Praza do Souto

Praza do Souto

lunes, 16 de marzo de 2020

DON ANTONIO; UN MESTRE “REPUBLICANO” EN SAN MIGUEL.


Texto: Ramón Casas Oroza
Documentación: Seminario de Estudos Os Espigueiros



INTRODUCIÓN
Como ben dixo o filósofo Jorge Santayana, “aqueles que non recordan o pasado están condenados a repetilo”.  E o pasado non se refire só a aqueles tempos remotos dos castros ou dos señores medievais. O pasado é tamén aquelo que sucedeu hai relativamente pouco tempo, aquelo que aínda está na memoria de xente coa que convivimos pero que, desgraciadamente, se está perdendo con cada unha das persoas que nos van deixando.
Inevitablemente, cando empezamos un traballo coma este, véñensenos á cabeza as ocasións que temos  perdido de falar deste tema coa xente que o viviu, coa xente que formou parte deste cacho de historia que intentamos clarexar. Se cadra é mellor así. Hai moitos historiadores que manteñen que para facer historia se precisa un certo afastamento dos feitos que evite distorsións de tipo emocional que nos poden levar a sacar conclusións erróneas ou tendenciosas.
Cando desde “Os Espigueiros” me pediron esta colaboración e me facilitaron toda a documentación que tiñan recollida, non dubidei nin un segundo en aceptar a proposta. Coñecía de oídas a historia de don Antonio. Moitas veces lle tiña escoitado ao meu sogro falar, emocionado, do seu mestre. Daquel mestre que se tivera que marchar porque era “doutras ideas”. Pero nunca tivera ocasión de indagar máis a fondo sobre aquel tema. Agora tiña nas miñas mans o seu expediente de depuración grazas ao traballo de investigación do Seminario de Estudos Os Espigueiros e non podía perder unha ocasión como a que se me presentaba. Non sei se fun quen de aclarar algo ou se quedan aínda máis dúbidas que despexar das que había ao principio. Non sei se ten sentido publicar isto agora que xa faltan case todos os que foron partícipes desta historia. Pero o que si sei é que é moi interesante, e moi necesario, que coñezamos algo que pasou aquí mesmo, cunha xente igual ca nós, entre veciños como os que agora convivimos nesta parroquia; e que sexamos conscientes de que non estamos libres de que o mesmo que pasou no 1936 poida pasar en calquera momento.
No momento histórico que estamos a vivir, no que a nivel mundial se está notando un rexurdir de forzas de ultradereita que nunca pensamos que se puidese producir, creo que é ben recordar que todos os avances conseguidos despois de moitos anos poden derrubarse nuns poucos días.

O MESTRE “REPUBLICANO”
Antonio Pérez López, don Antonio, como era coñecido na parroquia chegou a San Miguel o 14 de novembro de 1931 para facerse cargo, como mestre propietario, da escola número 2 de nenos desta localidade.
Nacera en Lugo en 1904 e casou, estando en San Miguel, con Josefa Montesinos Coya, natural de Redondela e veciña de Vilalba. Durante a súa estancia nesta parroquia tiveron un fillo e unha filla; Antonio, bautizado o 14 de marzo de 1934  e María del Carmen, bautizada o 5 de maio de 1936, ambos os dous na igrexa parroquial de San Miguel de Reinante.
Era don Antonio un mestre “raro” un deses mestres “xenerosos, responsabeis e conscientes da súa función, os que como no conto de Manuel Rivas, non só se preocuparon polo mundo grande alén do Cadramón e do Cantábrico, senón tamén polo pequeno, isto é a espiritrompa ou lingua das bolboretas, para facer deste xeito unha escola de preguntas, de investigación e de aprendizaxe compartida”, en palabras de Antón Costa Rico. Un mestre que en vez  das “copias”, da repetición memorística sen sentido, dos problemas de matemáticas absurdos e descontextualizados, afirmaba en 1935  “Los maestros necesitamos sensibilizar  los conceptos a los niños para que éstos lleguen a su comprensión, porque las generalizaciones y definiciones abstractas no son captadas facilmente por sus inteligencias en formación”.  E para iso é preciso que os nenos experimenten, toquen, vexan, ulan as cousas que os rodean. “No se retiene lo mismo un objeto observado en láminas o grabados que percibido de una forma sustantiva, puesto que con la percepción directa, independiente de las cosas, se facilita la asociación del nombre de las mismas  con múltiples cualidades sensibles”
 Un mestre que coñecía e seguía as novas tendencias da pedagoxía española e europea, que coñecía as achegas da Escuela Moderna de Ferrer i Guardiá, da Institución Libre de Enseñanza ou da Escola Nova propugnada entre outros por Freinet. Todas elas conducentes á posta en práctica do que se denominou como “escola activa” e todas elas consideradas como “envenenadoras del alma popular” polos ideólogos franquistas.
É por iso polo que podemos cualificalo de mestre “republicano”, xa que aínda que, como veremos no estudo do seu expediente, el nega ter sido defensor da República, os seus métodos, os seus intereses e a súa maneira de actuar coinciden plenamente co que os historiadores deron en chamar “os mestres da República”


A EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA
Ao proclamarse a II República en abril de 1931, máis do 30 por cento da poboación española era analfabeta, a educación estaba,  na maioría dos casos, en mans de institucións relixiosas e era máis un privilexio ca un dereito. Ante este panorama desolador, os primeiros gobernos da República fixáronse como prioridade mellorar a formación da poboación, de nenos e adultos, xa que consideraron que a educación era a base sobre a que levantar un país pobre e analfabeto. Había que implantar un Estado democrático e necesitábase un pobo alfabetizado. Era preciso “crear cidadáns en vez de súbditos”. O compromiso dunha xeración de mestres, mestras e intelectuais foi total con ese obxectivo republicano de cultura e escola para todos, sen discriminacións sociais, económicas ou de xénero. Por iso, Azaña, exaltando o empeño emprendido,  afirmaba que “la escuela pública debe ser el escudo de la República”.
Para conseguir isto duplicaron o número de escolas. Pero iso non era suficiente. Era preciso levar a cabo unha profunda renovación pedagóxica. Esta renovación nutriuse do espírito da Institución Libre de Enseñanza, das achegas de movementos pedagóxicos como a Escola Nova e a Escola Moderna, e das ideas dos reformadores da educación europea de principios do pasado século.
Isto deu como resultado un sistema educativo centrado no alumnado, converténdoo no protagonista das clases e da súa formación. Os nenos e as nenas saían ao campo para estudar ciencias naturais; tratáronse de substituír os monótonos coros infantís recitando leccións de memoria polo debate participativo e pedagóxico; os nenos e as nenas empezáronse a mesturar nas mesmas aulas, onde se educaban en igualdade, e favoreceuse un tránsito sen sobresaltos desde o parvulario á universidade. Foi unha escola na que se educou ás crianzas atendendo á súa capacidade, á súa actitude e á súa vocación, non á súa situación económica.
Así o facían tamén, e como exemplo, Antonio Pérez López e Arévalo Simón, desde as escolas de nenos de San Miguel e de Santiago de Reinante, ao propiciaren a edición da revista escolar El Pequeño Escolar: un xornal “de” e “para” os nenos que, con formato case de tabloide, comezou a editarse o 1 de febreiro de 1935 e do que coñecemos once números editados ata xullo de 1935. Foi editado nunha imprenta comercial e en cada numero incluíanse unha media de 18 textos que, na súa maioría, eran textos infantís, relacionados coa vida social, co contexto e coa vida escolar. Interviñan aquí varios mestres e, de feito, os textos proceden de vinte escolas da comarca da Mariña, das cales sete delas eran as mais representadas. O grande animador e mestre era Antonio López Pérez e tamén Gregorio Sanz García, por quen coñecemos inicialmente esta colección, tivo nela intervención.
El Pequeno Escolar era un instrumento de comunicación interescolar na perspectiva dos xornais escolares de orientación freinetiana, que se enviaba a algunhas outras escolas de localidades fóra de Galicia, aínda que apenas se alude nel a outros xornais infantís. Son pícaros e nenas as que escriben e fano raramente en galego.
Referímonos igualmente a mestres que escriben. Antonio Pérez deixounos constancia disto no seu relato “Excursión escolar en San Miguel de Reinante”, publicado na Revista de Pedagogía en 1935 dando conta da excursión monte arriba para mellor observar a rasa do Cantábrico.

