Praza do Souto

Praza do Souto

viernes, 20 de julio de 2018

Sociedad de Instrucción y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante

A EMIGRACIÓN A CUBA E A SOCIEDAD DE INTRUCIÓN Y RECREO HIJOS DE SAN MIGUEL Y REINANTE
“Cuba”
Guai meu lindo guai
Pais de amor e de mulleres
Cuba que bonita é Cuba
Onde as mulatas
Bailan o baion
Mama eu quero ir para bailar
A rumba alí
Coa resaca indiana vivida no concello veciño non podo evitar pensar no que foi o noso pasado “habanero” como di o noso benquerido compañeiro e amigo Pancho do Heredeiro.
Homes e mulleres sinxelos que marcharon do pobo na procura dunha vida mellor uns marcharon xa na época da guerra de independencia cubana outros máis tarde. Uns volveron co posto, incluso dicían que perderan a maleta á volta, outros cun pequeno capital que inverterían no seu pobo na forma de pequenos negocios de ultramarinos ou na mellora do seu fogar.
Foron moitos e moi diversas historias de “habaneros” que merece a pena recordar e aquí o sentido homenaxe que neste artigo dos espigueiros queremos render aos nosos emigrantes co mes de agosto próximo, e o festival do Emigrante á porta.
A historia de Galicia non se entende sen América unha unión moi íntima e estreita ao longo dos anos. Antes de abordar de cheo o tema, creo que debo facer unha breve descrición da situación galega a fins do século XIX para comprender o por qué dunha emigración masiva dende fins do XIX a comezos do século XX. Nestes intres, a economía galega estaba moi debilitada; mentres que a nivel europeo se estaba a producir a Revolución Industrial, aquí en Galicia este movemento era case inexistente. Proliferaba algunha que outra conserveira ao longo da costa pero de pouca importancia.
O forte crecemento demográfico experimentado neste século, tropezou cunha estrutura agraria e uns sistemas de cultivo que non se renovaran, unha excesiva fragmentación das explotacións e un sobrepeso das rendas debido a que se xeneralizaba o subforo. A estes problemas sumouselle un aumento de impostos a nivel estatal, o que acaba repercutindo de forma directa no campo galego.
Todos estes factores orixinan unha situación case que angustiosa na vida no campo, que atopará como vía de escape a emigración.
O fenómeno emigratorio, era xa coñecido na forma de “emigración andoriña” destinada a realizar a seitura en Andalucía e Castela durante os meses do verán.
É a partires do 1847 cando comeza o gran éxodo a América, que chegou ao máximo volume a mediados do século XX.
Este éxodo continuo dos galegos cara a América Hispana é unha constante nota na historia galega dende mediados do século XIX ate o século XX.
O éxodo galego permitiu liberar o excedente demográfico (familias moi extensas) e proporcionarlle aos xoves galegos unha forma de vida, xa que en ultramar atopaban un mercado laboral aberto e nalgúns casos carreiras ascendentes acompañadas de éxito económico.
A emigración de miles de galegos e galegas a comezos de século, en moitos casos de forma definitiva, provoca nos mozos e mozas emigrados un sentimento de compromiso e solidariedade pola terra, ao decatarse das grandes carencias existentes en Galicia, entre elas carencias educativas.
Estes emigrantes chegaban a América con a penas formación académica (moi poucos sabían ler e escribir ) e a nivel profesional a penas se sabían facer outros traballos que non estiveran relacionados coa labranza .
Con estas carencias de inicio, os mozos e mozas víanse obrigados a aceptar os traballos máis penosos e peor remunerados
Esta mala experiencia levounos a asociarse e a teren moi claro que sen educación non chegarían a unha mellora.
Así foi que nas tres primeiras décadas do século XX comezan a formarse e a desenvolver a súa actividade asociacións mutualistas, recreativas, políticas e culturais que agrupaban aos galegos emigrados a América latina.
Estas asociacións naceron co fin de defender alén do mar a identidade cultural da súa rexión, por este motivo a maioría destas xurdiron co principio básico de axudar aos compatriotas.
Destas entidades galegas, as que maior auxe tiveron foron as que tiñan carácter benéfico, xa que ofrecían asistencia sanitaria aos galegos nos países aos que emigraran.
Co paso do tempo estas entidades convértense nas primeiras sociedades de instrución.
Estas sociedades de instrución máis en diante comezan a realizar unha labor educativa promovendo a construción e apertura de aulas destinadas á formación e alfabetización dos mozos aportándolles unhas nocións mínimas a nivel cultural e técnico, axudándolles por tanto a mellorar a súa situación laboral.
Nun principio esta alfabetización realizábase no país ao que emigraban pero posteriormente iniciárona nos seus lugares de orixe. Así creáronse centros de instrución primaria e técnica gratuítos, xeneralizando a escolarización, de forma que foron os promotores da primeira rede escolar galega.
Estas primeiras “escolas de americanos”, eran xestionadas na maioría dos casos por delegacións locais nomeadas polas entidades centrais de América, que se ocupaban de todos os aspectos do seu funcionamento.
Outras veces entregábanse aos concellos pasando a seren de competencia estatal polo que o estado debía nomear e pagar aos mestres pasando a seren de titularidade pública estas escolas.

Datos sacados de “As Escolas da Emigración” Consello da Cultura Galega

O funcionamento das escolas de americanos.
As escolas creadas por estes emigrantes seguirían un regulamento interno aprobado o 14 de agosto do 1918. Estas escolas
fundamentábanse nos principios da chamada Escola Moderna. Proxecto educativo que Ferrer y Guardia defendeu a comezos do século XX e que tivo os seus inicios en Cataluña. Algúns destes principios seguen vixentes nas aulas hoxe en día.
 A educación na infancia fundamentarase sobre unha base de carácter científico e racional polo que se separará a noción mística ou sobrenatural.
 A instrución é fundamental así como a formación da intelixencia, o desenvolvemento do carácter, a cultura da vontade, e a formación dunha persoa física e moralmente equilibrada
 A educación moral será máis práctica que teórica e centrarase na solidariedade e no exemplo do mestre
 Nos primeiros anos de escolarización tanto os programas coma os métodos deben estar adaptados o máis posible ao neno (principio sumamente relevante a principios de século)
 Os nenos e nenas deben ter igual oportunidades, que poidan desenvolver a súa intelixencia, purificar o seu corazón e temperar vontades, que nenos e nenas dende pequenos que se compenetren
 A coeducación de pobres e ricos pon en contacto uns con outros na igualdade.
 Fomento da protección e a instrución hixiénica nas escolas, procurando que sexan salas amplas, con luz abundante e aire puro onde os nenos estean protexidos.
 O xogo é fundamental.
 Prepararase aos mestres e daráselles unha vida e un soldo digno.
 A escola debe renovarse para renovar a sociedade, unha sociedade que condene as crueldades, artificios e mentiras que están a fundamentar a sociedade moderna
 Partirase dunha educación solidaria e en igualdade, na escola moderna non haberá nin premios nin castigos, nin exames con notas que loen aos bos e desprecen aos menos capaces.
 Os nenos e nenas deben ter capacidade para pensar por si mesmos, para que cando deixen de ter titorizados que poidan pensar por si mesmos.
 Fomentar a evolución da infancia.

A Sociedad de Intrucción y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante.

A emigración no pobo deixouse notar a finais do século XIX, cando varios mozos marcharon para Cuba, participando algúns deles no enfrontamento bélico que España mantivo ao longo da segunda metade do século XIX , e que rematou coa independencia cubana fronte do poder español.
Neste enfrontamento loitaron dous veciños (constatados): Antonio Gómez López, que chegou a ser comandante neste acontecemento bélico e Antonio Rodríguez Moreda, que marchou para a illa sen que se soubera máis del que o reflectido nun documento militar enviado a seus pais, ( el non volveu con vida).
A comezos do século XX a situación no pobo non era moi diferente que no resto das aldeas galegas.
Un periódico como EL Ideal Gallego o 30 de outubro do ano 1919 anunciaba o titular ”De un tiempo a esta parte aumentó de modo extraordinario la emigración a Cuba y Buenos Aires. En la parroquia de San Miguel a penas quedan vecinos” o que nos deixa entrever que o número de mozos e mozas en San Miguel era elevado.

Os nosos mozos e mozas emigraban na procura dunha vida mellor. Na maioría dos casos, rapaciños con a penas 13 anos subíanse a un barco no porto da Coruña ou Vigo, co propósito de acadar unha vida mellor para eles e para os familiares que quedaban na terra.





Moitos para o pasaxe tiñan que pedir os cartos a algún terratenente contraendo a familia nalgúns casos unha débeda de por vida.
A gran maioría destes mozos embarcábanse sen saber ler ou escribir o que faría case imposible a comunicación cos seus familiares naqueles intres. Algúns deles antes de embarcar recibían algunha noción de lectura , escritura … antes de partir de mans do párroco de comezo de século José

Teijeira (chegado ao pobo no 1914) para polo menos levar uns coñecementos mínimos para o inicio da vida en ultramar e poder comunicarse coa familia.
A chegada a América, era dura, máis dura para aqueles que marcharon primeiro. A maioría tan só sabía traballar na terra polo que ao chegar á illa, pasaban a desenrolar traballos en plantacións de azucre, tabaco ou como na maioría dos casos consultados, en pequenas tendas de ultramarinos chamadas “Bodegas”
Contábanos Merceditas de Mosquera ,como todos a coñecemos, que seu tío José Mosquera Otero pasouno moi mal nos comezos, dunha porque non coñecía a ninguén (cando el marchou que poucos veciños do pobo emigraran), e doutra porque era moi novo e o trato que recibían os emigrantes non era de todo bo. Unha das primeiras cousas que lles facían aos que comezaban a traballar nas plantacións de azucre coma foi o seu caso, era meterlles a cabeza nun saco de azucre para que non o volveran probar. Con so esta anécdota podemos facernos unha idea de cómo era o trato e a vida que levaban os nosos emigrantes nos comezos.
Unha vez adaptados e traballando, retratábanse cos traxes emprestados para enviar unha foto á familia para que os viran con bo aspecto, pese ás múltiples penurias que moitos pasaban.
Algúns deles enviaban a mesma fotografía ao párroco Don José Teijeira, en agradecemento pola axuda prestada, moitas das fotografías que atopamos para este traballo, foron atopadas no seu vello escritorio, todas elas con palabras de agradecemento e cariño.


Ala lonxe da terra, cada vez foron sendo máis. Uns axudaban aos outros cando chegaban.
Houbo familias enteiras de irmáns que marcharon ás Américas, é o caso dos Díaz Moreda: Julián, Antonio, José Ramón..., os Dorado Pulido que de 13 irmáns con vida, tan so dúas das rapazas quedaron en San Miguel, ou os Novo Falcón…
José Ramón, Enrique, Antonio e Julían Díaz Moreda
Irmáns Dorado Pulido dos trece irmáns once emigraron. Jose Antonio, Francisco, Narciso, Daniel, José , Domingo, Lola, Josefa e Ramona
irmáns Novo Falcón non podemos nomealos a todos 
  

                                       
                                            Os nosos emigrantes asócianse
Pronto xorden diferentes asociacións de emigrantes galegos alén mar (sobre o ano 1906) dedicadas ao fomento da cultura e ao amparo dos conveciños.
O 28 de marzo do 1906 El Norte de Galicia anunciaba que Los Hijos de San Pedro de Benquerencia y de San Miguel y San Cosme residentes en la isla de Cuba se han reunido para tratar diferentes asuntos acordando enviar, a Don Manuel Maseda acaudalado propietario de San Pedro, un mensaje felicitándolo por su trabajo en pro de mejoras que se harán en los respectivos pueblos.”

Dous anos despois desta reunión os nosos mozos tamén se asociaron e o 23 de agosto do ano 1908 na cidade da Habana formaron a Sociedade de Instrucción y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante en Cuba.

