Praza do Souto

Praza do Souto

jueves, 4 de octubre de 2018

Toponimia parte II

Antes de que chegue a perderse toda a toponimia canta temos (decir  que é dunha riqueza impresionante) fixemos esta pequena escolma.
Posiblemente  falten moitos nomes, pero como esto é algo vivo non dubidaremos en engadir todo aquelo que poidades apuntarnos.
 Quedan pendentes unhos mapas que dende logo sairán á luz tan pronto esten lidtos para que todos poidamos visualizar a distribución toponímica do pobo.

Nomes diversos que fan referencia a antigos posuidores, a traballos exercidos no seu lugar, a bens eclesiásticos, labores, ao río e ao campo en xeral.

Benvidos a este percorrido polo noso pobo. Desfrutade!

A PALANCA: Probablemente relacionado co elemento prerromano *pal(l)-, presente en topónimos como "A Paleira" 'cavidade que serve de refuxio ou vivenda a certos animais'. O termo "pala" ten certa vixencia na área galego-portuguesa, ás veces con valor arqueolóxico, tanto para aludir a dólmens canto a abrigos rochosos. Cabeza Quiles indica que "pala" é o «termo usado nas serras galegas onde hai caliza para nomear as covas que alí se forman».No caso de "palanca", esta orixe parece reforzarse ao levar o sufixo prerromano *-anca, abundante na toponimia galega. (Toponimia dos Concellos da Mariña)


A ABIEGA: topónimo de orixe vasco. A súa etimoloxía provén de arandos coa sufixación da partíucla locativo abundancial aga. Por tanto sería un lugar de arandos. Situada na chamada Granda de Riba.
A ARBOSA: posiblemente de "Herbosa", lugar onde abunda a herba. Podería vir tamén do latín “aruum”:”agro, campo”. Zona entre o castro e a praia da Pasada. Aprox
A ÁSPERA: topónimo que significa “lugar áspero ou escarpado” (según Moralejo Laso 1977); e segundo E.Rodriguez DEGC, áspera “dise dun terreo desigual, fragoso e difícil de transitar por él”. Aspera ou Aspara, como lle din algúns dos propios veciños, segundo E.Rivas (1989) chámaselle a un “sitio pendente”, tal e como é o acceso o barrio da Áspera de San Miguel. Aínda que non temos constancia documental na que apareza o nome sabemos que arredor do 1700 xa existía este termo pola existencia da chamada Quinta da Áspera.
A BARRANCA: topónimo que significa “un corte profundo” que fan no terreo as correntes das augas. Tamén se dí dun camiño con moita pendente. Este topónimo debeu comenzar a usarse na Idade Moderna debido á relación coa explotación de ferro da Cova da Veneira. Na Barranca separábase o ferro da terra e amontoábase en barrancos de terra, posteriormente. Nota: Barranco significa “despenadeiro, precipicio”, polo que “o mineral extraído lavábase ou tamizábase para separar a maior parte da terra, e coa que ían reenchendo os desniveles do terreo da Barranca” a historia do nome deste Barrio está moi vinculada á cova da Veneira (cova con mineral de ferro), que foi explotada por D. Antonio Raimundo Ibañez Llano y Valdés, o Marqués de Sargadelos.
A BOUCIÑA: formaba parte do lugar de Sistelo, sendo un pequeno abertal cuberto de bouza. Trala ponte de Casaldeite.
A CABANA: este topónimo é relativamente recente xa que nel houbo  unha cabana que se empregaba como secadoiro. Praia de Arealonga
A CANCELA: podera referírse ao lugar no que existía unha cancela. Antigamente as Veigas estaban cerradas por muros cunha cancela, neste caso poidera ser a cancela da Veiga de Preguntoiro
A COMPORTA: lugar onde se atopa ou atopaba: 1) portón encaixado por ámbolos dous lados nunha rañura por onde se desliza, para poder subila e baixala, servindo nos rios ou canles fluviais para graduar ou cortar o paso da auga. 2) media porta que cerra a parte inferior de certas entradas para impedir o paso libre de persoas e animais, e non cerrar a luz (definición de “compuerta” dicionario Google)
A FERRERÍA: no lugar da Ferrería facíase unha primeira cocedura do mineral extraído da veta da Cova da Veneira, e separábase a maior parte da ganga terrosa da mena de ferro aproveitable que era transportada ata os altos fornos de Sargadelos.
A FRAGA: situada próxima ao Forcón. Segundo a RAG: denomínase unha extensión de monte illado e cun acceso difícil con especies polo xeral caducifolias, con mofo e liques na que habita unha gran diversidade de fauna. Puido ser parte da Dehesa Real do Rei.
A GRANDA DE ARRIBA: o topónimo Granda é moi abondoso en todo o norte da península, especialmente en Cantabria e Asturias. En Galicia dáse unicamente na zona oriental da provincia de Lugo e aínda así aparece recollido no nomenclátor da Xunta referido a 32 lugares No dicionario de Sotelo Blanco, identifica GRANDA con GÁNDARA, co significado de "terreo baixo e sen cultivo cheo de matogueiras, terra cha con moita auga e pantanosa, terreo extenso inculto e árido cuberto por vexetación rastreira". Segundo o dicionario da RAG, unha gándara sería un “terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza”.É probable que procedan da hipotética raíz prerromana *KANT-, que pode alternar coa variante fonética *GAND-, “pedregal”, tamén presente en ganda, nos Alpes centrais e orientais, que equivale a “ladeira pedregosa”, e gand, de significado análogo, no alemán de Suíza. Así pois, unha GRANDA sería un “terreo que se caracteriza pola abundancia de pedras”, e, poderíamos engadir, “presumible de cubrirse de maleza”
A MOUTA: este topónimo fai referencia a un lugar relativamente elevado. Está situada no monte Comado
A PAGÁ: a verdadeira orixe etimolóxica deste nome atopámola no documento nº53 do Tumbo de Lourenzá 1078.PACATI “Et sic nobis dedit in Sancto Stephano de Pacati vi parte integra intus et toris cum quantum pretitum homina est.Pacati fai referencia ao nome latino dun posesor Pacatus no seu xinitivo Pacati que indica que a ermida era propiedade dunha persoa chamada Pacatus (nome frecuente no baixo latín que se conserva en moita documentación medieval. Verbo Paco (pacificar por paz) pax+atus. No 1124 obedecendo ás leis de evolución da lingua do latín ao romance aparece a forma evolucionada de Pagadi “Sanctus Stephanus de Pagadi”. Xa no 1290 aparece a forma Pagade. Moitos topónimos como o caso de Pagá resultan opacos e fosilizados que caeron en desuso na xente, por iso o significado resulta incomprensible.  Este foi o caso de Pagá, este nome perdurou ao estar referido a unha capela. (notas extractadas do traballo sobre “San Esteban da Pagá” de José Mª Rodriguez Díaz, Rudesindos 8, 2012)
A PALLAREGA: pode facer referencia a unha pequena casa cuberta de palla, a un palleiro ou restrebas. Zona da Ferrería
A PAMPILLEIRA e A FONTE DA PAMPILLEIRA: Lugar no que abunda o pampillo. Zona próxima á autovía trala zona de arriba da Áspera
A PASADA: O plural “as pasadas” pode referirse “as pedras postas para pasar a pé un pequeno regato”, pero no caso da praia de A Pasada de San Miguel de Reinante, pode referirse os dous pasos estreitos que quedan a media marea entre duas puntas do acantilado e o mar, e que deixan sitio para pasar da zona do levante o poniente da praia, ou viceversa.
A TILLEIRA: pode facer referencia ao lugar onde se facían tellas pero non o temos comprobado. modificador de “telleira”: “sitio donde se fabrican tellas e forno donde se cocen”. Provén de “tegularia” , de “tegula”: tella.Non sabemos da antigüidade deste barrio mais no 1800 os archivos parroquiais xa falan da Quinta da Tilleira.
AGRILO AGRILA: como “agrela” diminutivo de “agra”. Marcial Valladares (1884) define "agra" como finca labrantía dalgunha extensión e cha, dun ou máis donos, cerrada arredor.
AMIEIRO: Lugar con abundantes amieiros. Zona de Arealonga
AREALONGA: praia longa. Praia de San Miguel de Reinante compartida polo levante con Santiago de Reinante. O seu nome procede dunha grande extensión de area nun longo tramo de costa.
ARMÉN: Podería vir de *(uilla) Armenii, dun antigo posuidor chamado Armenius, nome de orixe latina. Alternativamente, dun hidrónimo *armeni, indicando algo similar a "río, corrente de río". Neste senso, E. Bascuas interpreta topónimos similares como "Vilarmea" (antigamente Villa Armena) como formado a partir do elemento paleoeuropeo *arm-, derivado da raíz indo PODER europea *er-'fluír, moverse'. Cf. p. 46 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega". Roda
ARQUEIRA: pode derivar do latín arca, mámoa ou sepultura prehistórica
AS PASADAS: pode facer referencia a un lugar de paso xa que este barrio é atravesado polo Camiño Real, inmediatamente despois dos Campos de Pousada. O plural de “a pasada” do verbo “pasar”, do latín “passare” que indica “paso, sitio por onde se pasa”.
AS PEDREIRAS: lugares próximos cubertos de pedras soltas // os pedregais
AS VALGAS: segundo o dicionario da Real Academia Galega, Valga significa: parte máis baixa dun val por onde corren as augas naturais da choiva, dos mananciais etc. Este topónimo é bastante recente aínda que este lugar está moi ligado por situación e por historia a Casaldeite. De feito, sabemos que algunha casa das actuais deste barrio pertencían ao Casal, e outras foron promovidas pola familia Balsa a comezos do 1905 familia que habitaba xa dende séculos atrás en Casaldeite.
AS VENEIRAS: refírese ás vetas de ferro existentes no lugar zona da Barranca
AS VIÑAS: lugar no que un día houbo cepas de uva. Lugar de Salxedre
BARRIOS: posible deformación de BARROS. Sedimentos de polvo e arxila mesturados con auga. (Barreiros)
BUGUIDOS, BOGUIDOS ou AS BOGUEIRAS ou AS BUGUEIRAS: suponse que sinala un lugar no que abundan as bogas (peixe mariño) ao ser en terra firme non se descarta a posibilidade de haber un secadoiro de peixe alí. Zona próxima ao castro
CAMIÑO DO MONTE: camiño que baixa dende Casaldeite á praia de Lóngara un dos poucos camiños que unían o pobo co mar.
CAMPO REDONDO: denomina un terreo chao en pleno Comado
CARDIDO: seu nome pode basearse na raíz “CAR”: monte con pedras
CASALDEITE: Do latín “casalis”. Denomínase CASAL un “pequeno grupo de casas nunha aldea” ou “un conxunto de casas no campo que non chegan a formar un pobo” (DEGC). En tempos dos suevos, aparece como topónimo sustituíndo a “vila” (E.Rivas, 1982).Este casal, situado en pleno Camiño Real aínda conserva parte dos seus muros e sospeitase que parte da Valga pertenceu tamén a este casal. A primeira referencia que aparece deste barrio é do 1668 ano no que hai unha disputa entre os párrocos de San Miguel e de San Pedro, ambos querían disfrutar das rendas do Casal de Ite chamaron a declarar a tres veciños de San Miguel e tres de San Pedro, tentaron aquí demarcar os límites de San Miguel e de San Pedro tan só foron cinco veciños e pouco se sacou en claro. Puxeron catro marcos dende a Cruz de Fernán Ares, tres marcos en liña recta ata o muro de Gregorio do Outeiro chegando á figueira de María Rodríguez. Outra das referencias que temos data do Ano 1732 e pertence ao Arquivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as pertenzas do convento de Vilanova no pobo se San Miguel de Reinante.
CERRADO DO AIRE: lugar protexido do aire. Próximo á praia de Arealonga xa rozando o límite coa veciña parroquia de Reinante
CORVEIRA: sen dúbida fai referencia aos corvos mariños que neste lugar acostuman a secar ao sol nas penas do lugar
ENTRERRIOS: “entre correntes de auga”. No caso do barrio de San Miguel fai referencia ao cruce de rios, é un topónimo relativamente recente. No mencionado anteriormente Catastro do Marqués da Ensenada sinálanse dous muíños no lugar de Tras os Ríos… ¿será o mesmo lugar?¨será este lugar o que se denominaba a Quinta do Rueiro
FEAL DA PAULA: lugar no que se sementa o feo sendo o feo de praia (Botánica): Planta da familia das gramíneas ou poáceas, Ammophila arenaria = Psamma australis, perenne, robusta, glabra, con caules de até 1,20 m que xorden de rizomas reptantes; follas con volutas, ríxidas, acabadas en punta, con costelas na face, de cor verde agrisada, e inflorescencias densas, terminais, cilíndricas, de cor abrancazada. Vive nas dunas do litoral da rexión mediterránea e as costas atlánticas europeas, até Galicia.
FIGUEIRIDO: Topónimo transparente: lugar onde abundan (ou abundaron) as figueiras. Zona do Muíño do Merlo
FONTE DOS ULLEIROS ou de TRIANA: un ulleiro fai referencia ao lugar no que nace a auga, manancial en sitio chan.
INSUAS DE MOLEDO: A palabra insua, denomina unha pequena illa no curso dun rio. Moledo denomina un terreo mole e húmido segundo o léxico galego. Terreo Próximo ao Rego do Encanto, xa cerca da parroquia da Insua
LAGOA: Do latin lacuna “concavidade”. É interesante notar que, nese senso de "concavidade" que se alaga, o topónimo "lagoa" está moitas veces asociado a lagoas artificiais, por veces formadas no "cono de violación" de mámoas, escavadas xa desde tempos moi antigos na busca de tesouros.
LAL: podería ser na súa orixe Lalerlalle tal e como se enuncia na terras que pertencían ao cabildo. Lugar próximo ao regato que desemboca na praia de Lóngara, límite entre as parroquias de San Miguel e Benquerencia
LAMELAS: terreo húmido. Lugar próximo á pesa da Sociedad Ganadera
LODEIRO ou LUDEIRO: termo que indica un barro ou terra con lama. Lugar na estrada de Remourelle arriba da Veneira.
LÓNGARA: terreo de forma alongada.
MONTES DOS ATALLOS: zona de Comado
MOREIRAS: poidera facer referencia a un lugar abondoso neste arbusto nun tempo. Hoxe en día non hai ningunha moreira. En documentos medievais  nas propiedades do Cabildo de Mondoñedo fai referencia á REGUEIRA DE MOREIRAS.
NOGUEIREDO: lugar abundancial de nogueiro, semellante a Nogueiral lugar abundancial de nogueira. Do latín “nux” –nucis”: noz, noces. Aínda que anos atrás tamén figuraba este lugar como Nogueireda ou Nogueiral (bosque de nogueiras). Non temos tampouco constancia de cando se comezou a usar, si afirmamos que no 1800 xa existía como barrio ao xulgar polos libros de bautismos e defuncións da parroquia que repiten o nome da Quinta de Nogueiredo.
O RECANTO: co significado de “o rincón”; “o refuxio”
O AMEDO: lugar no que abundan os amieiros
O CARBALLO: seguramente onde había un carballo onde se reunían os vellos en asemblea veciñal. Termo moi antigo. O lugar onde abundan ou hai plantados carballos é “A CARBALLEIRA”.
O CARTO: o seu nome na súa orixe posiblemente fora O QUARTO  xa que en varios inventarios de bens do cabildo na parroquia de San Miguel facían referencia ao lugar do Quarto. O inventario de bens  facía referencia a múltiples propiedades próximas á zona que hoxe se denomina a toda ela Preguntoiro
O COBO: lugar ubicado nunha depresión de terra nunha concavidade orográfica. Zona Salxendrez
O COÍDO: segundo a RAG, “o coído” é unha pequena ensenada con pedras que o mar foi arredondando.
O CURRO: termo de raíz prelatina “cercado de forma circular”. Servía para ter árbores e pasto para o gando. Segundo o DEGC, CURRO é un “curral pequeno destinado a mesteres da labranza”. Neste caso comparte semántica con “curro”. Segundo a Real Academia galega curro ten as seguintes acepcións: curral de pequenas dimensións // Cerca de madeira ou de pedra onde se concentra o gando ceibo do monte, especialmente cabalarías e vacas // Festa que se celebra con motivo de acurrar ou baixar o gando do monte a estas cercas
O ESTIVO: terreo de labranza extenso dividido en leiras correspondentes a diferentes donos. Zona da Ferrería
O LOMBO ou TOMBO: Sen dúbida fai referencia á elevación do terreo nesta zona. Zona entre a estrada que vai á Pasada e a estrada que baixa á Arealonga
O LUGAR DE MEIGODE: quizais da raíz “mer/mir”: auga, manancial (como Meira) e do sufixo “gode” que debe ser o nome propio do señor (¿suevo?) que era dono do manancial.???. Denominouse así durante moitos anos ao lugar que hoxe en día ocupa o Muíño de Couso.
O PELAMIO: Posiblemente de "pelamio", "lugar onde houbo curtidoiras de pel". Cf. F. Cabeza, "Os nomes de lugar". // Tamén pode vir referido a posuidores que eran curtidores. (OS PELAMIOS: é nome de lugar de Santiago de Reinante)
O PIÑEIRO: podería facer referencia á existencia destas árbores, ou o lugar onde había un pino (piñeiro) de grandes dimensións ou de antigüidade relevante.
O RECHIBADOIRO: chivadoiro denomina un lugar no que se reunían varios rabaños. Lugar da estrada da praia próximo ao desvío cara Salxendez
O RIBÓN: o dicionario define “ribón” como variante de ribazo, talude
O SOUTO: no caso do barrio de San Miguel de Reinante, non se referiría exactamente a un “terreo cuberto de árbores”, aínda que tamén se pode referir a un lugar de reunión. Non sabemos moi ben cando comezou a chamarse así xa que na Idade Media, aló polo 1300, era coñecido por Casal de Vilar, (casal: casa solariega cercada de muros con pequenas casas ao redor) xa que o dono deste Casal era Fernán de Vilar. Os arquivos da Catedral de Mondoñedo así certifican esta existencia cando no ano de 1389 se realiza un inventario da chamada Administración de San Miguel. O cabildo resultou ter gran cantidade de propiedades no pobo, concretamente seis casais de herdades mansas (terreos traballados) en “Jalsende”, Pumarinno, Pumarrubiño, Pousada, Outeiro e a metade do Casal de Vilar.
OBRA PIA: polo xeral antes de falecer unha persoa sobre todo con alto poder económica acostumaba facer testamento. Neste estipulábase como se repartiría a herdanza do finado. No testamento aparecían normalmente as doazóns a diversas organizacións de beneficencia. No caso da Obra Pía de San Miguel situouse neste lugar unha escola de fundación ou Obra Pía de primeiras letras. O benfeitor desta foi Felipe de Soto no século XVII. Esta escola permaneceu en pe ata que se construíu a casa na que hai anos se situou a antiga fábrica de Chocolate Bambú e na que o chamado “Ramonillo” deu clase durante varios anos.
OS CAMPOS: dise de unha “extensión considerable de terreos chaos e descubertos que se aproveitan para labradío ou para pasto”. E un barrio que se atopa pola entrada do levante de San Miguel de Reinante estando situado en pleno Camiño Real o que máis que probable lle deu nome. Nota: O camiño real por San Miguel, pasaba polas Pasadas, cruzaba pola Áspera por riba da actual estrada xeral para ir desembocar ao Souto á casa de Presenta, atravesaba ata Casaldeite pasando por detrás do Cuplé ata a serra continuando polo camiño que vai ao Canteiro. Nun mapa do 1748, que fai referencia a un preito entre Carlos e Gaspar Acevedo Pardo Taboada (donos da casa do Pazo) podemos observar que esta zona se denominaba antigamente Campos de Pousada. Non sabemos con exactitude, se Pousada fai referencia a unha persoa ou a un lugar de Pousada. Puidera ser moi probable que fixera referencia a unha pousada dunha xa que está certificado que a casa do Camín situada neste barrio chegou a ser chamado o Parador do Camín, previamente coñecido por Casa Andrade xa que foi seu primeiro dono Tomás Andrade. Esta fonda, daba de comer e durmir mais non tiña cortes para cabalos e bestas.
OS CARRIZÁS: lugar onde abunda unha cana silvestre, o carrizo. É unha forma alternativa de denominar o carregal. Lugar no respaldo de Comado.
OS CURUXÓS: Diminutivo de "curuxo". Probablemente, o mesmo que "curuxeira", que designa, metaforicamente, un "lugar en sitio elevado e con penas, ou un lugar moi frondoso e escuro". Denomínase ao terreo existente tralo muíño do Merlo baixando á praia.
OS MARTICES: parece ser un topónimo diminutivo e alterado de “marta”, “mata” co locativo abundancial –izo –ices, no sentido de “bosque con abundantes árbores silvestres”. Non temos constancia de cando se comezou a usar este topónimo. Sospeitamos que é de finais do 1800
OS PEGOS: sinónimo de “piago”: poza fonda de auga nun río.
OS TOXEIROS: puidera referirse a un lugar no que abunda o toxo.  Zona abaixo do Muíño do Merlo recentemente restaurouse o camiño dos Toxeiros
OUTEIRO: “altarium” do latín “altus”. Segundo o dicionario da Real Academia Galega, “outeiro”, fai referencia a unha pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión. As primeiras referencias documentais que temos deste barrio  son do ano 1732 e atopámolas nun documento do Arquivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as pertenzas do convento de Vilanova de Lourenzá no pobo se San Miguel de Reinante.
PAINZÁS: plural de painzal, lugar con paínzo: millo miúdo. Foi un abertal nalgún tempo. (monte)
PENA DA INSUA ou CAÑÓ BLANCO: do latín insula: 'illa'. Tanto no portugués como no galego, "insua" xeralmente refírese a un terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos. Polo tanto, PENA DA INSUA, unha “pena ou pedra rodeada de auga” posiblemente onde se podía subir o pescador para pescar, de aí que tamén se chame “CAÑÓ BLANCO” pois o ser pequeno para algúns outros non chegaba a consideralo un “islote” ou “insua”, e denominábase pola súa cor.
PENALONGA: pena larga.
PEREIRA: lugar con abundantes pereiras. Estrada á praia da Arealonga. Zona do Carballo // pode ter dúas acepcións lugar no que había piros, (perais) aínda que tamén podería provir de petratian (lugar pedregoso)
PEREIRO: lugar con abundantes pereiras. Carretera á praia da Pasada trala casa rural do Merlo
PIAGOS: un "piago", "peago" ou "pego", do latín “pelagus”, é unha poza profunda de auga, xeralmente nun río. En efecto, este termo é definido por Piel, como "sitio fundo do mar ou dun  rio". Cf. p. 323, J. Piel "As Águas na toponímina galego-portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo VIII, 1945. Zona por onde estaba o bar O Carillo.
POZO DA CAINZADA: (cainzo, planta) “eres máis duro que un cainzo” lugar profundo do río de San Miguel de Reinante onde, seguramente, abundaban o seu redor plantacións espontáneas de “caínzos” ou onde os plantaban para a súa utilización práctica. CAINZO do latín “canicium”, derivado de “canna” co significado de cana; caña; canaveira. Segundo o DEGC, cainzo “en xeral, toda obra ou labor que se fai con varas entretecidas como os hórreos chamados cabaceiros ou cabazos; os cierres laterais dalgunhas chozas, cancelas das portas e de herdades”. Segundo o Dicionario Xerais da Lingua, CAINZO: 1. “armazón, tecido de canas ou varas que se coloca a certa altura sobre a lareira para secar e afumar chourizos, etc. 2. Tabique ou separación feita de varas ou canas. 3. Cabaceiro móbil feito de varas entretecidas. 4. Armazón de varas entretecidas, con diversos usos: caniza, cainza. 5. Rastro para achanza-la terra despois de labrada. 6. Lateral do carro para termar da carga: caniza, cainza. Encóntranse zonas como o Val do Cainzo en Barreiros e Rio Caínzos en Ribadeo.
POZO DEL ASNO: podería derivar do termo "asno", que referido a unha situación anecdótica, quer ao alcume dun antigo posuidor. No en tanto, parece improbable. Alternativamente, pode derivar o elemento paleoeuropeo ap-s-, frecuente en hidrónimos, e derivado da raíz indoeuropea  -ap- auga' (cf. p.179 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega"). Esta segunda alternativa semella a máis probable, se temos en conta os topónimos "Poza do Asno", "Ponte do Asno", "Punta do Asno", etc, relacionados coa hidronimia. Lugar próximo á Arealonga limitando xa coa parroquia de Reinante
PRADOLONGO: composto por dúas palabras este topónimo fai referencia a uns prados extensos e que sempre están moi regados polo rio. Lugar próximo ao rio de San Miguel, xa próximo á praia
PUMARRUBÍN e PUMARÍN: puideron ser o mesmo nunha orixe pero a medida que os anos foron avanzando chegaron a denominar dúas zonas diferentes. Sexa como sexa son sen dúbida algunha, xunto con Salxende, os barrios máis antigos. PUMARRUBÍN é un topónimo único en Galiza segundo o nomenclátor da Xunta. Diremos que é un composto de dous termos latinos PUMAR e RUBÍN que pode facer referencia a algún antigo posuidor “o pumar de Rubius” (Schulze documentou o nome latino Rubbius, xenitivo Rubbini), ou “o pumar de Rubinus, Rufinus ou Rubinius”
PUNTA DO CASTRO ou PUNTA DO GABITO: debe o seu nome a un tipo de paxaro mariño
REBOIRAS: posiblemente este topónimo proceda da palabra latina roborea que significaría roble (carballo) .
REGO DA CANDAOSA: Candaosa é un sinónimo de Candeal fariña moi branca e de excelente calidade
REGO DE FONTARDÍN: este topónimo  sería composto da raíz “font”- e o seu antigo posuidor Ardinus, nome medieval de orixe xermánico
REGO DE MARZAN: de Martianus antigo posuidor, nome de orixe latino.
REGO DE SINDÍN, SENDÍN ou LENDÍN: en xenitivo de sindinus nome do antigo posuidor. Rego que baixa por Salxendrez e desemboca en Lóngara.
REGO DO ENCANTO: segundo López Cuevillas o encanto na mitoloxía galega é un ser misterioso con atribucións máxicas. Realmente é o rego que baixa da louseira existente na Insua
REGO DO FORCÓN: o significado de forcón é incerto. O dicionario define o forcón como un pau rematado en dúas gallas pequenas, no caso  do rego do forcón pode referirse á bifurcación do río, no sentido de desfiladeiro
REGUEIRA DE FONTELA: camiño que antigamente unía o “camiño do Monte (que ía por Casaldeite, Bouciña, Salxendez ata a praia de Lóngara) coa estrada que todos coñecemos que vai á praia..
RESPALDO DE COMADO: o nome fai referencia exactamente á parte que non vemos do monte Comado
SALGUEIROS: topónimo transparente, indicando a existencia de árbores dese nome. No entanto, tampouco se pode descartar, ao tratarse dun núcleo de poboación, que derive de "Os Alugueiros", como ocorre no caso de "Salgueiros" nas Negradas. Con todo, a falta de documentación que o probe é pura especulación. Lugar próximo á ponte da estrada que da acceso ás praias de Arealonga e A Pasada
SALXENDEZ: O Topónimo de Sarxende, Sarxéndez ou Salxende/Salxéndez é extremadamente atractivo pola súa orixinalidade sendo único na toponimia de Galicia. No nomenclátor da Xunta de Galicia só aparecen recollidos dous lugares con este nome, un na parroquia de San Miguel de Reinante e outro na de San Pedro de Benquerencia (evidentemente é o mesmo Sarxende que todos coñecemos só que unha parte pertence a San Miguel e outra a San Pedro). Segundo o profesor Nicandro Ares Vázquez, Salxéndez tería a súa orixe nunha suposta Villa Gelsindi/Gelsendi/Gelsende que á súa vez proviría do nome da súa propietaria, Galsuenda (nome de orixe xérmanica), feito que tamén o fai moi raro polos escasos exemplos de topónimos procedentes de nomes femininos.
SISTELO: "Sistelos", "Sistelo" e "Sistelín" existentes parecen descartar esta unha orixe antroponímica e apontar máis para a interpretación de Díaz Fuentes ou similar. García Arias interpreta como posible a orixe en sextellus, relativo ao reparto de terras a sextos. Desta opinión é tamén Isidoro Millán, que indica que estes repartos ocorrerían na época sueva. Cf. I. Millán, "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987 lugar próximo á ponte sobre a vía do tren en Casaldeite.
TRIANA: pode ser dos topónimos máis modernos  xa que non aparece en ningún  arquivo anterior ao 1800. Poidera ser chamado así debido á chegada de xentes do sur de España. Posiblemente provén de “triada”: “conxunto de tres cousas”.
VEIGA DO MORGULLÓN: Os termos "Morgollón" e "Morgallón" teñen unha orixe probablemente prelatina. Poden estar relacionados con "morgallo" ou "murgallo" 'restos de leña ou outros materiais', aínda que non semella probable. Tamén podemos rexeitar que derive de "margallón": “desvergonzado”, pois sería altamente improbable que na toponimia galega abundase máis "Morgallón" (tres ocorrencias) frente un único "Margallón", a forma que nesa hipótese sería a orixinaria. Toda vez que non atopamos encaixe en orixe latina, podemos asignarlle orixe prelatina, aínda máis se temos en conta que o sufixo -ón corresponde en moitos casos coa fixación de voces prerromanas. Dese modo, talvez estea relacionado coa raíz hidronímica *mar- / *mor- "auga detida", coherente coa localización dos varios "Morgallón" existentes na xeografía galega. Zona das Valgas
VILACHÁ: lugar chao. Zona próxima ao río na zona do muíño do Merlo
VIVEIRO: procede este nome do latín “vivarium” o que significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde se manteñen e crían peixes e outros animais dentro da auga. Zona da Ferrería
XUNQUEIRA: lugar no que abondan os xuncos. Lugar onde a estrada da praia se ramifica dando acceso por un lado á praia da Pasada e por outro á praia da Arealonga
ZAPIA: Pode derivar dunha forma prerromana hidronímico de orixe indoeuropea cun significado de charca.









POSTAS DE PESCA (nomeadas desde Porto Vello cara a Praia das Pasadas)
Pena da Rá ou do Sapo (por parecer a pena a unha rá ou a un sapo sentado) a Pena da Cabana (posiblemente porque algún día alí houbo unha cabana, dun vixilante de costas ou de abrigo dos pescadores)
A Cabana (na entrada donde está a zona das cunchas que utilizaban os romanos para sacar a cor púrpura) //
Cabezadas de Penachá (chamadas así as puntas de Penachá donde bate o mar)
Peñachá (zona donde hai unha gran pena chá sumerxida que lle da o nome, e que fai un estupendo punto de pesca de barbadas, congrio, camarón, satiaguiños)
Cemiterio dos Burros (chámase así popularmente por aparecer enterrados ósos grandes de patas de “équidos”, pero que nada teñen que ver cos burros actuais)
A Punta do Castro (no propio Castro de Vilachá donde se encontraron restos de cerámica “sigillata” ou pintada dos celtas, así como, cachos de cerámica decorada con trazos dobres, triplas e zigzags). A explotación da canteira de feldespato, no medio do asentamento do Castro, que usaron para endurecer a cerámica de Burela, destruío coas paleadoras todo vestixio do Castro que había no chan)
Chá de Mar (zona de “terra cha no litoral do mar”)
Chá de Terra (zona de “terra cha no acantilado de terra”)
A Barbadeira (lugar de pesca ou posta onde abundan as barbadas)
Punta do Furruel (posta de pesca de farros, con acceso en marea baixa)
O Batedoiro (lugar do litoral onde de cotío bate o mar)
Canal da Travesía
Posta da Furada
Pozo das Xullas (redondo o final da Travesía)
A Polea (posiblemente o lugar onde había unha polea para axudar a subir a ouca o acantilado)
A Cova dos Ferreiros (denominado así pola cor óxido de ferro dos paxariños que aniñan alí)
A Farrapa chamada así por presentar o mar pintas de “farrapo” cando hai vento de temporal NW e produce moitos fíos de espuma sobre as olas, o cal, é a mellor condición para pescar sargos e lubinas nesta posta.
O Recanto (xeralmente cheo de ouca)
O Picón (a pena tallada da punta do Recanto)
A Arbosa (zona alta da praia da Pasada)
A Corveira, despois da Punta da Pasada
As Igrexas
As Penas das Bogueiras (onde se pescan bogas)
A Pena dos Corvos (nome popular por ser paxaros de cor negro, pero que realmente son “cormaráns”)
A partires de aquí comeza a costa da parroquia de San Pedro de Benquerencia. (Datos facilitados polo noso veciño Gerardo García Docobo, gran pescador da costa)


















DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
No ano 1581 o cabildo chama a declarar a varios veciños para saber das súas pertenzas.
Nestes momentos o cabildo non sabía da situación xeográfica e xurídica das súas propiedades.
Fincas que pertencían ao cabildo: Pereira, Cordido, A Redondela (chegou a nós como a Redondela de Marcelo), Vimieiros, Moreiras, Figueirido, Grilo, Pumariño, Cancela de Esteo (chegou a nós como Cancela, había coma unha especie de muro que podía soportar precisamente unha cancela hoxe pertencería a Preguntoiro), Salgueiros, Algara (descoñecese), Pereiro, Pumarrubín, Peliscón (descoñecese), Outeiro, Lalerllale, Armén (tamén na zona de Preguntoiro); Boguidos (Buguidos Preguntoiro); O Cobo, Arrechivadoiro, As Ribeiras, O Sexo, Peagos (chegou a nós coma Piagos tamén zona de Preguntoiro); Acisclo, Xunqueira, Quarto (O Carto); Regueira de Lale sospeitamos que este lugar chegou a nos co nome de Lal (son prados abaixo de Salxendrez próximos ao regato que vai dar á Praia de Lóngara). Regueira de Fontela camiño hoxe cerrado que unía á estrada da praia co camiño que da a Salxendrez (antes de Salxendrez despois da casa de Luís de Meso). Regueira de Moreiras tamén chamado Prado Vello

LEGAJO DO PLEITO DE CATALINA
Catalina Pardo Tavoada, mi madre son los siguientes = Primeramente la mitad de lugar que vive Juan Dorrego de Sarxendes (sic) sito en dicha feligresia de San Miguel de Reinante con la mitad de dicha cortiña que llevará en sembradura doce ferrados de pan con su huerta y . . . . . , árboles de dar y no dar fruto = con mas un pedazo de prado en donde dicen O Grilo (ou Agrilo) que llevan los herederos de Antonio Fanego = con mas una pieza de heredad donde dicen Os Toxeiros que llevará de sembradura dos ferrados y medio de pan = la de los herederos de Juán Ramos de San Miguel = con mas una pieza de heredad de cuatro chopines de sembradura a donde dicen la Veiga de Pergontoiro labran los herederos de Juan da Beiga de Sarjendes (sic) = mas una pieza de heredad en la Veiga de Pergontoiro a donde dicen O Pereiro que llevará de sembradura catorce ferrados de pan poco mas o menos, lábranla los herederos de Antonio do Souto = mas una pieza de heredad en dicha Veiga de Pregontoiro a donde dicen O Pereiro, llevará de sembradura medio celemín, lábranla los herederos de Alonso da Balsa = mas una pieza de heredad y cortiña en Sarjendes que llevará de sembradura una anega de pan poco mas o menos, lábranla los herederos de Baltasar Moreda = mas en la Veiga de Pregontoiro a donde llaman O Piago, de sembradura de dos anegas; lábrala la viuda de Argüello = mas una pieza de heredad donde dicen Lale, Veiga de San Pedro; lábranla los herederos de Alonso López . ..Sigue a relación ata 35 heredades con situacións en Veiga dos Boquidos, A Pasada, O Salto da Yegua, A Cabana, A Canzela (Veiga de Preguntoiro), Agrilo, Vilachá (Veiga da Lagoa), Redondela, Pumar Rubin, Fontela (Veiga de Salgueiros), Los Corujos (Veiga da Lagoa), Pereira (Veiga da Lagoa), A Fiolla (Veiga de Reinante); Arriba del Palomar (Veiga da Lagoa), Figueirido, el lugar de San Pedro (Seguramente Salxende) en que vive Juan Valea que llevará su cortiña seis celemines por que paga ocho chopines