Antón Costa Rico - Uxía Bolaño Amigo. Represión política e castigo do profesorado republicano na provincia de Lugo.
As consecuencias do 36


A CHEGADA DA DITADURA: A DEPURACIÓN DO PROFESORADO

Tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, prodúcese o estalido da Guerra Civil, unha guerra que foi catalogada de relixiosa, de “cruzada”, segundo os gobernantes e ideólogos da época.

Estamos  entrando nunha época que foi cualificada como “a longa noite da escola franquista”, unha escola de himnos e de rezos, de crucifixos, de fotos de Franco e de José Antonio, unha escola de copias e contas, de ensino memorístico e medo. Desaparece o laicismo do ensino; decláranse obrigatorias as ensinanzas da Relixión e Historia Sagrada; rescátanse tradicións do culto como o exercicio do mes de María ou a saudación “Ave María Purísima”...
Tratábase de borrar todos os aspectos de renovación e avance educativos.
Fronte á idea republicana de “formación de cidadáns libres e iguais” agora tratarase de “formar leais e entregados súbditos da nova España que se estaba construíndo”. Todas as materias terían un marcado cariz ideolóxico e irían  dirixidas ao adoutrinamento neste sentido.
O segundo alicerce sería a defensa dos valores católicos na súa versión máis integrista ou nacional católica. O Estado desentendeuse da educación e a Igrexa alcanzou un poder educativo moitísimo maior que o que tivera nunca a cambio de que se inculcase o ideario do novo réxime na escola. Pola súa banda, a Igrexa non tivo ningún problema en aceptar esta condición.


Ou, en palabras do profesor Costa Rico, “Fronte ao modelo escolar liberal e republicano, o novo aparato ideolóxico escolar preconizaba  unha  rancia formación e inculcación ideolóxica españolizadora, patriótica e militarista, desde unha interpretación escurantista da relixión e moral católicas, así como dos valores católicos hispanos, poñendo en marcha para estes efectos unha intensa maquinaria administrativa e represora conducente a centralización e españolización do ensino, ao control político de tal aparato ideolóxico e formativo e a penalización das condutas mantidas polos funcionarios públicos –neste caso da ensinanza– durante o anterior tempo político republicano.”

Ao mesmo tempo, como afirma este mesmo profesor, “O profesorado era agora, “á forza”, un colectivo medoñento, autocensurado, autorreprimido, pasivo, resignado e submiso. Un colectivo ao que se chega, en moitos casos, de forma irregular como ex combatentes falanxistas ou mulleres da Sección Femenina”

Desde os primeiros momentos da sublevación militar púxose en marcha a maquinaria represiva sobre o profesorado e ditáronse en pouco tempo distintas medidas para proceder á  depuración de condutas políticas e sociais consideradas punibles polo novo Réxime (entre outros o Decreto 66 do 8/XI/1936, a Circular do 7/XII/1936, a Orde do 17/II/1937 e a Orde do 18/III/1939). Todo o profesorado  foi sometido a expedientes de depuración informativos que recollían, a través das opinións e escritos de diversos informantes, o comportamento político, moral e profesional de cada un no tempo da II República, en relación co que se establecían distintos cargos e castigos.
A depuración comezou de forma un tanto desordenada, coa finalidade de separar aos que se significasen durante a etapa republicana. Unha Orde de 19/8/1936 establecía que os alcaldes debían informar aos reitores dos respectivos distritos universitarios, antes do 30 de agosto, sobre a conduta político social e sobre a educación moral dos mestres da localidade. Os reitores poderían destituír aos que desenvolveran “un labor perturbador das conciencias infantís”. De todas formas, frecuentemente, as destitucións foron ordenadas directamente polos gobernadores civís.

Así aconteceu en Lugo, como sinalou María Jesús Souto no seu estudo sobre a represión franquista na provincia. O novo gobernador civil, Ramón Bermúdez de Castro, foi neste caso o máximo responsable do ditame de destitucións,  suspensións de emprego e soldo e traslados de escola dentro da provincia ao longo dos meses de agosto e setembro do 1936.
A primeira listaxe de mestres sancionados por decisión gobernativa leva sinatura do 26 de agosto e nela aplicouse xenericamente a separación do posto de traballo en forma de destitución.

 O “CASO” DE ANTONIO PÉREZ LÓPEZ

 Desde o momento da súa chegada a San Miguel, don Antonio converterase nun mestre exemplar e admirado polos seus alumnos. Unha persoa preocupada polas novas tendencias da educación que intentará poñer en práctica na súa escola: a prensa escolar inspirada nas ideas de Freinet, as saídas escolares, a educación baseada nos centros de interese do alumnado, a programación de actividades multidisciplinares, … Sirvan de exemplo as palabras pronunciadas por Antonio López Otero “Ñico”, o día do enterro de quen fora o seu mestre, en Granada no 1973: “Toda mi vida en la enseñanza he conocido educadores buenos y muy buenos; ninguno, ni de lejos, sea comparable a Don Antonio”. Tratábase, xa que logo, dunha persoa querida na parroquia e preocupada pola educación dos seus veciños, que non só atendía as clases dos nenos senón que tamén impartía aulas de noite para adultos. E volvemos ás palabras de Ñico referíndose a don Antonio: “ (...)responsabilidad en todo, esfuerzo por lograr la obra bien hecha, solidaridad con los conciudadanos, entrega en la eterna lucha por mejorar la sociedad heredada, respeto y gratitud por quienes nos la han legado,...”