Encargarase esta sociedade a partires deste día de promover o ensino e a protección dos veciños e veciñas tanto dos emigrados coma dos que quedaron no pobo.
En la ciudad de la Habana, a 23 de agosto del año 1908, siendo las dos de la tarde, previa convocatoria, se reúnen en la calle Luz número noventa, hogar de don Narciso Fernández, los señores que al marjen se expresan. El señor Narciso Fernández manifestó que el objeto de aquella citación era la de tener pensado el y José González, constituir una Sociedad denominada Hijos de San Miguel y Reinante, para establecer en dichos pueblos un plantel de primera y segunda enseñanza” dos Estatutos orixinais da Sociedad de Instrucción y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante.
Con estas palabras comezou o seu funcionamento a Sociedade de Instrución e Recreo Hijos de San Miguel, sendo o seu presidente Narciso Rocha veciño de Reinante, que ademais de impulsor da que sería a sociedade de Instrucción deste pobo, foi o fundador do comité das Sociedades Galegas de Instrución .
Acompañan a Narciso neste proxecto: Narciso Fernández, José González, Francisco González, Antonio Díaz Moreda, Benito García, Enrique Díaz, Jesús Díaz, José R. Dorado, Antonio González, Pedro González, José R. Dorado, José García, Ramón García, Marcos Villarino, Narciso Rego, Pedro Penabad, Francisco Penabad, Víctor Rocha, Francisco Álvarez, Teolindo Dorado, Antonio Dorrego, Antonio González, Ramón García, Manuel Posada e Antonio Rico. Este último foi nomeado delegado da sociedade en Tampa (Estados Unidos), onde residía unha pequena colonia de conveciños, que colaboraron activamente cos seus irmáns na Habana a prol dos fins sociais.
Benito García Dí

O fin principal da sociedade foi propulsar a instrución primaria e superior en ambos pobos de San Miguel e Reinante. Para tal fin tiñan que pedir ao Estado Español a creación das escolas. Así pois a Sociedade, mediante convenios, facilitaría as aulas provistas do material necesario, para que os nenos e nenas da parroquia, recibisen instrución gratuíta.
Os gastos que ían orixinar os edificios así coma os terreos da súa propiedade ían sosterse co capital social da sociedade, así coma as cotas (nunca menores a cincuenta centavos mensuais) que os socios pagaban a través dos pagos mensuais ou anuais. Ademais deste fin, a entidade tiña tamén como obxectivo a protección mutua dos socios e a celebración de festas (unha en xullo e outra en setembro conmemorando ospatróns de ambos pobos) e actividades recreativas, que axudarían a recadar fondos que logo enviarían a Galicia.

Creáronse este mesmo día dúas comisións unha para redactar o regulamento e outra para propaganda. A comisión para redactar o regulamento estaba composta por: Narcios Rocha, Antonio Dorrego e José Ramón Díaz.
A comisión de propaganda estaba composta por Narciso Fernández, Antonio Díaz, Enrique Díaz, Francisco González, Ramón García, José González Rego, José Dorrego, Marcos Villarino e José Larrea


Os socios da Sociedade Hijos de San Miguel
Esta sociedade establecía que podían ser socios da mesma con voz e voto, todos os nados nos pobos de San Miguel e Reinante os fillos destes ( dun ou doutro sexo ) así como aqueles que non sendo nativos dos pobos enunciados xa foran admitidos como tal con data anterior á aprobación do regulamento.
Os socios eran de catro tipos: fundadores, de número, protectores ou beneméritos ou de honor.
- Os fundadores eran aqueles que se inscribiron antes do 31 de decembro do 1908.
- Os socios de número, que eran aqueles que figuraban inscritos despois
do un de xaneiro do 1909.
- Os protectores,
contribuían sen data aos fins
sociais
- Os beneméritos e de honor eran aqueles que por méritos se fixeron con tal
   distinción por algún feito.
Para poder inscribirse na lista de asociados, tiñan que ser presentados por dous socios e a xunta estudaba a súa admisión.


Nestes primeiros estatutos falaban tamén da necesidade de crear unha delegación nos pobos de orixe, que serían os brazos executores dos fins sociais e que representarían legal e oficialmente esta fundación en España. Aínda que esta delegación sería autónoma debía cumprir os estatutos establecidos na Habana e rendería contas á directiva por semestres (en xuño e decembro).
A sociedade estaba en posesión un panteón no cemiterio de Colón na Habana no que podían ser enterrados os asociados que pertenceran á sociedade máis dun ano, ou os asociados que faleceran fortuitamente( seguindo hoxe en pe aínda que hoxe en día enterran aos familiares de traballadores do cemiterio tal e como lle comunicaron a unha veciña nosa que recentemente visitou a illa ). Así mesmo podían ser soterrados os fillos menores de 14 anos (os maiores de 14 para optar a este dereito debían facerse socios), e fillas solteiras dos mesmos.
Panteón Hijos de San Miguel y Reinante en Cuba
Tras un ano da constitución, esta sociedade contaba cun cento de socios, un local social na rúa Dragones 4 e 6 da Cidade da Habana e un delegado da sociedade en Tampa no estado de Florida (Estados Unidos).
Nesta cidade había unha presenza forte de emigrantes mariñáns sobre todo de Cangas de Foz que traballaban nas empresas tabaqueiras .
A partires do ano 1910, a fundación de emigrantes de San Miguel pertencería ao Comité das Sociedades Galegas de instrución que o propio veciño de San Miguel Narciso Rocha fundou e que incluía a parte
comida campestre celebrada na Habana
da sociedade do noso pobo, a sociedade de Benquerencia, Unión Rinlega, Valle de Oro, Liga Santaballesa, San Adrián e a Devesana (Ortigueira), Unión Barcalesa,Aurora de Somozas (a Coruña), Alianza de Villamarín e Unión de Rubín (A Estrada).
Este comité tiña por fin procurar a instrución en toda Galicia. Contaba este cunha secretaría que asesoraba sobre construcións e recadaba subvencións ó Estado Español para as que se construíran estes edificios.
Tres anos despois do inicio desta fundación en San Miguel, reúnense na casa de Don Vicente Debén o 23 de decembro de 1910 :
Jesús Pérez Remior, Ramón Iglesias Pérez, Esteban Rego,Antonio Díaz Moreda, Ramón e Severiano Fernández Rocha.
Vicente Deben
O motivo era que Facía pouco que volveran da Habana e traían o encargo de xestionar a constitución da Delegación que completaría e ampliaría a actividade da Sociedade de Instrución dos fillos de San Miguel de Reinante e da veciña parroquia de Santiago de Reinante.
Nesta reunión sinalan que na Habana xa reuniron os fondos precisos para comprar o terreo e construír un edificio escolar, acordan constituír unha delegación no pobo da sociedade da Habana e redactan os estatutos que rexerán a delegación nomeando a directiva da mesma.
Acordan ademais, remitir comunicación á directiva da Habana felicitándoos pola idea da constitución da mesma e van facer propaganda da iniciativa para conseguir socios no pobo.
Non temos moitas noticias desta sociedade nin da súa Delegación española , ata O 25 de marzo do 1911, día no que redactan en Cuba o prego de condicións que debe cumprir o colexio que se construirá no pobo.
Primeira festa da árbore cos colexios ao fondo. As vivendas dos profesores estaban aínda por construir

