Neste atípico mes de agosto non traio un artigo típico do que vos vimos ofrecendo máis ou menos ao mes. Traio un listado incompleto ao que lle faltan pezas que sabemos que nos axudaredes a xuntar.
Unha memoria adicada aos nosos emigrantes, en especial aos precursores dos colexios vellos. Uns van coa súa historia e a súa imaxe, outros tan so co seu nome e outros Van co nome da casa da que foron por se algúen poidera seguir o fio e axudarnos.
gracias a todos e todas pola axuda.
https://drive.google.com/file/d/1ZqgSEmpD8Bzv7Lb24PM3Nz0ueF2r7R1f/view?usp=drivesdk
Somos os herdeiros dos espigueiros. Os nosos antigos recollían espigas para vender e comprar para comer. Nós recollemos os retais da nosa historia para alimentar a nosa ansia por saber por qué chegamos a ser como somos, de onde vimos e chegar a entender a onde imos. A nosa historia merece a pena, a nosa, é unha historia que chega co salitre do mar, o olor dos fentos e a terra mollada, é unha historia que non se debe esquecer porque o que esquence a súa historia perde as súas raíces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario