Praza do Souto

Praza do Souto

domingo, 29 de octubre de 2017

PROXECTO RIO

SINOPSE.
Proxecto encamiñado  á recuperación social e natural do Rego da Barranca, o río matriz do pobo, o noso rio. 
O Río como arteria unificadora do pobo, dende a Barranca á Arealonga, todo é San Miguel. Preténdese a activación dende a asociación de toda a veciñanza para participar no proxecto, coma  unha  segunda acción do LAB SOCIAL da asociación.
*LAB SOCIAL : o brazo executivo-participativo formado pola xente do pobo, interxeracional, que permitirá mellorar, adecentar, recuperar ou potenciar espazos, lugares,…, de interese histórico,emocional,festivo,arquitectónico ou natural do pobo, mirando ó futuro do pobo.

ITEMS CONTEMPLADAS ( accións ).
1.      LIMPEZA XERAL.
2.      POZO DA CAINZADA (  e outros espazos históricos de baño ).
3.      APERTURA DA SENDA FLUVIAL .
4.      LIMPEZA E INTERVENCIÓNS ESPECÍFICAS EN PATRIMONIO ( MUÍÑOS, FONTES,LAVADOIROS…).
5.      DEPURADORA.
6.      CONCIENCIACIÓN EDUCATIVA MEDIO AMBIENTAL.

PROCESO E OPERATIVA.
Estructuramos ese plan de acción enfocado á participación da veciñanza, coa asociación como motor , guía e articuladora de dito obxetivo. Unha vez tido claro e definido o “proxecto rio” a nivel interno na asociación,  organizaremos una CONVOCATORIA VECIÑAL  para dalo a coñecer,  perseguindo involucrar  e motivar á xente do pobo para colaborar e acometer os traballos físicos que conleva dito proxecto. Neste encontro escoltamos e apuntamos as propostas e aportacións  coherentes por parte da veciñanza para este fin.
Nesta convocatoria-xuntanza, definirase o CALENDARIO OPERATIVO do plan ( normalmente nestes proxectos participativos teñen una frecuencia mínima ”obrigatoria” quincenal ) . Así, propoñerase facer 2 dias de traballo ó mes de mínimos, cada 15 dias. 
Tentaremos fixar datas ordinarias para que vaian quedando como hábito na xente, por exemplo, segundo e último fin de semana de mes ( sábado ou domingo pola mañá ).  

Outra cuestión a mencionar,  que xa o definiremos unha vez confirmemos a execución do proxecto,  é que poderán levrse a cabo diferentes accións de adecuación e limpeza simultáneamente  en cada tramo do rio. Por exemplo que no tramo “X” que toque acometer ese dia fagamos limpeza xeral, limpeza dalgún muiño e adecuación dun pozo de baño, se houbera claro. Non facer sólo unha cousa no tramo en cuestión senon traballos integrais no tramo.
Medio Ambiente comprometeuse dende un inicio a facer unha laboura de acompañamento e asesoramento na posterior fase de execución e accións contempladas

TRAMOS DO RIO
Definimos e mapeamos sete tramos do rio a modo de sectores rematando na desembocadura na praia de Arealonga.
Cada un destes tramos, xa cara á fase ejecutiva do proxecto,  subdividirémolos noutros duns 100/200 m  que serán obxeto da acción de limpeza e intervención diaria, a modo de calendario de obxetivos. Obviamente teremos en conta a dificultade orográfico-xeolóxica , do estado de maleza e limpeza ou das intervencións en patrimonio do tramo en cuestión, polo que éstas son distancias intencionais.
Adxuntamos documento coa división mencionada e mapeo de espazos e elementos patrimoniais.

DEPURADORAS E EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL.
Algo que nos preocupa especialmente é o estado lamentable das x depuradoras que temos no rio, que denota falta de manta de mantemento, revisión e mesmo limpeza. Non falamos só dos olores, de maleza ou estado das mesmas, amplificámolo á sensación xeral de abandono e precariedade que amosan. Non buscamos culpables, nin no concello nin na entidade autonómica competente, só queremos axudar a mellorar esas instalacións e buscar unha solución a un problema que medra cada ano. Xa non falamos da imaxe e impresión que se levan os turistas cando pasan ó lado delas…Pedimos coordinación, información e execución a quen corresponda, e amosamos a total disponibilidade da asociación para axudar neste asunto.
Relacionado con este tema, queremos implantar un programa de educación e concienciación medioambiental que teña o rio como protagonista. Charlas e accións periódicas que organizaremos en canto se poña e marcha a execución do proxecto, poniendo especial énfasis no tema dos vertidos ilegais, basura e respeto da flora e fauna. Tamén contemplamos un proxecto co Colexio Público de San Miguel de Reinante para implicar ós cativos e profesores nestas accións medioambientais a modo de actividade extraescolar pero cun marcado carácter participativo social. 

