Praza do Souto

Praza do Souto

domingo, 24 de febrero de 2019


PROPOSTAS DE MELLORAS DO PROXECTO RIO.



Despois de 7 meses de traballo colaborativo veciñal seguindo as pautas, concesións e restricións que dende Augas de Galicia nos marcaron, informamos que rematamos os 6 tramos que en primeira instancia nos permitiron acometer. De forma xenérica limpiamos de vegetación morta, silvas e vegetación invasora e abrimos a senda natural segundo as pautas indicadas, con ferramentas de limpeza manuais e sen maquinaria pesada.Igualmente retiramos e recollemos residuos materiais e lixo que atopamos na ribeira fluvial.



Queremos informar que no tramo 6, nos últimos 350 metros do tramo,  cambiamos de lado na apertura da senda, o que corresponde a 120m antes e 230m despois do paso pola ponte da via do tren. Foi un erro noso decir no informe que iríamos pola beira esquerda, un simple matiz direccional, xa que non hai paso por esa marxe esquerda debaixo de dita ponte ( é obrigatorio o paso pola marxe dereita). De feito os veciños e veciñas dos barrios desa zona dixéronnos que por esa marxe dereita ía un antigo camiño que se utilizaba para ir ós 2 antigos muíños e lavadoiro que alí se ubicaban e tamén para subir ó centro do pobo (adxuntamos captura de Sigpac con esa parte do tramo 6 do cambio de  coloreado).



Adxuntamos algunhas fotografías dos 6 tramos donde se pode ver cómo queda a senda e o rio despois do traballo executado. Creemos que as fotos falan por si mesmas e a verdade é que tanto a xente do pobo coma os visitantes están a demostrar grande gratitude e respeto por ver como está quedando o noso rio e dando folgos para conseguir, por fin, ter a senda que chegará ó mar.



Asociado a este último desexo, que é o mesmo da nosa asociación dende que comezamos co proxecto, queremos trasladar a vontade de continuar limpiando o tramo 7 de maleza, silvas e a arboleda morta e seguir abrindo a desexada senda. Obviamente, e tal e como fixemos estes meses, respetando as limitacións e pautas que nos indiquen dende Augas de Galicia e sabendo que é zona inundable e protexida por Rede Natura, por suposto ( en época de choivas e auga non lle daremos uso á futura senda e así o comunicaremos nas redes sociais correspondentes, a través do concello, a vostedes, etc). Por esto queremos saber en qué condicións nos permiten rematar esta primeira fase do proxecto e chegar ó mar, ou nos fagan saber si facendoo como ata agora estaríamos no correcto. Por certo, todos os donos e donas de fincas que dan ó rio neste tramo 7 queren limpiar eses matoxos e silvas para ver limpias as fincas, volver a ver o rio (practicamente non se ve a auga de tanta silva que hai) e poder pasear ata o mar, ofrecéndose a traballar con nós ese 4 dias que duraría a limpeza do tramo. E sería o noso desexo que algún técnico do seu departamento viñera supervisar o traballo nesta zona máis sensible, daríanos confianza e seguridade. Serán 4 sábados de traballo dos meses de marzo e abril que lles comunicaríamos con antelación.



A continuación enumeramos unhas accións complementarias e requerementos a modo de melloras do proxecto que lles queremos comunicar e que acometeríamos nesta primavera unha vez rematemos esta fase de limpeza e apertura da senda :



  - Ampliar nuns 500 m o tramo 1 (dende onde comezamos o proxecto e cara ó sur, cara ó nacemento do rio) o traballo de limpeza e apertura de senda que estamos a facer ( adxuntamos zona marcada en cor no plano do Sigpac 1 ).



  - Repoboación de arboleda e vexetación autóctona en diferentes puntos da senda no tramo 5.Esta laboura está enmarcada nunha actividade colaborativa co CEIP de San Miguel de Reinante, na que alumnos e alumnas do colexio serán os protagonistas desta repobación, cunha perspectiva de educación medioambiental que iremos desenvolvendo co profesorado e alumnado de dito centro (e dentro do programa de educación medioambiental Voz Natura). Adxuntamos localización deses puntos de repoblación no plano de Sigpac 2. ·



  - Sinalización de puntos de interese e patrimonio etnográfico que hai en torno ó rio e nos termos de distancias, materiais e deseño que xa nos indicaron vostedes en anteriores resolucións no que respecta ó soporte elexido.



  - Instalación dunha baranda de madeira nun tramo de 100 metros no centro do pobo, tramo 4, no que hai un paso de 1 metro de ancho pegado a un muro dunha finca pero cun desnivel de 1.5m/2m respecto ó rio. Adxuntamos fotografía deste paso. Atenderemos as especificacións técnicas e de materiais da baranda que vostedes nos indiquen. Adxntamos fotografía deste paso e localización do mesmo no plano de Sigpac 3).



  - Realización e instalación dunha pequena pasarela de madeira nun punto do tramo 2 onde é obligatorio cruzar o rio dunha beira á outra. Un paso sinxelo e seguindo as indicacións que nos fagan en canto a estructura e deseño. Contaremos coa axuda dun enxeñeiro superior de Camiños, Canais e Portos  número de colexiado28317. que é socio da asociación, especialista en estructuras, para realizar o deseño e proxecto técnico da pasarela. Adxuntamos fotografía e localización da futura pasarela no plano Sigpac 4.



  - Como indicamos anteriormente, seguir limpiando e facendo a senda no tramo 7 segundo as limitaciòns e indicacións que vostedes nos transmitan, e coa supervisión de técnicos de Augas de Galicia si o creen preciso. E tendo como prioridade o respeto absoluto e posta en valor da flora e fauna protexida desa zona de especial interese medioambiental. O apoio e vontade dos propietarios da fincas xa o temos, ó igual que a da veciñanza do pobo e da directiva da asociación, para conseguir o obxetivo social e medioambiental que perseguimos co Proxecto Rio.



  - Solicitamos tamén que se faga repoblación de troita no rio tal e como xa se fixo en anos anteriores.



  - Acordaremos co Concello de Barreiros ampliar a súa colaboración co proxecto ( actualmente recollida e traslado no camión municipal da vexetación cortada e acumulada e dos residuos e a basura atopados nos traballos de limpeza) para que antes deste verán e nos anos sucesivos fagan 1 limpeza e repaso xeral da senda aberta pola veciñanza. Esto corcorda co actual obxetivo marcado dende a Concellería de Infrastructuras da Xunta de Galicia respecto á necesaria colaboración do mantemento e limpeza dos rios por parte dos concellos galegos.   



 



 



  - Instalación dunha baranda de madeira nun tramo de 100 metros no centro do pobo, tramo 4, no que
PROPOSTAS DE MELLORAS DO PROXECTO RIO.



Despois de 7 meses de traballo colaborativo veciñal seguindo as pautas, concesións e restricións que dende Augas de Galicia nos marcaron, informamos que rematamos os 6 tramos que en primeira instancia nos permitiron acometer. De forma xenérica limpiamos de vegetación morta, silvas e vegetación invasora e abrimos a senda natural segundo as pautas indicadas, con ferramentas de limpeza manuais e sen maquinaria pesada.Igualmente retiramos e recollemos residuos materiais e lixo que atopamos na ribeira fluvial. 



Queremos informar que no tramo 6, nos últimos 350 metros do tramo,  cambiamos de lado na apertura da senda, o que corresponde a 120m antes e 230m despois do paso pola ponte da via do tren. Foi un erro noso decir no informe que iríamos pola beira esquerda, un simple matiz direccional, xa que non hai paso por esa marxe esquerda debaixo de dita ponte ( é obrigatorio o paso pola marxe dereita). De feito os veciños e veciñas dos barrios desa zona dixéronnos que por esa marxe dereita ía un antigo camiño que se utilizaba para ir ós 2 antigos muíños e lavadoiro que alí se ubicaban e tamén para subir ó centro do pobo (adxuntamos captura de Sigpac con esa parte do tramo 6 do cambio de  coloreado).



Adxuntamos algunhas fotografías dos 6 tramos donde se pode ver cómo queda a senda e o rio despois do traballo executado. Creemos que as fotos falan por si mesmas e a verdade é que tanto a xente do pobo coma os visitantes están a demostrar grande gratitude e respeto por ver como está quedando o noso rio e dando folgos para conseguir, por fin, ter a senda que chegará ó mar.



Asociado a este último desexo, que é o mesmo da nosa asociación dende que comezamos co proxecto, queremos trasladar a vontade de continuar limpiando o tramo 7 de maleza, silvas e a arboleda morta e seguir abrindo a desexada senda. Obviamente, e tal e como fixemos estes meses, respetando as limitacións e pautas que nos indiquen dende Augas de Galicia e sabendo que é zona inundable e protexida por Rede Natura, por suposto ( en época de choivas e auga non lle daremos uso á futura senda e así o comunicaremos nas redes sociais correspondentes, a través do concello, a vostedes, etc). Por esto queremos saber en qué condicións nos permiten rematar esta primeira fase do proxecto e chegar ó mar, ou nos fagan saber si facendoo como ata agora estaríamos no correcto. Por certo, todos os donos e donas de fincas que dan ó rio neste tramo 7 queren limpiar eses matoxos e silvas para ver limpias as fincas, volver a ver o rio (practicamente non se ve a auga de tanta silva que hai) e poder pasear ata o mar, ofrecéndose a traballar con nós ese 4 dias que duraría a limpeza do tramo. E sería o noso desexo que algún técnico do seu departamento viñera supervisar o traballo nesta zona máis sensible, daríanos confianza e seguridade. Serán 4 sábados de traballo dos meses de marzo e abril que lles comunicaríamos con antelación. 



A continuación enumeramos unhas accións complementarias e requerementos a modo de melloras do proxecto que lles queremos comunicar e que acometeríamos nesta primavera unha vez rematemos esta fase de limpeza e apertura da senda :



  - Ampliar nuns 500 m o tramo 1 (dende onde comezamos o proxecto e cara ó sur, cara ó nacemento do rio) o traballo de limpeza e apertura de senda que estamos a facer ( adxuntamos zona marcada en cor no plano do Sigpac 1 ).



  - Repoboación de arboleda e vexetación autóctona en diferentes puntos da senda no tramo 5.Esta laboura está enmarcada nunha actividade colaborativa co CEIP de San Miguel de Reinante, na que alumnos e alumnas do colexio serán os protagonistas desta repobación, cunha perspectiva de educación medioambiental que iremos desenvolvendo co profesorado e alumnado de dito centro (e dentro do programa de educación medioambiental Voz Natura). Adxuntamos localización deses puntos de repoblación no plano de Sigpac 2. ·




 







 

    



 



       























 

    



 



       










No hay comentarios:

Publicar un comentario