Praza do Souto

Praza do Souto

viernes, 11 de enero de 2019

As Visitas Pastorais dos séculos XVII e XVIII un reflexo da vida

O pasado oito de decembro, visitou a nosa parroquia monseñor Luis Ángel de las Heras Berzal, obispo da diócese Mondoñedo -Ferrol.
De seguro esta visita quedará na retina de moitos feligreses, como quedaron gravadas moitas das visitas pastorais feitas ao longo dos séculos.
Antigamente, estas visitas eran de vital importancia, nun mundo no que a vida xiraba íntimamente ligada á relixión . Era fundamental asistir a aquelas visitas pastorais, e máis importante, aparecer nas fotografías tomadas que servían para recontar quenes asistiran, eso cando apareceron os primeiros fotógrafos claro.
Estas visitas quedaban rexistradas nos libros de fábrica parroquiais. Libros nos que se anotaban as reformas feitas nas ermidas, igrexas…, os custes, as aportacións económicas dos feligreses… e claro, as visitas realizadas polo señor obispo, que na forma de mandatos, deixaba recollidas :reformas que se debían acometer na parroquia, así como deben asistir os feligreses á igrexa…
Cando comezamos nesta andaina, acudimos principalmente aos libros de fábrica para  recoller datos das capelas do Santo Estevo e do Carme, xa que era a única maneira de saber da súa historia, daí que principalmente teñamos recollidos mandatos sobre esas dúas capelas, aínda así algún que outro chamou a nosa atención polo curioso.
O primeiro que enunciarirei data do ano 1690 sendo párroco don Gregorio Fernández Vidal e o obispo Miguel Quijada.
   Neste mandato en concreto o señor obispo do momento trala súa visita, manda facer obras no templo parroquial, que posiblemente sexan as obras que lle deron a forma e o tamaño que a igrexa tivo ata comezos do 1920 (aproximadamente) que é cando calculamos que comezou a construción do torreón de cantería que suxeita o campanario diante da porta principal.
Aspecto da igrexa parroquial antes da construcción do campanario


Construción do campanario
Consideraba o bispo que o templo non lucía acorde ás riquezas dos veciños, e ínstaos a executar obras de reforma pagando a escote según as súas posibilidades económicas, o rico como rico e o pobre como pobre baixo ameza de excomunión.
As obras consistirían en elevar a capela maior xa que está máis baixa que o resto da igrexa, blanquear as paredes.

"Otrosí por cuanto habiendo estado personalmente Su Ilustrisima en la parroquia de dicha feligresía de San Miguel de Reinante y visto ocularmente que la Capilla Mayor de dicha iglesia estaba muy indecente así de Retablo, imágenes, como las paredes, altura y edificación de ella, por ser mas baja dicha Capilla Mayor que el cuerpo de la iglesia, haciendo por esta razón grande disonancia y fealdad para estar colocado el Santísimo Sacramento en ella con la veneración y culto posible, por lo menos, a los caudales de los vecinos de dicha feligresía. Por tanto mandaba y mandó Su Ilustrisima que dichos vecinos a su costa, por no tener caudal la Fábrica, levanten la dicha capilla y la pongan igual y de la misma altura que tiene el cuerpo de dicha iglesia, blanqueando sus paredes de suerte que estén limpias y con la decencia debida; y para executar esta obra por el menos coste que se pudiere, mandaba y mandó Su Ilustrisima que el dicho Don Gregorio Fernández Vidal, cura de dicha parroquia, con intervención de dicha feligresía llamen maestros y pongan cábalas, para que se remate en el que por menos coste se obligare a hacer la dicha obra, y para su satisfaccíón y coste, el dicho cura con asistencia de tres o cuatro personas, en la manera que se acostumbra, haga repartimiento de la cantidad en la que se ajustare la dicha obra entre los dichos feligreses y vecinos de la dicha feligresía, repartiendo al rico como rico y al pobre como pobre lo que le correspondiese de manera que no se haga agravio, y después de hecho el dicho repartimiento cada uno pagará lo que le fuere repartido dentro de dos meses, para que dentro de seis meses, que se contarán desde la publicación de este auto mio y dicho término, esté fenecida, hecha y ejecutada dicha obra y cada uno de los feligreses, por lo que les toca, cumpla lo aquí mandado dentro de término señalado hecho dicho repartimiento, so pena de excomunión mayor latae sententiae con apercibimiento, y siendo omisos en su cumplimiento pasado dicho término, el dicho cura avisará de los que fueran omisos, para que contra ellos se despache ministro que les compela a la paga."
 …
Nunha visita posterior, o obispo rectifica e no canto de que paguen está obra na súa totalidade os feligresía, ordea se retiren os cartos de dúas confrarías para sufragar os gastos, a razón desa decisión queda para a nosa imaxinación…

No mandato número 13 o bispo advírte de que na diócese e concretamente na nosa parroquia había xente que practicaba a adivinación para atopar cousas roubadas ou perdidas a través de formas sobrehumanas…

