Praza do Souto

Praza do Souto

miércoles, 2 de mayo de 2018

a toponimia dos nosos barrios



TOPONIMIA DO POBO  PARTE 1
OS BARRIOS
A parroquia de San Miguel de Reinante está situada na mariña, zona e vertente máis setentrional da provincia de Lugo. Forma parte do concello de Barreiros sendo centro da faixa costeira entre a ría de Ribadeo e a de Foz.
 

No ano 1749 Fernando VI dictou un R.D. polo cal se redactaría un catastro orientado a permitir un sitema tributario máis sinxelo, equitativo, fiable e moderno fi o chamado Catastro do Marqués da Ensenada.  Para levar a cabo este catastro empregaron entre varios instrumentos un interrogatorio de 40 preguntas que os funcionarios Reais fixeron no territorio a catastrar.

Na terceira cuestión preguntaban cales eran  os límites do pobo naquel 1749 os cales transcribirei literalmente.
“A la tercera dijeron que dicha feligresía tendrá la distancia de Levante a Poniente de un cuarto de legua y de norte a sur tres cuartos de legua y de circunferencia cerca de dos leguas que para caminarlas a paso regular se necesitan tres horas por ser parte costanera; linda por levante con la feligresía de Santiago de Reinante, por poniente con la San Pedro de Benquerencia, por el norte con la mar y por el sur con la de San Pedro de Arante, principiando el término en el desembocadero del arroyo que baja de Marzán a la Area Longa por la que sigue y orillas de la mar, Cabo de Preguntoiro, porto da Pasada, Recanto y porto de Lóngara, y subiendo por un arroyo que allí desemboca y fluye a la mar, confinando con la feligresía citada de San Pedro de Benquerencia, atraviesa el lugar de Sargendez quedando parte de él en dicha feligresía de Benquerencia y parte en esta, desde el que atravesando la Vega de Sistelo viene a dar a la Cruz de Fernandares  que se haya en el Camino Real que va para la Villa de Ribadeo, desde la que atraviesa la Vega que nombran de Fernandares, la de Lamelas y  sube al sitio do Encanto y Seixo Blanco en donde acaba de confinar con dicha feligresía de San Pedro de Benquerencia  principiando a hacerlo con la de San Julián de Cabarcos desde cuyo sitio baja por el monte al que dicen Pozo Negro y de allí al que nombran Cargadoiro de Tapía en donde acaba de confinar con dicha feligresía de San Julián de Cabarcos, principiando a hacerlo con la referida de San Pedro de Arante, desde cuyo sitio sube por el arrio (?) al sitio de Candaosa y de este a un montón de piedras que llaman monpilleiza (?) y de allí al Marco de Comado que divide esta feligresía, la de Arante, Santa Eulalia de la Devesa y Santiago de Reinante, desde el que vuelve hacia Poniente al sitio de Castelo confinando con dicha feligresía de Santiago de Reinante y desde Castelo a la Fuente Alta y bajando por el arroyo que de ésta se origina pasa por el sitio de Marzán donde toma nombre dicho arroyo y bajando por el hasta su desembocadero e incorporación con la mar primera demarcación.


¨San Miguel de Vilachá¨
Como ben sabemos todos quen máis quen menos San Miguel de Reinante non sempre foi de Reinante se non que na idade media respondía ao nome de San Miguel de Villa Plaine.
San Miguel de Villa Plana, e o nome máis antigo que se le nos documentos medievais. Derívase directamente do adxetivo latino “planus”> llano, mentras que San Miguel de Vilachá ou de Vilacháa, que aparece en documentos privados de partixas dalgunhas casas patrociais, como a do Curioso de Sarxende, e un nome máis recente por ser versión o galego do anterior latino.
Existen una serie de 30 documentos, dous calendarios e tres escrituras que fan referencia a Vilachá nos arquivos da Catedral.
No documento número 75  do Tumbo de Lourenzá datado o do 18 de abril do  1151, fálase de Vilachá.
Neste documento García Vermúdez doa ao Mosteiro de Lourenzá e ao seu abade, as heredades que posuía en Villa Plana, Santo Estevo e San Pedro a cambio de darlle dúas vacas, un poldro, tres medios de pan, tres de trigo e un vestido ao ano ademáis de ser acollido no mosteiro cando se presente alí.