Os edificios escolares que toda Sociedade de Instrución promovían, no que atinxe a aspectos arquitectónicos, seguían criterios de funcionalidade e hixiene.
Os materiais empregados eran de gran calidade e a súa construción atendía a criterios pedagóxicos.
Estas primeiras escolas debían contar con espazos para o recreo, para practicar deportes e incluso algo de terreo para experimentación agrícola. Ademais, dotaban estas escolas do material educativo, científico e instrumental, así como de biblioteca. En ocasións estes materiais eran enviados dende América
estreno das vivendas e o cercado
A gran maioría destas escolas contaban ademais con vivenda para os mestres/as .
Non só enviaban dende ultramar os requisitos para a construción dos edificios se non que os mestres debían seguir os principios enunciados a comezos de século pola chamada Escola Moderna.
Aínda que as instrucións para a construción do edificio escolar foron ditadas directamente dende Cuba polos directivos da Sociedade, a delegación desta sociedade en San Miguel debía vixiar que se cumpriran todas as condicións enunciadas.


Algunhas destas condicións serían:
-cavar os cimentos ata terreo firme
-empregar pedra de tamaño e dureza excelente
- Empregar areas procedentes de mina ou río, tan so se permitiría o uso de area de mar para lucir.
- As madeiras serían seleccionadas por persoas entendidas sendo de castaño, carballo ou pino.
-Os cementos empregados serán de marca coñecida.
- o contratista quedaba obrigado a arranxar os imperfectos debidos á construción.

Fixaban ademais tres prazos para pagarlle ao contratista: o primeiro unha vez colocadas portas e fiestras, o segundo unha vez feita a cuberta e os tabiques interiores e o último prazo pagarase rematada a obra e inspeccionado polo encargado e facultado da Delegación.
Información tomada do Prego de condicións do 25 de marzo do 1911 conservado nos nosos días grazas a José Fernández (Pepe do Sancristán).
Pese a estas condicións os delegados territoriais acordaron aumentar o edificio en dous metros máis de ancho que os marcados no plano co fin de que o patio interior tivera catro metros de ancho. Así mesmo acordan tamén que as luces laterais que figuran como portas se convertan en fiestras deixando unha delas por cada parede.
Citadas as condicións que debe cumprir o contratista á hora de construír o edificio escolar, so queda buscar ao contratista máis axeitado… e o máis económico.
     O nove de abril de 1911 a delegación territorial fai unha reunión na que examinará tres presupostos que diferentes persoas presentaron.
O primeiro presuposto que abriron foi o de Ramón García Villarmea de Ribadeo que se comprometía a construír o edificio por 20000 pesetas, o segundo presuposto, era o de Plácido González Maseda veciño de San Miguel, que se comprometía á construción do edificio por 14500 pesetas, xa por ultimo abriron o presuposto de Enrique Fernández tamén de San Miguel que se comprometía a construír o edificio por 19750 pesetas.
Loxicamente, o presuposto elixido, foi o de Plácido González que se comprometeu a cumprir o prego de condicións ditaminado dende Cuba.
   
          Contratista que aínda que non era orixinario do pobo residía nel e que promoveu a construción de varias casas e edificios do pobo.
               Datos da Acta do nove de abril do 1911 conservada hoxe en día

Así comeza a construción do edificio, que debía estar rematado a finais deste mesmo ano, pero as malas condicións meteorolóxicas que houbo ese ano, impediron a entrega en día do mesmo. así que Plácido González, viuse obrigado a pedir unha prórroga do prazo á delegación concedéndolle esta seis meses máis.
Iniciase o ano de 1912 cunha nova directiva na Habana exercendo como presidende Francisco Fernández e coma secretario Manuel Prieto.
Con data do 4 de abril do 1912 a delegación do pobo recibe a comunicación de don Plácido González na que informa de que o 31 de marzo rematou de tellar o colexio polo que solicita unha gratificación tanto para el coma para os seus empregados, feito recollido no prego de condicións.
En xaneiro do 1914 Pedro Penabad Fernández empeza os trámites para solicitar autorización para establecer un colexio de primeira ensinanza ante a inspección educativa do momento.