LIBRO DE FÁBRICA DA IGREXA PARROQUIAL, HEREDADES DE LA CASA (1688)
(Relación de propiedades pertencentes a Igrexa de San Miguel, sacado do libro de fábrica desta parroquia pentencente ao ano 1688. De interés pola toponimia)
Otrosí dixeron que la casa de la dicha iglesia tiene las heredades siguientes: primeramente una casa junto al atrio de dicha iglesia con un ferrado de cortiña. Mas tiene un ferrado de cortiña en la cortiña de Andrés ? a la parte del nordés. Mas en la Veiga de Salgueiros siete ferrados de heredad de sembradura que está en tres piezas que testan en el camino público que va para la mar. Mas en la Veiga da Lagoa una pieza donde llaman Cordido que lleva tres ferrados de pan y testa en heredad de la iglesia de Mondoñedo. Mas la mitad de una pieza de heredad en Figueirido, servidumbre con D. Juan y lleraná de sembradura fanega de pan y testa con el camino de Moreiras. Mas en el mismo lugar una pieza de heredad que llevará un ferrado de pan ? Que testa con dicho camino de Moreiras. Mas en donde dicen A Lagoa una pieza de heredad que está de servidumbre? Con la fábrica de Reinante que llevará un celemín de pan, testa en heredad de la iglesia de Mondoñedo. Más otra pieza de heredad donde dicen Pedregal que llevará dos ferrados de pan, testa en heredad de la iglesia de Mondoñedo. Mas en la Veiga de Pergontoiro una heredad donde dicen o Seixo, que llevará de sembradura tres ferrados de pan, testa por tres partes en heredad del Cabildo. Más otra heredad en el Coido ? Que llevará dos ferrados de pan, testa en heredad del cabildo de Mondoñedo. Más una heredad en Ribeiras que llevará un celemín de pan y testa con..Mas donde dicen O Coto? Dos piezas de heredad, la una de ellas llevará tres ferrados de pan y testa en heredad del Cabildo de Mondoñedo y la otra lleva una anega? de pan, testa de por medio con la iglesia de Mondoñedo. Mas otra pieza de heredad donde dicen O Pereiro que llevará un celemín de pan, testa de por medio con la iglesia de San  Pedro. Mas un prado donde dicen O Castro que llevará de sembradura medio celemín de pan que? Gabriel do Souto la cuales dichas heredades lleva el cura que es de dicha iglesia y las llevaron sus antecesores.