Pero chegou a guerra. E aínda que A Mariña non foi un escenario de grandes enfrontamentos militares, si que sufriu a enorme represión que se produciu en toda Galiza. Xa en 1977, Costa Clavell escribía que “la represión fue en Galicia tan extensa y violenta, como expeditiva y sistemática” e nun recente informe, o profesor Lourenzo Fernández Prieto recolle unha relación de 14000 galegos e galegas represaliadas, entre eles os 4699 paseados  ou fusilados.

E a guerra tamén chegou a Barreiros. O 7 de agosto de 1936 a garda civil de Foz desaloxa do Concello á corporación democraticamente elixida  e presidida por Ramón García Moreda, de Izquierda Republicana. No seu lugar colocan a Justo Rodríguez Rico, persoa afín ao novo réxime.

INICIO DO EXPEDIENTE (1936-37)

Na orde gubernativa de 26 de agosto de 1936 (BOP do 28 de agosto) aparece unha resolución asinada polo gobernador civil, Ramón Bermúdez de Castro, na que figura destituído de cargo e escola, Antonio Pérez López. Non foi nada raro en canto esta foi unha medida que se aplicou de xeito sistemático. Primeiro, separábase do servizo á práctica totalidade do profesorado e os que quixeran reingresar tiñan que presentar unha instancia manifestando a súa vontade de continuar.
Así o fixo don Antonio, quen con data 9 de outubro presenta un prego de descargos diante do Reitor da Universidade de Santiago, que era nesas alturas, a autoridade competente para resolver estes casos. Nel fai referencia ao seu comportamento tanto a nivel persoal “como ciudadano, mi conducta fue siempre intachable, ya en el aspecto moral ya bajo el punto de vista político” como profesional “Como maestro hube de merecer la estimación de mis alumnos y de sus padres, y, sobre todo, fui honrado por la Inspección profesional con un expresivo voto de gracias” e solicita a anulación da devandita sanción. Para iso achega documentación entre a que podemos salientar a seguinte:
Un informe do cura (José Teijeira Moreda) como presidente da mesa electoral do 16 de febreiro de 1936, no que indica que “prestó su colaboración a los trabajos de la mesa y a petición de la misma, con absoluta imparcialidad y sin exteriorizar lo mas mínimo, criterio alguno político”
Un informe do mestre que o substituíu, Emilio López, no que indica que, “habiendo sido interrogados los niños del carácter de las explicaciones de dicho Sr. Pérez, contestaron unanimemente que habían sido favorables a las causas moral,  religiosa y patriótica”.
15 cartas asinadas por pais de alumnos nas que respondían ao requerimento que se lles fixera sobre si a conduta do mestre fora contraria “a la religión, a la moral o a la Patria”. Todos eles contestan indicando que nunca o fora e incluso algúns engaden  datos como que “las enseñanzas dadas a mi hijo fueron inmejorables” como dirá Gumersindo Eiroá;“… por el contrario, le inculcaba a mi hijo que los domingos acudiese al catecismo que el Sr. Cura explicaba en la iglesia” en palabras de Eugenio Soto ou Inocente Maseda Rocha; “y dicen también que les advertía el respeto a sus padres y personas mayores, así como el saludo de buenos días o buenas tardes al cruzarse con cualquier persona” indica na súa carta Guillermo Vázquez Vázquez; ou “… la enseñanza  desarrollada en la escuela ha sido siempre en fomento de la instrucción y la cultura”  como afirma Ramón Dorrego Fernández. Ademais dos mencionados presentan tamén as súas cartas en defensa do mestre,  Antonio García Díaz, Daniel Blanco, Francisco Moreda, Julián Díaz, José María Baamonde, Ramón Penabad, Ramón Pérez Martínez, Antonio López Iglesias, Ángel Bermúdez Fernández e José Iglesias.
Copia do voto de gracias da inspección na que o inspector sinala “esta inspección ha podido observar con satisfacción que los niños han realizado grandes progresos bajo la dirección de D. Antonio Pérez López (...) La Inspección se complace en otorgarle un expresivo voto de gracias a fin de que le sirva de mérito y estímulo para su carrera”

Case ao mesmo tempo, o alcalde de Barreiros, Justo Rodríguez Rico emite un informe con data 15 de outubro, respondendo a un escrito do 13 do “Jefe de la sección administrativa de primera enseñanza de Lugo”, no que indica que “Don Antonio Pérez (…) se mostró publicamente como militante del partido político llamado Frente Popular”. E, para deixar ben clara a cousa e “por si se ha dado la circunstancia de haberse extraviado la anterior”, con data 7 de novembro expide un novo informe, moito máis detallado, no que ademais de reafirmarse no anterior, indica que “…si bien no ha hecho manifestaciones en contra del Movimiento Salvador de España, tampoco demostró cambio respecto a su política anterior” e máis adiante apuntilla “Que durante toda su permanencia en este distrito no se manifestó religioso en ocasión alguna, no tuvo manifestaciones que acreditasen convicciones católicas”

O 1 de outubro de 1936 o xeneral Franco tomou posesión oficialmente do seu cargo de xefe de goberno, aínda que todos os medios oficiais referíronse a el desde o principio como «Xefe do Estado», aumentando así o seu poder. A súa maior prioridade era alcanzar a vitoria militar e non tiña présa en formar un auténtico goberno. Por iso contentouse con crear unha Secretaría Xeral do Xefe do Estado dirixida polo seu irmán Nicolás e unha Xunta Técnica do Estado que era un organismo máis técnico que político.
A Xunta Técnica do Estado compúñase dunha presidencia e sete comisións. A súa sede principal estaba en Burgos. Aínda que a súa composición en comisións lembraba a un incipiente consello de ministros, estaba formada por personalidades de segunda orde que se encargaban de funcións administrativas rutineiras
A Comisión de Cultura e Ensino era, sen dúbida, a que tiña unha composición máis netamente política. Predominaban nela monárquicos vinculados ao grupo de Acción Española, como o seu presidente, José María Pemán, e os vogais Eugenio Montes e Vegas Latapie. De todos xeitos, quen levaría a voz cantante sería o vicepresidente Enrique Suñer.
Desde este momento, vai ser esta comisión a que se ocupe de resolver os expedientes de depuración. A tal fin publícase o decreto 66 de data 11 de novembro do 1936 no que podemos ler:

 “El hecho de que durante varias décadas el Magisterio en todos sus grados y cada vez con más raras excepciones haya estado influido y casi monopolizado por ideologías e instituciones disolventes, en abierta oposición con el genio y tradición nacional, hace preciso que en los solemnes momentos porque atravesamos se lleve a cabo una revisión total y profunda en el personal de Instrucción Pública, trámite previo a una reorganización radical y definitiva de la enseñanza, extirpando así de raiz esas  falsas doctrinas que con sus apóstoles han sido los principales factores de la trágica situación a que fué llevada nuestra Patria. A este efecto, con carácter temporal se crean las siguientes Comisiones:...”

