Praza do Souto

Praza do Souto

miércoles, 24 de febrero de 2021

A Cova da Veneira

 


A busca do ouro galaico foi un dos moitos motivos que atraeron aos romanos ao territorio galego, feito que propiciou que a partires desta busca se detectaran importantes xacementos de ferro na zona noroeste da provincia de Lugo, xa que a presenza de arseniopirita que se atopa nos xacementos de ferro a veces vai moi parella á presenza de ouro.

As minas de ferro polo xeral eran explotacións a ceo aberto nas que se traballaba onde mellor resultado se obtivera.  A veces había tamén pequenas galerías pouco profundas que ían seguindo a vena mineral.

No século XVI a metalurxia galega viuse sometida a un certo proceso de modernización, motivado pola chegada de expertos ferreiros procedentes do País Vasco que vían no ferro galego grandes posibilidades.

É de sobra coñecido que hai unha cova que foi unha antiga mina de ferro explotada a principios do século XIX. E a medida que investigamos encontrámonos con outras tentativas de explotación mineira nos montes de San Miguel

 

Aínda que se poden atopar diversas pequenas minas de ferro (covas) , a máis coñecida por todos é a Cova da Veneira ou “Furado de Ron” como a coñecía moita xente do pobo, Lugar de numerosas historias de pequenos exploradores que se introducían nas cavidades abertas no 1796 na busca de aventuras e que acolleu a algún que outro escapado durante a guerra civil.

Desta cova situada no lugar da Barranca, extraeuse gran cantidade de material para a emerxente fábrica de armas que Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos, posuía no lugar do mesmo nome.

 Unha fábrica emerxente que por aquel entón satisfacía a contrata de munición de guerra.  Sortíase  de diferentes lugares da Mariña, entre eles, tres situados en  Barreiros: San Miguel, San Pedro de Benquerencia e Celeiro de Mariñaos. Un ferro pardo de excelente calidade tal e como  queda reflexado no Boletín da Cámara Oficial Minera de Galicia en maio do 1927.

A Cova da Veneira na actualidade.


No ano 1796 varios veciños de San Miguel firman un contrato con Raimundo Ibañez, Marques de Sargadelos para abastecer a súa industria con mineral da Veneira. O contrato recólleo Francisco Lanza no seu “Ribadeo Antiguo”

O contrato para a explotación,  firmouse ante o notario de Ribadeo D. José Alvaro de Vila Vaamonde,  e firmouse entre Don Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das fábricas de Sargadelos e varios veciños de San Miguel e que foi refrexada por don Francisco Lanza no seu libro “Ribadeo Antigo”

Firmábase este contrato na vila de Ribadeo o día 22 do mes de outubro do 1796 entre Antonio de Verganza, Francisco Larrea (naturais de  Somo Rostro pero actuais veciños do pobo de San Miguel), Ramón Larrea e Ramon Gil, naturais e residentes en San Miguel de Reinante e don Antonio Raimundo Ibáñez dono das fábricas de Munición de Sargadelos. Contrato no que se establecía  que durante o prazo de seis meses  se traballaría no terreo dos asinantes no arranque de vena de minerais  de ferro poñendo estes o correspondente número de peóns para extraer unha porción abundante deste mineral.

Fixábanse seis condicións para tal explotación:

Primeiro, que a mina ou vetas de ferro deben verificarse metodicamente, continuaranse segundo se atopan abertas no dia deixando as correspondentes columnas do mesmo mineral e non ensanchando máis do que conveña na cova a fin de que se manteñan e non caian as bóvedas.

Segundo, que se se contradicían estas condicións quedaba por conta dos contratantes os prexuízos causados e deberían deixar limpas as covas

Terceiro, que nas escavacións que están feitas non se debía arrancar ningunha vena das columnas que quedan para sostelas, e continuar as venas abertas segundo queda dito. Aqui tamén nos afirma que cando están firmando xa hai escavacións e columnas. Tamén pode ser que estiveran abertas de seis meses ou un ano por outros contratistas, pero non o sabemos. Sencillamente sabemos que están firmando un contrato para sacar mineral para Sargadelos

Imaxe do tipo de columnas ás que se refire, esta está na mina de Castrillón (A Insua) 


Cuarto, debe correr da súa conta extraer e levar fora da mina  non so o mineral que se arranque se non tamén a terra, pedra e escombro que con este motivo saia das escavacións.

Quinto, que a vena que se arranque nos seis meses pesarase toda xunta ao final,  debendo entregala os contratantes limpa de pedra, terra e outros materiais estraños, que Don Antonio     Ibáñez considerará como inadmisibles; se faltaran ao cumprimento desta condición. A admitida e pesada pagaráselles  por cada quintal macho de cento cincuenta e cinco libras castelás que entreguen xunto  á mina un real de vellón sen máis. Correrá a cargo dos contratantes ferramentas, luz, peóns cestas e canto se poida precisar na escavación.

Sexto,  que para manter e pagar os peóns e outros gastos, faráselles conta cada mes de mil reais de  Vellón, a menos que polo traballo se recoñeza que non merecen esta cantidade.  Polo contrario daráselles maior partida se Don Antonio Ibañez recoñecese que a partida de mineral que arrancara o permitira. Entregaránselle  por reconto as ferramentas que actualmente ten na expresada vena, as cales deben pesarse para devolvelas ao cavo dos seis meses  e no mesmo estado que as reciben.

Na parte final do contrato afirman que se someten con poder bastante á xustiza real militar do real corpo de artillería a que están suxeitos, dado que o material é para a fabrica de municións de guerra.

.

 

A actividade mineira  da Veneira, deixou unha importante pegada canto menos na toponimia do pobo. Así  temos o lugar da Barranca un topónimo que significa “ corte profundo”. Nesta zona sospeitase que se tamizaba o material  para separar a maior parte da terra e con esta ían reenchendo os desniveis do terreo da Barranca.

Outro topónimo é A Ferrería que podía ser o lugar  onde se faría unha primeira cocedura deste ferro. Sacábase a ganga da veta e xa nun proceso posterior se sacaría a mena aproveitable.

 

O ferro transportábase nun primeiro momento en carros tirados por bois ata o mar, tal e como enuncia Francisco Lanza no seu libro, ata o lugar de Porto Vello onde se depositaba en pequenas lanchas que transportaban o mineral nun inicio aos pataches ancorados en lugar de maior calado e que se dirixirían a San Cibrao. 

Existe un lugar na praia de Arealonga abaixo do Feal da Paula denominado así, mais en ningún momento se pode confirmar a existencia de porto alí.

Sobre os minerais de San Miguel e a súa calidade, igual que das outras minas de parroquias veciñas (Benquerencia ou Celeiro de Mariñaos) encontramos un artigo no Boletín Oficial de la Camara de la Minería de Galicia de maio de 1927 en onde o seu autor R. Martínez, membro da dita Camara, e coñecedor desta zona polo que declara conta unha anécdota que lle sucedeu estando traballando por esta zona a principios do século pasado. Di que un capataz del (Mateo Echevarría) estando facendo unha exploración no barrio da Ínsua a comezo de século,foi alertado polos traballadores que tiña, sobre que na praia de San Miguel aparecían moitas pedra de mineral moi brillante e  que pensaban si habería unha veta escondida. Cando o autor do artigo viu o mineral e soubo onde se encontrara tivo que explicarlles que aquelas pedras caerían dos carros do país ao tempo de embarcalo nas lanchas para transportalas a Sargadelos.


Minerais  de ferro na Arealonga



Fala tamén da gran calidade dos minerais pardos desta zona que desde antigo se utilizaba para mixturar cos procedentes do Pais Vasco.

Chegado ao porto de San Cibrao o Marques de Sargadelos tiña construída unha estrada privada para o servizo da fábrica, pola cal daba entrada as materias primas e daba saída á produción. Estrada que cando os veciños que os veciños podían usar, pero previo pago dunha tasa.

 

Durante canto tempo durou a explotación da mina da Veneira non o sabemos con exactitude, pero non debeu ser moito, porque as referencias que atopamos non falan ben dos contratistas que as traballaron nesta época. Por un lado o autor deste mesmo artigo di que lle informaron de que os pozos e galerías abertas polo persoal de Sargadelos se anegaron e que naide se propuso ou se atreveu a desaloxalos.

 

Por outra parte atopamos unha tese doutoral realizada por Teresa Esteban Gómez na cal analiza a Evolución e o cambio das formas cerámicas en Sargadelos: orixes e características da empresa cerámica sargadeliana, na que recolle un escrito do 1859 no que don Ramón Cayetano Ramos director siderurxia sargadelense afirma saber que as minas de San Miguel e Mondigo  estaba arruinada e inundada en su mayor parte al caer en manos codiciosas e inhábiles destajistas”

 

 

Non sabemos de actividade mineira no pobo ata o ano 1847, ano no cal aparecen no BOP  unha relación das minas rexistradas e outras abandonadas  na provincia de Lugo en agosto daquel ano. Algunhas das posibles minas rexistradas sí se chegaron a abrir e ter actividade, outras parece ser que se rexistraron en vistas de poder abrilas de ser necesario.

No lugar se San Miguel aparece a relación de varios rexistros a mágoa é que non atopamos situación no mapa de moitas delas o cal nos axudaría enormemente para ubicalas e sobre todo saber se chegaron a ser explotacions ou so proxectos.

Carmen I situada na Fraga Vella en San Pedro de Benquerencia e Carmen II situada no Camiño Branco en San Miguel  e que foi rexistrada por José Ibáñez.

Rosita situada en Penalonga e que sí tivo actividade do 1846 ao 1847 rexistrada por Santiago de Vivero

Teresa rexistrada no ano 1847 situada na veneria do Monte do Lodeiro rexistrada por Don José Núñez CastañO (aparece que traballou tan so ese ano)

Demetria rexistrada por Ramón de la Riva.

Carrileña rexistrada por Francisco Piñeiro

Santiaguesa rexistrada por Don Andrés Fariña Martínez e que funcionou do 1887 ao 1888.

Gachona rexistrada por Santiago de la Riva

Compostelana rexistrada por Don Luís de La Riva

Ramoneta rexistrada por Don Salvador Buhigas

Luisa que si  traballou do 1901 ao 1903

Dos de Mayo situada no Camiño Branco e rexistrada por Santiagao de La Riva

Envidiada rexistrada por Don Salvador Buhigas

Ramonita que funcionou do 1847 so 1848 rexistrada por Don José María Muñíz

E aparece tamén denunciada a mina enunciada como Pepico rexistrada por Don José Ibáñez pero que tivo actividade posterior a esta data do 1847 ao 1851.

A principios de século, quizais ao calor do negocio do ferro que espertaba a recente explotación da Pontenova e o tren mineiro a Ribadeo,  volvemos ver rexistros de superficies nos montes de San Miguel

O trece de febreiro de 1901  no Boletín Oficial da Provincia Bernardino Alonso Rodríguez renuncia aos dereitos que tiña no rexistro mineiro do ferro que tiña solicitado co nome de Los cuatro amigos así como outro rexistro Carlos.

Curiosamente despois destas dúas renuncias, o 23 de febreiro do mesmo ano volve aparecer o nome deste home rexistrando no Boletín Oficial da provincia de Lugo a 30 pertenzas mineral Elisa e o mineral Carlos.

O mineral  Elisa está situado no terreo de Don Carlos de Casas e de Don José en San Miguel no lugar denominado Ribón, que testa ao norte e Este cos montes de Don Fancisco Dorado, Oeste con Manuel Fernández e ao sur coas penas do Ribón. Figura que esta mina sí funcionou do 1901 ao 1903

Adquire a José Lamas (posible familiar dos Lamas do Pazo do Outerio ) a propiedade situada no lugar da Roda para  compra o dereito a extraer sobre unha superficie de 32 pertenencias)  os metais denominados Carlos.  Parte a  deste mineral no camiño que baixa das Pallaregas e dos montes de Comado no lugar que fai cruce o camiño que vai ao lugar de Piñeiro e o que vai dende a Barrosa. Funcionou do 1900 ao 1901 , polos topónimos que enuncia posiblemente estivera en Reinante e non en San Miguel.

O Correo de Lugo pola súa parte faise eco  da admisión  de varios rexistros mineiros por parte do Goberno Civil na parroquia de San Miguel de Reinante.

Don Joaquín Bao Bermúdez de Barreiros  aspira a posuír doce pertenzas de mineral de ferro co nome de Tauro situado en San miguel de Reinante  que aparece nun expediente de explotacións mineiras da provincia de Lugo con actividade dende o 1900 ao 1903

 

Sabemos que nos anos corenta atopouse mineral xa elaborado na zona da Barranca Vella  que levaba tempo no monte abandonado de anos pasados(poidera ser de cando iniciaron algún deses rexistros, non compensaría e abandoouse mais non hai constancia de ningunha actividade mineira.

Como podedes observar parte do  subsolo dos nosos montes está en parte  minado, a gran maioría destas son pequenas covas de non moita profundidade, algunhas delas tapiadas con sedimentos  (descoñecemos se por derrubes ou por acción humana) das cales na actualidade temos localizadas catro máis á dereita da Veneira mirando cara ó monte, baixando cara ó rio. A estas na Barranca coñécenas como as minas de Severiano, poidera  ser esta persoa Severiano Lizarraga xestor da mina da Pontenova e socio da Julio Lazurtegui, este membro da directiva da Sociedade Mineira de Vilaodriz? . 

