Onte 6 de xullo tivemos a fantástica ponencia de María Martín Seijo arqueòloga e investigadora especializada e arqueobotànica e Bioarqueoloxìa da USC.
María co seu ben facer, trasladounos á Idade de Ferro, vimos cómo os nosos antepasados xestionaban o medio para poñelo ao seu servizo pero sempre cun absoluto respeto: precisaban calor para os seus fogares, para tratar o ferro... Debían promover e coidar especies de alto valor calórico. Se precisaban tellar as súas casas ... faríase no momento adecuado dacordo aos ciclos naturais... Se tiñan que facer útiles... debían podar os arbustos adecuados para ter os varaias coas medidas apropiadas.. .
Unha charla amena e moi instructiva que nos dá unha visión de cómo era o medio que rodeaba o noso castro.
Ademais deixóunos unha idea moi clara, a necesidade de mirar atrás para entender múltiples por qués de hoxe en día, pero tamén a necesidade de poñer a vista no futuro, queremos unha sociedade na que só se prime a producción e que cada vez se alonxe mais do noso medio natural e da protección do medio ambiente?
Un Parladoiro realmente enriquecedor.
Grazas e voltarás saber de nós...
Somos os herdeiros dos espigueiros. Os nosos antigos recollían espigas para vender e comprar para comer. Nós recollemos os retais da nosa historia para alimentar a nosa ansia por saber por qué chegamos a ser como somos, de onde vimos e chegar a entender a onde imos. A nosa historia merece a pena, a nosa, é unha historia que chega co salitre do mar, o olor dos fentos e a terra mollada, é unha historia que non se debe esquecer porque o que esquence a súa historia perde as súas raíces.
Praza do Souto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario