TOPONIMIA
DO POBO PARTE 1
OS
BARRIOS
A
parroquia de San Miguel de Reinante está situada na mariña, zona e vertente
máis setentrional da provincia de Lugo. Forma parte do concello de Barreiros
sendo centro da faixa costeira entre a ría de Ribadeo e a de Foz.
No ano
1749 Fernando VI dictou un R.D. polo cal se redactaría un catastro orientado a
permitir un sitema tributario máis sinxelo, equitativo, fiable e moderno fi o chamado Catastro do Marqués da Ensenada. Para levar a cabo este catastro empregaron entre varios
instrumentos un interrogatorio de 40 preguntas que os funcionarios Reais
fixeron no territorio a catastrar.
Na terceira cuestión preguntaban cales eran os límites do pobo naquel 1749 os cales
transcribirei literalmente.
“A
la tercera dijeron que dicha feligresía tendrá la distancia de Levante a
Poniente de un cuarto de legua y de norte a sur tres cuartos de legua y de
circunferencia cerca de dos leguas que para caminarlas a paso regular se
necesitan tres horas por ser parte costanera; linda por levante con la
feligresía de Santiago de Reinante, por poniente con la San Pedro de
Benquerencia, por el norte con la mar y por el sur con la de San Pedro de
Arante, principiando el término en el desembocadero del arroyo que baja de Marzán
a la Area Longa por la que sigue y orillas de la mar, Cabo de Preguntoiro,
porto da Pasada, Recanto y porto de Lóngara, y subiendo por un arroyo que allí
desemboca y fluye a la mar, confinando con la feligresía citada de San Pedro de
Benquerencia, atraviesa el lugar de Sargendez quedando parte de él en dicha
feligresía de Benquerencia y parte en esta, desde el que atravesando la Vega de
Sistelo viene a dar a la Cruz de Fernandares
que se haya en el Camino Real que va para la Villa de Ribadeo, desde la
que atraviesa la Vega que nombran de Fernandares, la de Lamelas y sube al sitio do Encanto y Seixo Blanco en
donde acaba de confinar con dicha feligresía de San Pedro de Benquerencia principiando a hacerlo con la de San Julián
de Cabarcos desde cuyo sitio baja por el monte al que dicen Pozo Negro y de
allí al que nombran Cargadoiro de Tapía en donde acaba de confinar con dicha
feligresía de San Julián de Cabarcos, principiando a hacerlo con la referida de
San Pedro de Arante, desde cuyo sitio sube por el arrio (?) al sitio de
Candaosa y de este a un montón de piedras que llaman monpilleiza (?) y de allí
al Marco de Comado que divide esta feligresía, la de Arante, Santa Eulalia de
la Devesa y Santiago de Reinante, desde el que vuelve hacia Poniente al sitio
de Castelo confinando con dicha feligresía de Santiago de Reinante y desde
Castelo a la Fuente Alta y bajando por el arroyo que de ésta se origina pasa
por el sitio de Marzán donde toma nombre dicho arroyo y bajando por el hasta su
desembocadero e incorporación con la mar primera demarcación.
¨San Miguel de Vilachá¨
Como ben sabemos todos quen máis quen
menos San Miguel de Reinante non sempre foi de Reinante se non que na idade
media respondía ao nome de San Miguel de Villa Plaine.
San
Miguel de Villa Plana, e o nome máis antigo que se le nos documentos medievais.
Derívase directamente do adxetivo latino “planus”> llano, mentras que San
Miguel de Vilachá ou de Vilacháa, que aparece en documentos privados de
partixas dalgunhas casas patrociais, como a do Curioso de Sarxende, e un nome
máis recente por ser versión o galego do anterior latino.
Existen una serie de 30 documentos, dous calendarios e
tres escrituras que fan referencia a Vilachá nos arquivos da Catedral.
No documento número 75
do Tumbo de Lourenzá datado o do 18 de abril do 1151, fálase de Vilachá.
Neste documento García Vermúdez doa ao Mosteiro de
Lourenzá e ao seu abade, as heredades que posuía en Villa Plana, Santo Estevo e
San Pedro a cambio de darlle dúas vacas, un poldro, tres medios de pan, tres de
trigo e un vestido ao ano ademáis de ser acollido no mosteiro cando se presente
alí.
Así mesmo é tamén no Tumbo de Lourenzá no documento
número 64 datado o 24 de novembro do 1266 onde aparece de novo o topónimo Vilacha.
Neste
documento, María e Dominga González venden ao Mosteiro de Lourenzá parte da súa heredade situadas en Vilachá por
24 soldos.