Libro de Fábrica 4 de maio de 1680. Bens que ten a igrexa parroquial en San Miguel de Reinante Casa junto al atrio otra iglesia y un ferrado de cortiña. Veiga de Salgueiros siete ferrados de sembraduría da al camino público que da a la mar. Veiga da Lagoa una pieza de heredad donde llaman Cardido con tres ferradosde pan de sembradura en heredad de la Iglesia de Mondoñedo. Una pieza de heredad en Figueirido mas una pieza de heredad que lleva un ferrado de pan. Mas otra donde dicen A Lagoa una pieza de heredad que esta … con la fábrica de Reinante. Mas otra pieza de heredad donde dicen Pedregal que lleva dos ferrados de pan repartida en heredad de la iglesia de Mondoñedo. Más en la veiga de Preguntoiro una pieza de heredad donde dicen o Seixo que llevará de sembradura tres ferrados de pan. Mas otra heredad en el Coido que lleva dos ferrados de pan en la heredad del Cabildo de Mondoñedo. Mas una heredad en  …. Sei boiscas  (será Reboiras???)

8 DE MAIO DE 1738 PREITO DOS HERDEIROS CASA DO PACIO: Redondela = más otra pieza de heredad junto a la antecedente que labra Pedro Pita y Manuel do Rego de llevar en sembradura cinco ferrados de pan poco mas o menos testa por la parte del levante en dicho camino que viene de la pedra de Cordido para la Redondela ….....  …....... . de San Miguel y por la parte del poniente en heredad de los herederos de Roque Lorenzo y por la parte que mira al mar en heredad de los herederos de Don Juan de Omaña = más donde llaman o Carvallo otra pieza de heredad que labra Antonio Rodríguez sembradura medio ferrado poco mas o menos testa con heredad de Juan García y por la otra parte con heredad de Antonio Valea y por la parte del poniente en heredad de Don Balthasar Menéndez y por la del levante en otra de esta herencia

8 DE MAIO DE 1738 PREITO DOS HERDEIROS CASA DO PACIO: Carballo = más donde llaman o Carvallo otra pieza de heredad de llevar en sembradura tres ferrados y medio que al presente labra Domingo Ramos y Domingo de la Barrera, testa por la parte del mediodía en heredad de los herederos de … …  que es Antonio Valea... .. .

