Comezamos o día cun roteiro polos principais pazos do pobo.
Xa pola tarde a pista recuperou a súa función como punto de encontro, entre todos montamos a nosa exposición de fotos Retais de Historia.
Á par, os nenos e nenas do pobo encheron de alegría coas súas risas a pista. Xogos como a goma, a pedriquiña, a corda e o birilé fixéronlles afastarse desas maquiniñas, tablets e televisores pasando unha tarde agradable na que os adultos tamén voltaron á súa infancia participando nos distintos xogos
E tralo exercicio un chocolate e un pouco de música. O baile do farolillo puxo fin a este día de encontro, para o ano máis e mellor
No hay comentarios:
Publicar un comentario