OBXETIVOS FINAIS DO PROXECTO.
1.      Recuperar o rio dende un punto de vista natural, medioambiental e por qué non decilo estético, cun tratamento sanador global que frene a decadencia deste pulmón do pobo.
2.      Poñer en valor elementos etnográficos e arquitectónicos que forman parte da historia do pobo, do dia a dia dos nosos antepasados : muiños, fontes e lavadoiros. Aínda que na mayoría dos casos sexa imposible recuperalos arquitectónicamente polo estado actual que teñan e o custe que isto tería, sí que se poden adecentar, limpiar e homenaxealos cun sinxelo panel informativo que fale do elemento en cuestión ( estes paneis tamén se colocarán nas pozas ou recantos de interese).
3.    En mente tiñamos   recuperar a zona de baño por excelencia do rio, A Cainzada, que tanto ben fixo polo ocio sano e saude da nosa xente. Ese lado social do rio aportao una simple poza, na que ó redor dela historicamente se xuntaban rapaces e maiores de San Miguel, aparte da beleza que ten ese punto  concreto do rio. Non hai una persoa que non teña nostalxia da Cainzada. Idem para outro punto de baño como é a Poza dos Moreda.non podemos recuperalo xa que requeriría facer intervencións no leito do rio conformaremonos con sinalalo cun panel informativo.
4.      A senda fluvial como senda de respeto e futuro do futuro do rio e do pobo. Aparte de crear un paseo precioso  que cruce o pobo dende a Barranca á Arealonga, esta senda ten que metaforizar o respeto ó medio ambiente en xeral e ó ecosistema do rio en particular, moi asociado tamén ó respeto pola historia de San Miguel ( con eses paneis histórico-informativos a cada paso por elementos de interese ). Cada paseo por esa zona tenlle que servir á xente para reflexionar sobre a beleza e a historia do entorno no que vive. Tamén axudará a ter un atractivo de ocio saudable para a xente do pobo e o turismo que nos visita, UNHA VIA VERDE NATURAL E RESPONSABLE .
5.       A memoria do rio. O rio ten memoria e a xente tamén, el  lémbrase do que foi noutros tempos e nós e os máis vellos igualmente lembrámonos do mesmo. Pódese decir que nos botamos de menos. Pero como a culpa do deterioro e estado actual do rio é exclusivamente noso, da xente, da deixadez ou das nosas prácticas irrespetuosas (si o comparamos cunha persoa maior impedida, que ninguén  a atende, vive sóla e en estado de cuasi abandono ) é a nosa obriga moral  adecentalo, limpalo e facelo accesible para que o veñan ver . E que a xente, desde os máis cativos a ós máis maiores, o volte a disfrutar plenamente e presumamos del . E con eses novos baños ou paseos pola beira do río seguro que voltremos a botar un ollada atrás de respeto á nosa historia, á memoria do rio.

A XENTE.
Reivindicamos a idea do LAB SOCIAL do pobo arriba explicada, o poder e vontade da xente para poder cambiar as cousas si se une. Unha persoa motivada e ilusionada por algo ten moito de imparable , e si conseguimos unir vontades cun fin común podemos crear algo exemplarizante. O efecto motivador que parte do emocional, do afectivo, do amor por algo ou alguén. Neste caso o motor ten que ser o pobo no que nacimos, hai poucos motores máis potentes que esto, e o noso rio como protagonista e aglutiador. É a nosa identidade e un sentimento de pertenza.
Este laboratorio de acción ten que ser interxeracional, que acolla dende nenos a xubilados, cunha  vertente educativa, solidaria  e emocional  do que se faga. Nenos ( o futuro), xuventude, adultos, xubilados e vellos, todos xuntos reaprendendo e dandolle a mán ó do lado mentras corta unas silvas ou lle conta o que era ese pozo…
Experimentando e profundizando na parte participativa social multidimensiona un proxecto de por si. Nestes tempos de nubarróns morais , éticos, económicos,… hai que facerlle  creer en algo á xente, motivar, dar protagonismo sano, facer sentirse útil ás persoas, darlles unha causa que xenere ilusión. E non só botar a culpa ás administracións correspondentes se non pensar en cómo podemos mellorar as cousas nós mesmos e buscar a axuda e colaboración legal, técnica e de recursos de ditas administracións.

A asociación Seminario de Estudos Os Espigueiros aposta por mellorar e enriquecer a vida do pobo de San Miguel de Reinante, e o rio ( e o que conleva ) é obxetivo prioritario. E buscamos facelo dende a ilusión, a vontade, o traballo e a legalidade. Buscamos colaboracións e cómplices. Medio Ambiente xa nos amosou o seu apoio, recentemente recibimos a aprovación  de Augas de Galicia e o Concello de Barreiros semella parecerlle un proxecto sumamente interesante... e ti veciño/a uneste a nós???



aquí o enlace con toda a información de tramos e elementos a ter en conta



viernes, 27 de octubre de 2017

Unha de naufraxios...



