Praza do Souto

Praza do Souto

lunes, 15 de julio de 2019

Contos populares

San Migueliño dos figos maduros
 que tantiño me tardas
 e que tan pouquiño me duras

San Migueliño das uvas maduras
Que tanto me tardas
E q pouquiño me duras

                                                   

Somos dun pobo que para nós é dos máis grandes, un pobo do que conservamos moito patrimonio material pero o patrimonio inmaterial nunca se recolleu polo que moito del se foi perdendo.
Sí conservamos múltiples historias das que algunha deu lugar a frases feitas como a daquel home que gustaba de ir de correduría de  noite e a muller á volta lle pedía contas “Pero que más quieres mujer si me dijiste viniera entre luces” naquela mañá  que chegou á casa sostendo unha vela en cada man cal Cristo crucificado…

Contos que se contaban en día de festa, en día a de traballo nun breve descanso” teño unha burra que sólo me comía o verde pero fun ás San Lucas compreille unhas gafas verdes e ahora… ahora cómeche de todo!.

 Contos que quitaban peso ás penurias da guerra  do Rif  como o conto daquel  día en que   o noso veciño Benito foi por auga despois de que varios compañeiros foran abatidos en tal misión. Foi por un lugar estratéxico e disparoulle na cabeza a un dos inimigos, este collendo os miolos coa man e mirandoo fixamente dixolle- me cago en… Benito matacheme”
Houbo quen incluso lle preguntou
- pero conocíate Benito?
-Conocía oh conocía! que cando non “luchábamos “andábamos todos xuntos.

Contos que disimulaban o pesar pola morte dun amigo na cruel e virulenta guerra civil  o daquel  veciño que cargou co corpo do seu mellor amigo para devolvelo ao seu pobo. Este era moito máis alto ca él e corpulento, disque nas costas abaixo o poñía a rodar e alguén lle preguntou
- e berraba o morto?
– me cago en … cómo berraba o morto!

Tempos nos que Jota Baril cantaba nos Campos naqueles momentos en que se suspenderan  os bailes polo estalido da guerra “ ay mi novia la Josefa, si yo les pudiera contar…

“ La guerra terminó pero él hambre aún no empezó”empezarían tempos aínda máis duros.
“- teño o corazón moi grande
- Quen me dera verllo nun plato”

Ou aquelas mulleres que falaban un día entre elas…
-Buenos días
-Pra herba
-Dígolle buenos días
-Pra vaca
-Decíalle que buenos días
-Come, come!
Parece ser que non oía moi ben…

“Aquí somos muitos vai facer falta matar… o día que non se collía no bar…
Ou aquel contiño do Cazapeterocos de cando a construción da vía do tren preto da ponte de Cardido cando o “ Peteroco”  foi visitar á súa filla recén casada de noite e se esqueceu de que abriran  para a vía do tren e caeu no burato dando lugar ao conto do “ Cazapeterocos” sonado debeu ser pois das moitas casas ás que fomos saíu a relucir en todas.

Pese a todo ese patrimonio inmaterial perdido quizais para sempre… temos algunha que outra canción recollida… cancións que se transmitiron grazas ao boca a boca de avós a netos.

Como diría aquel famoso cómico “ saben aquel de … ou saben aquela de… que don Manolo escribira para unha das veladas que facían pero que os propios veciños foron pouco a pouco transformando…


En vindo o vrao
Iremonos bañar
Non hai praia coma nosa
En toda a Ribeira do mar
Para que da filla
Pinte as uñas
Gasta o diñeiro Tomasa
E por falta de pintura
Pudrenlle as ventás da casa.
En vindo o vrao
Iremonos bañar
Non hai praia coma Nosa
En toda a Ribeira do Mar
Dende aquí vexo Preguntoiro
E as penas de Corveira
Vexo bulir toda a xente
Subir ouca na ribeira.
En vindo o vrao
Iremonos bañar
Non hai praia coma nosa
En toda a Ribeira do Mar
O rio de San Miguel
Leva pontes cando quer
Outras non leva auga
Pra moer o meu moer