                     Covas de Don Severiano


Respecto  á Cova da Veneira, a explotación  do Marqués de Sargadelos, foi tapiada pola Xunta de Galicia ante o perigo de que algún curioso quedara atrapado nela.

 

 

 



Sellado da Cova da Veneira



lunes, 28 de diciembre de 2020

De cando en San Miguel se labraba tabaco.


 

Un artigo publicado no libro das festas do ano 1953 falaba dun cultivo totalmente abandonado hoxe en día (como tantos) como foi o cultivo do tabaco.



Un cultivo que no 1953 superaba amplamente ao cultivo rei dende sempre como era o cultivo da pataca.

A plantación de tabaco, fórase introducindo paulatinamente no territorio español trala Guerra Civil xa que nos anos posteriores á guerra era moi difícil  conseguilo do estranxeiro.


No ano de 1940 a promoción deste  pasa de Depender da Dirección Nacional de Timbre ao Servizo Nacional de cultivo e Fermentación do Tabaco  regularizándose este  a nivel estatal.

 Acadaríase un considerable aumento na súa produción a partires do 1950, ano no que se pasou de  cinco millóns de toneladas a trece, Precisamente neste ano, comézase a implantar definitivamente en Galicia

Así foi que o tabaco chegou á nosa parroquia. Aqueles agricultores que decidían plantar tabaco debían ter o carné de cultivador no cal se fixaba entre outras o número de plantas que podían plantar  e o tipo de plantas que autorizaban.




 Nesta zona ao igual que no resto do  litoral cantábrico o tipo de planta que se recomendaba era a Habana 142 un tipo de planta co que se farían despois os chamados tabacos “ caperos “ un tipo de cigarro puro

Era o propio estado era o que supervisaba a venta das sementes.

Os labregos facíanse coa semente que viña en sobres ( moi semellante á do nabo) a través de Urcesino Rocha, delegado na parroquia da Sociedade de Fomento do Cultivo do Tabaco.

 Sería o mesmo Urcesino o que recollería os fardos de casa en casa e os levaría vender  a León nun principio que era onde mellor os pagaban nos comezos (anos 50)

As sementes nun primeiro momento sementábanse nun pequeno semilleiro polo mes de febreiro. Posteriormente, preferiblemente entre os meses de maio (trala recollida das patacas de cedo) ou xuño, transplantaríanse as pequenas plantas ao terreo, aproveitando  a calor da terra para que estas medraran antes

O crecemento era rápido   pero esixía un regado diario contra a noite (un cazo de auga por planta), se os vermes e os “limacos” non  daban coas tenras plantas, logo medrarían.

  Houbo momentos nos que o cultivo era tan primordial que incluso de noite con focos se saía a matar nos bichos que ameazaban o cultivo.

Cando comezaban a saír os primeiros botóns florais,  , era o momento de suprimir a flor rosa evitando sacar follas polo que en caso de dúbida sacábanse dúas ou tres follas da coroa.

Conviña tamén sacar as follas baixas da planta, as que estaban en contacto co chan.

  Cando chegaba a unha altura mínima ( as plantas medirían cerca dos 2 metros e as follas o metro) cortábase polo toco a planta en verde, deixándose na terra para que fora curando.  Recolleríase da terra  pasado setembro era o momento de colgalo a secar.

Colgaríase nun lugar oscuro con luz difusa ( a luz producía un color non uniforme nas follas) que facilitara o secado, naquel momento o lugar ideal era nos faiados de casas e palleiras, cravaban puntas nas vigas e alí permanecería secando ata as frías noites de decembro.

 Este traballo de subilo non era nada doado posto que as plantas pesaban o seu.. En máis dun faiado ou palleira se poden ver hoxe en día estas puntas.

Durante as noites do inverno a partir de decembro  era cando se descolgaba. Conviña que o tabaco non estivera húmido nin demasiado seco poischegaba o momento de manipular as follas para facer as madas de tabaco.

Cada mada, levaba entre trece ou catorce follas colocadas ben estiradas unhas enriba doutras, atábanas con outra folla e gardábanas  nun limpeiro (tela de saco)este paredábase e posteriormente prensábase durante unha semana.

Pasada a semana ían cosendo este limpeiro  e ían facendo pequenos fardos cadrados.

 

 Estes mollos xuntábanse na  casa de Benigno de Maximino. Alí empaquetábanos e sería o momento de transportalos.  Xa máis cara os 60 chamaban ao camión. Transportaría en moitas ocasións Antonio Basanta, cando xa se facía o envío ao Centro de Fermentación de Avilés.

No ano de 1952 chegaron a enviarse unhas dez toneladas de tabaco o que aportou aos fogares do pobo unhas 200000 pesetas, que naqueles tempos era unha boa aportación á economía do pobo.

Ao ano seguinte prevíase que se recollerían máis de 20 toneladas o que aportaría cerca do medio millón de pesetas.

 

Plantación de tabaco preto da igrexa parroquial.

O pago deste facíase na Veiga (Vegadeo) ao longo do mes de marzo  e pagaban en función da calidade do produto e do tipo de tabaco, se era rubio pagábase máis que se era negro.

 

 Foi un cultivo que durante uns anos aportaba unha bola de osíxeno aos labremos do pobo ata que cambiou a sede para Pontevedra que foi cando comezou a funcionar bastante mal.

Comezaron a esixirlle aos labregos un determinado número de terreo a cultivar, construír secadoiros especializados e o peor de todo comezaron a pagar mal. Unha das mellores colleitas a do 1963 de feito non se pagou o que provocou que este traballo fora pouco recompensado para os esforzos que requiría..

 

 

 

 

viernes, 13 de noviembre de 2020

AS ESFOLLAS

 

É tempo de esfolla, de recoller o froito sementado na terra  tralo San Isidro, que daría mellor froito, empregando aquel  arado de pao ,nos anos trinta, xunguido por unha vaca ( o burriño reservábase para outros menesteres naqueles tempos) Anos máis tarde( cincuenta sesenta) xa se empregaría o arado de ferro e a sementadora

Sementaban  o mellor gran da colleita anterior previamente refregado quitando a punta da espiga e o final ( onde o gran era máis pequeno).

Desa colleita dependería o sustento durante o inverno. Parte do maíz sería destinado a  comida para o gando nos días mais duros, outra parte do gran, levaríase a moer aos pequenos muíños do pobo e coa súa fariña farían o pan de maíz que hoxe en día tanto detestan os maiores.

“ Maruxiña do Forneiro

De coceres faime un bolo

Se mo fas faimo de trigo

Que eu de millo non cho como”

Naquel tempo (anos do 30 aos 60) a maioría dos labregos do pobo comían o pan de maíz pese a sementaren trigo tamén, pero este destinábase en gran parte a pagar as rendas das terras que levaban.

“ éranche tempos no que a renta das terras que se levaban se cobraban en trigo “

En épocas de seca os gallos (planta)  cortábanse  dende a espiga cara riba (esporretar) antes do tempo  para darlle de comer ao gado. Nesta parte da planta o maíz é máis verde e a espiga seguiría medrando ata o momento de recollela.

 Chegado o mes de outubro novembro comezaba a recollida do maíz . Normalmente cortábase todo polo pe dispoñéndoo en mollos  e escanábase xa na casa (quitar a espiga do maíz) Algunhas veces xa se facía na  terra o escanado e íase cargando o carro para levar ao cabanón ou palleira no que se esfollaría posteriormente nas noites frías de novembro cando o montón de espigas fora notable. Cando se cortaba xa polo pe facíanse mollos  co maíz e empregábanse para cubrir cabanas e alpendres.

 

Nalgunhas destas esfollas xuntábanse moitos veciños,  famosas eran as esfollas na casa de Pouparín xa que so os da casa sumaban 16 ou as da casa do Sancristán, Dourado...

Naqueles tempos a recollida era colectiva, non só colaboraba a familia se non que moitos veciños aportaban o seu traballo. Sinalar que non había moitas saídas e ata os anos sesenta non chegaron ao pobo os primeiros televisores polo que ir a unha esfolla era como ir a unha festa.

Naquelas noites de esfolla despois de cear... xurdían cantigas con algo de retranca e miles de contos que quedan na memoria de moitos/as.

 

Para entreter aos pequenos, xa que o millo do país era moi difícil de esfollar pola súa dureza, animábanos a esfollar a ver a quen lle tocaba o rei ( espiga de maíz granate). Armando gran algarabía cando saía a primeira espiga granate.

Na última esfolla acostumábase asar unhas castañas ou facíanse uns rosarios de zamelos (colares de castañas cocidas ) que se regaban cunha copiña de raspa ou anís para tornar o frío . O que podería interpretarse coma un pequeno magosto veciñal.

 A mellor pubela (folla da espiga seca) sería coidadosamente recollida e con ela farían xergóns sobre os que repousarían os corpos cansados dos múltiples traballos do inverno. Xergóns que se aproveitaban de ano en ano enchéndose nesta época e que as costureiras coserían con primor e coidado. Xergóns con catro buratiños que permitían meter as mans e remover a pubela para que este máis blandiño.

A pubela desbotada servía para que os máis cativos da esfolla se tiraran e xogaran facendo con ela múltiples bonequiños de cabelos loiros e peliroxo co peliño das espigas( que mais que probable serían os xoguetes do ano)

As espigas meteríanse en cestas que se subirían a secar ao hórreo. Que naqueles días cumprían unha función primordial xa que protexían o sustento para o ano!.  Cos seus pináculos, os seus trisqueis e rosas dos ventos protexían a colleita de meigas e mala sorte, a parte dos ratos...

Qué mágoa que hoxe os nosos hórreos, esas construcións tan primordiais que de tanta fame sacaron aos veciños permanezan case que esquecidas, non debéramos esquecer que

“ cando un hórreo cae unha casa pecha” Manuel Rivero 2019  .

 

DENDE OS ESPIGUEIROS CONVIDÁMOSVOS A COMPARTIR CON NÓS ALGUNHA EXPERIENCIA NUNHA ESFOLLA ASÍ COMA AS VOSAS FOTOS DOS HÓRREOS

 












lunes, 28 de septiembre de 2020

A igrexa de San Miguel por Pancho e Tino

 Xa que estamos nun ano atípico no que nos imos quedar sen festas patronaos. Aquí vos deixamos  un artigo sobre a igrexa.


IGREXA DE SAN MIGUEL DE REINANTE

(Seminario de Estudos Os Espigueiros, San Miguel de Reinante)


O primeiro libro que nos da a data máis antiga e certa da existencia da igrexa de San Miguel de Reinante é o Libro Matrimonios Nº1 (3-9-1670 // 8-01 1738) e Defuncións Nº2 (20-01-1715 // 25-12-1737). Un segundo é o Libro de Bautismos Nº 1 (1673-1713) e Defuncións Nº1 (1673-1713) e un terceiro, o Libro de Fábrica que data do ano 1688.

Por tanto, estes libros aportan documentación histórica expresa (escrita) que a Igrexa é como mínimo das últimas décadas do século XVII. Pero posiblemente, sexa bastante máis antiga, pois nos libros empezaron a rexistrarse defuncións, bautismos e matrimonios por disposición administrativa resolta no Concilio de Trento (1545) e que pouco a pouco a normativa se foi implantando en tódalas igrexas e capelas, para levar un control das vicisitudes da parroquia, dos párrocos, cuestións económicas (libros de fábrica) e de organización da freguesía (notas das visitas pastorais).



 


Consta dunha nave central, cruceiro, presbiterio do altar maior, cadrado e a un chanzo de altura respecto do resto da planta; e sancristía de dúas plantas detrás do retablo maior. Na fachada principal, Oeste, atópase a torre do campanario de catro corpos. O corpo baixo realizado en pedra de cantería (sillería) conforma un pequeno pórtico con tres aberturas exteriores rematadas por arcos de medio punto e unha cuarta cerrada con porta de madeira de dobre folla que é a entrada principal da igrexa. Un segundo corpo tamén de pedra de cantería contén a escaleira de caracol á que lle da luz unha fiestra fixa acristalada, alargada e vertical rematada cun arco de medio punto abucinado. O corpo terceiro é de formigón e está composto de catro arcos orientados aos catro puntos cardinais e cuxos arcos Este e Oeste soportan sendas campas de volteo, hoxe armada a de Poñente coas articulacións e manipulada polos mecanismos electro-mecánicos do automatismo do reloxo que da as horas do día. O cuarto corpo é unha cúpula de formigón de dous corpos, un baixo a modo de lanterna con oito arcos abucinados que dan luz o interior e un alto que cerra en un oitavado e que remata cun pináculo afusado sobre o que se eleva unha cruz cristiá. Esta torre campanario foi realizada nos finais da década dos 30 e primeiros da 40 do século XX, pois a igrexa antiga tiña unha espadana de dous corpos, un alto cunha troneira baleira e un baixo con dúas troneiras onde se volteaban as campas. (ver páxina 19)



 

Na fachada Este da sancristía, elévase unha pequena espadana dun solo corpo en cuxa troneira monta unha campaíña cun brazo, popularmente chamada o esquilón, manexada cun cordón ou unha cadea delgada polo oficiante ou polo sancristán para avisar aos fieis da hora que vai empezar o oficio relixioso.

