Praza do Souto

Praza do Souto

viernes, 3 de julio de 2020

O Camiño Real

Na nosa terra existen dende a Idade Media moitos camiños que unían as principais vilas,  estes asentáronse na inmensa maioría sobre o trazado das antigas calzadas romanas.
Esta rede xiraba en torno ás principais cidades episcopais, que á súa vez eran a cabeceira de cada unha das sete provincias galegas da época.
O século XVIII iniciase en España  coa chegada dunha nova dinastía, os Borbóns (de orixe francés), que introducirían unha serie de medidas renovadoras que afectarían a aspectos culturais, económicos e científicos en todo o país.
Nestes momentos ponse en evidencia a precariedade do sistema viario español,  pero terán que pasar uns anos, ata o reinado de Fernando VII cando xurde o  Real Decreto do 10 de xuño do 1761 que se  expediu co fin de facer camiños retos e sólidos en España, que contribuirían enormemente ao desenvolvemento do comercio interior, sobre todo da costa coa meseta española.
Do norte sairía rumbo ao interior pescado e carbón que se cambiaría por embutidos, produtosd e matanza e  produtos de secano que viaxarían a súa vez ao norte.
 Nestes intres comeza a desenvolverse a actividade dos “maragatos” que empregarían estes camiños para transportar a súa mercadoría, primeiro  usando reas de mulas e posteriormente carros tirados polas mesmas, os arrieiros.

Con este real decreto realizáronse modificacións a escala territorial, sendo estes camiños urbanizadores e organizadores do terreo.
Na metade do século XVIII  existían varios tipos de camiños “Camiño Real de primeira orde con 28 pes de ancho, camiños de segunda orde 12 pes de ancho e os veciñais que eran para o paso de carros, cabalerías…  os empedrados, estradas (con lousa) e os camiños de terra.
O camiño real por San Miguel, entraba no pobo polas  Pasadas unha vez pasado o Foro, seguía polos Campos ata a chegar ao Chalet Vello ou Villa Julia.  Cruzaba a xeral e seguía polo camiño que hai por detrás da casa de José da Anuca. O seu recorrido seguía paralelo por riba da  carreteira xeral para ir desembocar ao Souto, á casa de Presenta.
Coincide un treito coa  xeral, ata a altura do  actual Vendabal, aquí ía por detrás do actual edificio continuando por detrás do Cuplé ata a serra abandonando o pobo polo camiño que vai ao Canteiro.
Este traxecto queda constatado mediante o estudo de diversas escrituras aportadas por distintos veciños.
“Año de 1827 en el lugar nombrado Dos Campos, el norte en el Camino real que va a Ribadeo…”
“Año de 1861 una casa sita donde llaman Nogueiredo en el barrio de Casaldeite de esta parroquia de San Miguel, linda con camino real viejo, al sur en el camino de primer orden y otro que conduce a Benquerencia)

Non puiden evitar a tentación de agregar este mapa do 1748 xa que nos da moita información sobre o Camiño Real, pertence a un litixio deste ano pero o que me chama a atención nel é a toponimia.

Se vos fixades ben, fala do camiño que ven de Ribadeo (aínda non saíra o decreto que concretaría os camiños reais) e fala dos Campos de Pousada non so dos Campos, o que nos fai pensar precisamente en se habería algunha pousada … e así se demostra.
Algún día escoitastedes falar da Casa do Camín?. Parece ser que ala polo 1800 esta casa coñecíase como Casa Andrade, sendo o seu primeiro Dono Tomás Andrade.
En casa Andrade  daban de comer e dormir, aínda que non tiñan cabalerizas,     Esta pousada pasaría a chamarse co tempo “ o Parador Do Camín” , chegando aos nosos días o nome da casa, a casa do Camín. Así o relata Dora Francisca Flores Fernández nunha entrevista que realizou Don Emilio Piñeiroa  para os seus estudo sobre o Camiño Real.

Podemos engadir a modo anecdótico un recordo que  nos transmitiu precisamente Dora porque así llo contaron os seus, e que faí referencia a unha a un suceso vivido neste Parador.
Un home que pasara a noite na pousada, díxolle ao dono Tomás antes de partir “Longaniza, morganiza, pié de porco y su cachiza, el cantor y su mujer, todos van a mi fardel, descalzan zapatos viejos y calzan zapatos nuevos, eso es deber algo señor amo?
Don Tomás que non entendera nada, por non facer o feo dixo – No hombre no…
Pero unha vez que o transeúnte marchou botou en falta o xamón, a cabeza de porco, uns  chourizos e deixou os seus zapatos vellos e levou os novos de Tomás.

Cabe decir que a mellora dos camiños reais a comezos xa do século XIX a parte de favorecer o intercambio de mercadorías da costa co interior,  impulsou o servizo  de reparto de cartas, que empezaron a chegar en carruaxe ou dilixencia compartindo coche con viaxeiros. Os coches tan so admitían tres viaxeiros e tiraban por el catro mulas así o explica Henry Inglis no seu libro Spain in 1830.
Sabemos a ciencia certa que no 1845 había unha administración en Lugo da que dependían outras estafetas coma a de Betanzos, Ferrol e Mondoñedo e as estafetillas de Monforte , Sarria, Viveiro e Ribadeo, polo que así constatamos o paso destas dilixencias polo pobo, tendo en conta que as postas de correos se distanciaban unhas das outras por uns 15 ou 20 km posiblemente teríamos en San Miguel unha posta de correos, concretamente no chamado Correo Vello.