… se halla informado que reinan en esta Diocesis algunas adivinaciones para descubrir las cosas perdidas o hurtadas queriendo saber lo que por fuerzas o diligencias humanas no se puede alcanzar, en que precisamente ha de intervenir pacto explícito o implícito con el demonio como también en las vanas observaciones bastantemente usuales y que se practican para procurar la salud de hombres, mujeres, niños, animales con remedios impropios, de palabras supersticiosas que no tienen natural virtud para sanar las dolencias a que se aplican, y asimismo que en algunas partes prevalece la superstición mágica con que varias mujeres dejadas de la mano de Dios se valen del demonio para ofender y hacer daño a nacionales, brutos y sembrados. Por tanto manda Su Ilustrísima, en virtud de esta obediencia, (?) pena de excomunión mayor latae sententiae, al cura y otras cualesquiera personas que tuvieren noticia de estos torpes, feísimos y abominables abusos, procuren corregirlos y no siéndoles posible ni enmendándose los delincuentes darán cuenta a Su Ilustrísima para que apliquen los medios mas convenientes y eficaces para su corrección y enmienda…
Tamén sorprende neste mandato a costume de entrar naqueles momentos á igrexa con 0espuelas entre outras …

Que ninguna persona entre en la iglesia con espuelas, pelo atado ni escopeta pena de un real para la primera vez y a la segunda dos para la fábrica y . . .(?) de mayor castigo.

Ademáis o bispo dalle poder ao párroco a que obrigue aos testamentarios herdeiros de calquer difunto a que para dispor do seu funeral dende que morre o familiar deben entregar o testamento ou memoria do defunto para non “demorar” os desexos do testamentario, que implicaría a celebración dunha serie de misas na súa memoria e fagan as doazóns á igrexa estipuladas no testamento.
“Que el cura obligue a los testamentarios o herederos de cualquier difunto a que para disponer su funeral, luego que expire el paciente le entreguen el testamento o memoria con que murió, para que por su flojedad o desidia no se retrasen los sufragios y de la omisión y repugnancia que en esto tuvieren los referidos herederos o testamentarios,


No ano 1703 temos unha nova visita pastoral na que entre varios mandatos destacaría tres deles polo curiosos que resultan. .
O primeiro deles é unha denuncia que fai o bispo de algunos pais que deitan aos nenos de curta idade con eles na cama ocurrindo certas fatalidades e prohíbe que se fagan estas prácticas ata que os nenos cumpran polo menos catro anos –ameaza con pena de excomunión e multa de douscentos maravedíes, e  sobre todo, que despois de pasados os 7 anos tampouco os deiten con eles. Non fala nada desta idade en diante.
nenos na catequese a comezos do século pasado

Tamén fai referencia á necesidade de facer un muro alto para evitar que o gando entre tanto na igrexa como no adro poñéndo unha cancela, este muro sería costeado e feito polos propios feligreses.
Neste ano fai referencia ao mal estado da capela do Santo Estevo indicando que se debe poñer unha porta con chave

Nun mandato datado do 1743,Don Gabriel Pérez Liciana prohibe aos párrocos da diócese contratar criadas menores de 40 anos. Imaxino que sería considerado indecente.

 Sendo obispo don Alejandro Sarmiento de Sotomayor no ano 1751,envía ao pobo como visitante  ao Capelán don Manuel González Traveso o cal, trala súa visita entre varios mandatos:ordea que non se debe dar misa na capela do Santo Estevo baixo multa ao párroco que celebre o oficio dado o estado indecente desta capela, na que non se celebrará o oficio ata que se poña cerradura á porta e se repoña todo o necesario para celebrar os oficios relixiosos.
capela do Santo Estevo co seu negrillo
Así mesmo ordea repoñer o caliz da capela da Nosa Señora do Carme antes de seis meses ,recebar as paredes da igrexa parroquial en catro meses.
Fai referencia á Escola da Obra Pía enunciando varias reformas que se deben facer de inmediato na escola como, levantar a chimenea, cambiar a pechadura, poñer dous encerados e vidrieiras nas contraventás antes de seis meses.

Dous anos despois, o 10 de agosto de 1753 visita a parroquia Don Carlos Riomol y Quiroga sendo párroco don León da Fraga. O primeiro que advirte o señor obispo é que non se executaron ningunha das obras indicadas e ordea se realicen inmediatamente, de non realizarse estas obras manda tumbar a capela do Carme dado o seu estado indecente levando as imaxes á igrexa parroquial. Do mesmo xeito indicaque se cumplan os mandatos feitos anteriormente sobre a capela do Santo Estevo que está moi indecente e sen chave na porta Pide aos feligreses que cubran o altar de teito e que  doten a capela do necesario para celebrar o sacrificio, e que se non cumplen o mandato que a manden tumbar en seis meses..
Prohibe ademáis  dar misa nas capelas antes que se celebre a misa da igrexa parroquial, posto que os feligreses non asisten á misa da parroquia asistindo aos oficios celebrados nas capelas.

O bispo nesta ocasión tamén visitou a Escola da Obra Pía e atopou que na sala onde debían impartirse as clases, estaba chea de camas e otras cousas que non correspondían a aquel lugar se non ao cuarto. E ordea ao párroco que saque todo aquelo da sala e que a dote de bancos para escoitar.

 Os mandatos respecto ás capelas do Carme e o Santo Estevo repítense ao longo do tempo 1755, 1758, 1763 ata que por fin se ve reformada a capela do Santo Estevo. A capela do Carme como podedes intuír,  caeu no esquecemento e foi destruída.As súas imaxes foron á igrexa parroquial, aìnda non podemos determinar o ano exacto no que ocorreu posto que nos arquivos parroquiais non está rexistrado, polo menos antes do 1810.

Hai moitos máis mandatos, claro q sí! Pero non desexo ser moi extensa no meu artigo e a parte mandatos recentes non resultan tan curiosos.

Agradecemento especial ao Arquivo de Mondoñedo que tanta axuda nos está prestando.