Sobre a porta principal, cara Oeste, hai unha inscrición de dedicación que reza segundo o que podemos descifrar: 


.........ESTA OBRA SE YZO (El año de 17...

SIENDO RECTOR EL (LzcDO) BARTOLOME...

.........Y ANDRADE...CLAUDIO..............

..................CELE....................


A Confraría de San Antonio de Padua (1751-1803) foi iniciada a súa fundación en San Miguel de Reinante, polo cura párroco D. Bartolomé Freire y Andrade, cura este que cremos é quen está mencionado na laude gravada neste lintel; e quen fai os artigos relevantes da Constitución desta confraría foi o párroco D. León de Fraga y Baldés. 

En 1751 o bispo era don Antonio Sarmiento de Sotomayor

En 1753 o bispo era don Carlos Riomol Quiroga



























RETABLO DO ALTAR MAIOR




 


Está realizado no ano 1908 en madeira de castaño e policromado no ano 1910 (ver páx.14), formando un conxunto de arte neoclásico cuxa parte central, que corresponde o altar e o sagrario, remata nun frontón triangular, e ambos corpos laterais, de menor altura, rematan en frontóns circulares. O frontón central culmina cunha nube circular radiante en cuxo centro un triangulo co ollo da Providencia, tamén chamado “ollo que todo o ve” e que representa a omnipotencia e omnisciencia de Deus, símbolo que se interpreta como a vixilancia de Deus sobre a humanidade, a omnipresencia. Algúns interprétano como un tetraedro visto desde o alto, ou pirámide de base triangular, en cuxos vértices están o Padre, o Fillo e o Espírito Santo e no vértice cumial está o ollo do Deus Trino, dogma fundamental do cristianismo, tres persoas divinas en un solo Deus verdadeiro.

A redor do triángulo unha inscrición ¿QUIS SICUT DEUS? outra forma de dicir en latín ¿QUIS UT DEUS? que significa ¿QUEN COMO DEUS? tradución literal do nome hebreo MIGUEL. Frase que na iconografía relixiosa representa a San Miguel Arcanxo, advocación a quen está dedicada esta Igrexa de San Miguel de Reinante que nos ocupa.

Sobre o altar ao centro da predela do retablo, está o sagrario ou tabernáculo de arte neoclásico, de cor dourado e cuxa porta está tallada en baixo relevo cun cáliz de comuñón sobre unha nube e cimado coa sagrada hostia exposta.

No centro do retablo unha fermosísima talla policromada de vulto redondo (135 cm de altura) representa a loita de San Miguel Arcanxo co demo, escena que relata o Libro do Apocalipses (capítulo 12:7 e 20:2). O arcanxo Miguel con alas en alto parece descender sobre a figura do demo que está aos seus pés. Viste de guerreiro romano con capellina (casco que cubre a cabeza); coselete (coiraza lixeira de coiro composta de peto e espaldar); capa larga e ampla, saia corta, sandalias de polainas ou de caneleiras para protección da parte de diante das pernas. Na man destra está armado de espada flamíxera en alto e no brazo esquerdo un escudo clípeo cuxa forma circular se inspira no sol e no que se pode ler a lenda QUIS UT DEUS, cuxa interpretación antes falamos. No centro do escudo, blasonado cunha cruz patada, sobresae un umbo ou protuberancia que podía ser utilizada como arma. A figura do arcanxo da a sensación de voar e descender do alto coa perna dereita encollida e a perna esquerda apoia o pé no ombro esquerdo dun demo cornudo figurado de home do que se ve o busto e o brazo dereito que se trata de agarrar a algo e co seu rostro mirando cara o arcanxo que está disposto a asentarlle un golpe mortífero de espada. San Miguel Arcanxo é o líder do exército de Deus nas tres relixións abrahámicas: xudía, islámica e cristián. A súa festividade litúrxica celébrase o 29 de setembro.

Á esquerda do retablo central a imaxe da Virxe da Inmaculada Concepción (140 cm de altura) sobre unha nube con anxeliños. Escultura exenta que reproduce á Virxe tal e como a pinta Bartolomé Esteban Murillo (1618-1682) coas mans cruzadas no peito e mirada estática como aceptando os mandatos divinos e o manto azul ondulante contrasta coa vestimenta que cae pesadamente sobre o seu corpo. O seu dogma foi decretado por Pio IX o 8 de decembro de 1854, o cal sostén que a Virxe da Purísima Concepción está libre do pecado orixinal. A súa festividade litúrxica celébrase o 8 de decembro, nove meses antes da celebración da Natividade da Virxe o 8 de setembro.

A destra a imaxe de San Ramón Non-nato (140 cm de altura) que viviu no século XIII, chamado así pois naceu por cesárea que se lle practicou a súa nai que morreu minutos antes de dar a luz. Está vestido co hábito da Orde dos Mercedarios que se dedicaban a coidar cautivos e polos que sufriu martirio no Norte de Africa, pechándolle a boca cun cadeado de ferro que atravesaba os seus labios. Porta na man destra unha custodia pois segundo a súa devoción o santo goza da presencia de Deus. Na man esquerda, lixeiramente apartada do corpo, neste caso non porta a palma do día de ramos. Patrón dos partos, matronas, dos nenos recen nacidos e das embarazadas. A súa festividade o 31 de Agosto.

No corpo lateral dereito segundo se mira de fronte ao retablo anexo o principal, no fornelo sobre a porta da sancristía, atópase a imaxe do Inmaculado Corazón de María (135 cm de altura) sobre unha orbe azul con nubes. A talla policromada abre as mans en sinal de acoller con amor maternal ao seu fillo e aos seus devotos (Evanxeo segundo San Lucas, capítulo 2 versículos 19 e 51). Festividade en Xuño o día posterior o do Sagrado Corazón de Xesús.

No corpo lateral esquerdo segundo se mira de fronte ao retablo, anexo o principal e sobre a porta esquerda da sancristía, atópase unha imaxe do Sagrado Corazón de Xesús (135 cm de altura) sobre un orbe azul con nubes e bendice con dous dedos da man destra. Festividade en Xuño o venres posterior ao segundo domingo despois de Pentecostes.



 


No recuncho esquerdo que se forma no cruce do transepto ou cruceiro coa nave central, unha imaxe de San Roque (70 cm de altura) que empuña unha vara de peregrino na man destra e mostra as chagas da súa perna dereita as que está lambendo un can que o acompaña no camiño. San Roque é patrón dos peregrinos, dos contaxiados por epidemias especialmente da peste e do cólera, dos inválidos, dos cirurxiáns e dos falsamente acusados. A súa festividade celébrase o 16 de Agosto.

Á mesma altura da nave no recuncho dereito, unha imaxe de vestir da Virxe das Dores (1 m de altura), con vestido negro e ampla capa. Porta nas mans un pano branco de exquisito bordado. Esta virxe tamén se coñece como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias ou como A Dolorosa. A súa festividade é o 15 de Setembro.


























RETABLO DE NOSA SEÑORA DO ROSARIO. 



 


De arte barroco con estípites. No corpo alto, no fornelo central, unha imaxe de corpo enteiro de San Miguel Arcanxo (70 cm de altura) armado de espada e escudo coa lenda ¿QUIS UT DEUS? que como dixemos arriba é o significado do nome de Miguel, pisándolle a cabeza a un demo. A imaxe está sostida sobre unha pequena peaña.

Posiblemente sexa este aquel retablo maior primitivo da igrexa antiga, que viu en tan mal estado o bispo Frei Miguel Quijada en outubro de 1693, o cal era de menor dimensión que a nave. Pensamos isto pola imaxe central de San Miguel (arriba) e pola de San Ramón Non-nato abaixo á dereita, tal e como se ve tamén no hoxe retablo maior principal antes descrito.

Arriba a esquerda a imaxe de Santa Ana (70 cm de altura), con dúbidas porque normalmente vai acompañada da súa filla a Virxe María nena. Santa Ana (do nome hebreo e árabe Hannah) naceu en Belén segundo os evanxeos apócrifos, que son aqueles evanxeos que non son admitidos pola Igrexa como evanxeos canónicos. Era filla de Matán e de Emerenciana, descendente do rei David e da tribo de Leví. A súa festividade celébrase o 26 de xullo xunto coa do seu marido San Xoaquín, que era natural de Nazaret, fillo de Matat e de Estha segundo a tradición católica ortodoxa. Eran os pais da Virxe María polo tanto avós maternos de Xesucristo. Por esta razón a súa festividade o 26 de xullo foi elixida pola Fundación Mensaxeiros da Paz como Día dos Avós.

Arriba a dereita parece ser a imaxe de San Isidro Labrador (65 cm de altura), polos atributos das vacas arando aos seus pés e a vara que porta na man dereita. Pero esta imaxe é un pouco atípica pois na man esquerda porta un libro, atributo que poden levar tódolos santos, ou posiblemente porque o artista escultor quixera referirse ao Códice de Xoán Diácono que narra a vida do santo. Xeralmente San Isidro non porta ningún libro e no seu lugar empuña unha aixada, un arado, unha gadaña, un gadaño ou algunha ferramenta agrícola, pois San Isidro, cuxo nome completo era Isidro de Merlo e Quintana, era un campesiño mozárabe labrego nacido e morto en Madrid (1082-1172). Traballaba de xornaleiro ao servizo dos terratenentes da época, e cóntase que un día o amo vixiábao pois dixéranlle que Isidro abandonaba o traballo para rezar, e cal non sería a súa sorpresa cando ve que mentres Isidro vai rezar os bois seguen a rego arando solos. Por este e outros milagres foi canonizado en 1622 polo papa Gregorio XV e en 1960 Juan XXIII declárao patrón dos agricultores españois. A súa festividade celébrase o 15 de maio.

A imaxe principal central representa a Virxe do Rosario (130 cm de altura), figura de vulto redondo ou talla exenta de corpo enteiro, en madeira policromada, vestida cun pano branco na cabeza, un manto azul cargado de estrelas e beiras douradas que cubre parcialmente o seu vestido talar vermello. Sostén no colo co brazo esquerdo ao neno Xesús con vestimenta branca, e na man dereita presenta o rosario, atributo que a identifica na iconografía dos santos. A imaxe está pousada sobre unha peaña de procesionar. A orixe da súa devoción comeza no ano 1208 en Francia e a festividade litúrxica celébrase o 7 de outubro instituída polo Papa Pío V en 1571 trala vitoria da batalla de Lepanto.

Baixo a imaxe da Virxe hai un pequeno sagrario de 40 cm de ancho por 36 cm de alto, sobre un altar de 245 cm de ancho.

Á esquerda da imaxe principal un pequeno San Antonio de Padua (68 cm de altura) co neno no brazo esquerdo, cuxa historia se explica no retablo seguinte. 

Á dereita, imaxe de San Ramón Non-nato (80 cm de altura) de menor envergadura que a do altar maior e sen custodia, e cuxa descrición xa quedou alí reflectida.


















RETABLO DE SAN ANTONIO DE PADUA




 


Retablo de San Antonio de Padua ou Santo Antonio de Lisboa (imaxe de 130 cm de altura). Santo portugués cuxo nome completo é Fernando Martins de Bulhoes, nado en Lisboa de familia nobre o 15 de Agosto de 1195 e finado e enterrado en Padua o 13 de xuño de 1231. Canonizado polo papa Gregorio IX no ano 1232. É un dos doutores da Igrexa católica romana, patrón das cousas extraviadas e de quen busca parella; dos mariñeiros, dos náufragos e dos prisioneiros. Foi un frade misioneiro da orde mendicante dos franciscanos con cuxo hábito talar marrón escuro se viste. Atribúeselle o episodio sobrenatural de ter toda unha noite ao neno Xesús no colo, co cal sempre se representa. A súa festividade litúrxica celébrase o 13 de xuño.

Na parte de arriba, imaxe de Santa Lucía (110 cm de altura) cos ollos no prato na man esquerda e unha espada na man dereita. Lucía de Siracusa (283-304) nace de pais nobres e ricos de educación cristiá. Perdeu a seu pai na nenez e súa nai, de nome Eutiquia, comprometeuna cun mozo pagán, cando Lucía xa fixera privadamente voto de virxindade e díxolle a nai que a librara daquel compromiso. A nai accedeu pero o mozo acusouna de cristiá ante o procónsul do emperador romano Diocleciano (244-311) e sometida a xuízo foi condenada a morrer decapitada (de aí o seu atributo da espada). A sentencia cumpriuse en Siracusa, Sicilia, o 13 de decembro de 304, data na que se celebra a súa festividade litúrxica, que coincide coa noite máis corta do ano segundo o calendario xuliano que había naquela época. Foi soterrada en Venecia. Patroa dos cegos e dos males da vista, pois segundo unha lenda cando estaba ante o tribunal, ordenaron aos gardas que lle quitasen os ollos (atributo principal que porta nunha bandexa), pero ela seguiu vendo. É unha santa mártir da Igrexa Católica e da Ortodoxa e o seu nome significa “a que porta luz” o que explicaría a orixe posterior da lenda sobre os seus ollos e da precisa data do 13 de decembro da súa conmemoración.

(Nota: os cristiáns foron perseguidos ate o ano 313 data do Edicto de Milán, onde o emperador Constantiño I o Grande (272-337) dálles liberdade relixiosa). 