Mariñeiros  á ventura
dunha noite atreboada
que quizais non ten retorno
a ningunha madrugada...

                                     (Darío Xohan Cabana)


O mar é unha “enorme extensión de auga salgada que cobre gran parte da terra” segundo o define a Real Academia Galega pero non deixa de ser unha definición técnica e algo aséptica; o mar é algo mais que unha masa de auga salgada, é inspiración de artistas, ¡que poeta non cantou ao mar! Sempre cambiante pero sempre atraente, sempre señardoso para o que naceu e viviu a seu carón; é luz, ledicia e divertimento, e cantas veces confidente das nosas inquedanzas ou das nosas penaas... é fonte de vida e medio de vida para o mariñeiro ao que abala ou acanea... e como non, as veces tamén se cobra un prezo en forma de sufrimento. Convértese nun mar de bágoas.

Aínda que somos pobo de costa, non somos pobo pesqueiro mais a nosa vida e a npsa historia sempre esta ligada ao mar. 
A turbeira milenaria da praia da Arealonga demóstranos que a nosa orixe esta alí.
     Os primeiros poboadores decidiron asentar o seu pobo ben preto do mar en pleno cantil.
,Vilachá como di  a lenda quedou asolagada polo  mar e o río …
o mar que grandioso deus que da vida e é vida, pero que  con  forza nos goberna e incluso a veces nos castiga.
Sen embargo moi poucas familias  chegaron adicarse a actividade pesqueira. Se falamos de pescadores  no pobo sempre se nos virán  á mente os “Mesos” ou os fillos de Demetrio.
Eles dedicaron a súa vida á pesca, aínda que tamén combinaron esta actividade recollendo o chamado “liquen” (ouca) nunha lanchiña.Este liquen, levaríano vender á fábrica de algas situada hai anos na Vilavella (Ribadeo). Todos temos o recordo de Aurelia vendendo o peixe fresquiño no seu coche…




Este artigo non vai falar do mar en si se centrará nos náufragos, non para que sexa causa de abatemento do lector, senón pola curiosidade que suscitaron en nos algúns dos casos que relatamos.


UN ENTERRAMENTO NO CASTRO (non tiña sinales de que fose cristián...)

         O máis antigo que saltou aos nosos ollos data de setembro de 1854, concretamente o antevéspera de San Miguel, (supoñemos cal sería tema o de conversa na espera da misa ou a saída da mesma) no libro de enterramentos lemos literal:

         “Eu Don Felipe González Díaz de la Rocha Presbítero patrimonista e veciño de Santiago de Reinante, con la licencia do propio párroco de San Miguel y de Reinante, Don Ramón Fernández Rios, que a razón encontrase ausente, e coa presenza da Autoridade competente asistín a darlle sepultura a un cadáver descoñecido que o mar botou nos Castros, término desta parroquia de San Miguel. Nos mesmos Castros foi sepultado del modo propio a un cadáver desta índole, xa porqué se desconcordia o seu carácter, xa tamén porque os Profesores da Facultade Médica afirmaron que a sua extracción daquel sitio ameazaba un contaxio a todo o pobo polo estado de putrefacción en que se atopaba.”


O CASO DA FRAGATA ANGLO-AMERICANA

         Este caso de naufraxio tamén debeu ser ben comentado na comarca durante todo o verán  de 1861, e mesmo foi noticia da prensa da Capital. A orixe do asunto, nos tamén no encontramos nos libros da parroquia e comenza cando o mar bota as praias de San Miguel dous corpos... pero mellor..., vamos coñecer o relato que o sr. cura de San Miguel Don Ramón Fernández Rios fai no libro de enterramentos.

         “Un cadáver lanzado polo mar.
En catorce se xullo de mil oitocentos setenta e un deuse sepultura eclesiástica no cemiterio a un cadáver que o mar botou al sitio da Pasada; e a pesar de haberse formado o oportuno expediente pola Marina non puido identificarse, créndose sin embargo sería un dos que se afogaron da fragata Anglo-Americana. En virtude pois do oficio que me dirixiu o Asesor da Marina fíxoselle o oficio de sepultura e enterrouse no citado cemiterio.”

         Si o día catorce aparecía o corpo dun náufrago na praia da Pasada, cinco días despois, é dicir o dezanove de xullo de 1861 aparecía o segundo e a inscrición reza nos mesmos termos, que non foi posible identificalo, que se soterrou no cemiterio desta parroquia e que posiblemente se tratase dun dos que se afogaron da fragata Anglo-Americana.