UNHA ANÉCDOTA NO CAMIÑO
Contan os maiores que na época en que os xastres andaban polas casas cosendo, un xastre achegouse nunha noite de vento  a unha casa situada no camiño real na zona das Valgas. Naquela época había tres eucaliptos de gran altura ao longo do camiño (hoxe tan so queda un). O pobre xastre na súa andaina viu a sombra dun home moi grande que braceaba perseguíndoo, tal medo colleu que correndo entrou na casa sen abrir o puxigo de abaixo e escondeuse morto de medo debaixo da lareira.
A dona da casa cando escoitou o ruído da caída, achegouse  e viu restos de sangue dende a entrada da porta á cociña, pensando que a gata lle parira na casa cunha vasoira dispúxose a sacala de debaixo da lareira pero o que saíu foi o xastre morto de medo, cunha ferida na testa e encima vareado.


Moitas grazas a Emilio Piñeiroa pola súa axuda desinteresada.

miércoles, 20 de mayo de 2020

As patronais do 71 e a Primeira Carreira de Burros

Corre o ano 1971, un grupo de rapaces do pobo (algúns pertencentes ao Plantel da Estensión Agraria) estréanse como levadores das festas patronais de San Miguel. Compoñían esta comisión Jose María García Docobo, Faustino González Recalde, José Ramón Castrillón Rivas e Julián Díaz Branco.
As patronais neste ano celebraríanse o 29, 30 e 1 de outubro.
 E os xoves maiordomos farían grandes esforzos para recadar a cantidade precisa para facer as mellores festas.
Era tradición naquela época, ademáis de pedir cartos polas casas para celebrar a festa como se fai hoxe en día, ir recollendo patacas  casa por casa (no caso da festa do patrón so). Acostumaban recoller entre 1500 e 2000 kilos, cada familia aportaba o que boamente podía, uns daban un cestiño, outros un saco outros incluso dous. Posteriormente venderíanas a aquel que mellor prezo ofrecera, uns eran aos almacéns Cobo Rego, outros a Basanta, os Anucos ou Amador.
Este ano tamén ían facer unha rifa, e incluían unha nova idea, os sobres sorpresa!. E en que consistían estes sobres sorpresa?… pois eran uns pequenos sobres que repartían polos bares e que dentro posuían unha papeleta cun premio ou non…, unha consumición gratis, unha botella de viño (que a comisión aportaba ao bar)ou un sigue xogando... Estes sobres cobrábanos a cinco pesetas de forma que conseguían unha pequena aportación extra aos seus ingresos.
 As festas neste ano serían  amenizadas os días 29 e 30  pola orquestra Pontinos de Ourense e polos Key da Coruña o un de outubro cun baile estilo Venecia ás sete e media e cun fin de verbena posterior.
Tamén se celebraría un triangular de fútbol no cal se disputaría o I Trofeo Iberia  Radio Televisión.  Acreditado pola firma comercial do mesmo nome gracias ao apoio de Germán Rodríguez  Dorrego , propietario de Establecementos Rodríguez.
“Intervendrán en la disputa del mencionado galardón S.D Burela, el Ferreira C.F y el Iberia de San Miguel. El primer encuentro lo jugaba Ferreira y Burela a las cuatro y media de la tarde del próximo miércoles día 29 de los corrientes.
El vencedor se enfrentará en la final al Club Iberia local el día primero de octubre que en una finalísima que se presenta más que interesante, ventilaría la posesión definitiva de este bello trofeo Iberia”  así saía anunciado o día 26 de setembro na Comarca.




No programa deseñado por estes rapaces, sobresaía unha actividade fronte todas as demais un Gran Carrera de Burros cuns suculentos premios, 1000 pesetas para o primeiro en chegar, 500 ptas para o segundo e 300 para o terceiro.
O percorrido era dun kilómetro e medio. O pistoletazo de saída daríano ao lado da coñecida carnicería San Miguel,  irían ata a Ferrería onde  atravesarían a ponte da Ferrería,  subirían ata a Marela e baixarían pola Áspera.
Esta carreira creou gran espectación así foi que á hora de saída, había máis espectadores que corredores…
O día trinta, xoves, presentáronse un total de nove corredores, a gran maioría eran do pobo… salvo dous deles un de San Pedro e outro de  Reinante.