A imaxe esquerda é San Sebastián (70 cm de altura), cuxa representación é a dun home amarrado a un poste e traspasado por frechas coas que foi martirizado durante o mandato do emperador Diocleciano que perseguía aos cristiáns. É un santo mártir nado en Narvona no ano 256 e martirizado en Roma o 20 de xaneiro de 287, día en que a Igrexa Católica e a Ortodoxa celebran o día da súa onomástica. Os soldados que o martirizaron dérono por morto, pero os seus amigos cando recolleron o seu corpo viron que aínda tiña vida e curárono das feridas. Sebastián unha vez curado, volveu xunto do emperador Maximiano (250-310) que era augustus de occidente e amigo de Diocleciano, e reprochoulle que perseguira aos cristiáns. Este mandou que o mallasen a paos ate morrer e desta vez os soldados cumpriron a misión. Foi soterrado na Vía Apia na catacumba que leva o seu nome. Finou no ano 288.

Á dereita imaxe de San Cristovo de Licia (San Cristobal) (70 cm de altura). Naceu en Canaán no século III co nome de Reprobus e morreu en Anatolia cara o ano 251. Era un home moi alto, crese que de 2,30 metros. É un dos tres patróns dos peregrinos, xunto con San Rafael e San Roque. Leva na man unha pola de árbore e vai descalzo. Na súa lenda, pois da súa historia pouco se sabe, dise que axudaba a cruzar xente dun lado a outro dun río e certo día, atopou un cativo e axudouno a cruzar, porén cada vez o neno pesaba máis e máis, de tal xeito que parecía como se levase o mundo enteiro sobre os seus ombros. Após a travesía o neno reveloulle que era o Redentor do mundo. De aí o seu nome de Cristovo que significa “aquel que carga a Cristo”, por iso tamén é normal velo representado cun neno o ombro. O rapaz, despois de cruzar o río, mandoulle cravar a súa caxata no piso e ao día seguinte apareceu unha grande palmeira. Moitos que a viron convertéronse ao cristianismo e isto enfureceu o gobernador de Antioquía que o mandou  martirizar cruelmente e despois decapitalo. A súa festividade quedou restrinxida a festividades locais a partir do ano 1969, cando a Igrexa estudou tódolos santos polas evidencias históricas, concluíndo que a vida de San Cristovo estaba baseada en gran parte en lendas polo que foi retirado do calendario haxiolóxico (aquel onde predominan os xuízos valorativos baseados na información histórica documentada). 

Abaixo á esquerda Santiago peregrino (66 cm de altura). Imaxe iconográfica de Santiago o Maior, a máis popular da Baixa Idade Media, orixinaria de Francia ao identificar o apóstolo cos peregrinos que fan o Camiño de Santiago, de aí que leve os atributos dos peregrinos, un bordón (grande caxata), un zurrón e unha concha de vieira (neste caso no sombreiro). Esta imaxe leva un libro na man esquerda que pode poñerse de atributo a tódolos santos, especialmente aos evanxelistas e aos doutores da igrexa.

Á dereita imaxe de San Xosé (53 cm de altura) que agarra coa man esquerda a vara florecida que o identifica e coa man dereita agarra o brazo esquerdo do neno Xesús que camiña o seu lado vestido cunha camisa carmesí. San Xosé viste sobriamente unha túnica talar azul e un manto branco. A festividade de San Xosé celébrase o 19 de marzo (día do pai) e o de San Xosé Obreiro o 1 de maio (día do traballo).






Este artigo saiu editado en meses anteriores por Tino pero complementa enormemente os datos aportados por Pancho polo que o volvemos publicar.


IGREXA E CEMITERIO SÉCULO XIX E SÉCULO XX


Queremos ofrecer aquí unha historia ao longo dos tres últimos séculos da igrexa de San Miguel, referíndonos por suposto, á parte física e patrimonial e ao que puidemos saber da súa evolución, citando de pasada aos párrocos que a rexentaron.


Os datos e fragmentos que aquí ofrecemos foron sacados da lectura dos libros do arquivo da parroquia depositados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, especialmente dos Libros de Fábrica da Igrexa de San Miguel de Reinante: Libro 1 (1655-1744); Libro 2 (1745-1844); Libro 3 (1845-1984 (?); Libro 4 (1845-1989).

Con este nome coñécense os libros de anotacións que se levan nunha parroquia e recollen as contas da mesma, con ingresos e gastos tanto ordinarios como extraordinarios. En tempos máis antigos as actas de presentación de contas levábaas un “fabricario” que era un contable e tesoureiro. As novidades da Igrexa acostumaba anotalas o propio cura párroco, tales como, visitas pastorais, arranxos do templo, doazóns de mantos e vestimenta para virxes e santos, manteis para os altares, lámparas votivas, obxectos de culto, etc. Cando no texto aparece a palabra “fábrica” refírese aos fondos e rendas de mantemento da igrexa, tanto para a conservación e reparación do edificio como para a celebración do culto. Existen libros no arquivo desde principios do século XVII.

Tamén encontramos algún dato de apoio nun caderno de inventarios feito polo cura José Teijeira Moreda a súa chegada á parroquia no ano 1914.

Empezamos o relato no século XVII. No ano 1688 recóllese no Libro de Fábrica un apeo de bens inmobles dos que se beneficiaba a igrexa, feito anteriormente polo bispo don Alonso Mejía de Tovar (bispo de Mondoñedo 1612-1616), polo seu secretario, polo cura don Pedro de Moreda e por dous veciños do pobo, que segundo parece dito apeo estaba “en el libro biexo de la fábrica”. 

Observamos no parágrafo seguinte que “cura” leva o artigo feminino por que se está referindo ás propiedades das que se beneficia o párroco que tiña encomendada “la cura de almas”..


...Otrosí dixeron que la cura de la dicha iglesia tiene las heredades siguientes: primeramente una casa junto al atrio de dicha iglesia con un ferrado de cortiña.

Más tiene un ferrado de cortiña en la cortiña de Andres G...(abreviatura) a la parte del nordés.

Más en la Veiga de Salgueiros siete ferrados de heredad de sembradura que está en tres piezas que testan en el camino público que va para la mar.

Más en la Veiga da Lagoa una pieza donde llaman Cardido que lleva tres ferrados de pan...

Más la mitad de una pieza de heredad en Figueirido de servidumbre con D. Juan que lleraná de sembradura fanega de pan y testa con el camino de Moreiras.

Más en donde dicen A Lagoa una pieza de heredad que está de servidumbre con la fábrica de Reinante que llevará un celemín de pan...

Más otra pieza de heredad donde dicen Pedregal que llevará dos ferrados de pan...

Más en la Veiga de Pergontoiro una heredad donde dicen o Seixo, que llevará de sembradura tres ferrados de pan...

Más otra heredad en el Coido, que llevará dos ferrados de pan...

Más una heredad en Ribeiras que llevará un celemín de pan...

Más donde dicen o coto, dos piezas de heredad, la una de ellas llevará tres ferrados de pan (...) y la otra lleva una fanega de pan...

Más otra pieza de heredad donde dicen O Pereiro que llevará un celemín de pan...

Más un prado donde dicen O Castro que llevará de sembradura medio celemín de pan (...)la cuales dichas heredades lleva el cura que es de dicha iglesia y las llevaron sus antecesores.


En outubro de 1693, sendo bispo de Mondoñedo Frei Miguel Quijada (1690-1698) realizou visita pastoral á parroquia. Non parece que fose moi satisfactoria a visión que tivo do templo si lemos a descrición, onde di que está indecente, que necesita pintura, e que a Capela Maior era máis baixa que o corpo de igrexa e que tiña que ser arranxado facendo un escote entre os fregueses aportando o rico como rico e o pobre como pobre. O mandato fíxollo ao cura e a freguesía, con ameaza de excomuñón como acostumaba a suceder, si se desobedecían as súas ordes:

… Por cuanto habiendo estado personalmente Su Ilustrísima en la parroquia de dicha feligresía de San Miguel de Reinante y visto ocularmente que la Capilla Mayor de dicha iglesia estaba muy indecente así el Retablo, imágenes, como las paredes, altura y edificación de ella, por ser mas baja dicha Capilla Mayor que el cuerpo de la iglesia, haciendo por esta razón grande disonancia y fealdad para estar colocado el Santísimo Sacramento en ella con la veneración y culto posible (...) Por tanto mandaba y mandó Su Ilustrísima que dichos vecinos a su costa, (...) levanten la dicha capilla y la pongan igual y de la misma altura que tiene el cuerpo de dicha iglesia, blanqueando sus paredes de suerte que estén limpias y con la decencia debida; y para ejecutar esta obra por el menos coste que se pudiere, mandaría y mandó Su Ilustrísima al dicho don Gregorio Fernández Vidal, cura de dicha parroquia, con intervención de dicha feligresía llamen maestros y pongan cábalas para que se remate con el que por menos coste se obligase a hacer la dicha obra. Y para su satisfacción y coste, el dicho cura con asistencia de tres o cuatro personas, en la manera que se acostumbra, haga repartimiento de la cantidad en la que se ajustase la dicha obra entre los dichos feligreses y vecinos de la dicha feligresía, repartiendo al rico como rico y al pobre como pobre lo que le correspondiese de manera que no se haga agravio y después de hecho el dicho repartimiento cada uno pagará lo que le fuere repartido dentro de dos meses, para que dentro de seis meses, que se contarán desde la publicación de este auto (…) esté ejecutada dicha obra y cada uno de los feligreses por lo que les toca cumpla lo aquí mandado dentro del término señalado (...) so pena de excomunión...


Non coñecemos os motivos concretos, pero non se cumpriron os desexos do señor bispo tal como tiña proxectado. Parece ser que as carteiras dos veciños non estaban para alegrías e houbo que buscar unha solución alternativa. Máis adiante no mesmo libro podemos ler a solución que se deu para poder facer as obras descritas.

... Para cumplimiento del mandato (…) sobre que los vecinos levanten las paredes y techo de la Capilla Mayor, deseando Su Ilustrísima que cuanto antes se ejecute y, considerando los caudales y cortos medios de dichos vecinos, daría y dio licencia Su Ilustrísima para que dicho cura pueda sacar, sin incurrir en pena alguna, trescientos reales de las cofradías de dicha feligresía, expresamente ciento de la Cofradía del Santísimo y doscientos de la de Nuestra Señora, para ayuda del coste que tuviese dicha obra, respecto consta a Su Ilustrísima tener alcance y estar surtidas dichas cofradías de cera y lo más necesario.


¿Foron as obras do ano 1693 ou seguintes as que deron a igrexa o tamaño e a forma que tivo ata principios do século pasado?. Probablemente. Nas indagacións que fixemos non atopamos máis obras deste tipo que nos levase a pensar nunha modificación considerable da igrexa, pero non o afirmamos de forma categórica. Outra obra que coñecemos, e da que falaremos máis adiante, non lle encontramos reflexo nos ditos libros.


Século XIX

Damos un salto ata o século XIX e no ano 1883 encontramos un acontecemento que pon nome ás dúas campas da igrexa e máis a da capela do San Esteban da Pagá. Don José María Maseda Leitón cura ecónomo (provisional) de San Miguel en función de delegado episcopal bendice e consagra:

...las dos campanas que existen en la troneras de la espadaña de la iglesia de San Miguel, en honor la una de Jesús María y José y la otra de Santa Bárbara, asimismo practiqué igual ceremonial y en honor de Santo Domingo en la pequeña campana que existe en la espadaña de la capilla de San Esteban, términos de esta parroquia, a cuya solemnidad asistió gran concurrencia que fue testigo de todo, y entre el, lo fueron también como ministrantes Don Jesús Llenderrozos Quintana coadjutor de estas feligresías y el presbítero de ellas Don Domingo Silva... (ver a súa posición na fachada antiga)


E como delegado do señor bispo para tal función, recibiu do Bispado, a auga bendita utilizada para tan solemne acto. No mesmo libro, na parte dos gastos dese ano aparece literal:

...Coste de una botella, que vino de Mondoñedo con agua para bendecir las campanas, dos reales.


É xusto pensar que as campas estaban sen bendicir quizais porque eran novas ou levaban pouco tempo na igrexa. Unha delas colocárase na espadana o ano anterior, en 1882 temos unha anotación do gasto que supuxo o colocala no seu sitio:

....Conducción, encepe y colocación de una campana y bajar la vieja, ciento treinta y seis reales.


Observamos por esta época de finais do século XIX unha costume na celebración da festividade do Patrón, e é que a Igrexa colaboraba cunha achega para tal evento, concretamente para os fogos, ou polo menos iso era como se anotaba:

1882. Que di al mayordomo, según costumbre, para la fiesta del Patrono,  cuarenta reales.

1883. Se dieron, según costumbre al mayordomo del Patrono, para fuegos  cuarenta reales.

1884. Di al mayordomo según costumbre para la fiesta de patrono  cuarenta reales.


Novo cura titular da parroquia.

En 1885 faise cargo da parroquia don José Ramón Pérez Rodríguez. Rexeu a parroquia durante 26 anos, ata o seu falecemento o 6 de outubro de 1911. A súa sepultura esta situada na parede do fondo a esquerda no cemiterio do pobo, cuxa xestión e edificación, estivo ao seu cargo desde o momento en que Venancio Santar Abraído fixo o seu legado. Ignoramos de onde era natural, o oco inferior da mesma “propiedad del párroco José Ramón Pérez Rez.” está ocupada por D. José Pascual Pérez Rodríguez (posiblemente irmán) que faleceu sendo párroco de San Xusto de Cabarcos en 1894, seis anos antes de levantar o cemiterio, o que nos indica que os seus restos foron trasladados desde outro enterramento anterior.


Durante eses 26 anos executáronse moitas melloras e fixéronse adquisicións que modificaron a imaxe exterior e interior da igrexa de San Miguel, moitas delas perduran a día de hoxe, outras perdéronse con algunhas reformas dos últimos anos, como o enreixado de ferro do presbiterio ou o púlpito. O seu sucesor don José Teijeira Moreda a súa chegada á parroquia en 1914, nun libro inventario das pertenzas da parroquia e da reitoral, fixo un reconto de ditas obras detallándoas da seguinte maneira:

...Como obras extraordinarias deben anotarse, por orden cronológico las siguentes de D. José Ramón Pérez Rodríguez:

En 1896.- la verja de hierro del batisterio y la pavimentación del templo.

En 1897.- la capa de damasco blanca y rojo y la verja del presbiterio.


 


Esta obra (o enreixado da foto) tamén aparece no libro de Fábrica como doazón dunha persoa devota que mandou preservar o seu nome.

1898.- tres albas nuevas de bastante mérito

1899.- Una pila nueva de mármol para el agua bendita y una puerta nueva que se abrió en la Sacristía con solera y escaleras. (esta última anotaa no libro con noventa y tres pesetas.)


No ano de comezo de século inaugurouse o novo cemiterio construído a expensas do legado de Venancio Santar Abraído. “mediante la superior aprobación del Sr. Obispo y el expediente civil, documentos que obran en este archivo”. Obra que non contou co beneplácito “de varios propietarios y vecinos” que escribiron ao gobernador civil invocando “la salud pública como máxima ley” (la Idea Moderna, 23 outubro 1900).


D. José Teijeira anota tamén este ano un fermoso terno negro de primeira e un palio de tisú que aproximaron a 900 pesetas. Valora as obras do novo cemiterio en “más de 1.000 pesos”

 


1901.- En este año se terminaron las obras del nuevo cementerio incluso la capilla y se adquirió una imagen de la Virgen del Carmen, limosna de una persona devota.

1902.- En este año se adquirió un monumento de Semana Santa con escalera y custodia donativo de una persona piadosa.

También se adquirió cuartillo y medio de tierra para poder cerrar el atrio, quedando cerrado en este mismo año sin que le cargase nada a la fábrica, contribuyendo la parroquia en el servicio y acarreo de materiales y lo demás por cuenta y buscas del que subscribe. 


A construción da parede do atrio, o cura don José Teijeira no seu libro inventario di que foi no ano 1903, e engade: “...con la cruz de mármol comprimido y dos cancillas”.


Cremos que se refire a cruz que esta sobre a parede do cercado cara a rúa que vai ó rio, que ten na base unha placa coa inscrición “C. Simal 1904 Rivadeo”. Anota tamén neste mesmo libro “...adquisición de tres casullas de diversos colores”.

1904.-  Son también data novecientas cuarenta y tres pesetas y cuarenta céntimos que importaron las obras de la iglesia parroquial consistentes en todo el artesonado o cielorrasado, armar la capilla de San Antonio, retejar la dicha Iglesia, zócalo de porlán y otros repasos interiores y exteriores.

1905.- Se hacen dos confesionarios de librillo aprovechando la madera que sirvió de los viejos, para la capillas del Rosario y de San Antonio. 

1906.- Por la construcción de un púlpito hecho de madera de castaño con su correspondiente escalera, barnizado y dorado para la iglesia parroquial setecientas cincuenta pesetas.

1907.- De sollar y cielorrasar el coro de la iglesia parroquial con madera de pino rojo ciento quince pesetas.

Un estandarte de damasco verde con cruz y remates de plata.

1908.- Se cargó tres mil trescientas treinta y ocho pesetas por las obras de reparación hechas en la Iglesia parroquial, capilla mayor y sacristía según demuestra el recibo del maestro Don Pascual Rubiños, fecha veintidós de octubre y con la oportuna licencia del superior.


Destaca este ano como o de máis gasto en obras da igrexa. Obras que posiblemente cambiaron o aspecto da parte do altar maior e da sancristía. Ás obras citadas anteriormente hai que engadir a do retablo do altar maior que foi donativo anónimo igual que o seu vernizado e dourado feito ao ano seguinte. Estamos falando do retablo do altar maior da igrexa colocado fai 112 anos. E non pasamos por alto o nome do autor Pascual Rubiños. Facendo unha busca en Internet aparece como ebanista e mestre de obras con taller en Mondoñedo en varias páxinas, en dúas delas vemos que tamén é o autor do retablo da ábsida románica de Santa María de Viveiro en 1901 (www.Semana Santa en Viveiro.com. “Procesión del encuentro de Resurrección”) e do retablo da Igrexa Parroquial do Carme de Mondoñedo no 1900 (Terra e Tempo.gal. “A Rilleira de Ambroz” de Xosé Isidro Fernández.)

“Este año se colocó el retablo del altar mayor de madera de castaño, cuyo importe fue dos mil pesetas que no se cargan a la fábrica por ser un donativo. También se coloca en la sacristía el vestuario de ropería, mueble de castaño cuyo coste fueron doscientas ochenta y tres pesetas que tampoco se cargan a la fábrica.

 


1909.- En este año se adquirieron las imágenes de los Sagrados Corazones de Jesús y de María, donativo de unos señores de Madrid, y de la Virgen de los Remedios oferta de una persona de esta parroquia residente en la Argentina...

1910.- En este año se doró y barnizó el altar mayor de esta parroquia costando la cantidad de mil cien pesetas donativo de un particular.


Co novo altar maior, este ano tamén se suma ao patrimonio da parroquia e ao culto unha nova imaxe para lucir nel: a do santo Patrón

“En este año se adquirieron las imágenes del arcángel San Miguel y de San Ramón por donativo de una persona piadosa de esta parroquia”.

 

Nota: As imaxes anteditas presiden o altar maior da igrexa, O Sagrado Corazon de Xesús, A Purisima, o Arcanxo San Miguel, San Ramòn Notato e a dereita (fora da foto) O Sagrado Corazón de María, pero non podemos confirmar que sexan as adquiridas nestes anos descritos.


Sobre todas estas obras e compras, don José Teijeira Moreda anota no seu caderno:

“...si bien tuvo para ellas limosnas de consideración, no por ello le es menos deudora la iglesia, sino mas bien un motivo de mayor reconocimiento ya que eso mismo se debe a su celo y actividad. Digno de eterna memoria es el difunto párroco de San Miguel...”.


Como vimos D. José Ramón Pérez Rodríguez tivo doazóns importantes para a igrexa, empezando pola que supuxo un novo cemiterio, que por outra parte significaba una fonte de ingresos para a fábrica pola venda de novos nichos a razón de 150 pesetas a propiedade de tres ocos.


Persoas devotas e desprendidas hainas en todas as parroquias, e máis naqueles anos que as crenzas relixiosas eran máis profundas, e eran máis as persoas que vivían unha vida piadosa e de caridade coa esperanza de non perder a luz que ilumina o camiño da vida eterna. Non é menos certo que D. José Ramón coincidiu en San Miguel cunha familia que polo que puidemos coñecer dos seus membros, consideramos que eran devotos crentes e gozaban dunha posición económica desafogada, a familia Santar Abraído. Os descendentes do cirurxián Fernando Santar, as tres fillas solteiras, Escolástica, Carmen e Vicenta e o fillo Venancio, que finou en 1898 despois de volver da emigración con capital suficiente como para dotar a parroquia con un novo cemiterio e deixar un legado para repartir a cen mozas pobres e honradas, que algunha noticia de prensa valoraba en 80.000 pesetas da época, e que sete anos despois de falecido, as supostas beneficiarias estaban reclamando. Eran catro os administradores testamentarios encargados: Domingo Pazo Basanta, Ramón López Fernández, o cura D. José Ramón e a irmá do filántropo Vicenta. Por outra parte as tres irmás viviron mentres o párroco gobernou a parroquia. Escolástica morreu no ano 1896, Carme no 1900, e Vicenta, a máis nova, no 1932; pero hai un dato máis, Carme ao morrer deixou unha filla maior de idade e un fillo de 11 anos, Fernando, cuxo destino parecía marcado polas circunstancias persoais cara ao seminario. Fernando morreu aos 31 anos de idade sendo presbítero en 1920, e deixou como legado a igrexa e ao párroco D. José Teijeira, as súas pertenzas persoais relativas ao culto, e dicir: un cáliz de prata con patena e culleriña do mesmo metal dentro dunha caixa de madeira, recuberta de pel e forrada de terciopelo; unha casulla branca, estola e manípulo; un alba, tres bonetes de raso, tres sobrepelices e outras prendas máis. Este cáliz ten a súa pequena historia, pois foi entregado “con outros muchos objetos en Palacio” para as igrexas devastadas. Posteriormente ao falecemento de D. José Teijeira, as súas sobriñas Josefa e Regina regalaron a parroquia de San Miguel outro cáliz e patena metidos na mesma caixa de pel. Así o recolle D. Manuel Maseda Otero no libro de inventarios en 1945.


Exposto isto, tampouco temos máis probas documentais para soster que a familia Santar estivera detrás dalgunhas das doazóns para as obras descritas na igrexa de San Miguel durante estes anos, só é unha coincidencia temporal e non pasan de ser indicios circunstanciais.


Despois de D. José Ramón Pérez Rodríguez a parroquia foi atendida provisionalmente por don Vicente García Hermida, de Ribadeo.


Nesta provisionalidade, nos primeiros anos do século XX, o século dos avances tecnolóxicos, o templo foi testemuña da chegada da modernidade industrial ás parroquias e vilas da Mariña. En 1912 instalouse na igrexa a luz eléctrica. O evento visto coa perspectiva dos anos que pasaron tivo que ser todo un acontecemento. Posiblemente outras casas e negocios de San Miguel xa desfrutaban da enerxía eléctrica. A central “Electra del Masma”, construída por José Reimunde e Damián López no Rio Masma cerca da Cazolga, empezara a producir enerxía eléctrica cinco anos antes aproximadamente, e xa tiña tendidos ata Lourenza, Foz e Ribadeo. Quedaban atrás as lámpadas de aceite, as velas, os candís de carburo... no que se refire a iluminación doméstica, porque a cera, como en séculos pasados, seguiu sendo por moitos anos un artigo insubstituíble e un capítulo importante no culto das nosas igrexas.

1912.- Por instalar la luz eléctrica en la iglesia 9,50 pesetas

Por arreglo y ampliación del atrio 273,50 pesetas

Este año se adquirió la imagen de la Purísima.

Por construcción de un altar nuevo para la Purísima Concepción 208,50  pesetas 

Por arreglo del armónium y materiales para el mismo 51,35 pesetas.

 

A partir deste ano tamén aparece un gasto máis nas contas da igrexa:

1917.- Por alumbrado de la iglesia a Eugenio Leitón 14 pesetas.

1919.-Por alumbrado eléctrico durante el año a Eugenio Leitón 23,50 pesetas.


Novo cura titular da parroquia.

El parroco que subscribe tomó posesión de este curato de San Miguel de Reinante el día veintiocho de junio de mil novecientos catorce. José Teijeira y Moreda

 


A nós chegaron referencias orais que se referían a don José Teijeira como o “Cura do Claveiro”. Era natural de Santa Cilla, parroquia do Concello de Foz, e non tivo relación coa familia Claveiro ata que Regina, unha sobriña que o acompañaba en San Miguel, se casou con José María García Díaz, O Claveiro. Os recordos que nos transmitiron tamén falan dunha persoa bondadosa xusta e comprensiva.


Foi cura de San Miguel durante 30 anos, entre eles os do levantamento militar franquista, difíciles sempre, mesmo en zonas onde o enfrontamento armado non foi salientable.

Na súa permanencia ao fronte da parroquia fíxose o cambio mais visible na igrexa: a torre da entrada principal. O cemiterio novo seguía sumando sepulturas a razón de 50 pesetas por oco. Paralelamente seguen as obras nel e no atrio da igrexa, na parte que ocupara o vello cemiterio.


1915.- Por arreglar el reloj de la iglesia a don Gervasio González seis pesetas.

A José Barreira por veintitrés días de trabajo en el cementerio de arriba cuarenta y seis pesetas.

Al mismo Barreira por sacar escombros y otros arreglos en el cementerio viejo treinta y nueve pesetas y cincuenta céntimos.

A Plácido Blanco por arrastre de arena para el mismo cementerio y para el de arriba en tres días de carreteo dieciséis pesetas.


1916.- A Gervasio González por un confesionario nuevo hecho por orden del señor obispo, noventa y ocho pesetas y treinta céntimos.

A Doña Amadora Moreda por artículos de ferretería para poner ventanas en la iglesia de poder cerrar y abrir, trece pesetas.

