Praza do Souto

Praza do Souto

miércoles, 20 de mayo de 2020

As patronais do 71 e a Primeira Carreira de Burros

Corre o ano 1971, un grupo de rapaces do pobo (algúns pertencentes ao Plantel da Estensión Agraria) estréanse como levadores das festas patronais de San Miguel. Compoñían esta comisión Jose María García Docobo, Faustino González Recalde, José Ramón Castrillón Rivas e Julián Díaz Branco.
As patronais neste ano celebraríanse o 29, 30 e 1 de outubro.
 E os xoves maiordomos farían grandes esforzos para recadar a cantidade precisa para facer as mellores festas.
Era tradición naquela época, ademáis de pedir cartos polas casas para celebrar a festa como se fai hoxe en día, ir recollendo patacas  casa por casa (no caso da festa do patrón so). Acostumaban recoller entre 1500 e 2000 kilos, cada familia aportaba o que boamente podía, uns daban un cestiño, outros un saco outros incluso dous. Posteriormente venderíanas a aquel que mellor prezo ofrecera, uns eran aos almacéns Cobo Rego, outros a Basanta, os Anucos ou Amador.
Este ano tamén ían facer unha rifa, e incluían unha nova idea, os sobres sorpresa!. E en que consistían estes sobres sorpresa?… pois eran uns pequenos sobres que repartían polos bares e que dentro posuían unha papeleta cun premio ou non…, unha consumición gratis, unha botella de viño (que a comisión aportaba ao bar)ou un sigue xogando... Estes sobres cobrábanos a cinco pesetas de forma que conseguían unha pequena aportación extra aos seus ingresos.
 As festas neste ano serían  amenizadas os días 29 e 30  pola orquestra Pontinos de Ourense e polos Key da Coruña o un de outubro cun baile estilo Venecia ás sete e media e cun fin de verbena posterior.
Tamén se celebraría un triangular de fútbol no cal se disputaría o I Trofeo Iberia  Radio Televisión.  Acreditado pola firma comercial do mesmo nome gracias ao apoio de Germán Rodríguez  Dorrego , propietario de Establecementos Rodríguez.
“Intervendrán en la disputa del mencionado galardón S.D Burela, el Ferreira C.F y el Iberia de San Miguel. El primer encuentro lo jugaba Ferreira y Burela a las cuatro y media de la tarde del próximo miércoles día 29 de los corrientes.
El vencedor se enfrentará en la final al Club Iberia local el día primero de octubre que en una finalísima que se presenta más que interesante, ventilaría la posesión definitiva de este bello trofeo Iberia”  así saía anunciado o día 26 de setembro na Comarca.




No programa deseñado por estes rapaces, sobresaía unha actividade fronte todas as demais un Gran Carrera de Burros cuns suculentos premios, 1000 pesetas para o primeiro en chegar, 500 ptas para o segundo e 300 para o terceiro.
O percorrido era dun kilómetro e medio. O pistoletazo de saída daríano ao lado da coñecida carnicería San Miguel,  irían ata a Ferrería onde  atravesarían a ponte da Ferrería,  subirían ata a Marela e baixarían pola Áspera.
Esta carreira creou gran espectación así foi que á hora de saída, había máis espectadores que corredores…
O día trinta, xoves, presentáronse un total de nove corredores, a gran maioría eran do pobo… salvo dous deles un de San Pedro e outro de  Reinante.

Na revista Xuntanza do Plantel da Extensión Agraria  un mes despois das festas, facíanse eco deste acontecemento, e baixo o pseudónimo Pico do Farro (descoñecemos o autor) fixo unha crónica con todo luxo de detalles.
había un de San Pedro e outro de Reinante, aínda que éste mais parecía un escarabello que un burro, de San Cosme non veu ningún, pero non é que non os haxa, pois haber hai abondos, o que parece ser é que non lles gusta traballar e así lles está relucindo o pelo. O que íbamos: os de  San Miguel eran de Cora, Pereda, o fillo de Jose María de Modesto, o fillo de César do Sabelo, o xenro do Mariquito, o Granado e o Carillo. De Reinante veu o fillo do Mulato e de San Pedro Benigno da Raposa”
Ao toque de saída ao lado da casa de Palalola, saíron os participantes sacando en seguida ventalla  ao outros  Benigno da Raposa.
Nos Martices acaeceu o primeiro contratempo.
nos Martices xa houbo un dos primeiros contratempos pois o burro do Granado sabía muy ben o camiño da casa e para alá foi, e como con tal maniobra non contaba o Antoño, resulta que quixo meterse o burro na corte como un relustro e deulle o Granado un bon golpe na cabeza contra o cargadeiro da porta”
Semellaba que a carreira estaba rematada para Antoño,  pero deso nada! Puido reconducir a situación e conseguiu atravesárselle a Cora na ponte da Ferrería facéndolle perder varios metros.
Na Marela puxeron un control xa que daquela había un camiño que atallaba para a
Aspera e alguén podía engañarse.
Pereda naquel momento quixo que o burro correra algo máis e deulle no traseiro. Tan pronto fixo isto o burro parou de repente e tirouno nunha poceira..
O caso foi que Benigno do Raposo ganou con clara ventalla sobre do segundo que foi Cora no que todos os veciños e veciñas tiñan a esperanza de que ganara… e de terceiro chegou malia o seu contratempo o Granado!!!

Trala carreira procedeuse á entrega de premios por parte das dúas mozas. Estas  repartíronlles a todos o seu  premio nun sobre pechado, sobre que Benigno abriu alí mesmo para asegurarse de que ía depositada toda a súa cantidade.
Na crónica de Xuntanza tamén fan referencia a esta entrega de premios…

Houbo fotos e todo pos vencedores. Eu xas vin ó día siguiente, eh ¡Hai mi madriña que cara de fame lles saliu os tes! Os burros saliron mellor, pero ¡eles! Un noxo…
E xa que cai en conto ¿cal foi o motivo para que dúas rapazas guapas por certo, as encasillaran en primeiro plano nas fotos mezcladas  cos burros ganadores? Eu non quixera pensar mal pero… ¡asi me den cun canto nos fuciños si lle vexo a punta! E s o detalle foi cousa do fotgografo, nese momento taba ben tratando de abrir un burato para os da auga coa máquina de retratatar e no nalí.
Miñas nenas, para outra vez que retrate sua tía, non deixedes máis que vos “empadronen” ne sitos donde tan pouco lucides. Para honrar a foto chegaba ben cos que montaron nos burros, eses sí estaban donte tiñan que estar ¿ou qué querían?.
Disimulade si falei demais. Dos esquencidos xa me acordarei xa. Pico de Farro”
Neste fin de crónica vese un claro guiño ás mozas animándoas a desencasillarse do papel que naqueles tempos de asignaba ás mulleres da época como mero plano decorativo nas súas aparicións públicas.
Fora como fora esta primeira  carreira foi todo un éxito.

O ano seguinte o programa presentado foi ben semellante ao do ano 71, as festas celebráronse o mesmos días pero foron amenizadas por TREBOL, BLUS 69 e os CORAZÓNES JÓVENES , disputaríase o II Trofeo Iberia –Radio y TV e volvería a Carreira de Burros, mais… non tivemos a sorte de atopar un cronista ao ano seguinte…