Así mesmo é tamén no Tumbo de Lourenzá no documento número 64 datado o 24 de novembro do 1266  onde aparece de novo o topónimo Vilacha.
 Neste documento, María e Dominga González venden ao Mosteiro de Lourenzá  parte da súa heredade situadas en Vilachá por 24 soldos.

Será no 1605 cando comece a falarse de San Miguel de Reinante e da Administración de Reinante deixando de empregarse a denominación San Miguel  de Vilachá ou Villaplana.
O motivo deste cambio descoñecese poida que fora un cambio a nivel administrativo, pero non podo evitar facer referencia neste artigo á lenda de Vilachá.

En Galicia repítese frecuentemente a lenda de pobos asolagados. Aquí ocurriu o que en tantos sitios non sen unha certa lóxica

Conta a lenda que alá polo 1600 o pobo se San Miguel de Vilachá se asentaba ao lado dun pequeno regato (o río de San Miguel ou do Forcón) nos lugares que reciben o nome de Vilachá e Figueirido.

Nunha noite de inverno choveu moito e isto coincidiu cunha subida da marea moi grande e o desbordamento do rio asolagou todo o pobo  quedando tan só en pe a casa máis alonxada do pobo, o Pazo de Pumarín.

Pese a ser lenda (porque non podemos afirmar tal sospeita) pode ter algo de razón, xa que houbo varias enchentas ao longo dos anos e sabemos da forza das augas.

En contra punto… como podería estar situado o pobo no lugar que indican sen ningún tipo de defensa ante os ataques tan habituales na idade media?

A dúbida aí queda…

San Miguel de Reinante e os seus barrios
O termo barrio é en parte moderno xa que polo 1820 aínda se acostumaba a empregar o termo Quinta   existindo por aquel entonces a Quinta de Salgende, Quinta dos Campos, Quinta de Pumarín, Quinta de Nogueiredo, Quinta da Áspera, Quinta do Rueiro, Quinta do Souto... así queda reflectido no libro de defuncións parroquiais que van do 1815 ao 1830.
A Quinta nun inicio referíase a unha casa con alpendres para gando e animais varios, palleira, hórreo, horta  etc. E xeralmente estaba delimitada por algún tipo de cerrado. As familias daquela eran moi numerosas, e ás veces había varios matrimonios da propia casa, e si os fillos se ian, podían vivir cos propietarios as familias de criados, pero non na "casa grande" se non que moraban  noutras casas máis  pequenas  e anexas.
Se a casa era grande e con labradío dabondo formarían un barrio, pois os patróns repartían parcelas entre os fillos para partir a herencia. Os fillos despois se non lles interesaban  vendían a outros que non eran da familia e facían casa. Así naceron os barrios.
Na actualidade San Miguel componse de 20 barrios pero non sempre foi así, a medida que se foron habitando outras zonas foi medrando o número deles.
Cada un destes barrios ten un nome cunha procedencia moi diversa uns debidos a traballos realizados alí, outros a elementos naturais e outros debidos ao nome dalguén que alí morou…que nos poden dar unha idea de cómo era aquel San Miguel antigo, aquel que ningún de nós coñeceu… apetecevos viaxar polo San Miguel antigo?
Se me permitides irei falando deles en función do  que pode ser  de maior antigüidade a menor.

PUMARRUBIN   E PUMARÍN, poideron ser o mesmo nunha orixe pero a medida que os anos foron avanzando chegaron a denominar dúas zonas diferentes. Sexa como sexa son sen dúbida algunha, xunto con Salxende, os barrios máis antigos.
PUMARRUBÍN direi que o topónimo Pumarrubín é único en Galiza segundo o nomenclátor da Xunta.
Diremos que é un composto de dous termos latinos PUMAR e RUBÍN que pode facer referencia a algún antigo posuidor “o pumar de Rubius” (Schulze documentou o nome latino Rubbius, xenitivo Rubbini), ou “o pumar de Rubinus, Rufinus ou Rubinius”
No Tumbo de Lourenzá aparece citado varias veces o topónimo Pumarrubín:
-Nos folios 51r e 52 r datados no 1078 aparece en tres ocasións e escrito de tres formas distintas:
(…) PUMAR RUIINUM ET VILLA PLANA. (Christus). domnis inuictissimis ac triumphatoribus, gloriosis (…)