Na revista Xuntanza do Plantel da Extensión Agraria  un mes despois das festas, facíanse eco deste acontecemento, e baixo o pseudónimo Pico do Farro (descoñecemos o autor) fixo unha crónica con todo luxo de detalles.
“ había un de San Pedro e outro de Reinante, aínda que éste mais parecía un escarabello que un burro, de San Cosme non veu ningún, pero non é que non os haxa, pois haber hai abondos, o que parece ser é que non lles gusta traballar e así lles está relucindo o pelo. O que íbamos: os de  San Miguel eran de Cora, Pereda, o fillo de Jose María de Modesto, o fillo de César do Sabelo, o xenro do Mariquito, o Granado e o Carillo. De Reinante veu o fillo do Mulato e de San Pedro Benigno da Raposa”
Ao toque de saída ao lado da casa de Palalola, saíron os participantes sacando en seguida ventalla  ao outros  Benigno da Raposa.
Nos Martices acaeceu o primeiro contratempo.
“nos Martices xa houbo un dos primeiros contratempos pois o burro do Granado sabía muy ben o camiño da casa e para alá foi, e como con tal maniobra non contaba o Antoño, resulta que quixo meterse o burro na corte como un relustro e deulle o Granado un bon golpe na cabeza contra o cargadeiro da porta”
Semellaba que a carreira estaba rematada para Antoño,  pero deso nada! Puido reconducir a situación e conseguiu atravesárselle a Cora na ponte da Ferrería facéndolle perder varios metros.
Na Marela puxeron un control xa que daquela había un camiño que atallaba para a
Aspera e alguén podía engañarse.
Pereda naquel momento quixo que o burro correra algo máis e deulle no traseiro. Tan pronto fixo isto o burro parou de repente e tirouno nunha poceira..
O caso foi que Benigno do Raposo ganou con clara ventalla sobre do segundo que foi Cora no que todos os veciños e veciñas tiñan a esperanza de que ganara… e de terceiro chegou malia o seu contratempo o Granado!!!

Trala carreira procedeuse á entrega de premios por parte das dúas mozas. Estas  repartíronlles a todos o seu  premio nun sobre pechado, sobre que Benigno abriu alí mesmo para asegurarse de que ía depositada toda a súa cantidade.
Na crónica de Xuntanza tamén fan referencia a esta entrega de premios…

“Houbo fotos e todo pos vencedores. Eu xas vin ó día siguiente, eh ¡Hai mi madriña que cara de fame lles saliu os tes! Os burros saliron mellor, pero ¡eles! Un noxo…
E xa que cai en conto ¿cal foi o motivo para que dúas rapazas guapas por certo, as encasillaran en primeiro plano nas fotos mezcladas  cos burros ganadores? Eu non quixera pensar mal pero… ¡asi me den cun canto nos fuciños si lle vexo a punta! E s o detalle foi cousa do fotgografo, nese momento taba ben tratando de abrir un burato para os da auga coa máquina de retratatar e no nalí.
Miñas nenas, para outra vez que retrate sua tía, non deixedes máis que vos “empadronen” ne sitos donde tan pouco lucides. Para honrar a foto chegaba ben cos que montaron nos burros, eses sí estaban donte tiñan que estar ¿ou qué querían?.
Disimulade si falei demais. Dos esquencidos xa me acordarei xa. Pico de Farro”
Neste fin de crónica vese un claro guiño ás mozas animándoas a desencasillarse do papel que naqueles tempos de asignaba ás mulleres da época como mero plano decorativo nas súas aparicións públicas.
Fora como fora esta primeira  carreira foi todo un éxito.

O ano seguinte o programa presentado foi ben semellante ao do ano 71, as festas celebráronse o mesmos días pero foron amenizadas por TREBOL, BLUS 69 e os CORAZÓNES JÓVENES , disputaríase o II Trofeo Iberia –Radio y TV e volvería a Carreira de Burros, mais… non tivemos a sorte de atopar un cronista ao ano seguinte…


jueves, 16 de abril de 2020

HISTORIA DA IGREXA E O CEMITERIO POR TRES SÉCULOS.

IGREXA E CEMITERIO

Queremos ofrecer aquí unha historia ao longo dos tres últimos séculos da igrexa de San Miguel, referíndonos por suposto, a parte física e patrimonial, ao que puidemos saber da sua evolución, citando de pasada os párrocos que a rexentaron.

Os datos e fragmentos que aquí ofrecemos foron sacados da lectura dos libros do arquivo da parroquia depositados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, especialmente do Libro de Fábrica. Con este nome coñecese o libro de anotacións que se levan nunha parroquia e recolle as contas da mesma, con ingresos e gastos tanto ordinarios como extraordinarios, en tempos máis antigos as actas de presentación de contas por parte do “fabricario” (contable e tesoriro), as visitas pastorais e outras novidades que tivera a ben anotar o párroco, como doazóns, arranxos etc. Cando no texto aparece a palabra “fábrica” refírese aos fondos da igrexa para mantemento do edificio e do culto. Existen libros no arquivo desde principios do século XVII.

Tamén encontramos algún dato de apoio nun caderno de inventarios feito polo cura José Teijeira Moreda á súa chegada a parroquia no ano 1914.

Empezamos o relato no século XVII. No ano 1688 recollese no libro de fábrica un apeo de bens dos que se beneficiaba a igrexa, feito anteriormente polo bispo D. Alonso Mejía de Tovar, (bispo de Mondoñedo 1612-1616) polo seu secretario, polo cura Pedro de Moreda e dous veciños do pobo, que segundo parece estaba “en el libro biexo de la fábrica”. (observamos no parágrafo a continuación que “cura” leva o artigo feminino por que se está referindo as propiedades das que se beneficia o párroco que tiña encomendada “la cura de almas”).

...Otrosí dixeron que la cura de la dicha iglesia tiene las heredades siguientes: primeramente una casa junto al atrio de dicha iglesia con un ferrado de cortiña.
Mas tiene un ferrado de cortiña en la cortiña de Andres G...(abreviatura)  a la parte del nordés.
Mas en la Veiga de Salgueiros siete ferrados de heredad de sembradura que está en tres piezas que testan en el camino público que va para la mar.
Mas en la Veiga da Lagoa una pieza donde llaman Cardido que lleva tres ferrados de pan...
Mas la mitad de una pieza de heredad en Figueirido de servidumbre con D. Juan que lleraná de sembradura fanega de pan y testa con el camino de Moreiras.
Mas en donde dicen A Lagoa una pieza de heredad que está de servidumbre  con la fábrica de Reinante que llevará un celemín de pan...
Mas otra pieza de heredad donde dicen Pedregal que llevará dos ferrados de pan...
Mas en la Veiga de Pergontoiro una heredad donde dicen o Seixo, que llevará de sembradura tres ferrados de pan...
Mas otra heredad en el Coido, que llevará dos ferrados de pan...
Mas una heredad en Ribeiras que llevará un celemín de pan...
Mas donde dicen o coto, dos piezas de heredad, la una de ellas llevará tres ferrados de pan (...) y la otra lleva una anega de pan...
Mas otra pieza de heredad donde dicen O Pereiro que llevará un celemín de pan...
Mas un prado donde dicen O Castro que llevará de sembradura medio celemín de pan (...)la cuales dichas heredades lleva el cura que es de dicha iglesia y las llevaron sus antecesores.


En outubro de 1693, Sendo bispo de Mondoñedo Frei Miguel Quijada realizou visita pastoral a parroquia. Non parece que fose moi satisfactoria a visión que tivo do templo si lemos a descrición e o mandato que fixo ao cura e a freguesía, con ameaza de excomunión, como acostumaba a suceder, si se desobedecían as súas ordes. En resumen dixo que estaba indecente, que necesitaba pintura e que a Capela Maior era máis baixa que o corpo de igrexa e que tiña que ser arranxado facendo un escote entre os fregueses aportando o rico como rico e o pobre como pobre.

… Por cuanto habiendo estado personalmente Su Ilustrísima en la parroquia de dicha feligresía de San Miguel de Reinante y visto ocularmente que la Capilla Mayor de dicha iglesia estaba muy indecente así el Retablo, imágenes, como las paredes, altura y edificación de ella, por ser mas baja dicha Capilla Mayor que el cuerpo de la iglesia, haciendo por esta razón grande disonancia y fealdad para estar colocado el Santísimo Sacramento en ella con la veneración y culto posible (...) Por tanto mandaba y mandó Su Ilustrísima que dichos vecinos a su costa, (...) levanten la dicha capilla y la pongan igual y de la misma altura que tiene el cuerpo de dicha iglesia, blanqueando sus paredes de suerte que estén limpias y con la decencia debida; y para ejecutar esta obra por el menos coste que se pudiere, mandaría y mandó Su Ilustrísima al dicho Don Gregorio Fernández Vidal, cura de dicha parroquia, con intervención de dicha feligresía llamen maestros y pongan cábalas  para que se remate con el que por menos coste se obligase a hacer la dicha obra. Y para su satisfaccíón y coste, el dicho cura con asistencia de tres o cuatro personas, en la manera que se acostumbra, haga repartimiento de la cantidad en la que se ajustase la dicha obra entre los dichos feligreses y vecinos de la dicha feligresía, repartiendo al rico como rico y al pobre como pobre lo que le correspondiese de manera que no se haga agravio, y después de hecho el dicho repartimiento cada uno pagará lo que le fuere repartido dentro de dos meses, para que dentro de seis meses, que se contarán desde la publicación de este auto (…) esté ejecutada dicha obra y cada uno de los feligreses por lo que les toca cumpla lo aquí mandado dentro de término señalado (...) so pena de excomunión...

Non coñecemos os motivos concretos, pero non se cumpriron os desexos do señor bispo tal como tiña proxectado, parece ser que as carteiras dos veciños non estaban para alegrías e houbo de buscar unha solución alternativa. Máis adiante no mesmo libro podemos ler a solución que se deu para poder facer as obras descritas.

... Para cumplimiento del mandato (…) sobre que los vecinos levanten las paredes y techo de la Capilla Mayor, deseando Su Ilustrísima que cuanto antes se ejecute y, considerando los caudales y cortos medios de dichos vecinos, daría y dio licencia Su Ilustrísima para que dicho cura pueda sacar, sin incurrir en pena alguna, trescientos reales de las cofradías de dicha feligresía, expresamente ciento de la Cofradía del Santísimo y doscientos del la de Nuestra Señora, para ayuda del coste que tuviese dicha obra, respecto consta a Su Ilustrísima tener alcance y estar surtidas dichas cofradías de cera y lo más necesario.

