendentes de saldar. Por si se daba o caso este testamento na parte piadosa ou eclesiástica recollia as disposicións do finado no tocante as cerimonias a celebrar despois do seu pasamento e as ofrenda e limosnas que achaiarían os camiños cara a gloria eterna.
Naturalmente o testamento, e sobre todo as ofrendas e limosnas, eran cousa de quen, minimamente tiña algo que ofrendar, os pobres ou pobres de solemnidade, cualificativo que se indicaba en algunhas das incripcións de defunción supoñemos que encontrarían un camiño mais incerto e traballoso para poder acadar a gracia divina.

Aí van algunhos exemplos de disposicións testamentarias de persoaxes que se enterraron  no noso pobo en séculos pasados
Domingo López Polido en 1804
“dispuso que al sacerdote que le ayudase a bien morir, se le diese veinte reales y que el día de su entierro asistisen doce señores sacerdotes incluso el parroco; se ofendó a Dios Nro. Señor por su Ánima tres ferrados de trigo, un carnero, dos azumbres de vino y media libra de zera, y el dia de sus honras otra simil función, con la ofrenda correspondiente a la de arriba, dejó cien misas votibas”
Fotografía de Andrés Bourio 
Ana de Soto  y Legaspi en 1812
para el día de su entierro convocaron quince señores sacerdotes, incluso el parroco, y otros tantos el día de sus honras se ofrendó a Dios ntro. Señor por su Ánima, tres ferrados de trigo, un carnero, tres azumbres de vino y una libra de zera, todo por razón de las dos funciones”
Fotografía de Andrés Bourio


-Beatriz de Pedrosa y Andrade en 1815
dispuso que en el día de su entierro asistiesen diez y seis señores sacerdotes y el Sr. Cura de la citada parroquia de San. Miguel; y que se le ofrendase a Dios N. Sr. por su Ánima dos ferrados de trigo, medio carnero, cuatro cuartillos de vino, y media libra de zera, y otra simil ofrenda con el mismo número de sacerdotes en el día de sus Honras; y que por entre año, y durante su Alvaceazgo se le han de descargar por su Ánima, la de sus Padres, sus Suegros y los del Purgatorio, doscientas misas rezadas”
 Fotografía de Andrés Bourio


-