(…) et Masma, discurrente ad ecclesia sancti Michaelis, villa que uocitant Pumar Ruiino quam habemus de mater mea, et cum illa damus (…)

(…) habemus de mater mea, et cum illa damus hic in Pumar Ruuinum hereditate quam ganauimus cum Munnio Menendiz, de Vita Sindiniz,(…)


-Nun documento de 1126 aparece perfectamente localizado:
(…) Pumar Ruiino inter aquam Euue et Masme.
-E o mesmo ocorre noutro de 1132
(…) discurrente ad ecclesia sancti Michaelis de Uilla Plana qui uocitant Pumar Ruuino, (…)
- Nos folios 118r e 123v, datados entre 1150 e 1266 en referencia a unhas rendas:

…criançia per medium et V armitios et XIIen roxelos. in Pumar Ruuino IIos boues et uno almalo et medium de una vaca …

… de serucialia. et II tercias et medium da seara. de Pumar Ruuino VI tercias et medium. in Soctelo uno boue et …



PUMARÍN é un diminutivo de Pumar/Pomar no galego da zona oriental.
prado pequeno plantado de maceiras, é un diminutivo de Pumar/Pomar término latino que se entende tanto como maceiro, como lugar prantado de maceiros ou de árbores frutais Correspóndese co Pumariño das outras zonas de Galicia. Aparece citado catro veces no nomenclátor da Xunta (unha en Barreiros, dúas en Becerreá e unha en Castroverde) sen embargo sabemos que é moito máis abundante sobre todo referido a núcleos pequenos de poboación. No tombo de Lourenzá aparece dúas veces o topónimo Pumarinno pero non está claro que se refira ao de San Miguel e incluso pode referirse a Pumarrubín.
 

SALXENDREZ
 O Topónimo de Sarxende Sarxéndez ou Salxende/Salxéndez é extremadamente atractivo pola súa orixinalidade sendo único na toponimia de Galicia.
 No nomenclátor da Xunta de Galicia só aparecen recollidos dous lugares con este nome, un na parroquia de San Miguel de Reinante e outro na de San Pedro de Benquerencia (evidentemente é o mesmo Sarxende que todos coñecemos só que unha parte pertence a San Miguel e outra a San Pedro).
Segundo o profesor Nicandro Ares Vázquez, Salxéndez tería a súa orixe nunha suposta Villa Gelsindi/Gelsendi/Gelsende que á súa vez proviría do nome da súa propietaria, Galsuenda (nome de orixe xérmanica), feito que tamén o fai moi raro polos escasos exemplos de topónimos procedentes de nomes femininos.
O proceso lingüístico que nos levaría de Gelsende a Salxéndez non parece difícil de explicar: en primeiro lugar produciríase unha metátase ou conversión de Gelsende en Selgende e de aquí pasaría a Salxéndez, que ten trazas de ser un patronímico como Fernández ou López… A conversión de Salxende/Salxéndez en Sarxende/Sarxéndez parece deberse a un rotacismo semellante ao que converteu Alanti en Arante, Tabulata en Trabada ou Salgadelos en Sargadelos.
Este topónimo aparece moitas veces citado na documentación medieval.
No Tumbo de Lourenzá atopamos varias citas referidas ao século XII:
• No documento 13 (sen data) fálase dunha “muller de Todomiro de Gelsindi”
• No documento 67 (datado entre 1076 e 1113) un tal Vermundo Vermúdez fai doación ao mosteiro e ao abade da súa heredade “… in villa de Gelsendi…”
• No número 70 (29 de maio de 1143) que leva o título “DE GELSENDE”, García Núñez xunto cos seus irmáns venden un oitavo dunha vila que estaba “… subtus alpe Comado, inter Euue e Masme, prope rio Lentin discurrente in aula Sancti Petri, in loco predicto Gelsende”

Así pois, aínda que a comisión de toponimia da Xunta optou por Sarxende, calquera das outras variantes poderían ser válidas.Polo tanto, na escrita deberiamos utilizar o normativo Sarxende pero na fala son perfectamente admisibles Salxende, Xalxende, Sarxéndez ou Xarxéndez; desde logo non Sargéndez que é unha deturpación castelanizante como tantas outras que se produciron neste país.