Será no
1605 cando comece a falarse de San Miguel de Reinante e da
Administración de Reinante deixando de empregarse a denominación San
Miguel de Vilachá ou Villaplana.
O motivo deste cambio descoñecese poida que fora un
cambio a nivel administrativo, pero non podo evitar facer referencia neste
artigo á lenda de Vilachá.
En
Galicia repítese frecuentemente a lenda de pobos asolagados. Aquí ocurriu o que
en tantos sitios non sen unha certa lóxica
Conta
a lenda que alá polo 1600 o pobo se San Miguel de Vilachá se asentaba ao lado
dun pequeno regato (o río de San Miguel ou do Forcón) nos lugares que reciben o
nome de Vilachá e Figueirido.
Nunha
noite de inverno choveu moito e isto coincidiu cunha subida da marea moi grande
e o desbordamento do rio asolagou todo o pobo quedando tan só en pe a casa máis alonxada do
pobo, o Pazo de Pumarín.
Pese
a ser lenda (porque non podemos afirmar tal sospeita) pode ter algo de razón,
xa que houbo varias enchentas ao longo dos anos e sabemos da forza das augas.
En
contra punto… como podería estar situado o pobo no lugar que indican sen ningún
tipo de defensa ante os ataques tan habituales na idade media?
A dúbida aí queda…
San
Miguel de Reinante e os seus barrios
O termo
barrio é en parte moderno xa que polo 1820 aínda se acostumaba a empregar o
termo Quinta existindo por aquel
entonces a Quinta de Salgende, Quinta dos Campos, Quinta de Pumarín, Quinta de
Nogueiredo, Quinta da Áspera, Quinta do Rueiro, Quinta do Souto... así queda
reflectido no libro de defuncións parroquiais que van do 1815 ao 1830.
A Quinta nun inicio referíase a unha casa con
alpendres para gando e animais varios, palleira, hórreo, horta etc. E xeralmente estaba delimitada por algún
tipo de cerrado. As familias daquela eran moi numerosas, e ás veces había
varios matrimonios da propia casa, e si os fillos se ian, podían vivir cos
propietarios as familias de criados, pero non na "casa grande" se non
que moraban noutras casas máis pequenas e anexas.
Se a casa era grande e con labradío dabondo formarían un
barrio, pois os patróns repartían parcelas entre os fillos para partir a
herencia. Os fillos despois se non lles interesaban vendían a outros que non eran da familia e
facían casa. Así naceron os barrios.
Na
actualidade San Miguel componse de 20 barrios pero non sempre foi así, a medida
que se foron habitando outras zonas foi medrando o número deles.
Cada un destes barrios ten un nome
cunha procedencia moi diversa uns debidos a traballos realizados alí, outros a
elementos naturais e outros debidos ao nome dalguén que alí morou…que nos poden
dar unha idea de cómo era aquel San Miguel antigo, aquel que ningún de nós
coñeceu… apetecevos viaxar polo San Miguel antigo?
Se me permitides irei falando deles en
función do que pode ser de maior antigüidade a menor.
PUMARRUBIN E
PUMARÍN,
poideron ser o mesmo nunha orixe pero a medida que os anos foron avanzando chegaron
a denominar dúas zonas diferentes. Sexa como sexa son sen dúbida algunha, xunto
con Salxende, os barrios máis antigos.
PUMARRUBÍN direi que o topónimo Pumarrubín
é único en Galiza segundo o nomenclátor da Xunta.
Diremos que é un composto de dous termos latinos PUMAR e RUBÍN
que pode facer referencia a algún antigo posuidor “o pumar de Rubius” (Schulze
documentou o nome latino Rubbius, xenitivo Rubbini), ou “o pumar de Rubinus,
Rufinus ou Rubinius”
No Tumbo de Lourenzá aparece citado varias veces o topónimo Pumarrubín:
-Nos folios 51r e 52 r datados no 1078 aparece en tres ocasións e escrito de tres formas distintas:
(…) PUMAR RUIINUM ET VILLA PLANA. (Christus). domnis inuictissimis ac triumphatoribus, gloriosis (…)
(…) et Masma, discurrente ad ecclesia sancti Michaelis, villa que uocitant Pumar Ruiino quam habemus de mater mea, et cum illa damus (…)
(…) habemus de mater mea, et cum illa damus hic in Pumar Ruuinum hereditate quam ganauimus cum Munnio Menendiz, de Vita Sindiniz,(…)
No Tumbo de Lourenzá aparece citado varias veces o topónimo Pumarrubín:
-Nos folios 51r e 52 r datados no 1078 aparece en tres ocasións e escrito de tres formas distintas:
(…) PUMAR RUIINUM ET VILLA PLANA. (Christus). domnis inuictissimis ac triumphatoribus, gloriosis (…)
(…) et Masma, discurrente ad ecclesia sancti Michaelis, villa que uocitant Pumar Ruiino quam habemus de mater mea, et cum illa damus (…)
(…) habemus de mater mea, et cum illa damus hic in Pumar Ruuinum hereditate quam ganauimus cum Munnio Menendiz, de Vita Sindiniz,(…)
-Nun documento de 1126 aparece perfectamente localizado:
(…) Pumar Ruiino inter aquam Euue et Masme.