A Gervasio González por 30 fanegas de cal para las obras del cementerio nuevo que hago debidamente autorizado, ochenta pesetas.

Por una pila de marmol para bautizar, traída por orden del Sr. Obispo, ciento ochenta pesetas. 


1917.- A Enrique Fernández por levantar dos paredes del cementerio nuevo y algunos materiales para ellas autorizado por el prelado doscientas sesenta y ocho pesetas y cincuenta céntimos.

A Narciso López carpintero de esta parroquia por el artesonado del retablo, un candelabro de cerezo para el cirio pascual y una caña (?) para las tres marías le pagué cincuenta pesetas.

A José Ramil cementarista de Ribadeo por una cruz para el cementerio viejo cincuenta pesetas.


Pensamos, sen moitas dúbidas, que esta cruz era a que estaba encima dun libro aberto, tamén de cemento, era o monumento de recordo do camposanto vello. Estaba pegado a casa que se tirou nos anos noventa para ampliar a entrada ao atrio, e nesa obra desapareceu do seu sitio.


A José Ramil por once remates para las columnas del antiguo cementerio cuarenta y dos pesetas.

 

A Juan Antonio Fernández, maestro de obras, por dar cales a las paredes del cementerio, menos la del poniente, y materiales que trajo, peones y obreros, trescientas sesenta y cuatro pesetas y sesenta céntimos.

A Ricardo Barreira por catorce días de jornales en los cementerios y atrio treinta y cinco pesetas.

 

1918.- A Gervasio González por una cruz de cemento para el cementerio nuevo su colocación sobre el osario común y cerrar los dos huecos del mismo treinta ptas.

 

Esta anotación refírese a exhumación de restos do antigo cemiterio no fronte da igrexa e o traslado a dous nichos do novo, situados na parede do fondo á dereita, que conserva a dita cruz de cemento.


Reforma del coro por el maestro Gervasio González doscientas ochenta y  una pesetas y setenta y cinco céntimos.

Escalera del campanario hecha por el mismo maestro doscientas treinta y nueve pesetas y veinte céntimos.


1920.- A Francisco López, vinotero por cinco arrobas de vino para celebrar, sesenta y dos pesetas y cincuenta céntimos.” 

Una pila de agua bendita de mármol de las Sasdónigas, de las modernas, con llave de metal cincuenta pesetas.

Una lámpara de plata meneses que arde en el altar de la Inmaculada Concepción que donó para este fin Doña Concepción Rodríguez Murias.

Una preciosa imagen del Niño Jesús que regaló dicha señora para el catecismo de esta parroquia.


1921.- Arreglar la araña y reparación de piezas destrozadas y rotas al caerse pagué a D. Eugenio Leitón veinte pesetas.


1926.- Por reforma del presbiterio y pavimentación del mismo en mármol y mosaico con cemento mano de obra y demás gastos pagué a don Gervasio González autorizado por el Sr. Obispo, seiscientas cincuenta y cinco pesetas y noventa y cinco céntimos.


1927.- A Máximino Rocha por arreglar el altar del Rosario cuarenta pesetas

Por la pintura a Ramón Abraído, veintinueve pesetas y cincuenta y cinco céntimos.


Nota: para hacer constar que Dª Manuela López regaló para el altar de San Antonio un juego de manteles, y Dª María Dorado de Méndez un frontal Blanco para el altar mayor pintado de su mano en Cienfuegos, La Habana.

Asinado: José Teijeira y Moreda. 


Este ano aparecen amais unha serie de regalos de varias persoas devotas, como son, dous candelabros e un crucifixo; unha coroa e un manto negro para a Virxe das Dores “y finalmente una imagen preciosa del Stmo. Rosario”, que donó la virtuosa Srta Rosa Martínez Rodríguez.


Falamos máis arriba dunha obra da que non encontramos información nos libros do arquivo parroquial, sendo precisamente a que espertou a nosa curiosidade para empezar a escrutar a historia da parroquia. A obra non foi menor. Estamos falando da torre da igrexa, e xa non encontramos testemuñas orais que nos falen dela. Só chegaron a nós dúas fotos da obra, e si unha imaxe vale máis que mil palabras neste caso temos o dobre. Estas imaxes certifican que a nosa igrexa mudou a fachada da entrada principal, cambiando unha espadana barroca con unha parte alta de cantaría de tres vanos con dúas campas nos dous inferiores, por unha torre campanario de base cadrada con catro partes diferenciadas. As dúas primeiras de granito, a terceira de ladrillo recebado de cemento, no que están os ocos das campas de do reloxo, e a máis alta, do mesmo material formando unha cúpula circular con oito ocos con arco de medio punto.


 

A fotografía da fachada antiga indícanos que as obras empezaron despois do ano 1917, pois xa se ve á esquerda un remate das columnas do cemiterio vello que se puxeron ese ano, e hai outros dous datos que nos dan algunha sinal de que está rematada. No decorrer dos anos desta historia chegamos ao ano 1929, e aquí encontramos dous apuntes de gasto que parecen complementar unha torre xa acabada:


Adquisición de materiales y colocación del pararrayos de esta iglesia, pagué a un técnico de Villanueva, doscientas treinta pesetas.


A Don Ramón Martínez Pérez por montaje y materiales de los dos yugos de las campanas, cuatrocientas quince pesetas.


O pararraios poríase, como é natural, no cumio da torre, pero non é unha sinal fiable do remate, porque puido pasar un tempo, incluso anos sen tal aparello; non así as campas, pois non nos imaxinamos unha igrexa sen campas, e como se ve na foto da torre en construción, xa están colocadas antes de desfacer o andamio. Si ben o apunte do libro só fala dos xugos de madeira e a colocación, tamén nos parece natural que coa torre nova subiran as campas con madeiras novas. Con estes datos parece que podemos concluír que no ano 1929 estaba rematada.


Quedan algunhas incógnitas amais dos anos concretos de construción: quen promoveu o cambio?; de onde saíron os fondos ou quen pagou a obra?. Dolores García, sobriña do cura José Teijeira Moreda, informounos que cría recordar que para rematala o seu tío tivera que vender unha terra; si isto foi así tamén cabe a posibilidade de que fose construída en “dúas fases”.


Outros apuntes deste mesmo ano tamén rezan obras de reparación e arranxado.

1929.- A Narciso Dorado López por dar cales al frente norte de la iglesia, cuatro cientas ochenta y seis pesetas y cincuenta céntimos.

Por dos carros de losa traídas de las canteras de la Insua, treinta y cinco pesetas. 


Si no ano 1929 se deron cales pola fachada norte, no 1930 foi á fachada sur renovada. Tamén se fai unha mesa de autopsias xa desaparecida, recordemos que estaba nun pequeno recinto pegado a parede do cemiterio onde hoxe están os lavabos.


Por traslado del cementerio de párvulos, construcción del nuevo, cales, cemento y mesa de autopsias, pagué a D. Maximino Rocha trescientas noventa y cuatro ptas.


1938.- A Narciso Dorado se le pagan por cemento y empleo en el suelo de la torre de esta iglesia veintitres ptas.

Este año hubo el donativo de una imagen de San José que regaló a esta iglesia Dª Dolores García Díaz.


1942.- Una piedra de marmol para la entrada del cementerio 10 ptas.


Hago constar que Don Manuel Martínez Murias pago setecientas ptas. a Narciso López por pintar, barnizar a muñeca el retablo del altar del Carmen, o sea, con goma laca.

      San Miguel mayo de 1951


1943.- Cuerda y alambre a Abraído para toque de campanas desde casa veinte ptas y cincuenta cts.


Durante este año de 1943 falece D. José Teijeira Moreda e ata abril de 1945 firma os libros da parroquia, (P.O.) D. Manuel Maseda Otero párroco de Santiago de Reinante. Desde abril de 1945 ata xuño de 1949 pasa a exercer como cura D. José Louro Méndez que logo sería cura párroco de Benquerencia.

En xuño de 1949 faise cargo da parroquia D. Benjamín Prieto, durante 5 anos.


1952.- A Benigno Rocha  por hacer las cancillas del atrio, las tres, quinientas una ptas.


En xaneiro de 1955 toma posesión da parroquia como cura titular D. Pedro Cedrón Rivas que era natural de Ferreira a Vella, concello de Riotorto, e anteriormente fora cura párroco de Rinlo, onde ten unha rúa dedicada ao seu nome. Exerceu ata mediados do ano 1966.

 

1957.- Reparación del armonio, material y mano de obra doscientas diez ptas.

A Ramón González por material y mano de obra para pintar la iglesia quinientas ochenta ptas.


1958.- Por reparación del reloj a Celso Vázquez setenta y cinco ptas.


1964.- Reparación del armonio al “Valenciano” de Ribadeo y material trescientas ptas.


En setembro de 1966 faise cargo da parroquia D. Ricardo Díaz e durante 1967 fai obras de pintando de toda a igrexa por dentro, dota a igrexa de bancos novos retirando así todos os reclinatorios particulares que cubrían a maior parte da superficie da igrexa. Realizando estes traballos de pintura foi cando, por casualidade, se descubriu o arco de cantería, que estaba cuberto con unha capa de cal, situado entre o presbiterio e a nave da igrexa.

 

...Por bancos y obras en la iglesia 86.237 pesetas.


A don Ricardo, que pasou a ser arcipreste de Ribadeo, sucedeuno en 1980 D. Jesús Otero Méndez ata o seu falecemento en febreiro de 2014. A súa aportación máis salientable para a igrexa foi quizais engadir a casa pegada ao xardín do atrio, compra que foi compartida entre a igrexa e aportacións veciñais para facelo máis amplo cunha entrada máis accesible. O rexistro da propiedade foi asumido polo bispo a favor da igrexa, deixando ao marxe a aportación veciñal. Nos últimos anos, como tódolos sacerdotes actuais, tivo que exercer simultaneamente como cura de varias parroquias da contorna e foise vivir a Foz, deixando arruinar a casa reitoral de San Miguel de Reinante.


O cura párroco actual don José Boullosa empezou todo tipo de reformas na fábrica da Igrexa, apoiado por grupos de veciños voluntarios que se prestaron a axudar en todo, particularmente cinco deles que están integrados oficialmente na organización católica de Cáritas que promove o desenrolo integral de persoas e pobos, especialmente dos máis pobres e excluídos. 

As reformas que se fixeron ate o de agora (Agosto-2020), foron: 1) No coro, remozado xeral e colocado un novo embono no teito, cunha instalación de focos grandes de luz apropiados o lugar. 2) Subida a torre, reparación da porta lateral renovando as partes podres, cuarteirón e traveseiro do peinazo do fondo, e cambio dos cristais rotos da fiestra que lle da luz a escaleira. 3) Na nave principal, fronte a porta de entrada lateral, colocouse a media altura sobre unha repisa de madeira un Cristo Crucificado de 80 cm. sobre peaña de 40 cm, o todo 120 cm de altura, e a cada lado, dúas imaxes de santas de 65 cm de altura. 4) Sobre a porta lateral colocouse un cadro acristalado da Sagrada Familia (95x85 cm). 5) Fora, na entrada desta porta habilitáronse tres cadros acristalados para anuncios da parroquia. 6) A media nave á esquerda colocouse un cadro acristalado da Virxe do Perpetuo Socorro representación da icona bizantina do século XV e fronte a ela outro cadro acristalado co estandarte da Virxe do Perpetuo Socorro (167x113 cm). 7) No rincón da pilastra esquerda da arcada, colocouse unha imaxe da Virxe de Fátima (62 cm de altura) regalo dunha familia portuguesa instalada desde antigo en San Miguel. 8) No rincón da pilastra dereita do mesmo arco, colocouse unha imaxe da Virxe do Carme (68 cm de alto). 9) Pasado o cruceiro, na pilastra esquerda do arco do presbiterio, colocouse unha imaxe de San Roque (70 cm de altura) e na pilastra dereita unha imaxe da Virxe das Dores (1 m de altura) que foi vestida por dúas devotas, unha que deu os panos de roupa (Mavelita) e outra que fixo e bordou o vestido (Teresa do Sancristán). 10) Diante do altar maior actual de cantería (1,70 m de largo por 95 cm de alto), cara os fregueses, instalouse sobre unha alfombra un Cristo Crucificado (55 cm de alto por 60 cm entre puntas dos brazos abertos), e a cada lateral sendos candelabros de madeira tallada para cirio pascual. 11) Restaurouse un atril pequeno para lector e o atril maior do Evanxeo (128 cm de altura por 55 cm de ancho). 12) A pila bautismal en forma de copa (77 cm de diámetro por 105 de alto) semi-empotrada na parede a dereita do retablo maior, instalada erroneamente fora do rito litúrxico nese lugar por outro párroco, foi limpa apropiadamente, así como, restaurouse a cadeira de madeira da visita bispal (68 cm por 1 metro de alto). 13) Na sancristía restaurouse o gran armario das roupas litúrxicas; instalouse na parte baixa un pequeno cuarto de aseo; reparouse a escaleira de subida e cambiáronse tódolos cangos e chan de madeira do piso alto. Así mesmo, quedou restaurada e vernizada a mesa do catecismo deste piso alto da sancristía.


