         Ante estes dous enterramentos e a anotación do naufraxio dunha fragata Anglo-americana levounos a buscar mais noticias do caso nas hemerotecas, e pedir sorte. E a noticia apareceu no periódico EL CONTEMPORÁNEO (versión dixital da Biblioteca Nacional), no seu número do 22 de agosto de 1961. A noticia di textual:

Provincias
         “En la tarde del 5 de julio del corriente años embarrancó en la playa de San Bartolomé de Barreiros la fraganta mercante de los Estados Unidos de América nombrada Live-Yankee, del porte de 1.638 toneladas de registro, con cargamento de carbón de piedra, que , procedente de Cardiff, se dirigía á Bombay.
       En seguida que el comandante de marina de la provincia de Rivadeo tuvo noticia de este suceso, se trasladó al lugar del siniestro, con el ayudante de la comandancia, para los auxilios y demas efectos que se adoptaron desde luego, cumplimentando en todas sus partes lo prevenido sobre el particular en las ordenanzas generales del ramo; se procedió acto seguido al salvamento de los efectos del buque, hasta el dia 13 del mismo, que á consecuencia de un fuerte temporal SO quedó completamente destrozada.
       Tanto el capitán comandante de carabineros de dicha provincia, como el administrador de la aduana y demas autoridades de Rivadeo, contribuyeron por su parte á prestar los auxilios que se le pidieron, sin que el consignatario del buque tuviese otra parte en el naufragio que el de inspeccionar y llevar la cuenta de los efectos salvados, debiéndose el salvamento de ellos a las disposiciones adoptadas por la autoridad de marina”.

         Por outras fontes soubemos que en San Cosme de Barreiros tamén deron terra en presenza do capitán da nave e do resto da tripulación, a outros dous mortos neste accidente, un o día 7 e outro do dia 17 de xullo.



GALERNA NO CANTABRICO

         En decembro de 1893 o Cantábrico debeu mostrar a sua cara mais brava e indómita, LA GACETA DE GALICIA, Diario de Santiago, recollía a nova de varios naufraxios provocados polos temporais, na costa de Lugo, un barco de Pravia en Morás, un de Viavelez en Burela, un de San Ciprian en Cangas, outro do Barqueiro e o bergantín-goleta “Pepita” de Ferrol, que naufragou en San Miguel de Reinante ocasionando dous mortos.

         Nada comparable coa que se chamou a gran galerna do Cantábrico en en Xullo de 1961 fundiu 23 barcos entre Lugo e Ondarribia e morreron 83 mariñeiros entre eles 34 galegos.

         Pero seguindo o orde cronolóxico poñémonos en xuño de 1899. O dia 24, dia de San Xoán, o cura D. José Ramón Pérez Rodríguez escribe:

         “asistí a dar sepultura cristiana al cadáver de un hombre que apareceu na praia da Arealonga desta parroquia, crendoo digno dela por atopar un escapulario entre as suas vestimentas, habendo precredido a oportuna orde e autorización do Xulgado.”



POBRE FOLKWAG

         En xaneiro de 1900 e unha pequena nota de prensa di que “o tempo reinante estes días esnaquizou por completo o barco “Folkwag” encallado en San Miguel de Reinante”

         A noticia é asi de curta, non parece que se lle dera moita importancia ao encallamento que por outra banda parece que non revestiu desgrazas persoais. Pero a cousa non quedou así, porque a carga que levaba debeu espertar gran interese entre os parroquiáns da zona xa que, días mais tarde, EL DIARIO DE LUGO tira de ironía para puntualizar o “destorzo” do barco:

         “¡Pobre Folkwag!, o barco encallado en Foz estrelouse e fíxose mil pedazos en San Miguel de Reinante.
¡A tempestade destruíno e encargáronse de axudala os veciños de toda a costa!. ¡Pobriños!. ¡Como axudaron á tempestade!”.



        
        
         O 7 de maio de 1904 EL NORTE DE GALICIA publica outra noticia de naufraxio.

         “en San Miguel de Reinante (Barreiros) no punto chamado O Castro, un golpe de mar fixo zozobrar un bote de pesca matrícula de Rinlo (Rivadeo) desapareciendo cuatro de los seis tripulantes que llevaba”

Dous destes tripulantes foron expulsados polo mar días mais tarde na costa de San Miguel. Eran José García López, de 36 anos, casado con Eduarda Díaz e natural de San Pedro de Rinlo, fillos de Pedro e María, e o outro era o seu fillo de catorce anos Pedro García Díaz. Os dous recibiron sepultura no cemiterio católico da parroquia de San Miguel de Reinante.



Artigo de Faustino González Recalde.