-E o mesmo ocorre noutro de 1132
(…) discurrente ad ecclesia sancti Michaelis de Uilla Plana qui uocitant Pumar Ruuino, (…)
- Nos folios 118r e 123v, datados entre 1150 e 1266 en referencia a unhas rendas:
…criançia per medium et V armitios et XIIen roxelos. in Pumar Ruuino IIos boues et uno almalo et medium de una vaca …
… de serucialia. et II tercias et medium da seara. de Pumar Ruuino VI tercias et medium. in Soctelo uno boue et …
PUMARÍN é un diminutivo de
Pumar/Pomar no galego da zona oriental.
prado pequeno plantado de maceiras, é un diminutivo de
Pumar/Pomar término latino que se entende tanto como maceiro, como lugar
prantado de maceiros ou de árbores frutais Correspóndese co Pumariño das outras
zonas de Galicia. Aparece citado catro veces no nomenclátor da Xunta (unha en
Barreiros, dúas en Becerreá e unha en Castroverde) sen embargo sabemos que é
moito máis abundante sobre todo referido a núcleos pequenos de poboación. No
tombo de Lourenzá aparece dúas veces o topónimo Pumarinno pero non está claro
que se refira ao de San Miguel e incluso pode referirse a Pumarrubín.
SALXENDREZ
O Topónimo de Sarxende Sarxéndez ou Salxende/Salxéndez
é extremadamente atractivo pola súa orixinalidade sendo único na toponimia de
Galicia.
No nomenclátor da Xunta de Galicia só aparecen
recollidos dous lugares con este nome, un na parroquia de San Miguel de Reinante e outro na de San Pedro de Benquerencia
(evidentemente é o mesmo Sarxende que todos coñecemos só que unha parte
pertence a San Miguel e outra a San Pedro).
Segundo o profesor Nicandro Ares Vázquez, Salxéndez tería a súa orixe nunha suposta Villa Gelsindi/Gelsendi/Gelsende que á súa vez proviría do nome da súa propietaria, Galsuenda (nome de orixe xérmanica), feito que tamén o fai moi raro polos escasos exemplos de topónimos procedentes de nomes femininos.
Segundo o profesor Nicandro Ares Vázquez, Salxéndez tería a súa orixe nunha suposta Villa Gelsindi/Gelsendi/Gelsende que á súa vez proviría do nome da súa propietaria, Galsuenda (nome de orixe xérmanica), feito que tamén o fai moi raro polos escasos exemplos de topónimos procedentes de nomes femininos.
O proceso lingüístico que nos levaría de Gelsende a Salxéndez
non parece difícil de explicar: en primeiro lugar produciríase unha metátase ou
conversión de Gelsende en Selgende e de aquí pasaría a Salxéndez, que ten
trazas de ser un patronímico como Fernández ou López… A conversión de
Salxende/Salxéndez en Sarxende/Sarxéndez parece deberse a un rotacismo
semellante ao que converteu Alanti en Arante, Tabulata en Trabada ou Salgadelos
en Sargadelos.
Este topónimo aparece moitas veces citado na documentación medieval.
Este topónimo aparece moitas veces citado na documentación medieval.
No Tumbo de Lourenzá atopamos varias citas referidas ao século
XII:
• No documento 13 (sen data) fálase dunha “muller de Todomiro de Gelsindi”
• No documento 67 (datado entre 1076 e 1113) un tal Vermundo Vermúdez fai doación ao mosteiro e ao abade da súa heredade “… in villa de Gelsendi…”
• No número 70 (29 de maio de 1143) que leva o título “DE GELSENDE”, García Núñez xunto cos seus irmáns venden un oitavo dunha vila que estaba “… subtus alpe Comado, inter Euue e Masme, prope rio Lentin discurrente in aula Sancti Petri, in loco predicto Gelsende”
Así pois, aínda que a comisión de toponimia da Xunta optou por Sarxende, calquera das outras variantes poderían ser válidas.Polo tanto, na escrita deberiamos utilizar o normativo Sarxende pero na fala son perfectamente admisibles Salxende, Xalxende, Sarxéndez ou Xarxéndez; desde logo non Sargéndez que é unha deturpación castelanizante como tantas outras que se produciron neste país.