CASALDEITE,  Do latín “casalis”. Denomínase CASAL un “pequeno grupo de casas nunha aldea” ou “un conxunto de casas no campo que non chegan a formar un pobo” (DEGC). En tempos dos suevos, aparece como topónimo sustituíndo a “vila” (E.Rivas, 1982)
Este casal, situado en pleno Camiño Real aínda conserva parte dos seus muros e sospeitase que parte da Valga pertenceu tamén a este casal.
 A primeira referencia que aparece deste barrio é do 1668 ano no que  hai unha disputa entre os párrocos de San Miguel  e de San Pedro, ambos querían disfrutar das rendas do Casal de Ite chamaron a declarar a tres veciños de San Miguel e tres de San Pedro, tentaron  aquí demarcar os límites de San Miguel e de San Pedro tan só foron cinco veciños e pouco se sacou en claro.
Puxeron catro marcos dende a Cruz de Fernán Ares, tres marcos en liña recta ata o muro de Gregorio do Outeiro chegando á figueira de María Rodríguez

Outra das referencias que temos data do  Ano 1732 e pertence ao Arquivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as pertenzas do convento de Vilanova no pobo se San Miguel de Reinante.
Neste documento faise unha referencia a unha serie de bens que levou Andrés Alonso (Ferreiro do pobo naqueles intres) por orde de Don Pedro Parto Taboada e que no momento referido leva o xenro deste Francisco Rodríguez.

Partida 24 (del Memorial)
Item en dicha feligresía de San Miguel la casaria y lugar que se llama do torneiro la cual es el Lugar de Casal de Yte con los bienes a él anejos según que de orden de Don Pedro Pardo Taboada los llevó Andrés Alonso herrero vecino de San Miguel y despues en su nombre Francisco Rodríguez su yerno ambos moradores en el dicho lugar de Casal de Yte que primeramente compone de su casa y corral, parral de viña, aira y huerta entradas y salidas con una pieza de cortiña por detrás y alrededor de dicha casa que llevará en sembradura media fanega de pan poco mas o menos todo ello junto y pegado uno con otro cerrado y circundado de sobresí, testa por la parte del mediodia con el Camino Real que viene de Ribadeo para el Puente de la Espiñeira y por la parte del nordés en otro camino que va por delante de dicha casa para Salgende y  por las otras partes al norte y vendaval testa en el lugar y hacienda que quedó de Juan de Forján y ahora lleva Antonio de Forján; poseen y habitan dicho lugar la viuda, hijos y herederos de Miguel da Balsa de orden de Don Pedro Pardo Taboada del cual ahora pagan la renta a dicho Don Sancho Menéndez =

Nenas en Casaldeite dirixíndose á escola


Nota complementaria:
Na actualidade no barrio de Casaldeite aínda hoxe hai unha casa que sempre se chamou a casa de Balsa, e que pertenceu en tempos inmemoriais aos chamados Balsas. Os últimos herdeiros dos que se ten coñecemento vivían en Madríd e perderon todo contacto co pobo tras vender as propiedades que lles quedaban. Tiñan gran cantidade de propiedades en Casaldeite así coma no que hoxe coñecemos como As Valgas, onde varias das construcción foron  promovidas por esta familia.

O CURRO, termo de raíz prelatina “cercado de forma circular”. Servía para ter árbores e pasto para o gando. Segundo o DEGC, CURRO é un “corral pequeno destinado a mesteres da labranza”. Neste caso comparte semántica con “curro”. Segundo a Real Academia galega curro ten as seguintes acepcións:curral de pequenas dimensións.
Cerca de madeira ou de pedra onde se concentra o gando ceibo do monte, especialmente cabalarías e vacas..
Festa que se celebra con motivo de acurrar ou baixar o gando do monte a estas cercas.

A primeira referencia que temos deste
lugar data do  4 de marzo de 1675 a raíz dunha venta que fixo Don Salvador Menéndez de Navia y Villamil, (propietario e máis que probable promotor do Pazo de Outeiro.

Tras unha referencia  dos bens que vende no punto número sete aparece o nome deste barrio facendo referencia a un muíño.

Con mas el directo dominio y propiedades del molino do Curro sito en San Miguel de Reinante, que lo vendió Juan Domínguez de Fondós, vecino de Santiago de Foz a Don Juan Pardo Taboada y a Doña Isabel su mujer por escrituras de venta, la una pasó por tesimonio de Pedro Valea de Montouto, su fecha en 16 de diciembre de 1618 y la otra por ante Domingo Rodríguez Bermúdez en 30 de mayo de 1620 con la pensión de una misa perpetua que se debe en la Iglesia de dicha feligresía de San Miguel y por que se paga de limosna en cada año al cura de ella cinco reales y medio el cual dicho molino llevan en foro perpetuo Domingo López Alvelo y Isabel Fernández su hermana, mujer de Juan Dorrego, vecinos de San Miguel y pagan el canon y pensión en cada una doce ferrados de trigo y un carnero de dos años”
Familia traballando no Curro






OUTEIRO “altarium” do latín “altus”.  según o diccionario da Real Academia galega, outeiro fai referencia a unha pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión.
As primeiras referencias documentais que temos deste barrio  son do ano
  1732  e atopámolas nun documento do Archivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as pertenzas do convento de Vilanova no pobo se San Miguel de Reinante.
Neste documento faise unha referencia a unha serie de bens que levou Andrés Alonso (Ferreiro do pobo naqueles intres) por orde de Don Pedro Pardo Taboada (propietario do Pazo de Pumarín naqueles intres)  e que no momento referido leva o xenro deste Francisco Rodríguez.
Item pertenece también a este dicho Monasterio aneja a dicho lugar y casaria de Casal de Yte otra pieza de heredad sita dentro de una veiga que llaman de Pumar Rubino según que lleva de sembradura un zelemín de pan poco mas o menos y se halla circundada de sobresí con muro y silveira todo alrededor testa por la parte del norte en el prado que fué de Juan y María García el cual ahora lleva don Sancho Menéndez y por el lado del poniente testa en la cortiña del Lugar do Outeiro el cual es en donde tiene su Casa Grande Don Sancho y por la cabecera a la parte del mediodía testa con hacienda que fué de Antonio González y hoy lleva Joseph do Souto y por el lado del nordés va o largo con heredad de Joseph Moreda, posee toda la partida dicho Domingo Lozano por la referida Romana Rodríguez su mujer como consortes de los dichos herederos de Miguel da Balsa y todos en virtud del orden que han tenido y tienen de Don Pedro Pardo y sus herederos Andrés Alonso herrero por el cual pagaban y pagan al presente catorce ferrados de trigo de renta y canon a dicho Don Sancho Menéndez =

Este documento demostra que xa a comenzos do 1732, o Pazo de Outeiro pertencía a Sancho Menéndez Navia Villamil.


OS CAMPOS dise de unha “extensión considerable de terreos chaos e descubertos que se aproveitan para labradío ou para pasto”. E un barrio que se atopa pola entrada do levante de San Miguel de Reinante estando situado en pleno Camiño Real o que máis que probable lle deu nome.

Nota: O camiño real por San Miguel, pasaba polas Pasadas, cruzaba pola Áspera por riba da actual carretera xeral para ir desembocar ao Souto á casa de Presenta, atravesaba ata casaldeite pasando por detrás do cuplé ata a serra continuando polo camino que vai ao Canteiro.

 Nun mapa do 1748,  que fai referencia a un  preito entre Carlos e Gaspar Acevedo Pardo Taboada (donos da casa do Pazo) podemos observar que esta zona se denominaba antigamente Campos de Pousada. Non sabemos con exactitude, se Pousada  fai referencia a unha persoa ou a un lugar de Pousada.
     Poidera ser moi probable que fixera referencia a unha pousada dunha xa que está  certificado que a casa do Camín situada neste barrio chegou a ser chamado o Parador do Camín, previamente coñecido por Casa Andrade xa que foi seu primeiro dono Tomás Andrade. Esta fonda, daba de comer e dormir mais non tiña cabalerizas,

Podemos engadir a modo anecdótico un recordo que  nos transmitiu unha veciña, un vello conto que escoitou na casa en referencia a este : 

Un home que pasar a noite no Parador do Camín, díxolle ao dono Tomás antes de partir “Longaniza, morganiza, pié de porco y su cachiza, el cantor y su mujer, todos van a mi fardel, descalzan zapatos viejos y calzar zapatos nuevos, eso es deber algo señor amo?

Don Tomás que non entendera nada, por non facer o feo dixo – No hombre no…

Pero ao día seguinte botou en falta o xamón, a cabeza de porco, chourizos e deixou os zapatos vellos levando os novos de Tomás

Neno camiño do mar ao fondo Os Campos de Pousada

Información aportada por Emilio Piñeiroa Lozano dos seus estudos sobre o Camiño Real en Barreiros.


AS PASADAS, pode facer referencia a un lugar de paso xa que este barrio é atravesado polo  Camiño Real, inmediatamente despois dos Campos de Pousada. O plural de “a pasada” do verbo “pasar”, do latín “passare” que indica “paso, sitio por donde se pasa”.


ASPERA:Topónimo que significa “lugar áspero ou escarpado” (según Moralejo Laso 1977); e segundo E.Rodriguez DEGC, áspera “dise dun terreo desigual, fragoso e dificil de transitar por él”. Aspera ou Aspara, como lle dín algúns dos propios veciños, según E.Rivas (1989) chámaselle a un “sitio pendente”, tal e como é o acceso o barrio da Aspera de San Miguel.
Aínda que non temos constancia documental na que apareza o nome sabemos que arredor do 1700 xa existía este termo pola existencia da chamada Quinta da Áspera.
Vista da Aspera. Os Colexios estaban por construir


OBRA PÍA. Polo xeral antes de falecer unha persoa sobre todo con alto poder económica acostumaba facer testamento. Neste estipualábase como se repartiría a herencia do finado. Neste testamento aparecían normalmente as donacións a diversar organizacións de beneficiencia.
No caso da Obra Pía de San Miguel ubicouse neste lugar unha  escola de fundación ou Obra Pía de primeiras letras.
O benefactor desta foi Felipe de Soto no século XVII. Esta escola permanceu en pe ata que se construiu a casa na que hai anos se situou  a antiga fábrica de Chocolate Bambú e na que o chamado “Ramonillo” deu clase durante varios anos.
Felipe de Soto faleceu baixo testamento outorgado na cidade de México o 13 de Marzo de 1709, ante o escríbano D. Juan Arcibay Anaya, polo cal legaba as rendas de diversos bens da sua propiedade, co fin de constituír un capital que servira para fundar e soster unha Escola gratuíta de nenos no pobo referido, e para levantar determinadas cargas piadosas. Sería este Felipe de Soto orixinario do pobo? Non se atopou ningunha referencia ao seu nacemento nos arquivos parroquiais.

Desta fundación benéfica temos probas da súa existencia por dous camiños diferentes pero que se complementan: por un lado  La Gaceta de Madrid (o que sería o actual B.O.E )e os Libros de Fábrica da Parroquia de San Miguel.
En La Gaceta de Madrid do día 29 de xaneiro de 1925 temos unha disposición que nos fala da xénese da citada fundación no ano 1709 e da situación na data citada. En resumen esta disposición di:
Que visto o expedinte de clasificación da Fundación instituída en San Miguel de Reinante por D. Felipe de Soto;
Mandato do 10 de agosto do 1753  do Obispo Antonio Riomol Quiroga trala visita pastoral(Libro de Fábrica)
¨habiendo visitado la casa escuela Fundación Pía. Halló la pieza o sala que sirve para los niños, ocupada con camas y otras cosas que no se corresponden a aquel lugar si no al cuarto que el tiene para su habitación cuando S.S. que este saque de allí todo lo referido y que el párroco ponga bancos para escuchar los muchachos.
Vista tomada dende os Colexios Vellos


A BARRANCA E A FERRERÍA, topónimos moi ligados á Cova da Veneira.¨
O chan de San Miguel de Reinante é abundante en mineral de ferro, tanto que aínda atopamos restos dunha mina coñecida como a cova da Veneira (hoxe tapiada) da que en tempos de Raimundo Ibañez se extraía este material para a fábrica de armas que este posuía en Sargadelos.
O ferro cocíase na Barranca  sendo transportado ata Porto Vello (crese que na Praia de Arealonga) cargándose en pequenas lanchas que transportaban o ferro a gabarras que zarpaban rumbo ao porto de San Cibrao dende onde construíron unha estrada de terceira orde ata Sargadelos. (Este feito non está provado)
Para a explotación deste xacemento firmouse un contrato ante o Notario de Ribadeo D. Xosé Álvaro de Vila Vaamonde o  vinte dous de outubro do 1796, entre Don Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das Fábricas de Sargadelos e varios veciños de San Miguel
Esta escritura está refrexada por Francisco Lanza na súa obra “Ribadeo Antigo”.
A BARRANCA, Topónimo que significa “un corte profundo” que fan no terreo as correntes das augas. Tamén se dí dun camiño con moita pendente. Este topónimo debeu comenzar a usarse na  Idade Moderna debido á  relación coa explotación de ferro da Cova da Veneira. Na Barranca separábase o ferro da terra e amontonabase en barrancos de terra, posteriormente.
Nota: Barranco significa “despeadeiro, precipicio”, polo que “o mineral extraído lavábase ou tamizábase para separar a maior parte da terra, e coa que ían reenchendo os desniveles do terreo da Barranca”
FERRERÍA  No lugar da Ferrería faceríase unha primeira cocedura deste ferro.  Sacaban a ganga da veta de ferro e posteriormente sacaban a a mena aproveitable.

Antiga casa na Barranca hoxe restaurada

O SOUTO no caso do barrio de San Miguel de Reinante, non se referiría exactamente a un “terreo cuberto de árbores”, aínda que tamén se pode referir  a un lugar de reunión.
Non sabemos moi ben cando comezou a chamarse así xa que na Idade Media, aló polo 1300, era coñecido por Casal de Vilar, (casal: casa solariega cercada de muros con pequenas casas ao redor) xa que o dono deste Casal era Fernán de Vilar. Os arquivos da Catedral de Mondoñedo así certifican esta existencia cando no ano de 1389 se realiza un inventario da chamada Administración de San Miguel. O cabildo resultou ter gran cantidade de propiedades no pobo, concretamente seis casais de herdades mansas (terreos traballados) en “Jalsende”, Pumarinno, Pumarrubiño, Pousada, Outeiro e a metade do Casal de Vilar.
Polo 1800  xa se falaba da Quinta do Souto así o corrobora o libro parroquial de defuncións do 1815.
Temos certificado que  polo 1872 foi necesaria unha ampliación do Souto, xa que se quedaba moi pequeno para celebrar o mercado e a feira. Temos confirmación deste feito por informes realizados por parte dunha comisión de veciños, así como do concello. Os afectados alegaban que posuían casetas neste lugar e que o concello, pola súa parte, procedera a demoler cuadras e casetas que eran da súa posesión. O concello alegaba que estas casetas non estaban habitadas e que foran usurpadas a terreos municipais… Certo ou non, no 1872 o Souto ampliouse para enfado dalgúns e beneficio doutros.

O Souto


Antiga alameda


Neno camiño ao Souto


A  GRANDA. O topónimo Granda é moi abondoso en todo o norte da península, especialmente en Cantabria e Asturias.
En Galicia dáse unicamente na zona oriental da provincia de Lugo e aínda así aparece recollido no nomenclátor da Xunta referido a 32 lugares No dicionario de Sotelo Blanco, identifica GRANDA con GÁNDARA, co significado de "terreo baixo e sen cultivo cheo de matogueiras, terra cha con moita auga e pantanosa, terreo extenso inculto e árido cuberto por vexetación rastreira". Segundo o dicionario da RAG, unha gándara sería un “terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza”.
É probable que procedan da hipotética raíz prerromana *KANT-, que pode alternar coa variante fonética *GAND-, “pedregal”, tamén presente en ganda, nos Alpes centrais e orientais, que equivale a “ladeira pedregosa”, e gand, de significado análogo, no alemán de Suíza. Así pois, unha GRANDA sería un “terreo que se caracteriza pola abundancia de pedras”, e, poderíamos engadir, “presumible de cubrirse de maleza”
O que nos fai pensar na súa orixe prerromana é o feito de que entre as palabras non latinas de uso nas explotacións mineiras do noroeste da península, segundo cita Plinio, figura GANDADIA como “cousa a desbotar”,.
O que non sabe todo o mundo é que temos a Granda de Arriba e a Granda de Abaixo sendo unha parte chamada a Veiga do Morgullón e que chegou a chamarse o “peñón” posto que houbo un tempo no que uns decían que pertencía a San Pedro e outros que pertencía a San Miguel… seica o cartel dun e doutro pobo estivo paseando polas noites dun lado a outro… esto a xeito anecdótico. Hoxe por hoxe, a Granda é de San Miguel.


 ENTRERRIOS,  “entre correntes de auga”. No caso do barrio de San Miguel fai referencia áo cruce de rios, é un topónimo relativamente recente.
No mencionado anteriormente Catastro do Marqués da Ensenada sinálanse dous muíños no lugar de Tras os Ríos… será o mesmo lugar??¨será este lugar o que se denominaba a Quinta do Rueiro

OS MARTICES parece ser un topónimo diminutivo e alterado de “marta”, “mata” co locativo abundancial –izo –ices, no sentido de “bosque con abundantes árbores silvestres”
Non temos constancia de cando se comezou a usarse este topónimo. Sospeitamos que é defins do 1800

NOGUEIREDO  lugar abundancial de nogueiro, semellante a Nogueiral lugar abundancial de nogueira. Do latín “nux” –nucis”: noz, noces.
 Aínda que anos atrás tamén figuraba este lugar como Nogueireda ou Nogueiral (bosque de nogueiras
Non temos tampouco constancia de cando se comezou a usar sí afirmamos que no 1800 xa existía como barrio ao xuzgar polos libros de bautismos e defuncións da parroquia que repiten o nome da Quinta de Nogueiredo. 
      
Xente camiñando por Nogueiredo


Neno en fronte á casa do Cuple 


Casa de Dourado



TILLEIRA, pode facer referencia ao lugar onde se facían tellas pero non o temos comprobado. modificador de “telleira”: “sitio donde se fabrican tellas e forno donde se cocen”. Provén de “tegularia” , de “tegula”: tella.
Non sabemos da antigüidade deste barrio mais no 1800 os archivos parroquiais xa falan da Quinta da Tilleira.
Don Ramón da Tilleira un home inolvidable

TRIANA pode ser dos topónimos máis modernos  xa que non aparece en ningún  arquivo anterior ao 1800. Poidera ser chamado así debido á chegada de xentes do sur de España.
Posiblemente provén de “triada”: “conxunto de tres cousas”.

AS VALGAS. Segundo o diccionario da Real academia Galega Valga significa Parte máis baixa dun val por onde corren as augas naturais da chuvia, dos mananciais etc.
Este topónimo e bastante recente aínda que este lugar está moi ligado por situación e por historia a Casaldeite. De feito, sabemos que algunha casa das actuais deste barrio pertencían ao Casal, e outras foron promovidas pola familia Balsa a comezos do 1905 familia que habitaba xa dende séculos atrás en Casaldeite.

Campo das Valgas en construción







sería unha mágoa perder a amplia toponimia do noso pobo, daí a importancia de recompilar todos e cada un deses nomes fermosos de cada unha das zonas Toxeiros, Armén, Curuxós, Sistelo, Painzás...pero isto deixareino para outro artigo







Fondo documental: Francisco José Campos Dorado, Faustino González Recalde e Ramón Casas Oroza



Fotografía Paco Teijeira