¿Foron as obras do ano 1693 ou seguintes as que deron a igrexa o tamaño e a forma que tivo ata principios do século pasado?. Probablemente. Nas indagacións que fixemos non atopamos máis obras deste tipo que nos levase a pensar nunha modificación considerable da igrexa, pero non o afirmamos de forma categórica, outra obra que coñecemos, e da que falaremos máis adiante, non lle encontramos reflexo nos ditos libros.

Século XIX
Damos un salto ata o século XIX e no ano 1883 encontramos un acontecemento que pon nome ás dúas campas da igrexa e máis a da capela do San Esteban da Pagá. Don José María Maseda Leitón, cura ecónomo (provisional) de San Miguel en función de delegado episcopal bendice e consagra:

...las dos campanas que existen en la troneras de la espadaña de la iglesia de San Miguel, en honor la una de Jesús María y José y la otra de Santa Bárbara, asimismo practiqué igual ceremonial y en honor de Santo Domingo en la pequeña campana que existe en la espadaña de la capilla de San  Esteban, términos de esta parroquia, a cuya solemnidad asistió gran concurrencia que fue testigo de todo, y entre el, lo fueron también como ministrantes Don Jesús Llenderrozos Quintana coadjutor de estas feligresías y el presbítero de ellas Don Domingo Silva...

E como delegado do señor bispo para tal función, recibiu do Bispado, a auga bendita utilizada para tan solemne acto. No mesmo libro, na parte dos gastos dese ano aparece literal:

Coste de una botella, que vino de Mondoñedo con agua para bendecir las campanas, dos reales.

É xusto pensar que as campas estaban sin bendicir quizais porque eran novas ou levaban pouco tempo na igrexa.  Unha delas colocárase na espadana o ano anterior, en 1882 temos unha anotación do gasto que supuxo o colocala no seu sitio:

Conducción, encepe y colocación de una campana y bajar la vieja, ciento treinta y seis reales.

Observamos por esta época de finais do século XIX unha costume na celebración da festividade do Patrón, e é que a Igrexa colaboraba con unha achega para tal evento, concretamente para os fogos, ou polo menos eso era como se anotaba:

1882. Que di al mayordomo, según costumbre, para la fiesta del Patrono, cuarenta reales.
1883. Se dieron, según costumbre al mayordomo del Patrono, para fuegos cuarenta reales.
1884. Di al mayordomo según costumbre para la fiesta de patrono cuarenta reales.


Novo cura titular da parroquia.
En 1885 faise cargo da parroquia Don José Ramón Pérez Rodríguez. Rexeu a parroquia durante 26 anos, ata o seu falecemento o 6 de outubro de 1911. A sua sepultura esta situada na parede do fondo a esquerda no cemiterio do pobo, cuxa xestión e edificación, estivo ao seu cargo desde o momento en que Venancio Santar Abraído fixo o seu legado. Ignoramos de onde era natural, o oco inferior da mesma “propiedad del párroco José Ramón Pérez Rez.” está ocupada por D. José Pascual Peréz Rodríguez (posiblemente irmán) que faleceu sendo párroco de San Xusto de Cabarcos en 1894, seis anos antes de levantar o cemiterio, o que nos indica que os seus restos foron trasladados desde outro enterramento anterior.

Durante eses 26 anos executáronse moitas melloras e fixéronse adquisicións que modificaron a imaxe exterior e interior da igrexa de San Miguel, moitas delas perduran a día de hoxe, outras perdéronse con algunhas reformas dos últimos anos, como o enreixado de ferro do presbiterio ou o púlpito. O seu sucesor José Teijeira Moreda á súa chegada a parroquia en 1914, nun libro inventario das pertenzas da parroquia e da reitoral, fixo un reconto de ditas obras detallándoas da seguinte maneira:

...Como obras extraordinarias deben anotarse, por orden cronológico las siguentes de D. José Ramón Pérez Rodríguez:

En 1896.- la verja de hierro del batisterio y la pavimentación del templo.

En 1897.- la capa de damásco blanca y rojo y la verja del presbiterio.




Esta obra (o enreixado da foto) tamén aparece no libro de Fábrica como doazón dunha persoa devota que mandou preservar o seu nome.

  1898.- tres albas nuevas de bastante mérito

1899.- Una pila nueva de mármol para el agua bendita y una puerta nueva que se abrió en la Sacristía con solera y escaleras. (esta última anota no libro noventa y tres pesetas.)

No ano de comenzo de século inaugurouse o novo cemiterio construído a expensas do legado de Venancio Santar Abraído. “mediante la superior aprobación del Sr. Obispo y el expediente civil, documentos que obran en este archivo”. Obra que non contou co beneplácito “de varios propietarios y vecinos”  que escribiron ó gobernador civil invocando “la salud pública como máxima ley” (la Idea Moderna, 23 outubro 1900)

D. José Teijeira anota tamén este ano un fermoso terno negro de primeira e un palio de tisú que aproximaron a 900 pesetas. Valora as obras do novo cemiterio en “más de 1.000 pesos”

1901.- En este año se terminaron las obras del nuevo cementerio incluso la capilla y se adquirio una imagen de la Virgen del Carmen, limosna de una persona devota.