• No documento 13 (sen data) fálase dunha “muller de Todomiro de Gelsindi”
• No documento 67 (datado entre 1076 e 1113) un tal Vermundo Vermúdez fai doación ao mosteiro e ao abade da súa heredade “… in villa de Gelsendi…”
• No número 70 (29 de maio de 1143) que leva o título “DE GELSENDE”, García Núñez xunto cos seus irmáns venden un oitavo dunha vila que estaba “… subtus alpe Comado, inter Euue e Masme, prope rio Lentin discurrente in aula Sancti Petri, in loco predicto Gelsende”
Así pois, aínda que a comisión de toponimia da Xunta optou por Sarxende, calquera das outras variantes poderían ser válidas.Polo tanto, na escrita deberiamos utilizar o normativo Sarxende pero na fala son perfectamente admisibles Salxende, Xalxende, Sarxéndez ou Xarxéndez; desde logo non Sargéndez que é unha deturpación castelanizante como tantas outras que se produciron neste país.
CASALDEITE,
Do latín “casalis”. Denomínase CASAL un “pequeno grupo de casas nunha
aldea” ou “un conxunto de casas no campo que non chegan a formar un pobo”
(DEGC). En tempos dos suevos, aparece como topónimo sustituíndo a “vila”
(E.Rivas, 1982)
Este casal, situado en pleno Camiño
Real aínda conserva parte dos seus muros e sospeitase que parte da Valga
pertenceu tamén a este casal.
A
primeira referencia que aparece deste barrio é do 1668 ano no que hai
unha disputa entre os párrocos de San Miguel
e de San Pedro, ambos querían disfrutar das rendas do Casal de Ite chamaron a declarar a tres
veciños de San Miguel e tres de San Pedro, tentaron aquí demarcar os límites de San Miguel e de
San Pedro tan só foron cinco veciños e pouco se sacou en claro.
Puxeron catro marcos dende
a Cruz de Fernán Ares, tres marcos en liña recta ata o muro de Gregorio do
Outeiro chegando á figueira de María Rodríguez
Outra das referencias que
temos data do Ano 1732 e
pertence ao Arquivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as
pertenzas do convento de Vilanova no pobo se San Miguel de Reinante.
Neste documento faise unha referencia a unha serie
de bens que levou Andrés Alonso (Ferreiro do pobo naqueles intres) por orde de
Don Pedro Parto Taboada e que no momento referido leva o xenro deste Francisco
Rodríguez.
Partida
24 (del Memorial)
Item en dicha feligresía de
San Miguel la casaria y lugar que se llama do torneiro la cual es el Lugar
de Casal de Yte con los bienes a él anejos según que de orden de Don
Pedro Pardo Taboada los llevó Andrés Alonso herrero vecino de San Miguel
y despues en su nombre Francisco Rodríguez su yerno ambos moradores en
el dicho lugar de Casal de Yte que primeramente compone de su casa y corral, parral de viña, aira y huerta
entradas y salidas con una pieza de cortiña por detrás y alrededor de dicha
casa que llevará en sembradura media fanega de pan poco mas o menos todo ello
junto y pegado uno con otro cerrado y circundado de sobresí, testa por la parte
del mediodia con el Camino Real que viene de Ribadeo para el Puente de la
Espiñeira y por la parte del nordés en otro camino que va por delante de dicha
casa para Salgende y por
las otras partes al norte y vendaval testa en el lugar y hacienda que quedó de Juan
de Forján y ahora lleva Antonio de Forján; poseen y habitan dicho
lugar la viuda, hijos y herederos de Miguel da Balsa de orden de Don Pedro
Pardo Taboada del cual ahora pagan la renta a dicho Don Sancho Menéndez
=
Nenas en Casaldeite dirixíndose á escola |
Nota
complementaria:
Na actualidade no
barrio de Casaldeite aínda hoxe hai unha casa que sempre se chamou a casa de
Balsa, e que pertenceu en tempos inmemoriais aos chamados Balsas. Os últimos
herdeiros dos que se ten coñecemento vivían en Madríd e perderon todo contacto
co pobo tras vender as propiedades que lles quedaban. Tiñan gran cantidade de
propiedades en Casaldeite así coma no que hoxe coñecemos como As Valgas, onde
varias das construcción foron promovidas
por esta familia.