Establécense pois, no caso dos mestres e mestras as comisións provinciais que terían como principal misión “formular propuestas razonadas de suspensión o separación del personal de Magisterio con destino en el territorio de su jurisdicción.”
Para o bo funcionamento destas comisións, con data 10 de decembro do 36 envíaselles unha circular na que se lles indican as normas a seguir por parte dos vogais das mesmas.


Tres propuestas pueden formular las Comisiones depuradoras, conforme a la Orden de 10 de noviembre, a saber:
l. Libre absolución para aquellos que puestos en entredicho hayan desvanecido los cargos de haber cooperado directa o indirectamente a la formación del ambiente revolucionario,
2. Traslado para aquellos que, siendo profesional y moralmente intachables, hayan simpatizado con los titulados partidos nacionalistas vasco, catalán, navarro, gallego, etc., sin haber tenido participación directa ni indirecta con la subversión comunista - separatista, y
3. Separación definitiva del servicio para todos los que hayan militado en los partidos del «Frente Popular» o Sociedades secretas, muy especialmente con posterioridad a la revolución de octubre y de un modo general, los que perteneciendo- o no a esas agrupaciones hayan simpatizado con ellas u orientado su enseñanza o actuación profesional en el mismo sentido disolvente que las informa.

Antes de formular esas propostas, as comisións debían solicitar información de distintas persoas sobre a actuación política, profesional, moral, patriótica e relixiosa de cada un dos mestres ou mestras sometidos a expediente, tendo en conta que:

Las Comisiones depuradoras, al dirigirse a cualquier autoridad o particular en demanda de informes, deberán hacerles presente la gravísima responsabilidad en que incurren para con Dios y con la Patria ocultando determinados extremos, cuando no, llegando a falsear los hechos, valiéndose de reprobables reservas mentales o sentimentalismos extemporáneos. También se ha de combatir y de hacer público, para perpetua vergüenza del que en tal falta de ciudadanía incurra, el nombre de quienes aleguen indebidamente desconocer los hechos o las personas sobre los que se interesen informes. Sería indigno que al heroísmo de nuestros oficiales, soldados y voluntarios que en las líneas de fuego desafían a la muerte soñando con una España mejor, correspondieran con la cobardía y falta de valor cívico las personas que gozan de la paz de las retaguardias. Si todos cuantos forman parte de las Comisiones depuradoras se compenetran de esta manera de pensar y la transmiten en patriótico contagio a aquellos que han de coadyuvar a su labor con sus informes, es cosa segurísima que antes de mucho tiempo, en esta España que hoy contemplamos destruída, empobrecida y enlutada, una vez restaurado su genio y tradición nacional, veremos amanecer en alborada jubilosa un nuevo siglo de oro para gloria de la Cristiandad, de la Civilización y de España.

Así o fai a comisión provincial de Lugo no caso que nos ocupa enviando un formulario, que deberá ser devolto convenientemente cumprimentado, no que solicita información sobre don Antonio ao cabo da Garda Civil, ao Alcalde, ao Cura Párroco e a un Pai de familia de “reputación intachable”, que, por suposto, fose afecto ao novo réxime ( Neste caso será José María García Díaz).
No informe do Alcalde, o mesmo que uns meses antes afirmaba categoricamente que don Antonio era militante do Frente Popular, agora responde a case todas as preguntas que se lle formulan con un moi significativo “lo ignoro”, e só ao final, no apartado de observacións indica que “con anterioridad al Movimiento Salvador de España, intervino en actuaciones públicas de carácter político izquierdista”
 Máis contundente é o informe do cabo da Garda Civil de Foz (Enrique Arias), quen afirma que despois das horas da escola se dedicaba a “hacer propaganda de sus ideas”, “hacía ostentación de ideas izquierdistas asistiendo a mítines de esos ideales”, “asistía a reuniones de carácter izquierdista”,  e despois de indicar que a súa conduta na clase de adultos era bastante mala e que a súa capacidade profesional era “regular”, remata afirmando categoricamente que pertence a “Izquierda Republicana” e facendo constar nas observacións que interrompeu un mitin en San Miguel dun partido de dereitas
Tampouco se vai quedar curto o Cura Párroco (José Teijeira Moreda), (o mesmo que o 1 de setembro do 36  certifica que “ no me consta que en su labor profesional haya enseñado doctrinas inmorales ni subversivas, y su vida particular aparece correcta”, o mesmo que noutra certificación de 18 de novembro do 36 afirmaba que “prestó su colaboración a los trabajos de la mesa y a petición de la misma, con absoluta imparcialidad y sin exteriorizar lo mas mínimo, criterio alguno político”  ou que o 27 de febreiro do 37 lle expedía unha “fé de bautismo” dos seus fillos), agora, seguramente influído polas instrucións da Comisión, e tendo  presente “la gravísima responsabilidad en que incurren para con Dios y con la Patria ocultando determinados extremos, cuando no, llegando a falsear los hechos, valiéndose de reprobables reservas mentales o sentimentalismos extemporáneos” vai facer un informe demoledor sobre o mestre don Antonio.
Despois de recoñecer que está casado e ten dous fillos lexítimos bautizados, indica que “se ignora” que relixión ten, que non asiste a misa nin el nin a súa familia e que fóra da escola se ocupa “en propaganda disolvente y perturbadora de sabor socializante”. Cando no cuestionario lle preguntan se facía ostentación e propaganda de ideas izquierdistas, responde “ Si, por cierto. Fue el único interventor  (sic) de un mitin de derechas celebrado para las elecciones de febrero, que pudo traer días de luto” para logo incidir en que “asistía a reuniones de clase izquierdista  rabiosa”. Non lle consta se levaba á clase ideas perturbadoras porque “el sacerdote no tenía en ellas intervención”, a pesares diso, afirma que na clase de adultos a conduta do mestre foi “bastante dudosa”. A nivel político afirma categoricamente que “era devoto del Frente Popular”, que estaba afiliado a “Trabajadores de la Enseñanza” e que pertencía ao “comité de izquierda republicana”.  Finalmente, no apartado de observacións, explica textualmente: “En las expresadas elecciones de febrero fue apoderado de los candidatos del Frente Popular. Esta actuación  y su vida nada religiosa, produjo estragos difíciles de reparar en esta parroquia. ¡Viva España!"

Pola súa banda, José María García Díaz, en calidade de “Padre de familia”, vai facer un informe en grande parte copiado do do párroco, que viña sendo o tío da súa dona, pero en termos máis suaves. O mesmo que en todos os informes, asegura coñecer a situación matrimonial e con dous fillos bautizados pero ignora a súa relixión. Afirma que foi un dos organizadores do comité de esquerdas desta parroquia e que asistía a reunións deste tipo. A respecto do seu labor profesional indica un total e absoluto descoñecemento con respostas do tipo “lo ignoro” ou “no me consta” a pesares de recoñecer que ensinaba ben. Por último, a nivel político, asegura que estaba afiliado ao Frente Popular e volve a insistir en que formaba parte do “Comité de Izquierda Republicana”.