 Aínda que outras estrofas reconstruídas por algún veciño ocupado en certos menesteres… falaban de certos amores que aínda eran case que a escondidas…
“ Dende aquí vexo Salxende
e a punta de Curveira
e vexo a María del Carmen
 collendo ouca na Ribeira

A poesía popular éche o que ten…

“es la Barranca un jardín de matices muy divinos
Con sus frutales y sus casas con molinos
Y los “ carallos” colgando de todos los vecinos”



As mociñas da Ferrería contaba miña avoa que lle cantaban coplas ás nenas da Barranca para facelas rabear! como se estivera moi distante a Ferrería da Barranca!!!!
“ Mozas da Barranca
Cando van co Gado
Espetan a vara no medio do prado
E bailan o chotis e máis a muiñeira
Mozas da Barranca non hai quen as queira”

Eso de que non as querían ben se sabe que non era, que máis dun mozo quedou prendido da beleza de máis dunha moza do pobo, seica as mozas do pobo houbo un tempo que eran das máis belas da zona...


 Aínda que… tamén as mozas de fóra se quedaron presas nalgunha silveira do pobo…
“ San Pedro de Benquerencia
Tira de min para diante
Que me prendeu unha silva
En San Miguel de Reinante”
Este ou esta namorado ou namorada debía vir da parte de Foz, outros viñan de contra Ribadeo e imploraban o mesmo pero á Virxe de Vilaselán.
“ Virxe de Vilaselán
Tira de min para delante
Que me quedan os amores
En San Miguel de Reinante”

Outras coplas falaban do San Esteviño dicindo…
“Remourelle está no alto
San Miguel no baixiño
E no medio do camiño
Estache o San Esteviño”

Eses tempos nos que se traballaba a reo e que se ía ao monte por un carro de molido
“ aló arriba
En Camporredondo
Había un Home
Mexando por outro”

Tempos nos que se traballaba a reo e se lle daba a varios tipos de menesteres…

“ Hai un Home na Barranca
Que catro oficios ten
Labrador y maquinista
Echa el toro y Sacristán”

“ Cacaracá ponte na pá
Faime un boliño
Pra pola mañá”

Aínda que sempre había quen non tiña moita gana de traballar e tiña o chamado “ mal da ameixa o que quer traballar non lle deixa”
“Pereza,queres pan?
- quero quero se mo dan.
 Traime logo aquí o cuitelo
- non quero nono quero
( Non debía ter moita fame…)

Nun tempo no que había moitos nenos e Liñaza o albardeiro berraba “ aquí danse os nenos como o esterco”.
Tempos nos  que se cantaban as cantigas de berce… non recordades cantos nos dormimos ante a ameaza dun horrible papón?


Arrorro arrorro
Que te come o papon
E mamá vai na misa
E papá vai no sermón”

Neste pobo ían á misa e ao sermón noutros ía á ribeira e traían paxariños…

“ E cacaracá e cucurucaina
E caina caina
E cucurucú e cucurucaina….

E así ata quedares dormido de tanto cucurucu e cucurucaina.
Tamén moi socorrido para entreter aos pequenos estaba a do dedín dedín que en cada casa do pobo debían Ter a súa versión… aínda que analizando o contido da cantiguiña en todas elas non nos queda moi claro por que o rei por aquí pasou e deixou unha ovelliña sen contar… que mal lle faría??

Dedin, dedin, de pequerriquin.
 De San  Safarruco de rabo de cuco.
 Dixo meu paí cando por ali pasou
toda las ovelliñas contou,
 menos Unha q deixou.
 Vaquiña loura, vaite deitar
entre as Herbas do Rei Baltasar
Q Ali te iràn a buscar
..dentro dun saco metido aquí dentro”

“ Dedín dedín
De pequerriquin
De Sansa Farruca
De rabo de cuco
Cando o rei
Por aquí pasou
Todas as ovelliñas contou
Agás unha que deixou
Vaquiña loura
Vaite deitar
Entre as portas do rei Baltasar
Que alí che irán levar
Pan e Formento metido… aquí dentro aquí dentro