1902.- En este año se adquirió un monumento de semana santa con escalera  y custodia donativo de una persona piadosa.

También se adquirió cuartillo y medio de tierra para poder cerrar el atrio, quedando cerrado en este mismo año sin que le cargase nada a la fábrica, contribuyendo la parroquia en el servicio y acarreo de materiales y lo demás por cuenta y buscas del que subscribe. 

 
A construción da parede do atrio o cura José Teijeira no seu libro inventario di que foi no ano 1903, e engade: “con la cruz de mármol comprimido y dos cancillas”. 

Cremos que se refire a cruz que esta sobre a parede do cercado cara a rúa que vai ó rio, que ten na base unha placa coa inscripción “C. Simal 1904 Rivadeo”. Anota tamén neste mesmo libro adquisición de tres casullas de diversos colores.

1904.- Son también data novecientas cuarenta y tres pesetas y cuarenta céntimos que importaron las obras de la iglesia parroquial consistentes en todo el artesonado o cielorrasado, armar la capilla de San Antonio, retejar la dicha Iglesia, zócalo de porlán y otros repasos interiores y exteriores.

1905.- Se hacen dos confesionarios de librillo aprovechando la madera que sirvió de los viejos, para la capillas del Rosario y de San Antonio. 1906.- Por la construcción de un púlpito hecho de madera de castaño con su correspondiente escalera, barnizado y dorado para la iglesia parroquial setecientas cincuenta pesetas.

1907.- De sollar y cielorrasar el coro de la iglesia parroquial con madera de pino rojo  ciento quince pesetas.
Un estandarte de damasco verde con cruz y remates de plata.

1908.- se cargó tres mil trescientas treinta y ocho pesetas por las obras de reparación hechas en la Iglesia parroquial, capilla mayor y sacristía según demuestra el recibo del maestro Don Pascual Rubiños, fecha veintidós de octubre y  con la oportuna licencia del superior.

Destaca este ano como o de máis gasto en obras da igrexa. Obras que posiblemente cambiaron o aspeto da parte do altar maior a da sacristía. Ás citadas anteriormente hay que engadir a do retablo do altar maior que foi donativo anónimo igual que o seu vernizado e dourado feito o ano seguinte. Estamos falando do retablo do altar maior da igrexa colocado fai 112 anos. E non pasamos por alto o nome do autor Pascual Rubiños. Facendo unha busca na Rede aparece como ebanista e mestre de obras, con taller en Mondoñedo, en varias páxinas, en dúas delas vemos que tamén é o autor do retablo da ábsida románica de Santa María de Viveiro en 1901 (www.Semana Santa en Viveiro.com. “Procesión del encuentro de Resurrección”) e do retablo da Igrexa Parroquial do Carme de Mondoñedo no 1900 (Terra e Tempo.gal. “A Rilleira de Ambroz” de Xosé Isidro Fernández.)

Este año se colocó el retablo del altar mayor de madera de castaño, cuyo importe fue dos mil pesetas que no se cargan a la fábrica por ser un donativo. También se coloca en al sacristía el vestuario de ropería, mueble de castaño cuyo coste fueron  doscientas ochenta y tres pesetas que tampoco se cargan a la fábrica.

1909.- En este año se adquirieron las imágenes de los Sagrados Corazones de Jesús y de María, donativo de unos señores de Madrid, y de la Virgen de los Remedios oferta de una persona de esta parroquia residente en la Argentina...

1910.- En este año se doró y barnizó el altar mayor de esta parroquia costando la cantidad de mil cien pesetas donativo de un particular.

Con un novo altar maior este ano tamén se suma ao patrimonio  da parroquia e ou culto unha nova imaxe para lucir nel: a do santo Patrón



En este año se adquirieron las imágenes del arcángel San Miguel y de San Ramón por donativo de una persona piadosa de esta parroquia.

Sobre todas estas obras e compras  D. José Teijeira Moreda anota no seu caderno:

...si bien tuvo para ellas limosnas de consideración, no por ello le es menos deudora la iglesia, sino mas bien un motivo de mayor reconocimiento ya que eso mismo se debe a su celo y actividad. Digno de eterna memoria es el difunto párroco de San Miguel...

Como vimos D. José Ramón tivo doazóns importantes para a igrexa, empezando pola que supuxo un novo cemiterio, que por outra parte significaba una fonte de ingresos para a fábrica pola venda de novos nichos a razón de 150 pesetas a propiedade de tres ocos.