Neste ano, a sociedade posuía un capital de 6244,24 tal e como recolle o diario El Norte de Galicia o 4/11/1914.
O sete de xaneiro do 1916 reciben resposta sobre a apertura do centro de mans do inspector médico de Barreiros autorizando a apertura do centro así coma a autorización debida por parte do Alcalde Ramón Iglesias.
O Correo de Galicia dous días despois, o nove de xaneiro anunciaba que as escolas serían visitadas polo Comisionado Inspector Provincial Ramón Núñez
Recibirán a autorización pertinente con data do 21 de febreiro do 1916 por parte do rétor dende Santiago de Compostela
Visto el expediente presentado por Don Pedro Penabad Fernández vecino de San Miguel de Reinante en el ayuntamiento de Barreiros solicitando autorización para estalbecer un colegio de primera enseñanza en el referido pueblo de San Miguel.
Visto asimismo el informe favorable por parte de esa inspección y teniendo en cuenta que se han cumplido los requirimientos que provienen las disposiciones legales este rector acuerda acceder a lo solicitado debiendo destinar a vacaciones estivales el mes de agosto por lo menos de conformidad con la orden de la dirección general del 24 de agosto de 1914 lo que traslado a usted a los efectos oportunos.
O día 24 de febreiro recibirán resposta tamén por parte do inspector xefe de Lugo autorizando a apertura.
Días despois, o diario “Norte de Galicia” anuncia o 29 de febreiro que a Sociedade Hijos de San Miguel y Reinante saca a concurso a provisión de dúas escolas no pobo unha de nenas e outra de nenos, o mestre cobraría 1800 pesetas e a mestra 1300 anuais.

Esta diferenza salarial tan notoria, foi reclamada máis en diante pola mestra que acabou obtendo un certo aumento. (as brecha salarial observase que ven dende mooi lonxe)
A partires deste ano serán moitos mozos e mozas os que estuden no centro.

Algúns dos principios que enuncian neste regulamento son moi relevantes e novidosos.
 Indican que esta escola debían rexerse por unha pedagoxía moderna, indicando que a educación sería gratuíta, penalizando aos mestres que cobraran a parte pola educación que deran aos seus alumnos.
 Non se podería tentar influír nas crenzas relixiosas ou políticas do alumnado.
 Aplicarase un método de tipo intuitivo e experimental proba disto é que as tardes dos xoves durante o verán dedicaríanse a realizar excursións.
 Os alumnos para poder acceder a esta educación deberían ter seis anos cumpridos ,ser matriculados por seus pais, non padecer enfermidades contaxiosas e ser natural de San Miguel e Reinante.
 Os mestres, ademais de seren especializados, serían contratados e pagados pola delegación instalada en San Miguel, previa consulta á delegación en Cuba.
 Non poderán realizar castigos corporais aos alumnos tendo que levar conta diaria do número de asistentes ás súas clases en cada unha das materias.
 Non consentirían que os alumnos non asistiran a clase durante o horario lectivo, e no caso de ausentarse de forma constante serían dados de baixa non podendo ingresar no centro ata o curso seguinte.
Contarían os centros cunha biblioteca que sería usada por todos aqueles alumnos ou non con idade superior a dez anos. Esta biblioteca sería moi rica e extensa con grandes libros de toda a literatura universal. Ademais nesta mesma biblioteca, os domingos, realizaríanse charlas sobre ciencias, hixiene ..
Para fomentar o amor pola natureza indican a necesidade de celebrar unha vez ao ano a festa da árbore.
Texto sacado Dos Estatutos que Rexerán a Fundación Hijos de San Miguel y Reinante en Cuba.

Neste mesmo ano de 1916, a directiva da Fundación Hijos de San Miguel y Reinante en Cuba é renovada tal e como se anuncia no Correo de Galicia o catorce de marzo.

Francisco Penabad sigue sendo o presidente, vicepresidente Narciso Rocha García. O secretario sería Víctor Rocha Maseda e vicesecretario Avelino Rego Moreda.
Andrés Prieto Paz
De tesoureiro exercería Francisco Fernández Rocha e como vicetesoureiro Antonio Díaz Moreda.. Serían vocais Enríque Díaz López, José R. Díaz Moreda, Andrés Prieto, Narciso Dorado Puido, Narciso Díaz Rocha, Jósé Varela Díaz, Jesús Debén Rocha e Antonio González.
Será neste ano de 1916 cando por fin comece a funcionar o colexio. Non atopamos notas de prensa que nos digan en que data foi aberto exactamente.
Os primeiros mestres dos que se ten constancia foron Manuel Canto Lorido e a señorita Alonso.
A señorita Alonso, exercería como tal ata o 1918 posto que foi destinada a unha Escola do Estado en Santander pasando a desempeñar este traballo Consuelo Quintela que viña de dar clase en Benquerencia.
Ilustración

Paralelamente a estes sucesos acaecidos na nosa terra … en agosto deste mesmo ano créase en Tampa (Península da Florida EEUU) unha delegación da Sociedade de Instrucción Hijos de San Miguel y Reinante.

Antonio Remior Ríos
Dende os inicios esta sociedade sempre tivera una delegado no lugar pero é neste mesmo ano cando chegan á cidade varios emigrantes do pobo fundadores da Sociedade para traballar nas tabaqueiras da cidade, moi vinculada por aquel enton coa illa caribeña.
Antonio López Iglesias







Os socios desta nova delegación pasaban a pagar unha cota mensual de 25 centavos. Esta nova delegación cobrou vital importancia posto que recadaban fondos para a sociedade a través da celebración de romarías e representacións teatrais.
Non teremos novas do funcionamento desta sociedade nin das súas delegacións, ata outubro de 1917 no Eco de Galicia nunha noticia que facía referencia ao feito de que se repartiran premios no colexio, un tema que xerou certas controversias incluso entre os propios mestres que non vían con bos ollos os premios en metálico aos nenos. Con controversia ou non, os premios seguíronse a repartir en anos sucesivos...
Inocencio González


O ano de 1918 presentase con moitas actividades, e atopamos diversas informacións sobre a nosa Sociedade.
 