O CURRO, termo de raíz prelatina “cercado de forma circular”.
Servía para ter árbores e pasto para o gando. Segundo o DEGC, CURRO é un
“corral pequeno destinado a mesteres da labranza”. Neste caso comparte
semántica con “curro”. Segundo a Real Academia galega curro ten as seguintes
acepcións:curral de pequenas
dimensións.
Cerca de madeira ou de pedra onde se
concentra o gando ceibo do monte, especialmente cabalarías e vacas..
Festa que se celebra con motivo de acurrar ou
baixar o gando do monte a estas cercas.
A primeira referencia que temos deste
lugar data
do 4 de marzo de 1675 a raíz dunha venta
que fixo Don Salvador Menéndez de Navia y Villamil, (propietario e máis que
probable promotor do Pazo de Outeiro.
Tras unha
referencia dos bens que vende no punto
número sete aparece o nome deste barrio facendo referencia a un muíño.
“ Con
mas el directo dominio y propiedades del molino do Curro sito en San Miguel
de Reinante, que lo vendió Juan Domínguez de Fondós, vecino de Santiago
de Foz a Don Juan Pardo Taboada y a Doña Isabel su mujer por escrituras de
venta, la una pasó por tesimonio de Pedro Valea de Montouto, su fecha en 16 de
diciembre de 1618 y la otra por ante Domingo Rodríguez Bermúdez en 30 de mayo
de 1620 con la pensión de una misa perpetua que se debe en la Iglesia de dicha
feligresía de San Miguel y por que se paga de limosna en cada año al cura de
ella cinco reales y medio el cual dicho molino llevan en foro perpetuo Domingo
López Alvelo y Isabel Fernández su hermana, mujer de Juan Dorrego, vecinos
de San Miguel y pagan el canon y pensión en cada una doce ferrados de trigo y
un carnero de dos años”
Familia traballando no Curro |
OUTEIRO “altarium”
do latín “altus”. según o diccionario da
Real Academia galega, outeiro fai referencia a unha pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión.
As primeiras referencias documentais que
temos deste barrio son do ano
1732 e atopámolas
nun documento do Archivo Histórico Nacional sobre os libros que reflicten as
pertenzas do convento de Vilanova no pobo se San Miguel de Reinante.
Neste documento faise unha referencia a unha serie de bens que levou
Andrés Alonso (Ferreiro do pobo naqueles intres) por orde de Don Pedro Pardo
Taboada (propietario do Pazo de Pumarín naqueles intres) e que no momento referido leva o xenro deste
Francisco Rodríguez.
“ Item pertenece también a este dicho
Monasterio aneja a dicho lugar y casaria de Casal de Yte otra pieza de heredad sita dentro de una veiga que
llaman de Pumar Rubino según que
lleva de sembradura un zelemín de pan poco mas o menos y se halla circundada de
sobresí con muro y silveira todo alrededor testa por la parte del norte en el
prado que fué de Juan y María García
el cual ahora lleva don Sancho Menéndez
y por el lado del poniente testa en la cortiña del Lugar do Outeiro el cual es
en donde tiene su Casa Grande Don Sancho y por la cabecera a la parte del
mediodía testa con hacienda que fué de Antonio González y hoy lleva Joseph do
Souto y por el lado del nordés va o largo con heredad de Joseph Moreda,
posee toda la partida dicho Domingo
Lozano por la referida Romana
Rodríguez su mujer como consortes
de los dichos herederos de Miguel da
Balsa y todos en virtud del orden que han tenido y tienen de Don Pedro Pardo y sus herederos Andrés Alonso herrero por el cual
pagaban y pagan al presente catorce ferrados de trigo de renta y canon a dicho Don Sancho Menéndez =
Este documento
demostra que xa a comenzos do 1732, o Pazo de Outeiro pertencía a Sancho
Menéndez Navia Villamil.
OS CAMPOS dise de unha “extensión
considerable de terreos chaos e descubertos que se aproveitan para labradío ou
para pasto”. E un barrio que se atopa pola entrada do levante de San Miguel de
Reinante estando situado en pleno Camiño Real o que máis que probable lle deu
nome.
Nota: O camiño real por San Miguel, pasaba polas Pasadas,
cruzaba pola Áspera por riba da actual carretera xeral para ir desembocar ao
Souto á casa de Presenta, atravesaba ata casaldeite pasando por detrás do cuplé
ata a serra continuando polo camino que vai ao Canteiro.