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO: Pedreiras más una pieza de heredad entre los caminos de las Pedreiras de Cardido que al presente labra Gabriel López, sembradura dos ferrados y medio, testa en tres caminos que la circundan al derredor = más junto a esta de arriba y a la parte de levante otra pieza de herencia de llevar en sembradura cinco … …... testa en el camino que viene de la Piedra de Cardido a los prados da Lagoa y por el levante en heredad de Antonio Valea y por la parte de mediodía en hacienda de Manuel

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO: Pereira = más otra pieza de heredad sembradura de cinco ferrados poco mas o menos que labra Joseph García y otros sita a la parte de abajo del balado que llaman de Pereira, testa por el poniente en heredad de Joseph Moreda y por la partre del mar con heredad de las herencia y en otra de Lorenzo Fanego y por el levante en heredad asimismo …......

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO. Piedra de Cardido = más otra pieza de heredad sembradura ocho ferrados poco más o menos que al presente labra dicho Domingo de Oria según testa por el poniente en el rego o arroyo de agua que la divide de otro prado de esta herencia y por el medio día en heredad de Don Antonio Padriñán y por el levante en camino que va de la casa de dicho Juán Sánchez para la piedra de Cardido y por la parte que mira al mar con hacienda del Cabildo de Mondoñedo

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO::O lugar de Meigode  =  mas otra pieza de heredad Cortiña que se halla pasado el río de junto a dicha casa sembradura de seis terrados que al presente labra Domingo de Oria según se alla sita donde dicen Meigode y testa por la parte de abajo con dicho rio y por la de arriba en la presa de dicho molino =  mas otra pieza de heredad y tojal sembradura de doce ferrados poco mas o menos que llevan por renta los herederos de Bartholomé Dourado según testa por el poniente en dicho rio viejo y camino que viene de los Campos de Pousada para dicha casa y por el levante en el balado y pared que que la divide de la Cortiña de Juan Sánchez........

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO: Miramontes = Memorial de los bienes que se dan en esta ampliación son los siguientes = primeramente dentro de la Cortiña que posee Jacob Travieso que llaman A Viña, sembradura de cinco ferrados que se halla mas arriba del jardín que ya está articulado que labran Jacob Travieso, Alonso Sánchez y Joseph do Couto según testa por el levante en …........... Convento de Villanueba y por el poniente en el camino público que viene de la iglesia para dicha casa y  por la parte que mira al mar en hacienda de Don Balthasar Menéndez

8 DE MAIO DE 1738 PREITO ENTRE OS HERDEIROS DA CASA DO PACIO: Veiga da Lagoa = a documentación máis antiga existente respecto a este lugar é do 8 de maio de 1738, dun preito entre os herdeiros da Casa do Pacio. ¨Caserío; un cercado y huerta que llevará de sembradura dos ferrados de pan que se compone de limón y naranja y otros árboles frutales según se halla cercado de laureles y pared alta según testa por el levante en el camino que biene de San Miguel para dicha Veiga da Lagoa y por las mas partes con la Madre del Rio Viejo.

Libro Fábrica 1749 sendo León da Fraga párroco. Referencia propiedades .Pieza de heredad sembradura de dos ferrados poco más en la Veiga de Salgueiros.
Pieza mansa labradía donde llaman Antela?? se halla cerrada a pared por tres y por la parte del levante en camino que va a la iglesia de esta para la mar y testa en prado de Don Benito R. alias Bosteza? Y la parte que va al mediodía en heredad de Don Gaspar Acevedo Pardo y Taboada. Otra sita en Costa de Salgueiros labradío testa con camino a la cortiá de Don  Baltasar Menéndez de la parroquia de Ribadeo por el poniente camino que va a la mar y por el levante con la de Gaspar Acevedo Pardo Taboada. Veiga que llaman Costa (Veiga de Costa) limita con camino que va a la mar poniente entrada de don Francisco Pasarón por la que mira a la mar testa con propiedades del cabildo de Mondoñedo y por el medio día con un cierro o Lombo propiedad de Don Carlos Acevedo de Ribadeo. Moreiras testa con camino a la mar en camino que baja a la Arealonga por el levante en el rio que viene da Lagoa y medio día con Don Gaspar Acevedo. También sita en Moreiras y por partir con Gaspar Acevedo y toda ella medio día camino que a de Vilachá a Moreiras y por el levante con hacienda del Cabildo y camino mira a la mar en prado de los herederos de Joseph Moreda y por el poniente Baltasar Menendez. Preguntoiro término de esta pieza en sitio que llaman Aponial? Testa parte que mira a la mar levante medio día en tierra del Benerable Cabildo de Mondoñedo por el occidente que labra Joseph Blanco vecino de Sargendez propio de Don José Villarino. O Coido medio día hacienda de los descendientes Benito Villarmea? Ou Villanueva? Por el levante en hacienda de Baltasar Menéndez por la que mira a la mar en hacienda del Cabidlo por el occidente en un lomo de tierra en aquel sitio que baja a otra Veiga. Riboiras levante en hacienda de Josepf Cantos? De Ribadeo por la que mira a la mar en hacienda de Domingo Fierros Taramunde vecino de San pedro de Benquerencia y por occidente por hacienda de Antonio Moreda y por el medio día en otra del citado Baltasar Menéndez. O Cobo servidumbre con el dean y cabildo testa por la que mira a la mar con hacienda de Francisco Rodríguez alias Chaparro y vecino de esta feligresía y por la que mira al occidente en hacienda de los herederos de Maragato ¿?? Por el levante otra del Cabildo. Lugar de Sargendez y cortiña que dicen de O Pereiro una pieza de heredad sembradura testa levante en la Composta? Que baja de otra pieza a la mar y por la … a la mar con hacienda de la Fábrica de San Pedro de Benquerencia por el medio día en la hacienda del Don Antonio Moreda por el occidente en hacienda de la casa de los Taboada. Casaldeite que lleva Francisco Pasarón que está en su cortiña testa por el medio día en la pieza del otro, occidente en la composta que baja de esta parroquia al lugar de Sargende la que mira a la mar y levante en hacienda de Don Baltasar Menéndez. O Castro de Preguntoiro prado cerrado de muro, oriente la mar, por medio día prado monasterio de Lorenzana