CONFRADÍAS DA PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE REINANTE


SANTÍSIMO (Libro 1) 1687-1777

(Libro 2) 1778-1841


NOSA SEÑORA (Libro 1) 1692-1794

(Libro 2) 1794-1841


ANIMAS (Libro 1) 1675-1888

(estas dúas están no mesmo Libro 1)

SAN ANTONIO (Libro 1) 1751-1803


LIBRO DA COFRADÍA DE SAN ANTONIO DE PADUA

Empezada a fundar polo cura párroco D. Bartolomé Freire y Andrade (este cura é quen está mencionado na laude gravada no dintel da porta principal de entrada do Oeste da Igrexa)

D. León de Fraga y Baldés, cura párroco de S. Miguel, xunto cos confrades fan os puntos relevantes da seguinte Constitución da Cofradía:

1) Que sexan admitidos ós que queiran entrar por propia vontade , con tal de pagar de entrada tres reais de vellón en diñeiro ou cousa que o valga.

2) Cada ano se ha de nomear Mordomo en cuxo poder han de estar os caudais...

3) Dito Mordomo a de cobrar de cada confrade medio real de vellón de años...

4)

5) O día do Santo, celebrarase unha misa cantada e vésperas cantadas...

6) O día de San Antonio Abade celebrarase misa cantada polos irmáns da Cofradía e pagaránselle o oficiante seis reais.

7) O día do Glorioso San Roque, “avogado da peste”, o 16 de Agosto, celebrase misa cantada e dúas rezadas, pagaránselle o cura seis reais e ós outros sacerdotes, catro.

8) Cando Deus chame a mellor vida a algún confrade, o cura oficiará unha vixilia e misa cantada, polo que ha de haber cinco reais de vellón, e celebrarase con dous cirios sobre o altar maior mentres dure o acto.

8) Acordamos irmáns e confrades que o día de San Antonio, función de misa cantada e procesión, así como o día de San Isidro Labrador e tódolos días da súa festa do 15 de Maio con dous sacerdotes que axuden a oficiar a citada misa e procesión. O cura (párroco) cobrará seis reais e os outros, catro cada un.

LISTA dalgúns dos CONFRADES

Leon Antonio de Fraga e Baldes (cura)

Baltasar Menendez Navia y Villaamil (de Ribadeo) (dono da Casa do Outeiro, onde está o seu Escudo de Armas)

Alonso Prieto Pasarón e a súa muller (petrucios da Casa do Páxaro da Aspara)

Bernardo de Balsa

Juan Liñares (de San Pedro de Benquerencia)

José Pita Montenegro

Francisco Díaz de la Rocha + Ana de Pedrosa

Gabriela de Pedrosa

José do Couto

Pedro Pita

Francisco Pasarón + Caethana

Andrés Sanches Rivadeneira 

Juana de Moreda y Mastache viuda de Gaspar de la Rocha

Etc.


COFRADÍA DAS ANIMAS DO PURGATORIO (1675-1888)

(12-Maio-1683- Sello Quarto) A Cofradía aséntase definitivamente no Ano 1712 por don. Pedro de Moreda Rivadeneira y Aguiar (cura vello propio) e algúns confrades entre eles, Dª. Antonia Pouparín.

D. Salvador Menendez Navia y Villaamil, canónico tesoureiro da igrexa catedral de Mondoñedo, que o morrer o cura vello (D. Pedro de Moreda) fai de notario da herdanza que lles deixa aos confrades de corenta ducados.





























FESTAS PATRONAIS EN HONOR A SAN MIGUEL ARCANXO


O pobo de San Miguel de Reinante cada 29 de setembro dende tempos inmemoriais honra ao seu patrón ao Arcanxo San Miguel. Unha talla alada do arcanxo duns sesenta centímetros datada do século XVIII preside o altar maior da igrexa, pero… por qué San Miguel e non outro santo? Por qué non San Pedro, San Xoan … poida que esta razón xamais a saibamos pero o que sí está claro é que non sempre fomos de Reinante, se non que en plena idade media eramos San Miguel de Vila Cha.

O diccionario Madoz afirma que o pobo de San Miguel xa existía no século XII

    “La ig\. parr. (San Miguel Arcángel) existía en el siglo XII, con el nombre de San Miguel de Viiiaplana; es matriz de Santiago de Reinante y el curato de patronato real y ecl.; hay 2 ermitas pobres y un cementerio muy próximo á la población”

Existen uns trinta documentos, dous calendarios e tres escrituras que fan referencia a Vilacha nos arquivos da Catedral de Mondoñedo.

É no tombo de Lourenzá onde atopamos máis referencias ao noso pobo.

No documento número 75 do Tumbo de Lourenzá datado o 18 de abril do 1151, fálase de Vilachá. Neste documento García Vermúdez doa ao Mosteiro de Lourenzá e ao seu abade, as herdades que posuía en Villa Plana, Santo Estevo e San Pedro a cambio de darlle dúas vacas, un poldro, tres medios de pan, tres de trigo e un vestido ao ano ademais de ser acollido no mosteiro cando se presentara alí.

No documento número 64 datado o 24 de novembro do 1266, María e Dominga González venden ao Mosteiro de Lourenzá parte da súa herdade situada en Vilachá por 24 soldos. 

Polo que se entende trala lectura Pedro Gundisaluus que aparece en outros documentos do tombo de Lourenzá foi o pai destas dúas señoras.


No ano 1288 o cabildo cede o foro de San Miguel de Vilachá a Mateo Álvarez (mentres viva o arcediano de Montenegro D. Pedro Diéguez)

 O pago deste foro realizarase nos meses de novembro e abril dando a cada canónico do cabildo: 8 soldos leoneses, 2 pans dominicais e unha ración íntegra aos estudantes (relixiosos da catedral).


É no ano 1605 cando se comeza a falar de San Miguel de Reinante e da Administración de Reinante deixando de empregarse a denominación San Miguel de Vilachá ou de Villaplana.

Poida que este cambio de denominación fixera alimentar a lenda de San Miguel. Lenda que conta que alá polo 1600 o pobo se San Miguel de Vilachá se asentaba ao lado dun pequeno regato (o río de San Miguel ou do Forcón) nos lugares hoxe denominamos como Vilachá e Figueirido. 

Disque nunha noite de inverno choveu moito e isto coincidiu cunha subida da marea moi grande e o desbordamento do rio asolagando todo o pobo e quedando tan só en pe a casa máis alonxada do pobo, o Pazo de Pumarín.

O libro das festas do ano 1977 promovido pola comisión daquel ano (Pichurri, Rocha, Julio, García e Luís relata esta lenda.

“Nuestro predecesor, San Miguel de Vila Chá, fue un pueblo que tuvo asiento en la vega norte del actual San Miguel de Reinante de los siglos XIV al XVI. 

Vila Chá, estaba enclavada en la margen derecha de un pequeño río, que desemboca en Lóngara y que servía de límite de los pueblos de San Miguel y San Pedro. De este río, nos cuentan nuestros abuelos que uno de sus frecuentes desbordamientos en invierno inundó y destruyó al pueblo de San Miguel de Vila Chá y cambió su lecho unos mil metros hacia el Este.

También la tradición nos cuenta, que la casa más alejada del mar, de ese antiguo San Miguel estaba a 1400 metros de este y se localizaba en el barrio entonces llamado Espiñeira (hoy Pumarín), y que la iglesia y lo que en su tiempo era el mercado, estaban situados en el actual Figuerido. El actual barrio de Xalxende en aquella época se denominaba “As Viñas” debido a que en ese lugar se cultivaba la vid. Prueba de ello nos la dan los posteriores hallazgos de cepas enterradas.

A 500 metros del mar y en dirección Noroeste, había un espeso bosque de robles que se conocía con el nombre de Carballo, nombre que procede del gallego. En la actualidad no existe pero se sabe que estuvo situado por el actual Preguntoiro. También sabemos que otro bosque de las mismas características existió limitando ya con el mar y prueba de ello la tenemos a raíz del descubrimiento por una marejada de gran cantidad de troncos en el año 1954. También es probable que la zona sur de Vila Chá fuese monte, pues recientes excavaciones hechas en unos yacimientos de caolín han puesto a la luz  gran cantidad de árboles en muy buen estado de conservación. Lo hasta ahora contado, es poco más o menos lo que nuestros abuelos nos contaron, pero nuestra inquietud nos lleva a una pregunta: ¿cómo un río tan pequeño es capaz de sepultar un pueblo tan grande?

Una respuesta lógica que no desfasa con la tradición es, que conocidas las características del subsuelo de esta zona que se trata en su totalidad de una mezcla de barro y arena que la poca consistencia de éste al mezclarse con gran cantidad de agua que el río aportó, se hundió sepultando el pueblo de Vila Chá.

Cabe también, que la causa de la desaparición de Vila Chá pudiese ser la acción de un maremoto, pero como de ello nada se sabe, nada podemos asegurar…

Hoxe en día sabemos que a galerna de 1954 o que descubriu foron os restos dun bosque fósil, a turbeira de Arealonga que é obxecto de estudo pola importancia dos ósos atopados nela. Parece que poido ser datada en 9000 anos a. C.  

Discrepamos onde sitúa o lugar de Carballo xa que o sitúan en Preguntoiro pero está realmente cerca da ponte de Cardido,  moi próximo polo tanto ao lugar que aínda hoxe en día conserva o nome de Vilachá e o lugar de Salxendrez sempre se denominou así xa que a documentación medieval así o confirma. Pero ben sabemos que esta crónica daquel libro das festas relataba a lenda segundo os avós que en todo momento lle engadían un ala de misterio, “...as campás da igrexa repicaban coa marusía… os arados na zona de Vilachá chocaban cos tellados das casas…”


A referencia máis antiga ás festas do patrón atopámola nos libros de fábrica da Igrexa, concretamente, do ano 1885 no que se deron 40 reais para os fogos do patrón ao mordomo, 40 reais aos sacerdotes que fixeron o ritual e 40 reais para o mordomo da festa.


En prensa a primeira referencia ás festas do San Miguel data do ano 1891. Atopámola por casualidade no Riberas del Eo do 09/11 /1935, onde nun recadriño pequeno atopabamos as noticias de facía corenta e catro anos entre varias novas aparecía esta que se refería ás festas celebradas naquel ano

“El martes tuvo lugar en Reinante y en la Caridad la fiesta de San Miguel. Al primerio de dichos puntos reunió no poca gente de los alredederores y bastante de Ribadeo.

Unos cuanto músicos de los que componen la murga conocida como del Refaxeiro, trataba de amenizar las fiestas, pero ejecuto la misa llamada de Sexto Tono y un Tamtum Ergo a tres voces, dos clarinetes y un cornetín.

El presbítero don Manuel S. Pérez ocupó la sagrada cátedra predicando un bonito sermón en el que encomió las virtudes del Santo Arcángel.

No faltó lo profano, su parte de fiesta sobre todo en la casa de un acaudalado vecino nuestro que nos obsequió cumplidamente y nos proporcionó la ocasión de pasar un rato delicioso”

Descoñecemos quen sería o acaudalado veciño pero no tocante á murga o Refaxeiro sí podemos decir algo. Por este pseudónimo era coñecido o músico mindoniense José Antonio Ramos Gasalla que dende moi novo se dedicou á música ingresando na capela de música da catedral mindoniense. A finais deste século dirixía unha charanga composta por doce músicos e con varios instrumentos que participou nas diversas funcións e actos públicos celebrados en Mondoñedo e arredores, é dicir todo un luxo contar coa súa presenza nas festas daquel ano.


No boletín mensual de Ribadeo, “Bandera Católica” do 8 de outubro de 1912 (ano II, Nº23), lemos a crónica seguinte referida ás Festas de San Miguel: “Debido al mal tiempo que reinó en los últimos días del pasado mes, resultaron deslucidos los grandes festejos celebrados en el inmediato y pintoresco pueblo de San Miguel de Reinante, en honor de su santo patrono.

Las solemnidades religiosas revistieron el extraordinario esplendor que sabe dar a estos actos el virtuoso y activo ecónomo de aquella parroquia, nuestro querido amigo, D. Vicente García Hermida. A las once de la mañana del día 29 celebrose solemne misa en la iglesia parroquial, cantándose por un nutrido coro acompañado de orquesta, la del M. Prado, al ofertorio ocupó la sagrada Cátedra un P.Benedictino del monasterio de Villanueva de Lourenza, que hizo un notable panegírico del Santo.

Terminada la misa se organizó lucida procesión, siendo conducido S.D.M. (Su Divina Majestad) bajo palio de cuyas varas eran portadoras las autoridades locales, y dando escolta a cuatro números y un cabo del Cuerpo de Carabineros. Llegada la procesión al templo se hizo la reserva. Al día siguiente tuvo lugar una misa de Requiem, en sufragio de las almas de los feligreses fallecidos durante el año.”

No boletín de Bandera Católica de 8 de Octubro de 1915 (Ano 5, Nº58) faise reseña das festas celebradas na contorna: “Con la animación de costumbre celebráronse las fiestas del Santísimo Cristo en Piñeira; de San Cosme, en Barreiros y de San Miguel en Reinante. También en Figueras tuvo lugar la fiesta del Santo Cristo del Buen Viaje”.

No ano 1918 no periódico “El Eco de San Miguel” periódico que os emigrantes da Sociedad Hijos de San Miguel y Reinante promoveron, aparece unha noticia no número do 10 de outubro no cal di que as festas non foron moi concorridas naquel ano.