Nun mapa do 1748, que fai referencia a un preito entre Carlos e Gaspar Acevedo Pardo
Taboada (donos da casa do Pazo) podemos observar que esta zona se denominaba
antigamente Campos de Pousada. Non sabemos con exactitude, se Pousada fai referencia a unha persoa ou a un lugar de
Pousada.
Poidera ser moi probable que fixera referencia a unha pousada dunha xa
que está certificado que a casa do Camín
situada neste barrio chegou a ser chamado o Parador do Camín, previamente
coñecido por Casa Andrade xa que foi seu primeiro dono Tomás Andrade. Esta
fonda, daba de comer e dormir mais non tiña cabalerizas,
Podemos engadir a modo anecdótico un recordo
que nos transmitiu unha veciña, un vello
conto que escoitou na casa en referencia a este :
Un home que pasar a noite no Parador do Camín,
díxolle ao dono Tomás antes de partir “Longaniza, morganiza, pié de porco y su
cachiza, el cantor y su mujer, todos van a mi fardel, descalzan zapatos viejos
y calzar zapatos nuevos, eso es deber algo señor amo?
Don Tomás que non entendera nada, por non facer o
feo dixo – No hombre no…
Pero ao día seguinte botou en falta o xamón, a
cabeza de porco, chourizos e deixou os zapatos vellos levando os novos de Tomás
Neno camiño do mar ao fondo Os Campos de Pousada |
Información aportada por Emilio Piñeiroa Lozano dos
seus estudos sobre o Camiño Real en Barreiros.
AS PASADAS, pode facer referencia a un lugar
de paso xa que este barrio é atravesado polo Camiño Real, inmediatamente despois dos Campos
de Pousada. O plural de “a pasada” do verbo “pasar”, do latín “passare” que
indica “paso, sitio por donde se pasa”.
ASPERA:Topónimo que significa
“lugar áspero ou escarpado” (según Moralejo Laso 1977); e segundo E.Rodriguez
DEGC, áspera “dise dun terreo desigual, fragoso e dificil de transitar por él”.
Aspera ou Aspara, como lle dín algúns dos propios veciños, según E.Rivas (1989)
chámaselle a un “sitio pendente”, tal e como é o acceso o barrio da Aspera de
San Miguel.
Aínda que non
temos constancia documental na que apareza o nome sabemos que arredor do 1700
xa existía este termo pola existencia da chamada Quinta da Áspera.
Vista da Aspera. Os Colexios estaban por construir |
OBRA PÍA.
Polo xeral antes de falecer unha
persoa sobre todo con alto poder económica acostumaba facer testamento. Neste
estipualábase como se repartiría a herencia do finado. Neste testamento
aparecían normalmente as donacións a diversar organizacións de beneficiencia.
No caso da Obra Pía de San Miguel
ubicouse neste lugar unha escola de fundación ou Obra Pía de primeiras
letras.
O benefactor desta foi Felipe de Soto no século XVII. Esta
escola permanceu en pe ata que se construiu a casa na que hai anos se situou a antiga fábrica de Chocolate Bambú e na que o
chamado “Ramonillo” deu clase durante varios anos.
Felipe de Soto faleceu
baixo testamento outorgado na cidade de México o 13 de Marzo de 1709, ante o
escríbano D. Juan Arcibay Anaya, polo cal legaba as rendas de diversos bens da
sua propiedade, co fin de constituír un capital que servira para fundar e
soster unha Escola gratuíta de nenos no pobo referido, e para levantar
determinadas cargas piadosas. Sería este Felipe de Soto orixinario do pobo? Non
se atopou ningunha referencia ao seu nacemento nos arquivos parroquiais.
Desta fundación benéfica temos probas da súa
existencia por dous camiños diferentes pero que se complementan: por un
lado La Gaceta de Madrid (o que sería o
actual B.O.E )e os Libros de Fábrica da Parroquia de San Miguel.
En La Gaceta de Madrid do día 29 de xaneiro de 1925
temos unha disposición que nos fala da xénese da citada fundación no ano 1709 e
da situación na data citada. En resumen esta disposición di:
“Que visto o expedinte de clasificación da
Fundación instituída en San Miguel de Reinante por D. Felipe de Soto;
Mandato do 10 de agosto do 1753 do Obispo
Antonio Riomol Quiroga trala visita pastoral(Libro de Fábrica)
¨habiendo visitado la casa escuela Fundación Pía. Halló la pieza o sala que
sirve para los niños, ocupada con camas y otras cosas que no se corresponden a
aquel lugar si no al cuarto que el tiene para su habitación cuando S.S. que
este saque de allí todo lo referido y que el párroco ponga bancos para escuchar
los muchachos.