“Dedin ,dedin,de pequerriquin,
de rabo de cuco de San Sarrabuco
Cando o rei por alí pasou,
Todas as ovelliñas contou
agas unha que deixou
. Vaca loura vaite deitar diante da porta de Don Baltasar,
que alí te irán a buscar
 con pan e fermento, metido alí dentro”

“Dedín, dedín
de pequerrechín,
de fanfafarruco,
de rabo de cuco.
Cando o rei por alí pasou
todas as ovelliñas contou,
menos unha que deixou.
Vaquiña loura, vaite deitar
diante das portas do rei Baltasar.
Que alí te están esperando
con pan e fermento,
alí dentro”
Fóra cal fóra agardabamos cos ollos ben abertos ás cóxegas feitas no bandullo.
Tamén había cantigas para ensinarlle aos nenos que tiñamos diferentes partes no corpo como por exemplo os dediños das mans.

Os dedos da man
Este foi o monte
Este levou o carro
Este encontrou un ovo
Este fritiuno
E este mais gordo comeuno”.
Daquela o ratiño Pérez non iniciara a sua andaina por terras galegas, pero os dentes caían e había un pequeno ritual previo a lanzar o dente ao lume da cociña ou da lareira
“ dentín dentín pra que me saia outro Ben dereitín”

Os nenos medrarían e chegarían a homes  pero nese proceso entre que chegaban e non había retahílas que eran toda Unha declaración de intencións de ser “ homes de pelo en peito…, ou eso crían…
Teño un chaleco de merda
forrado de cagallós
pra rematar o chaleco
de peidos son os botós.

“ Una vieja se comió
Ciento y medio de sardinas
y toda la noche llevó
del culo sacando espinas”
Que llo digan ao que apostou que se comía cen sardiñas e lle faltaron tres para o feito histórico… porque algún veciño lle quitou tres das espiñas que demostraban tal récord Guinness…

“Una vieja y un viejo
durmieron juntos
y toda la noche estuvieron
rezándole a los difuntos”

“ Teño unha galiña a cloca
Que me veu do Perú
Se queres que poña un ovo
Mételle o dedo no cú”

“Teldereta , tetas gordas
Dices que ves ferrar a burra
E ves rascar a peluda
A cabo do ferrador”

Clásico o xogo de palabras que levaba ao engano de
“ no río de Fontardín cordóns collín cordóns collín no río de Fontardín, pero hai que dicilo rápido ben rápido a ver se vos sae…a ver que acabades dicindo ..

Despois de toda esta grosería mezclada con algo de retranca… sempre foi indicado para purificar, un pouco de oración por eso que con un Padrenuestro pequenín igual xa imos perdoados.
“Padre nuestro pequenin
 fun o ceo e volvin,
 encontrei a meu padrin
comendo pan con toucín
Pedinlle un bocadín
e deume co coitelo no fucín”
















domingo, 7 de julio de 2019

Parladoiro Voltando a vista atrás. María Martín Seijo

Onte 6 de xullo tivemos a fantástica ponencia de María Martín Seijo arqueòloga e investigadora especializada e arqueobotànica e Bioarqueoloxìa da USC.
María co seu ben facer, trasladounos á Idade de Ferro, vimos cómo os nosos antepasados xestionaban o medio para poñelo ao seu servizo pero sempre cun absoluto respeto: precisaban calor para os seus fogares, para tratar o ferro...  Debían promover e coidar especies de alto valor calórico. Se precisaban tellar as súas casas ... faríase no momento adecuado dacordo aos ciclos naturais... Se tiñan que  facer útiles... debían podar os arbustos adecuados para ter os varaias coas medidas apropiadas.. .
Unha charla amena e moi instructiva que nos dá unha visión de cómo era o medio que rodeaba o noso castro.
Ademais deixóunos unha idea moi clara, a necesidade de mirar atrás para entender múltiples por qués de hoxe en día, pero  tamén a necesidade de poñer a vista no futuro,  queremos unha sociedade na que só se prime a producción e que cada vez se alonxe  mais do noso medio natural e da protección do medio ambiente?
Un Parladoiro realmente enriquecedor.
Grazas e voltarás saber de nós...