Persoas devotas e desprendidas hainas en todas as parroquias, e máis naqueles anos que as crenzas relixiosas eran máis profundas, e eran máis as persoas que vivían unha vida piadosa e de caridade coa esperanza de non perder a luz que ilumina o camiño da vida eterna. Non é menos certo que D. José Ramón coincidiu en San Miguel con unha familia que, polo que puidemos coñecer dos seus membros, consideramos que eran devotos crentes e gozaban dunha posición económica desafogada: A familia Santar Abraído. Os descendentes do cirurxián Fernando Santar, as tres fillas solteiras, Escolática, Carmen e Vicenta, e o fillo, Venancio, que finou en 1898 despois de volver da emigración con capital suficiente, como para dotar a parroquia con un novo cemiterio e deixar un legado para repartir a cen mozas pobres e honradas, que algunha noticia de prensa valoraba en 80.000 pesetas da época, e que sete anos despois de falecido,  as supostas beneficiarias estaban reclamando. Eran catro os administradores testamentarios encargados: Domingo Pazo Basanta, Ramón López Fernández, o cura D. José Ramón e a irmá do filántropo, Vicenta. Por outra parte as tres irmáns viviron mentres o párroco gobernou a parroquia. Escolástica morreu no ano 1896, Carmen no 1900, e Vicenta, a máis nova, no 1932; pero hai un dato máis, Carmen ao morrer deixou unha filla maior de idade e un fillo de 11 anos, Fernando, cuxo destino parecía marcado polas circunstancias persoais cara ao seminario. Fernando morreu aos 31 anos de idade sendo presbítero en 1920, e deixou como legado a igrexa e ao párroco D. José Teijeira, as súas pertenzas persoais relativas ao culto, e dicir: un cáliz de prata con patena e culleriña do mesmo metal dentro dunha caixa de madeira, recuberta de pel e forrada de terciopelo;  unha casulla branca, estola e manípulo; un alba, tres bonetes de raso, tres  sobrepelices e outras prendas máis. Este cáliz ten a súa pequena historia, pois foi entregado “con outros muchos objetos en Palacio” para as igrexas devastadas. Posteriormente ao falecemento de D. José Teijeira, as súas sobriñas Josefa e Regina regalaron a parroquia de San Miguel outro cáliz e patena metidos na mesma caixa de pel. Asi o recolle D. Manuel Maseda Otero no libro de inventarios en 1945.

Exposto isto, tampouco temos máis probas documentais para soster que a familia Santar estivera detrás de algunhas das doazóns para as obras descritas na igrexa de San Miguel durante estes anos, só é unha coincidencia temporal e non pasan de ser indicios circunstanciais.

Despois de D. José Ramón Pérez Rodríguez a parroquia foi atendida provisionalmente por Vicente García Hermida, de Ribadeo.

Nesta provisionalidade, nos primeiros anos do século XX, o século dos avances tecnolóxicos, o templo foi testemuña da chegada da modernidade industrial ás parroquias e vilas da Mariña. En 1912 instalouse na igrexa a luz eléctrica. O evento visto coa perspectiva dos anos que pasaron tivo que ser todo un acontecemento. Posiblemente outras casas e negocios de San Miguel xa desfrutaran da enerxía eléctrica. A central “Electra del Masma”, construída por José Reimunde e Damián López no Rio Masma cerca da Cazolga, empezara a producir enerxía eléctrica cinco anos antes aproximadamente, e xa tiña tendidos ata Lourenza, Foz e Ribadeo.  Quedaban atrás as lámpadas de aceite, as velas, os candís de carburo... no que se refire a iluminación doméstica, porque a cera, como en séculos pasados, seguiu sendo por moitos anos un artigo insubstituíble e un capítulo importante no culto das nosas igrexas.

1912.- Por instalar la luz eléctrica en la iglesia 9,50 pesetas
Por arreglo y ampliación del atrio 273,50 pesetas
Este año se adquirió la imagen de la Purísima.
  Por construcción de un altar nuevo para la Purísima Concepción 208,50  pesetas
Por arreglo del armónium y materiales para el mismo 51,35 pesetas.

A partir deste ano tamén aparece un gasto máis nas contas da igrexa:

1917.- Por alumbrado de la iglesia a Eugenio Leitón 14 pesetas.
1919.-Por alumbrado eléctrico durante el año a Eugenio Leitón 23,50 pesetas.

Nota: As imaxes anteditas presiden o altar maior da igrexa, O Sagrado Corazon de Xesús, A Purisima, o Arcanxo San Miguel, San Ramòn Notato e a dereita (fora da foto) O Sagrado Corazón de María, pero non podemos confirmar que sexan as adquiridas nestes anos descritos.


Novo cura titular da parroquia.

El parroco que subscribe tomó posesión de este curato de San Miguel de Reinante el día veintiocho de junio de mil novecientos catorce.
José Teijeira y Moreda



A nós chegaron referencias orais que se referían a José Teijeira como o “Cura do Claveiro”. Era natural de Santa Cilla, parroquia do Concello de Foz, e non tivo relación coa familia Claveiro ata que Regina, unha sobriña que o acompañaba en San Miguel, se casou con José María García Díaz, O Claveiro. Os recordos que nos transmitiron tamén falan dunha persoa bondadosa xusta e comprensiva.

Foi cura de San Miguel durante 30 anos, entre eles os do levantamento militar franquista, difíciles sempre, mesmo en zonas onde o enfrontamento armado non foi salientable.


Na sua permanencia ao fronte da parroquia fíxose o cambio mais visible na igrexa: a torre da entrada principal. O cemiterio novo seguía sumando sepulturas a razón de 50 pesetas por oco.  Paralelamente seguen as obras nel e no atrio da igrexa, na parte que ocupara o vello cemiterio.