Vista tomada dende os Colexios Vellos |
A BARRANCA E A FERRERÍA, topónimos moi ligados á Cova da Veneira.¨
O chan de San Miguel de Reinante é abundante en
mineral de ferro, tanto que aínda atopamos restos dunha mina coñecida como a
cova da Veneira (hoxe tapiada) da que en tempos de Raimundo Ibañez se extraía
este material para a fábrica de armas que este posuía en Sargadelos.O ferro cocíase na Barranca sendo transportado ata Porto Vello (crese que na Praia de Arealonga) cargándose en pequenas lanchas que transportaban o ferro a gabarras que zarpaban rumbo ao porto de San Cibrao dende onde construíron unha estrada de terceira orde ata Sargadelos. (Este feito non está provado)
Para a explotación deste xacemento firmouse un contrato ante o Notario de Ribadeo D. Xosé Álvaro de Vila Vaamonde o vinte dous de outubro do 1796, entre Don Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das Fábricas de Sargadelos e varios veciños de San Miguel
Esta
escritura está refrexada por Francisco Lanza na súa obra “Ribadeo Antigo”.
A BARRANCA, Topónimo
que significa “un corte profundo” que fan no terreo as correntes das augas.
Tamén se dí dun camiño con moita pendente. Este topónimo debeu comenzar a
usarse na Idade Moderna debido á relación coa explotación de ferro da Cova da
Veneira. Na Barranca separábase o ferro da terra e amontonabase en barrancos de
terra, posteriormente.
Nota: Barranco significa “despeadeiro, precipicio”,
polo que “o mineral extraído lavábase ou tamizábase para separar a maior parte
da terra, e coa que ían reenchendo os desniveles do terreo da Barranca”
FERRERÍA No lugar da Ferrería faceríase unha primeira
cocedura deste ferro. Sacaban a ganga da
veta de ferro e posteriormente sacaban a a mena aproveitable.
Antiga casa na Barranca hoxe restaurada |
O SOUTO no caso do barrio de San Miguel de
Reinante, non se referiría exactamente a un “terreo cuberto de árbores”, aínda
que tamén se pode referir a un lugar de
reunión.
Non sabemos moi ben cando comezou a
chamarse así xa que na Idade Media, aló polo 1300, era coñecido por Casal de
Vilar, (casal: casa solariega cercada de muros con pequenas casas ao redor) xa
que o dono deste Casal era Fernán de Vilar. Os arquivos da Catedral de
Mondoñedo así certifican esta existencia cando no ano de 1389 se realiza un
inventario da chamada Administración de San Miguel. O cabildo resultou ter gran
cantidade de propiedades no pobo, concretamente seis casais de herdades mansas
(terreos traballados) en “Jalsende”, Pumarinno, Pumarrubiño, Pousada, Outeiro e
a metade do Casal de Vilar.
Polo 1800
xa se falaba da Quinta do Souto así o corrobora o libro parroquial de
defuncións do 1815.
Temos certificado que polo 1872 foi necesaria unha ampliación do
Souto, xa que se quedaba moi pequeno para celebrar o mercado e a feira. Temos
confirmación deste feito por informes realizados por parte dunha comisión de
veciños, así como do concello. Os afectados alegaban que posuían casetas neste
lugar e que o concello, pola súa parte, procedera a demoler cuadras e casetas
que eran da súa posesión. O concello alegaba que estas casetas non estaban
habitadas e que foran usurpadas a terreos municipais… Certo ou non, no 1872 o Souto
ampliouse para enfado dalgúns e beneficio doutros.
O Souto |
Antiga alameda |
Neno camiño ao Souto |
A GRANDA. O
topónimo Granda é moi abondoso en todo o norte da península, especialmente en
Cantabria e Asturias.
En Galicia dáse unicamente na zona oriental da
provincia de Lugo e aínda así aparece recollido no
nomenclátor da Xunta referido a 32 lugares No dicionario de Sotelo Blanco,
identifica GRANDA con GÁNDARA, co significado de "terreo baixo e sen
cultivo cheo de matogueiras, terra cha con moita auga e pantanosa, terreo
extenso inculto e árido cuberto por vexetación rastreira". Segundo o
dicionario da RAG, unha gándara sería un “terreo baixo, areento, húmido e
improdutivo, onde só medra a maleza”.