En definitiva, como afirma o profesor Morente Valero
“o contido dos informes oficiais acababa tendo unhas características moi similares en todas partes; polo xeral eran concisos e carentes de matices, escasamente rigorosos, cheos de imprecisións (cando non estaban directamente baseados en rumores), etc.; as contradicións entre uns e outros eran constantes (ou, ao contrario, as coincidencias eran tan asombrosas que facilmente se descubría unha única fonte de inspiración para todos eles). Polo que pode afirmarse sen temor a equivocación que o conxunto da depuración se edificou sobre bases documentais que en calquera procedemento xurídico minimamente esixente conducirían sen remedio á declaración de absoluta nulidade de todo o actuado”.
 FRANCISCO MORENTE VALERO La depuración franquista del magisterio público. Un estado de la cuestión

Con todo, en base a estes informes, a comisión depuradora provincial presenta un “Pliego de cargos” con data 18 de febreiro de 1937 ao que deberá responder o imputado no prazo de dez días. Nese documento relaciónanse os cargos dos que se acusa a don Antonio:
1. Que en la clase de adultos hizo una labor bastante mala
2. Que no asistía a misa, ignorándose su religión
3. Que organizó un comité de propaganda izquierdista en la parroquia
4. Que era miembro de Izquierda republicana
5. Que pertenecía a Trabajadores de la Enseñanza
6. Que asístía a mítines de izquierda y hacía propaganda de esas ideas
7. Que interrumpió un mitin de derechas en San Miguel
8. Que su irreligiosidad y su actuación ocasionaron graves estragos en la parroquia
9. Que en las elecciones de febrero de 1936 fue apoderado del Frente Popular y aconsejaba  al Delegado gubernativo que detuviese a todos los contrarios a sus ideas.

Con data 26 de febreiro de 1937 (antes de que se cumpra o prazo establecido) Don Antonio Pérez presenta o seu prego de descargos. Once folios mecanografados onde vai rexeitando todos e cada un dos cargos imputados.

Nun resume moi sinxelo deste documento poderíamos dicir que, a respecto do primeiro cargo,  afirma o seu bo facer pedagóxico xustificándoo cos informes do alumnado da escola nocturna e co voto de gracias da Inspección, o seu bo proceder moral baseándoo nas opinións dos alumnos (acompaña un informe do alumnado da escola nocturna asinado por Fernando Suárez, Antonio Barreira, Francisco Pena, Amando Rodríguez, Isaac Rocha, José Fernández, José Longarela López, José Fraga Alonso, Manuel Fraga Acebo e Ramón Penabad Dorado, no que destacan o seu bo labor nesa escola) e da veciñanza e corroborándoo cunha certificación expedida polo cura párroco con data 1 de setembro do 36, na que indica que “no me consta que haya enseñado doctrinas inmorales ni subversivas” que, en palabras do propio mestre “... ya supone esa Comisión el valor de un “no me consta” en labios del Sr. Cura de una parroquia pequeña, donde todo se sabe ...” e o seu proceder político dentro da escola baseándose na obriga de todo funcionario de acatar a lexislación en vigor en cada momento da historia.

Sen dúbida algunha, o cargo que máis lle molesta e ao que lle dedica máis atención é o segundo. Non entende como a unha persoa profundamente crente como se define el mesmo, lle poden facer semellantes acusacións. “He de confesar que de los nueve cargos que se me imputan, es este el que más me ofende. Si yo contraje matrimonio canónico después de mi llegada a Reinante y este acto es conocido de toda la parroquia; si yo bauticé a mis dos hijos precisamente allí, ¿Cómo se ignora la religión a que pertenezco?. Sigue logo facendo unha extensa relación de feitos que xustifican o seu proceder como bo católico, acompañándoo de probas documentais como os certificados emitidos polo párroco de San Froilán (Lugo), o guardián do convento dos Franciscanos, tamén de Lugo, o coadxutor da parroquia de Santa María de Vilalba e mesmo dunha persoa de “reconocida solvencia” en Vilalba como é o médico Eugenio Basanta Silva. Todos eles no sentido de xustificar que cumpría co deber de oír misa todos os domingos (moitos deles en Vilalba, de onde era natural a súa dona). Nótase perfectamente a indignación que lle produce esta acusación cando se expresa do seguinte xeito: “Aquí se ve patente la saña con que se procede contra mi. (...) añadir que se ignora mi religión es una imputación canallesca lanzada por –él sabe perfectamente con que fin- no tiene inconveniente en manchar mi honra con tal de conseguir que no vuelva a ser maestro”. Non sabemos a quen se refire. Pode ser  ao alcalde? Era sabido que aos alcaldes foran aos primeiros que lles pediran informes. Ou se cadra refírese aos seus compañeiros e compañeiras mestres? Segundo a rumoroloxía popular as súas relacións non eran as mellores. Cos datos de que dispomos non podemos sacar ningunha conclusión neste sentido.

A respecto dos cargos 3 e 4, que responde conxuntamente, xustifica a súa NON participación en política na súa crenza de que “el maestro se debe a España, que pone en sus manos nada menos que la formación de sus hombres futuros; no se debe por tanto a un partido o disciplina política determinados”  e pídelle á Comisión que realice unha investigación a fondo para ver se o seu nome aparece nalgún “fichero, libro, recibo o documento cualquiera de ninguna Agrupación”.  Di non entender como se poden facer acusacións de pertenza a Comités directivos e mesmo de organizar partidos políticos, pero, así e todo, achega unha declaración dos veciños na que indican que non lles consta que fose o organizador do Comité de esquerdas da parroquia. Esta declaración, na que se indica textualmente que “ no nos consta que haya hecho labor mala en la  escuela durante las clases de noche (...) Tambien declaramos que no nos consta haya sido dicho señor quien fundó el comité de izquierdas...” aparece asinada por Francisco Rodríguez,  Julia Vda. de Ibaseta, Inocente Maseda, Antonio Mosquera, Antonio López, José María Baamonde, Ramón Abraído, Guillermo Vázquez, Ramón P. Martínez, José Mª García, Ramón Penabad. Antonio García, Isabel García, Domingo Dorado e José Dorado, e nela aparecen dúas aclaracións xunto ás sinaturas de Inocente Maseda e José Mª García na que fan constar que ignoran se pertencía ou non ao Comité. A este feito tamén se refire o mestre cando comenta: “En cuanto a que soy afiliado a dicho Comité de izquierdas es natural que no puedan declararlo los vecinos de derechas puesto que no pertenecían a él. Creo que basta para probar que no lo soy el hecho de que se lo callen, puesto que de saberlo lo habrían hecho constar”
Recoñece, como única relación posible que fixese pensar na súa implicación con grupos de esquerda, ter axudado a un grupo de persoas de San Miguel a facer os trámites legais pertinentes para crear unha asociación e incluso terlles redactado a acta de constitución, pero, pregúntase el mesmo, “enseñar a redactar documentos o instruir dentro de mis conocimientos (...) quiere decir que se identifique uno con el pensamiento o fines de los consultantes? Tal absurdo equivaldría a identificar vg. al abogado con el pleiteante o con el criminal que a él acude”

Polo que se refire ao punto 5, recoñece ter pertencido a FETE mentres este sindicato foi única e exclusivamente de traballadores do ensino, pero que se deu de baixa en 1935, xusto no momento en que se integraron na UGT.