    Neste ano, a escola chegou a ter máis de 200 alumnos tal e como se recolle na memoria da Xunta directiva do ano 1918. Ademais sinálase que no mes de outubro deste ano houbo que cerrar a escola durante un tempo debido á epidemia de gripe que afectou a nivel mundial, a chamada gripe española.
Aínda que unha noticia no Eco de San Miguel parece quitarlle importancia a esta nova en outubro do 1918
       
               "  Es verdaderamente alarmante el estado de los pueblos debido a la epidemia reinante y tanto que se han dado órdenes de Clausura para todos los centros de enseñanza. En San Miguel apenas se registran casos , pero en cambio en Foz, Cabarcos, Cillero y Barreiros hay muchos atacados"

A escola neste ano viviu momentos de escasez ,debido á Guerra Mundial. Os xiros tan só chegaban ao 40% o que facía imposible o sostemento da escola.
Sen saber canto tempo duraría aquela situación o presidente naquel momento Francisco Penabad Fernández, decidiu pedir axuda á casa bancaria da Viúva e fillos de Carlos de Casas valéndose da amizade que o unía con eles e do crédito que gozaba como banqueiro. Así conseguiu que estes foran dando á Delegación de San Miguel e Reinante o necesario para ir cubrindo as atencións da escola.
Antonio Abraído MOsquera
El Eco de San Miguel na súa edición de xullo agosto dese mesmo ano fai referencia a este feito
La Sociedad Hijos de San Miguel y Reinante no se ha visto precisada a llegar a tales extremos ( de cerrar) y no porque la situación pecuniaria sea más loable que el resto de escuelas si no porque ha tenido un hombre que por todos los medios procuró y procura mantenerla en el statu quio. Ese filántropo ese preclaro hijo de San Miguel es el dingnísimo Presidente de la misma fundación don Francisco Penabad Fernández.

El giro llegó a tal extremo que era imposible remitir el dinero necesario para atender al pago de los maestros; pero para vencer esta dificultad para salvar esa barrera, el señor Penabad haciendo uso de las dotes de español, gallego y altruista que le caracterizan, hizo que se abriese un crédito de 5.000 pesetas en la casa bancaria Viuda e Hijos de Carlos Casas de Ribadeo para de este modo atender cumplidamente al pago de las necesidades que requiere el funcionamiento de un colegio de Maestra y otro de Maestro. Claro está que habrá necesidad de pagar los consabidos intereses pero mucho más económico resulta esto que no sufrir los descuentos hipócrifos que resultarían del giro.”
Victor Bolaño e Carlos Díaz Gallo
Acordase ese mesmo ano en xunta, abrir a escola polas noites para que puideran asistir os adultos de novembro a marzo.
Neste mesmo ano, os asociados residentes en Tampa no seu desexo de ver cercado o recinto escolar, mandaron unha proposición á delegación de Cuba consistente en influír nos seus familiares situados en San Miguel para que axudaran a facer os traballos. Feito que non chegou a bo porto.
Sinalábase tamén nesta memoria, que en xullo se fixeran os exames do alumnos que estaban en condicións de ser examinados. Compoñían o tribunal dos Varóns o presidente da Delegación Pedro Penabad, José Dorrego Penabad e o profesor Manuel Canto. O das nenas era composto polo vicesecretario Severiano Fernández, a profesora da Escola do Estado de San Cosme, e Consuelo Quintela mestra naquel momento das nenas.
José Dorrego
José Ramón Penabad
Examináronse ese día 41 nenos e 60 nenas. Os premios por estes exames eran en metálico o que novamente suscitou certas reticencias por parte dalgúns dos mestres do centro.
A mestra das nenas, dona Consuelo ademais de falar dos inconvintes dos premios en metálico, sinalaba que era necesario adquirir material para as nenas para que saiban ser “directoras do fogar”. Nesta mesma memoria tamén se reflicte o descontento da mestra ao ser menos remunerada que o mestre de nenos.
A dirección da fundación examinada a petición da mestra, acorda pagar igual cantidade que ao mestre de nenos dende xaneiro do ano seguinte 22.00$.

Arrancará neste mesmo ano a súa andaina, dirixido polo mestre Manuel Canto Lorido, “El Eco de San Miguel”, diario que recollía novas acaecidas no pobo (nacementos, visitas, sucesos … ), e que foi promovido sobre todo polos asociados residentes en Tampa chegando a ter 23 subscritores na Florida.
Ramón Penabad Fernández
Celébrase neste ano de 1918 por primeira vez a festa da árbore. Dez anos despois de iniciada a actividade da sociedade, pese a que xa nos seus ideais iniciais viña marcada dita celebración. A partir desta data, ano tras ano sucedeuse esta celebración tendo constancia da mesma nas hemerotecas do 1918, 1921 e do 1927. Os actos que acompañaban esta festa eran moi similares sempre
O 6 de marzo do ano 1921 El Ideal Gallego sinala que no último domingo de febreiro se celebrara a festa da árbore describindo os diferentes actos que se levaron a cabo neste día.
Neste ano de 1921 comezara os seus actos a festa cun discurso do mestre do centro Don José Mourenza. Ás doce da mañá unha comitiva saía da escola, os nenos formaban dúas filas e acudiron á igrexa escoitar misa despois de plantar diversas árbores.
O mesmo mestre daría un discurso posteriormente falando da importancia das árbores, finalizando o acto cantando o Himno á Bandeira.
A festa neste día foi amenizada pola banda de Lourenzá e regaláronse doces aos
José Ríos
nenos. Na noite realizouse unha velada teatral na que os nenos representaron unha obra teatral ensaiados polo mestre José Mourenza.
Non temos constancia documental do funcionamento da sociedade ata o 12 de abril de 1924.


Neste día reuniuse a delegación local baixo a presidencia de Andrés Prieto, por indisposición do presidente Esteban Rego; léndose nesta reunión unha comunicación recibida da directiva da Habana na cal, entre outras cousas, intuímos se solicitaba información sobre a creación de dúas novas aulas, xa que os reunidos acordaron informar sobre dito feito.
la visita de inspección al colegio se hará después que el expediente solicitando las dos escuelas, una de niños y otra de niñas, se encuentre en la Inspeción de Lugo”
                                                     
                                                O que nos fai pensar que se
Antonio Mosquera Otero
estaban solicitando as escolas número 2 de nenos e de nenas que, por outra documentación, deducimos que empezaron a funcionar no ano 1928
El Regional o 20 de agosto dese mesmo ano informa.
“Se cursa a la Dirección general de Primera Enseñanza el expediente de creación de una escuela en San Miguel2
Nesta mesma acta do doce de abril tamén se di que “previendo la escasez de casas que existe en este pueblo también se acordó comunicarles que si ellos lo encontraban bien, (enténdese que a delegación daquí, posto que len unha comunicación da Habana) se podía fabricar en el salón de la… trasera del colegio o se al... fondo del edificio,unos cuartos altos para casa habitación de los profesores y si así lo estimaban oportuno
Basilio Andrade



que lo comuniquen a esta delegación para acto continuo mandarles el presupuesto de su costo para su aprobación” .

Polo que posiblemente se iniciaran os pasos para a construción das vivendas dos mestres neste ano.
Dous anos despois, no 1926, a directiva autoriza á delegación de San Miguel a que busquen un terreo para a creación dun edificio escolar en Santiago de Reinante. Xa que aínda que teñen un profesor dando clase neste pobo, o edificio no que instrúe non reúne as condicións óptimas.
É no ano seguinte, reunida a delegación de Hijos de San Miguel y Reinante o 30 de xaneiro do 1927, baixo a presidencia de don Esteban Rego onde acadan distintos acordos entre eles adquirir do concello o terreo onde está instalado o colexio de Reinante.
“ Esta delegación cree más favorable adquirir del ayuntamiento el mismo terreno donde está instalado el colegio de Reinante por estar en condiciones y salir más barato.”
Benito Rodríguez Barrera

Emilio Rodríguez Barrera














Acordan comunicarlle á directiva da Habana tal decisión así coma o custe do terreo, 1000 ptas. Nomease este mesmo día unha comisión para verse co secretario do concello e que active o pertinente expediente.

Cando reciben a notificación con esta decisión a directiva instalada en Cuba, remiten de inmediato a cantidade para que non se demorara a súa compra e por tanto construción do novo centro escolar.
Esta compra, non se puido facer de inmediato xa que o terreo tiña que ser sacado a subasta e tería que ser publicada esta compra con trinta días de antelación.
José Penabad Fernández
Pese a labor eminentemente educativa desta sociedade, continuaban exercendo o amparo e protección dos veciños, tal e como ven marcado nos estatutos de toda “sociedade de instrución y recreo”.
Na memoria dese mesmo ano o 25 de marzo, o socio Antonio Fernández Rocha envía unha petición á directiva xa que padece nestes intres unha grave enfermidade e atópase recluído na casa da saúde “La Benéfica” carecendo de recursos para volver a España. Tres días despois acórdase entregar un xiro para que poida volver á casa.
Recibiranse outras dúas solicitudes similares os días 9 e 11 de xullo por parte de Carlos Díaz Gallo e Francisco Rocha Díaz, prestándolle a cantidade pertinente para que volvan á casa.
É Neste mesmo ano, cando por fin ven iniciada as labores de construción do cercado do terreo do colexio, construción que a delegación en Tampa levaba pedindo dende facía anos.
O 30 de xaneiro dese ano, reúnese a directiva e establecen unha comisión para elaborar o prego de condicións a seguir para a construción deste muro, comisión integrada por Antonio Abraído, Vicente Devén e Narciso Ríos .
Este muro sería de pedra cunha altura de metro e medio de alto e levaría asentos dende os servizos ata a fronte e toda a parte do fronte. A entrada ao terreo que sería presidido por unha maxestosa porta de ferro.

Segundo Leitón
Examinados varios presupostos adxudicouse a obra a Narciso López Cordido (chaparrín)
Higinio Alonso Díaz

ascendendo esta construción a cinco mil novecentas noventa e sete pesetas.
Como a data de 30 de decembro do 27 os asociados na illa caribeña non sabían do estado do colexio, acordan na memoria pedir á delegación duascentas cincuenta fotografías para repartilas entre os asociados e desta data son gran parte das fotografías que coñecemos dos colexios.
No ano 1928 a sociedade cumpre os vinte anos de funcionamento
Na memoria das actividades do ano anterior , o secretario da sociedade no momento, Inocencio González, fai memoria e dedica unhas palabras aos seus predecesores facendo referencia a esta data tan importante.
“Señores asociados: por tercera vez me corresponde el honor de presentar a la Junta General de esta Sociedad la Memoria o compendio de los trabajos llevados a cabo durante el año. Pero antes de daros la reseña de esos trabajos, quiero deciros dos palabras, que espero sabreis recoger con el mismo cariño y amor que yo os las digo, y que ellas, os den el impulso necesario par luchar con entusiamo por el auge y grandeza de nuestra querida sociedad.
Valentín López
Cuando en el año 1908 hace justamente 20 años el día 23 de agosto próximo, se reunioron por primera vez aquel pequeño grupo de Hijos de San Miguel y Reinante para fundar esta misma sociedad de que hoy formamos parte, y unidos por el fuerte lazo de cariño hacia aquellos pueblos, tenían el alma llena de enstusiasmos, y el corazón desbordante de voluntad para acometer esa empresa, que era la flor más perfumada del Jardín de sus ensueños.
José Alonso Díaz
Me recuerdo era yo muy niño, y allá en los pueblos que a todos nosotros nos han visto nacer, oía hablar de esa obra que todos consideraban casi fantástica. Había críticas para sus organizadores e infinidad de adjetivos, y aquellos que así hablaban (gentes torpes, ignorantes) no acertaban a creer que aquella obra se convirtiera en realidad y llevara a aquellos pueblos el bien que hoy estamos palpando. Y, no sabían que aquellos sus hijos y hermanos, con su voluntad de hierro, vencería todas las dificultades, allanaría todos los obstáculos y, saltando por encima de todo, encontraría al fin el camino que tapizado de olorosas flores los conduciría al fin, al ideal que ellos habían pensado.
Aquellos hombres a los que luego se fueron uniendo algunos más, han luchado con denuedo y hechano a un lado todas las críticas y detiperios que en contra de ellos se levantaban llevando impresas en sus corazones las palabras “fe y adelante” han conseguido lo que anhelaban; levantar un edificio que dotado de competentes profesores llevara a aquellos infelices criaturas el preciado pan de la Instrucción de que estaban tan necesitados, sintiéndose cada vez con más deseos de luchar por que sus esfuerzos se veían siempre coronados por los mayores éxitos.
Hoy habrá algunos que crean que la empresa ha llegado a su fin, puesto que ya los niños tienen colegio a donde ir a estudiar. Pero no es así. Esta Sociedad a medida que los tiempos avanzan, necesita más cada día, y necesita nuevas fueras para seguir luchando. Estamos en la mitad del camino, y para poder legar a su fin, hace falta voluntad y energía, voluntad de hierro y energía igual a la que han tenido sus fundadores. Hacerse cada socio un propagandista, y mantenedor de sus ideales, haremos por la Sociedad sea grande y fuerte, para así poder llevar a aquellos pueblos, lo que más necesitan, y dejar para nosotros lo que tantos años hemos lamentado;el apoyo moral y la protección mutua.
Imitemos a nuestros antecesores, sin reparar en perjuicios, quedándonos la satisfacción de haber cumplido con el deber de enseñar al que no sabe, y ayudar al desvalido.
Palabras de Don Inocencio González na memoria das actividades do 1927 a oito meses do vinte aniversario da sociedade.
Antonio López Debén


Meses despois “EL Heraldo Gallego” publica no mes de agosto, que se celebrou o vixésimo aniversario da sociedade contando co presenza do Inspector Xefe de Primeira Ensinanza, que veraneaba no pobo, representantes da sociedade agrícola e representantes da Sociedade Hijos de Benquerencia.
Gerardo Teijeiro


O 1933 é o último ano do que posuímos a composición da directiva, estaba formada por José Rodríguez Rocha (presidente), Benito García Rodríguez (vicepresidente), José Rodríguez Pérez (secretario) Domingo Dorado Pulido (vicesecretario) Antonio Mosquera Otero (tesoureiro), Francisco López Fernández (vicetesoureiro) José Ramón Díaz Gallo (contador) e Ramón Andrade (vicecontador)
Antonio, Francisco e José Ramón Fernández Rodríguez
Existe un vacío documental de 16 anos, non sabemos a que problemas se enfrontou esta sociedade cando no 1936 estala a guerra.
Si sabemos que algún profesor se veu afastado da súa profesión acusado de defender a república, Antonio López, un dos mestres máis recordados polos nosos maiores, un home do que un alumno seu, coñecido por moitos como “Ñico” escribiu estas palabras.
Toda mi vida en la enseñanza, he conocido educadores buenos y
muy buenos; ninguno ni de lejos sea comparable a D. Antonio.” Como experiencia personal declaro que su suave y firme dirección supo consolidar en mí los hábitos que, siéndome innatos, él velaba por que no se torciesen: responsabilidad en todo, esfuerzo por lograr la obra bien hecha, solidaridad con los conciudadanos, entrega en la eterna lucha por mejorar la sociedad heredada, respeto y gratitud por quienes nos la han legado... Lo que de mí
nunca obtuvo es que saliese al recreo a jugar. Un día, ya cansado de empujarme en vano a lo lúdico, me dice: “Pero vamos a ver: ¿cuando seas mayor no quieres ser alto, fuerte..., como un boxeador, un futbolista...?” “No, señor” le dije. “Entonces, ¿qué quieres?”. Y  yo, con serena ingenuidad (que sin duda él supo valorar) le dije: “Saber”. “Bueno, pues tú ganas”, se resignó. Y me dejó quedarme los recreos en el aula estudiando”

Non teremos novas tanxibles desta sociedade ata xullo do 1949 cando Vicente Devén presidente da delegación "sanmiguelense", recibe unha carta da directiva contestándolle a dúas peticións de melloras no colexio, adaptar unha aula da antiga sociedade como vivenda de mestres e por outro lado facer unha serie de melloras na escalinata e reparar a terraza de entrada co fin de evitar certas filtracións. Nesta carta insisten en que lles remitan o custe desas melloras xa que os ingresos da fundación diminuíron notablemente.
Los fondos sociales en la actualidad están un poco escasos y por tal motivo nos conviene saber la candidad que Vdes necesitarán para la adaptación de la vivienda y algunas reparacioens que según informes necesita la terraza, pues parece que sufrió alguos desniveles el piso y esto con levantar las baldosas se sillanueva para afirmar al nivel el relleno que le heche, colocando nuevamente las baldosas se evitarán las filtraciones, así que esperemos nos digan la cantidad fija para ver si podemos atenderlos, tal cual son nuestros deseos.
Mauro Alvarez

Nesa mesma carta falan de que o concello pagará una renda anual polas escolas dunhas 400/600 ptas.
Ilustración 37 unha das últimas comidas celebradas polos membros da Sociedade na Habana

A fundación Hijos de San Miguel e Reinante, sobreviviu ata o ano 1960, ano no cal se disolveu en teoría ou así o asegurou o consulado en Cuba no momento en que a Asociación de veciños San Miguel tentou arranxar os colexios Vellos no ano 2010 tras anos de deterioro.
José Iglesias
Os colexios vellos son un referente para todo o pobo, xa que non so estudaron os nosos maiores nel, se non que unha vez deixou de cumprir a súa función como colexio arredor do ano … cando comezou a funcionar o novo grupo escolar na Áspera. Seguiu sendo un centro para a promoción da cultura e a unión. Sede do Arco da Vella, local de baile, ensaios, carnavais … sede da Asociación de Veciños, Sede da Sociedad Ganadera, local para a venda de pensos …


O máis sincero agradecemento a todos eses veciños e veciñas, que aínda que non figuren nos listados foron moitas as que co seu apoio fixeron
realidade a construción dun dos maiores colexios de indianos coñecidos na nosa terra.

Este artigo foi realizado grazas á numerosa documentación que José Fernández recolleu, así coma a moitas familias que desinteresandamente nos abriron as portas da súa casa e e compartiron con nós vivencias e historias que os seus lles contaron. Por desgraza, non temos fotos de todos pero temos a esperanza de que con este artigo cheguemos ás casas de moitos familiares "habaneros" de San Miguel