“aunque muy poco concurridas se celebraoron con mucha solemnidad los festejos en honor a San Miguel Arcángel. 

El día estuvo lluvioso, pero eso no impidió que la gente joven, ávida de diversión y pletórica de entusiasmo, diese nota saliente a la fiesta, serpenteando por el paseo, desde la Panadería hasta frente a la casa de Don Inocente Maseda

Apunto con esto un caso curioso que dijo un anciano sentado en el paredón del Souto “eu con ser vello e todo, o ver esas mociñas tan churrusqueiras ´fáiseme auga n´a boca”

E é que as mozas de San Miguel tiñan fama de fermosas e para o patrón non dubidaban en presentar as súas mellores galas.

Nese ano a banda de Santo Tomé executou moitas e variadas composicións modernas e típicas da rexión dando nota significativa a “Alborada” e a “Muiñeira”. No último día houbo baile no campo da festa e á noite nos salóns da época, amenizado pola banda no salón da Sociedade Recreativa.

Para atopar máis novas destes festexos xa debemos alonxarnos deste ano ata o 1926 no que unha pequena nota do 3 de outubro no Heraldo do Gallego contaba que se celebraran grandes festexos na honra do patrón dende o día 25 de setembro ao 30 do mesmo mes.

Tres anos despois (1929) non aparecen novas das festas patronais pero sí resulta canto menos chocante unhas coplas de cego publicadas no Riberas del Eo precisamente no día do patrón.

DIALOGANDO:

-Beatriz, estoy triste sabes por qué? Porque llegó la fiesta de San Miguel

-No me lo explico, al contrario, eso es causa de regocijo.

-La fiesta es atrayente y es animada; voy sin embargo a ella de mala gana, pues me hago cargo que con ésta se acaban las del verano.

- Aún os quedan las ferias de Mondoñedo, que tanta gente llevan de nuetro pueblo.

- Gracias querida, sí, allí pasan las maulas el tercer día.

- Qué suspicaz te muestras! Tú estás  muy lejos de ser ninguna maula, ni mucho menos: sólo te digo que aún teneis ocasiones de divertirnos.

- No le des vueltas, chica, que ya está en casa el invierno aburrido: las noches largas, los días lluviosos, el cielo encapotadao… ¡no lo soporto!

- Es tristón el invierno ¿qué duda cabe.. Pero no es, como dices, insoportable allá en mis tiempos nadie jamás hablaba de aburrimieto. Pasábamos las noches…

- Cosiendo acaso?

- Algo se trabajaba, pero algún rato también había de alegre esparcimiento.

- Calla no sigas, déjame de ñoñeces.

- Sea como quieras pero entonces vivamos todas contentas.

- No te lo creo. Estas hablando en broma-

- No, que hablo en serio-

- Pues nosotras gozamos y nunca satisfechas logramos vernos.

- Es muy sencillo, el que sabe adaptarse no siente hastío

BEATRIZ


Con hastío ou sen él o certo foi que as festas pasaron sen saber moito máis de cómo foron nin qué actuacións deleitaron aos nosos veciños.

Un ano despois (1930), días antes das festas tanto o “Riberas del Eo” novamente coma “El pueblo Gallego” faranse eco das nosas festas.

Nunha das columnas do Riberas del Eo podemos ler:

San Miguel de Reinante

  Grandes festejos.

En honor del excelso patrono se celebrarán en San Miguel de Reinante los días 28, 29 y 30 del actual grandes festejos, que serán amenizados por la renombrada banda de música de Villalba.

El día 28 a las doce, un repique general de campanas y el disparo de grandes palenques anunciarán el comienzo de lso festejos.

A las cuatro de la tarde hará su entrada en el pubelo a los acordes de unos bonitos pasodobles la brillante banda, continuando los festejos hasta la madrugada. 

El día 29 a las nueve, dianas y alboradas por la banda y gaitas del país. A las once misa solemne cantada por un afinado coro de señoritas de la localidad; a las cinco de la tarde paseo en la Alameda que estará artísticamente adornada , ejecutando la banda piezas musicales de su variado y extenso repertorio. Durante la noche se repetirá el paseo luciendo una magnífica iluminación a la veneciana, quemándose además bonitos fuegos de artificio.

El día 30 se repetirán los festejos del anterior.


“El pueblo Gallego” engadía tan só á noticia de que os salóns de baile nestes días permanecían abertos.

A dicir verdade imaxinar o paseo pola antiga Alameda de San Miguel escoitando a banda faime sentir unha gran envexa por aquelas festas que coidaban tanto a estética do pobo. E polo que lemos na prensa antiga, esta festa non se diferenciou moito da celebrada dous anos despois. 

Uns días antes das celebracións o Riberas del Eo publicaba o día 24 de setembro a seguinte noticia.

“La comisión organizadora de los festejos que se han de celebrar en este pueblo los días 28, 29 y 30 del corriente, está ultimando los trabajos de organización, habiéndose fijado en todos los pormenores a fin de que la concurrencia salga satisfecha. 

A ese fin, estos jóvenes que no han querido que el pueblo de San Miguel se quedase sin sus famosas fiestas anuales, han confeccionado un programa en extremo atrayente. He aquí el programa.

DÍA 28. A las doce del día, darán principio los festejos con el disparo de grandes bombas de palenque. A las cinco de la tarde: entrada en el pueblo de la atamada Banda de Música “Antas de Ulla” la que dará un concierto en la plaza.

A las 9 de la noche: gran verbena, amenizada por dicha Banda, la que durará hata las 3 de la madrugada.

DÍA 29: A las siete de la mañana  la banda y gaitas del país recorrerán las calles ejecutando alegres dianas y alboradas.

A las 11 misa en la parroquial con asistencia de la banda, terminada esta gran baile en la plaza hasta la una de la tarde.

A las cinco de la tarde: paseo en la alameda el que será amenizado por la banda.

A las diez de la noche: Magnífica verbena, con asombrosa iluminación eléctrica y veneciana y en la que habrá un verdadero derroche de fuegos de artificio.

DÍA 30: el mismo programa que el día 29, habiendo además a las 8 de la mañana un descomunal mercado en que se venderá de todo.

Durante la noche del día 30 el “Salón Tirabeque”estará abierto a beneficio de la Comisión.

O programa resúltanos tremendamente atractivo, só retrasaría un pouco a hora de comezo das alboradas do día 29… este mesmo periódico uns días despois o día 10 de outubro ofrecía un resumo do que foran as festas engadindo que.. “ una enorme concurrencia de todos los pueblos limítrofes, y aún de algunos lejanos invadió en esos días el pueblo de San Miguel, ansiosos de unos momentos de esparcimiento, y a la verdad, a pesar de lo despabacible del tiempo nadie salió defraudado en sus deseos de diversión.


“El pueblo gallego” o 04/10/1932 tan só informaba nunha pequena nota de prensa que 

“ Las fiestas celebradas el 28, 29 y 30 en honor a San Miguel fueron muy concurridas y animadas. Fueron amenizadas por la banda de música de Antas de Ulla que dirige José Otero.

Un ano despois vese que a banda de Antas de Ulla gustara que repetíu no pobo nas patronais do 1933 así se facía eco o Riberas del Eo nunha pequena nota de prensa de escasas liñas.

“Hoy jueves darán comienzo las fiestas patronales de San Miguel de Reinante, que continuarán durante los días 29 y 30. La comisión organizadora de las mismas ha confeccionado un excelente programa de actos religiosos y profanos en los que intervendrá la banda municipal de Antas de Ulla. 

Habrá dianas, disparos de bombas, sesiones de fuegos artificiales bailes campestres, solemnes fiestas religiosas y otros actos.

Existe gran animación en la comarca”

Un ano despois a día oito de setembro non había sinais nin de festas nin de Comisión e así se deixa caer no Riberas del Eo:

De nuestros corresponsales

AÚN NO HAY NADA

“Con el objeto de constituir la Comisión organizadora de las fiestas patronales, se han reunido bajo la presidencia del Señor Alcalde las representaciones de las fuerzas vivas de la localidad.”

Del anterior párrafo corresponde a un periódico de la capital de la provincia, en donde al parecer se interesan más los alcaldes por el progreso de su pueblo. Sin embaro aquí, en donde dabía de haber también una Comisión encargada de los nuesros, que también se aproximan, que nosotros sepamos, ni se han reunido con el Alcalde, ni sin Alcalde, no habiendo por lo tanto Comision, por lo que al pareer, nos quedamos sin fiestas de San Miguel.

Es de presumir eso, ya que estamos en el mes de septiembre, y no hay nada de nada.”

Que pasaría? Quedaramos ese ano sen festexos? Entrando en Internet atopamos unha das razóns polas que se suspenderon os festexos en todo o país: a Revolución de 1934 coa Folga Xeral de Outubro durante o segundo bienio da Segunda República Española.

Ao ano seguinte, 1935, non só se falaba da animación das festas daquel ano se non que tamén se deixaba caer que xa había comisión de 05/10/1935 

San Miguel de Reinante

Las fiestas

Muy animadas se han visto las que se han celebrado en este pueblo los días 28, 29 y 30 del pasado mes de septiembre en honor a nuestro patrono.

Con un tiempo espléndido, se han trasladado a San Miguel un sinnúmero de gentes de todos los pueblos comarcanos, que han gozado de lo lindo, por haber esos días diversiones para todos los gustos.

Nuestra felicitación a la comisión organizadora por el acierto tenido en la organización y desarrollo de las mismas.

UN RUMOR

Se rumorea entre la gente del pueblo, de que ya existe comisión de fiestas para el próximo año. De ser cierto tal rumor, el próximo año contaremos con grandes festejos, ya que , esta comisón con tiempo suficiente para ello, podrá llevar a cabo un programa todo lleno de atractivos.

Ao ano seguinte imaxinamos que non houbo festas tralo estalido da guerra, de feito, non atopamos ningunha nova das festas ata o ano 1953 que sabemos das mesmas a través do Libro das Festas editado pola propia comisión. Aquel ano a comisión estaba formada  por Nemesio Pérez Martínez, José Antonio Rocha García, Segundo Leitón Piñeiroa e José Baamonde Novo.

No seu libro ademáis de apareceren múltiples anuncios dos establecementos do pobo, Manuel Villaamil Seijas ofrecía un extenso prólogo alabando o bo facer da Comisión e pedindo ao Santo Arcanxo que seguira dispensando o seu benfeitor patrocinio no pobo cun

“SANCTE MICHAEL ARCHANGELE DEFENDE NOS IN PARELIO, UT NON PEREAMUS IN TREMENDO JUDICIO…”

O programa deste ano consistiu:

DÍA 28

A mediodía el disparo de potentes bombas y el volteo de campanas anunciarán el comienzo de las fiestas.

A las seis de la tarde, los gigantes y cabezudos harán las delicias de la gente menuda.

A las nueve da la noche dará comienzo la primera gran verbena de las fiestas que será amenizada por un Quinteto Regional.

En esta verbena ya la plaza_pista lucirá una hermosa iluminación de incontable número de bombillas preparadas especialmente para estos Festejos.

DÍA 29

A las nueve de la mañana hará su entrada en el pueblo la amada Banda Municipal de Ribadeo  que recorrerá las principales vías interpretando Dianas y Alboradas

A las doce de la mañana misa solemne en honor de San Miguel Arcangel y a continuación Solemne Procesión Religiosa por el itinerario de costumbre. 

A continuación gran concierto en la Plaza- Pista por la citada Banda de Música.

A las seis de la tarde Monumental Romeria amenizada por la Banda y la Orquesta Los Satélites de la Coruña-

A las 11 de la noche Segunda y Grandiosa Verbena en la que hará una exhibición la citada Orquesta

DÍA 30

A las once de la mañana Misa Solemne y a continuación Procesión Religiosa.

A la una Gran Concierto en la Plaza –Pista por la Orquesta Los Satelites

A las cuatro de la tarde Cucañas- Competiciones- Concursos

A las seis Segunda Gran Romería amenizada por la Orquesta a las once de la noche Tercera Gran Verbena y a su terminación una Grandiosa Sesión de Fuegos de Artificio.

Co que non contabamos era con que houbera festa o dia 1 de outubro recibindo no programa das festas o nome de:

DIA 1º - FIESTA DEL CAUDILLO

A las diez de la mañana empezará la Gran Feria Anual con variados e importantes Concursos cuya celebración se inica este año.

A las once Misa Cantada

A las doce concierto en la Plaza-Pista y bailables

A las cuatro de la tarde CUCAÑAS –COMPETICIONES- CONCURSO

A continuación Tercera Romería en la Plaza amenizada por la Orquesta

A las once de la noche Cuarta y última gran Verbena – en la que la Orquesta Los Satélites pondrá su esmero para dejar grato recuerdo en todos los asistentes.

Un ano despois parte desta comisión do 53 repite figurando Nemesio Pérez, José A. Rocha e Segundo Leitón. No Libro de Festas editado ese ano dedican unhas palabras aos veciños:

Queremos hacer extensivo por mediación de estas líneas, nuestro profundo y sincero agradecimiento a todos aquellos que de una u otra forma han prestado su colaboración para dar a nuestras Fiestas Patronales su mayor brillantez, así como para editar el presente programa”

Este ano tamén serán catro días de festas