Os cargos 6 e 7 tamén os responde conxuntamente: Nega rotundamente ter feito propaganda de ningún tipo de ideoloxía pero si recoñece ter asistido a mitins de esquerdas, pero tamén de dereitas “pues está patente mi presencia en un mitin de derechas cuando se me acusa de interrumpirlo” e máis adiante será contundente ao afirmar “Y si la asistencia a un mitin es delictiva yo me atrevo a asegurar que no hay en España persona culta que pueda librarse del castigo”. Recoñece tamén ter interrompido un mitin de dereitas coa súa intervención pero explícao detalladamente: “Hablaba el Sr. Laborda en San Miguel con motivo de la propaganda electoral última. (...) En un párrafo, de una exaltación que seguramente no controló bien, el Sr Laborda afirmó que el Magisterio estaba degenerado y que las derechas se proponían levantar de nuevo la educación. Rapidamente le interrumpí y le dije que el Magisterio no estaba degenerado; puede que esté, dije, un número mayor o menor de maestros, pero el Magisterio no. El sr Laborda no me respondió (...) Se produjeron murmullos que ni sé si estaban de mi parte o contra mi; continúo el acto y no hubo más nada.”

En canto ao cargo 8, despois de facer unha descrición dos actos que levou a cabo en favor da relixión durante a súa estancia, conclúe:  “Si tales actos no sirvieron para que mis acusadores se enteraran de mi religión, y fueron, en cambio, a su juicio, causa de estragos en la parroquia, tengo que decir también que no me arrepiento ni me arrepentiré de ellos, así como también que jamás ajustaré mi conducta moral y religiosa a la pauta que ellos quisieran ajustarlos, sinó unicamente a la que mi conciencia me imponga. Ignoro por lo demás que estragos se hayan  producido a consecuencia de actos mios y estoy segurísimo de su inexistencia.”

Por último, en resposta ao cargo noveno di: “...he de decir que en mi vida he visto cinismo mayor que el que se necesita para mentir tan descaradamente afirmando que aconsejaba al delegado gubernativo la detención de nadie”.  Explica deseguido como foi a súa participación nesa mesa electoral e achega como proba a certificación do Cura como presidente da mesa emitida o 18 de novembro de 1936 na que se facía referencia á súa colaboración e á súa imparcialidade.

Remata o prego esperando, confiado en Dios, o trunfo da xustiza, porque: “Me interesa por mis hijos que no se trunque inicuamente mi carrera (...) pero me interesa mucho más el borrón que en ella se intenta arrojar por los vecinos de un pueblo en la educación de cuyos hijos puse el alma. No tienen ellos la culpa, que ya sé como lamentan mi ausencia. La culpa la tienen otros que todavía no se han dado cuenta de que el Movimiento Nacional sigue gloriosa marcha porque lo apoya y lo hace fecundo con su sangre un pueblo que sólo añora verse libre de la cizaña caciquil y que se haga efectivo el imperio de la justicia”

 Toda esta documentación preséntaa, diante da Comisión depuradora do Maxisterio de Lugo o 26 de febreiro de 1937. Unha vez examinado o expediente, esta comisión propón, con data 22 de abril, por unanimidade “suspensión de empleo y sueldo por diez y ocho meses” e envía, como era de rigor, toda a documentación á “Comisión de Cultura y Enseñanza” presidida por Enrique Suñer, quen asina en Burgos, con data 7 de xullo de 1937, a sanción definitiva: “suspensión definitiva con todos sus efectos”.

REVISIÓN DO EXPEDIENTE (1938-40)

Sabemos, polos papeis presentados por don Antonio, que desde agosto do 36 está vivindo en Lugo dedicándose a “ganar particularmente mi sustento y el de mi familia” como indica na instancia de súplica que remite ao ministro de Educación Nacional o 15 de xullo de 1938. Nela declárase fiel seguidor das ideas do Glorioso Movimiento, afirma que ten a conciencia tranquila diante do “calumnioso de los cargos formulados por personas cuyos nombres ignoro y a quienes perdono,”  e solicita que de novo se revise o seu expediente, tendo en conta “... la creencia de que se adopta ahora un criterio más benigno, con arreglo al cual, de haberse estudiado mi expediente en este momento en lugar de estudiarlo en agosto del año pasado, seguramente no hubiese recaído contra mi una pena tan grave”.
Acompaña a esta instancia un certificado da Vicesecretaria da Asociación Católica de Maestros de Lugo no que se indica que “está conceptuado como un maestro competentísimo y trabajador, creyéndole a nuestro juicio que sea incapaz de enseñar a los niños doctrinas disolventes...” . Ademais, certifica que “...cumple con sus deberes religiosos como buen católico...”  e é un bo cidadán.
E  presenta así mesmo outra certificación de don Manuel Portela Nogueira, asesor político de FET y de las JONS de Lugo na que declara coñecer a don Antonio desde hai bastantes anos e que “...he podido observar siempre en él la conducta de un español católico, buen padre de familia y cumplidor de sus deberes.”

A pesares de que esta instancia leva data de xullo de 1938, aparece con rexistro de entrada no Ministerio do 12 de xaneiro de 1940. A partir de aí os acontecementos sucédense con relativa rapidez. O 18 de xaneiro a “Oficina Técnico Administrativa para la Depuración del personal” emite un informe ao Director Xeral de Primeira Ensinanza, recomendando a revisión. Este, á súa vez, traslada a petición de revisión ao Presidente da Comisión Superior Dictaminadora (22.xaneiro.1940).
O 24 de febreiro a Comisión Dictaminadora, tendo en conta que, despois de revisar o expediente, queda “unicamente de la prolija acusación una posible sospecha de ideología  izquierdista sin propaganda ni afiliaciones”, formula á superioridade a seguinte proposta: “Anular la sanción de destitución (...) sustituyéndola por la de traslado forzoso fuera de la provincia con prohibición de solicitar cargos vacantes durante un período de 2 años e inhabilitación para el ejercicio de cargos directivos y de confianza en Instituciones Culturales y de enseñanza por el mismo período de tiempo.”

Por fin, o 17 de maio de 1940, o Ministerio de Educación Nacional comunícalle oficialmente a resolución nos termos propostos pola Comisión Dictaminadora.

Esta actuación “dulcificadora” por parte do Ministerio  que fai que diminúan, na medida do posible, as separacións definitivas e as suspensións temporais, e se incrementen os traslados e outras sancións,  ten que ver con que tiveron que rebaixar a esixencia inicial pola falla de persoal docente. Iso non implicou tampouco que se deixasen de sancionar as condutas que se consideraban punibles na normativa; o que se fixo foi aplicar con criterio amplo o abanico sancionador, reservando a separación do servizo e as suspensións de longa duración para aqueles mestres considerados irrecuperables, mentres que se utilizaban de inmediato os servizos dos demais recolocándoos en lugares onde a súa actuación puidese estar máis controlada e os seus efectos fosen menos “daniños”.


E, VIVAN AS CONTRADICIÓNS!

Analizando detidamente o expediente, o primeiro que se nos ven á mente é o cúmulo de contradicións que nel se observan, a cantidade de imprecisións e de respostas subxectivas que farían, como di o profesor Molero, que “calquera procedemento xurídico minimamente esixente conduciría sen remedio á declaración de absoluta nulidade de todo o actuado”
E como sempre nestes casos, o medo como pano de fondo nunha situación marcada polo terror. O medo dos perdedores e o medo dos gañadores; o medo a ser descuberto como opositor ao novo réxime e o medo a non ser suficientemente afín ao réxime. Medo que fai mentir, negar a evidencia ou pensar que facían “o que tiñan que facer”.
Só así se poden entender os comportamentos de persoas que se contradín abertamente nas súas declaracións, persoas como o cura de San Miguel, que é quen, unha vez finalizada a guerra, de axudar a escapar a José María Bourio Fernández, recoñecido esquerdista que tiña estado fuxido durante a guerra, vestíndoo de cura e acompañándoo a Coruña para que poida saír cara ao estranxeiro, que emite varias certificacións favorables aos intereses de don Antonio e que, ao mesmo tempo, é capaz de facer un informe do máis negativo sobre esta mesma persoa.

Contradicións como as de José María García Díaz, que no informe “secreto e confidencial” de data 25 de xaneiro, afirma categoricamente que don Antonio é un dos organizadores do Comité de esquerdas na parroquia e que está afiliado ao Frente Popular, e o 23 de febreiro asina un documento “público” xunto con outros veciños de San Miguel no que se di que non lles consta que dito señor fundase o comité de esquerdas, e só se limita a facer unha anotación ao lado da sinatura indicando “En cuanto a lo del Comité lo ignoro en lo demás conforme”. En que quedamos, sabía que fora un dos fundadores ou ignorábao?

Pero non acaba aí a cousa, o Alcalde de Barreiros, Justo Rodríguez Rico, afirmaba o 15 de outubro, e ratificábao o 7 de novembro de 1936, que este mestre era militante do Frente Popular; no entanto, no informe do 11 de febreiro de 1937 afirma “ignorar” se estivo ou non afiliado a algún partido político.

Finalmente, no que si hai coincidencias, dentro da contradición, é no tema da relixión; tema moi importante polo que se observa tanto nos pregos de cargo como nos de descargo. Todos os informantes coinciden en que “estaba casado canonicamente e tiña bautizados aos fillos”, pero todos coinciden en que “non se sabe” que relixión profesaba. A primeira vista semella difícil de entender.

Todo isto lévanos a pensar que a maioría dos informes estaban feitos ao ditado de alguén da “superioridade”, de aí a coincidencia tan asombrosa que se dá nas respostas. Antón Costa recolle algunhas das máis repetidas en toda Galiza e tamén no resto do Estado: “simpatizante del Frente Popular”, “simpatizante de izquierdas”, “su moralidad era bastante deficiente” “su orientación en la escuela era perturbadora y disolvente”.  Case todas elas aparecen nos informes aos que anteriormente fixemos referencia.

 Se cadra tamén é así como se pode entender o proceder contraditorio do propio mestre facendo renuncia expresa ás súas ideas sobre educación, en clara coincidencia coa idea educativa xeral do período republicano e, polo tanto, diametralmente opostas  ao novo modelo educativo propugnado polo franquismo. El, que un ano antes escribía “...hemos de reconocer el acierto que ha tenido el Ministerio al dictar la orden de 8 de agosto de 1934, que hace obligatoria su realización (refírese ás excursións escolares) por lo menos una vez al mes”  ou que facía referencia a que el se “ceñia a las prescripciones de la moderna pedagogía, introduciendo en su escuela los principios de la escuela activa”. Evidentemente, isto non concordaba coa idea de Escola do novo réxime, e se quería seguir de mestre non o podía defender.

“UNO DE TANTOS”

Collendo como referente o título que don Gregorio Sanz  (o que fora mestre en Benquerencia e que no inicio da guerra fora detido en Ribadeo e levado ao cárcere de Lugo) lles deu ás súas memorias, podemos afirmar que efectivamente, Don Antonio Pérez López foi un de tantos mestres e mestras que foron “depurados” coa chegada da Ditadura. Un dos 1810 casos (1056 mestres e 754 mestras) que detectou María Jesús Souto no período comprendido entre 1936 e 1942, na provincia de Lugo.

O seu é un proceso paradigmático. Trátase dun mestre “especial”, un mestre que coñece e aplica novos métodos pedagóxicos na súa escola, un mestre que mesmo chega a publicar un artigo na prestixiosa “Revista de Pedagogía” dirixida polo recoñecido pedagogo Lorenzo Luzuriaga... É pois unha “rara avis” vista desde as mentalidades máis retrógradas e conservadoras da parroquia que identifican todo o que tiña unha mínima aparencia de novidade como subversivo.

Como di moi acertadamente o profesor Antón Costa, “Nesta “Escola Azul” non había lugar para as xentes que mantivesen puntos de vista diferentes e foi así como empezou a funcionar unha enorme máquina represora: a da depuración dos funcionarios públicos”.

Lamentablemente non temos moitos datos da vida de don Antonio a partir dese momento. Sabemos pola información que nos pasou o seu alumno Ñico, que morreu en Granada no 1973 e que alí se dedicara a traballar para unha compañía de seguros. Este dato fainos pensar que o máis probable é que non se reincorporase ao ensino despois da guerra. De ser así, sería unha desas moitas perdas irreparables para a educación a que deu lugar  o proceso depurador do franquismo.

De todas formas, entendo que a mellor forma de rematar  é facelo coas esperanzadas palabras de don Gregorio Sanz nas súas memorias: “cuando las pasiones, las malas pasiones que ahora infectan el ambiente, hayan remitido, resplandecerá la verdad y se hará la verdadera justicia a cuantos ahora somos perseguidos.”