É probable que procedan da hipotética raíz prerromana *KANT-, que pode alternar coa variante fonética *GAND-, “pedregal”, tamén presente en ganda, nos Alpes centrais e orientais, que equivale a “ladeira pedregosa”, e gand, de significado análogo, no alemán de Suíza. Así pois, unha GRANDA sería un “terreo que se caracteriza pola abundancia de pedras”, e, poderíamos engadir, “presumible de cubrirse de maleza”
O que nos fai pensar na súa orixe prerromana é o feito de que entre as palabras non latinas de uso nas explotacións mineiras do noroeste da península, segundo cita Plinio, figura GANDADIA como “cousa a desbotar”,.
É probable que procedan da hipotética raíz prerromana *KANT-, que pode alternar coa variante fonética *GAND-, “pedregal”, tamén presente en ganda, nos Alpes centrais e orientais, que equivale a “ladeira pedregosa”, e gand, de significado análogo, no alemán de Suíza. Así pois, unha GRANDA sería un “terreo que se caracteriza pola abundancia de pedras”, e, poderíamos engadir, “presumible de cubrirse de maleza”
O que nos fai pensar na súa orixe prerromana é o feito de que entre as palabras non latinas de uso nas explotacións mineiras do noroeste da península, segundo cita Plinio, figura GANDADIA como “cousa a desbotar”,.
O que non sabe todo o
mundo é que temos a Granda de Arriba e a Granda de Abaixo sendo unha parte
chamada a Veiga do Morgullón e que chegou a chamarse o “peñón” posto que houbo
un tempo no que uns decían que pertencía a San Pedro e outros que pertencía a
San Miguel… seica o cartel dun e doutro pobo estivo paseando polas noites dun
lado a outro… esto a xeito anecdótico. Hoxe por hoxe, a Granda é de San Miguel.
ENTRERRIOS, “entre
correntes de auga”. No caso do barrio de San Miguel fai referencia áo cruce de
rios, é un topónimo relativamente recente.
No mencionado anteriormente Catastro do Marqués da
Ensenada sinálanse dous muíños no lugar de Tras os Ríos… será o mesmo lugar??¨será
este lugar o que se denominaba a Quinta do Rueiro
OS MARTICES parece ser
un topónimo diminutivo e alterado de “marta”, “mata” co locativo abundancial
–izo –ices, no sentido de “bosque con abundantes árbores silvestres”
Non temos constancia de cando se comezou a usarse este
topónimo. Sospeitamos que é defins do 1800
NOGUEIREDO lugar abundancial de nogueiro, semellante a
Nogueiral lugar abundancial de nogueira. Do latín “nux” –nucis”: noz, noces.
Non temos tampouco constancia de cando se comezou a
usar sí afirmamos que no 1800 xa existía como barrio ao xuzgar polos libros de
bautismos e defuncións da parroquia que repiten o nome da Quinta de Nogueiredo.
Xente camiñando por Nogueiredo |
Neno en fronte á casa do Cuple |
Casa de Dourado |
TILLEIRA, pode facer
referencia ao lugar onde se facían tellas pero non o temos comprobado.
modificador de “telleira”: “sitio donde se fabrican tellas e forno donde se
cocen”. Provén de “tegularia” , de “tegula”: tella.
Non sabemos da antigüidade deste barrio mais no 1800
os archivos parroquiais xa falan da Quinta da Tilleira.
Don Ramón da Tilleira un home inolvidable |
TRIANA pode ser
dos topónimos máis modernos xa que non
aparece en ningún arquivo anterior ao
1800. Poidera ser chamado así debido á chegada de xentes do sur de España.
Posiblemente provén de “triada”: “conxunto de tres
cousas”.
AS VALGAS. Segundo o
diccionario da Real academia Galega Valga significa Parte máis baixa dun val por onde
corren as augas naturais da chuvia, dos mananciais etc.
Este topónimo e bastante recente
aínda que este lugar está moi ligado por situación e por historia a Casaldeite.
De feito, sabemos que algunha casa das actuais deste barrio pertencían ao
Casal, e outras foron promovidas pola familia Balsa a comezos do 1905 familia
que habitaba xa dende séculos atrás en Casaldeite.
Campo das Valgas en construción |
Fondo documental: Francisco José Campos Dorado, Faustino González Recalde e Ramón Casas Oroza
Fotografía Paco Teijeira
Buen trabajo! O neno do souto se me parece a Toño de Meso .
ResponderEliminarToño é pero non Toño de Meso é Toñito Vidal Rancaño
EliminarExcelente, gracias!
ResponderEliminar