Praza do Souto

Praza do Souto

viernes, 8 de diciembre de 2017

Parladoiro a Sociedad Ganadera

Hoxe tivemos a sorte de desfrutar dun novo Parladoiro da man de Lourenzo Fernández Prieto catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela que nos falou dos Sindicatos Agrícolas de comezos do século XX e coas aportacións dos nosos veciños fonte inesgotable de coñecemento.
Adicamos esta tarde chuviosa á Sociedad Ganadera, unha sociedade que dende o 1911 ata o 2008, non so se encargou de mellorar a situación dos gandeiros ante o falecemento dunha res, se non que velou por dar resposta a problemas e necesidades do pobo como arranxar camiños, compra dunha malladora ou sulfatadoras comunais, ... contribuindo á mellora das condicións de vida no pobo.

Saco en limpo unha conclusión que deberíamos tela sempre presente, e é que dende tempos moi antigos os nosos antergos sempre tiveron moi claro que a unión fai a forza e xuntos podemos sacar mellores resultados e incluso ser máis felices.

Sigamos falando e xuntándonos así  sexa coa desculpa dun chocolate quente.

Grazas Tito por esta lección maxistral, a Maite e Tino por toda a documentación aportada, a esas chocolateiras e reposteiros/ras e sobre todo a eses maiores que hoxe pese a choiva nos acompañaron.

Fotografía Andrés Bourio.