BIBLIOGRAFÍA:
COSTA RICO, Antón. “Escolas da Mariña: Espazos de vida e de comunicación”. Aprender no rural. III xornadas de historia local de Barreiros. CC Ollomao (2015)
COSTA RICO, Antón. Historia da educación e da cultura en Galicia.
COSTA RICO, Antón. - BOLAÑO AMIGO, Uxía. Represión política e castigo do profesorado republicano na provincia de Lugo.  As consecuencias do 36. Anuario Galego de Historia da Educación. Número 21.2017
PÉREZ LÓPEZ, Antonio. “Excursión escolar en un pueblo rural”, Revista de Pedagogía, nª 164, (1935),
MORENTE VALERO, Francisco. La depuración franquista del magisterio público. Un estado de la cuestión
MORENTE VALERO, Francisco. La escuela y el Estado Nuevo. La depuración del Magisterio Nacional (1936-1943)
F. PRIETO, Lourenzo. “As vítimas, os nomes e as voces: proxecto de creación dun Arquivo Publico da Memoria”.
SOUTO BLANCO, María Jesús. La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940)
PORTO UCHA, Anxo S.; IGLESIAS SALVADO, J. Luís “Dous modelos educativos, dúas escolas enfrontadas:
a escola republicana e a escola nacional-católica” Anuario Galego de Historia da Educación. Número 10, 2006

lunes, 2 de marzo de 2020

O Pazo de Triana

ESCUDO DO PAZO DE TRIANA
(Casa actual de D. José Antonio Dopico Remior)

     



Escudo español con barba ou punta, a semellanza dos mostrados no Nobiliario Vero de 1492, de Ferrán Mexía (capítulo XXIX). Está timbrado cun casco de cabaleiro fidalgo mirando a destra adornado cun penacho de tres plumas e viseira baixada con reixa, na que se perciben cinco ou sete grilletas (barras verticais que conforman a reixa), polo que pode ser o casco dun fidalgo con título de barón. Está rodeado dun adorno exterior sinxelo a modo de volutas dun pergamiño que se envolven nos soportes laterais e no sostén da punta,. Carece de bordura en xefe (en parte alta) e na bordura dos flancos e punta, pode lerse a lenda: “ARMAS DE LOS MOREDAS, RIBADENEIRAS, AGVIARES ANO DE 1669”.
Está cuarteado cunha cruz abismada das Armas dos RIBADENEIRA: “en campo de ouro unha cruz cargada de catro veneras de prata”.
Primeiro cuartel: unha torre donxonada cuberta (que ten sobre unha torre, outra torre con tímpano e cuberta en punta). Son as Armas dos MOREDA. Si tivesen esmaltes serían: “en campo de azur un castelo de prata”. (Nota: estas mesmas armas outras veces aparecen con dous noves romanos (IX) un a cada lado do castelo)
Segundo cuartel: unha árbore arrincada ou desenraizada. A torre donxonada dos MOREDA e a árbore surmontada de estrelas e un crecente ranversado, aparecen no primeiro cuartel do escudo de Armas da Capela da Virxe de Lurdes da Igrexa parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, cuxo brasón pertence as antigas e primitivas Armas dos ACEBEDO (La Comarca del Eo 6-Maio-2017).
Esta árbore, sen can, aseméllase á dos ACEVEDO do 2º cuartel da casa de D. CARLOS MIGUEL ACEVEDO PARDO Y TABOADA, coñecida como a casa da Aduana Vella sita no Porto de Porcillán de Ribadeo,quen é un dos fillos e herdeiros de Dª MARIA JOSEFA PARDO DE CELA ULLOA Y TABOADA petrucia da “Casa Torre de Pumarín” tamén de San Miguel de Reinante) (Nota: hai a dobre grafía con “V” e con “B” dos ACEVEDO e ACEBEDO, que nós anotamos tal e como aparecen nos brasóns).
Terceiro cuartel. Unha aguia mirando a sinistra co voo baixado ou de ás caídas. Son as Armas dos AGUIAR.
Cuarto cuartel: “tres cunchas de vieira (veneras) ben ordenadas” (dúas en xefe ou parte alta, e unha en punta, ou parte baixa). Poden ser armas dos BELLOCH, de orixe xudío, cuxo 1º cabaleiro, do século X, chamábase Guiberto ou Wiberto: “en campo de goles tres veneras de ouro, ben ordenadas” // tamén puideran ser: “en campo de azur tres veneras de ouro”, neste caso, mal ordenadas (colocadas a inversa: unha en xefe e dúas en punta) correspondentes ao 2º cuartel do escudo cortado de Mondoñedo, cuxa posible relación sería que nalgún tempo houbera un matrimonio AGUIAR de MONDOÑEDO, desta extensa consanguinidade dos MOREDA e RIBADENEIRA, ou un vínculo de maiorazgo, patronato ou de aforamento de territorio co bispado de Mondoñedo.
Primeiro e segundo cuartel, poden ser de D. RODRIGO DE MOREDA. (Ámbolos dous semellantes os da páx.97 da Heráldica do Municipio de Mondoñedo, autora: Olalla Rúa Veloso, 2005 // tamén como o escudo da Casa de la Rocha de San Cosme de Barreiros)


XENEALOXÍA

A máis probable comeza con: D. RUY FERNÁNDEZ DE MOREDA casado con Dª MARÍA FERNÁNDEZ foron padres de D. JUAN DE MOREDA veciño de S. Miguel de Reinante (Barreiros) gañou Executoria de Fidalguía na Real Chancillería de Valladolid o 10-Maio-1488, confirmada o 5-Marzo-1495, ambas presentadas nun preito por D. RODRIGO DE MOREDA no ano 1568 (Blasones y Linajes de Galicia, D. José Santiago Crespo del Pozo, Tomo III, 2ª Edición do Mosteiro de Poio, páx.326)
Esta mesma noticia aparece da seguinte maneira na dirección de Internet: https://blog.myheritage.es/2010/09/documentos-eclesiasticos-y-apellidos-de-galicia-espana/ apelidosgalicia.org/Moreda-2220
1.- Executoria de fidalguía a favor de Juan de Moreda, veciño da freguesía de San Cosme de Barreiros (Lugo) Ano 1488. (Cód. Ref: ES.47186.ARCHV/6.5//PERGAMINOS,CAJA,72,7)

Tamén como nota curiosa, aparece nesta mesma dirección:
Los vecinos de Santiago de Foz con García de Moreda y más vecinos de San Cosme de Barreiros. Auto ordinario sobre pesca de sardina. Ano 1588.

Por outra banda, tamén sabemos polos libros da Igrexa de San Miguel de Reinante (Arquivo Diocesano de Mondoñedo):
1. Pedro Moreda Rivadeneira y Aguiar (fundou a capellanía de San Pedro na igrexa de San de Reinante. Foi párroco de dita igrexa xa no 1655. Do ano 1688 a 1713 aprox. deixa a capelanía a cargo de Miguel de Moreda Rivadeneria y Aguiar).
2. Francisco Moreda Rivadeneira y Aguiar + Catalina Blanco
1. Gregorio Moreda Rivadeneira y Aguiar (nace en 1688, e son seus padriños de bautismo o cura D. Luis Pardo Taboada e D.ª Isabel Villarmea)

Na lenda do escudo vemos que a data é do ano 1669, cadrando con toda esta familia que vamos atopando e que falta por terminar de concretar a súa ascendencia e descendencia.