1915.-  Por arreglar el reloj de la iglesia a don Gervasio González seis pesetas.
A José Barreira por veintitrés días de trabajo en el cementerio de arriba cuarenta y seis pesetas.
Al mismo Barreira por sacar escombros y otros arreglos en el cementerio viejo treinta y nueve pesetas y cincuenta céntimos.
A Plácido Blanco por arrastre de arena para el mismo cementerio y para el de arriba en tres días de carreteo dieciséis pesetas.

1916.- A Gervasio González por un confesionario nuevo hecho por orden del señor obispo, noventa y ocho pesetas y treinta céntimos.
A Doña Amadora Moreda por artículos de ferretería para poner ventanas en la iglesia de  poder cerrar y abrir, trece pesetas.
A Gervasio González por 30 fanegas de cal para las obras del cementerio nuevo que hago debidamente autorizado, ochenta pesetas.
Por una pila de marmol para bautizar, traida por orden del sr. Obispo, ciento ochenta pesetas.

1917.- A Enrique Fernández por levantar dos paredes del cementerio nuevo y algunos materiales para ellas autorizado por el prelado doscientas sesenta y ocho pesetas y cincuenta céntimos.
A Narciso López carpintero de esta parroquia por el artesonado del retablo un candelabro de cerezo para el cirio pascual y una caña (?) para las tres marías le pagué cincuenta pesetas.
A José Ramil cementarista de Ribadeo por una cruz para el cementerio viejo cincuenta pesetas.

Pensamos, sin moitas dúbidas, que esta cruz era a que estaba encima dun libro aberto, tamén de cemento, era o monumento de recordo do camposanto vello. Estaba pegado a casa que se tirou nos anos noventa para ampliar a entrada ao atrio, e nesa obra desapareceu do seu sitio.


A José Ramil por once remates para las columnas del antiguo cementerio cuarenta y dos pesetas.


A Juan Antonio Fernández, maestro de obras, por dar cales a las paredes de cementerio, menos la del poniente, y materiales que trajo, peones y obreros, trescientas sesenta y cuatro pesetas y sesenta céntimos.
A Ricardo Barreira por catorce días de jornales en los cementerios y atrio treinta y cinco pesetas.


1918.- A Gervasio González por una cruz de cemento para el cementerio nuevo  su colocación sobre el osario común y cerrar los dos huecos del mismo treinta ptas.



Esta anotación refírese a exhumación de restos do antigo cemiterio no fronte da igrexa e o traslado a dous nichos do novo, situados na parede do fondo a dereita, que conserva a dita cruz de cemento.

Reforma del coro por el maestro Gervasio González doscientas ochenta y una pesetas y setenta y cinco céntimos.
Escalera del campanario hecha por el mismo maestro doscientas treinta y nueve pesetas y veinte céntimos.

1920.-  A Francisco López, vinotero por cinco arrobas de vino para celebrar, sesenta y dos pesetas y cincuenta céntimos.”
 Una pila de agua bendita de mármol de las Sasdónigas, de las modernas, con llave de metal cincuenta pesetas.
Una lámpara de plata meneses que arde en el altar de la Inmaculada Concepción que donó para este fin Doña Concepción Rodríguez Murias.
Una preciosa imagen del Niño Jesús que regaló dicha señora para el catecismo de esta parroquia.

1921.-  Arreglar la araña y reparación de piezas destrozadas y rotas al caerse pagué a D. Eugenio Leitón veinte pesetas.
 
1926.- Por reforma del presbiterio y pavimentación del mismo en mármol y mosaico con cemento mano de obra y demás gastos pagué a don Gervasio González autorizado por el Sr. Obispo, seiscientas cincuenta y cinco pesetas y noventa y cinco céntimos.

1927.- A Máximino Rocha por arreglar el altar del Rosario cuarenta pesetas
Por la pintura a Ramón Abraído, veintinueve pesetas y cincuenta y cinco céntimos.

Nota: para hacer constar que Dª Manuela López regaló para el altar de San Antonio un juego de manteles, y Dª María Dorado de Méndez un frontal Blanco para el altar mayor pintado de su mano en Cienfuegos, La Habana.
Asinado: José Teijeira y Moreda.

Este ano aparecen amais unha serie de regalos de varias persoas devotas, como son dous candelabros e un crucifixo, unha coroa e un manto negro para a Virxe dos Dores “y finalmente una imagen preciosa del Stmo. Rosario”, que donó la virtuosa Srta Rosa Martínez Rodríguez.


Falamos máis arriba dunha obra da que non encontramos información nos libros do arquivo parroquial, sendo precisamente a que despertou a nosa curiosidade para empezar a  escrutar a historia da parroquia. A obra non foi menor, estamos falando da torre da igrexa, e xa non encontramos testemuñas orais que nos falen dela. Só chegaron a nós dúas fotos da obra, e si unha imaxe vale máis que mil palabras neste caso temos o dobre. Estas imaxes certifican que a nosa igrexa mudou a fachada da entrada principal, cambiando unha espadana barroca con unha parte alta de cantaría de tres vanos con dúas campas nos dous inferiores, por unha torre campanario de base cadrada con catro partes diferenciadas. As dúas primeiras de granito, a terceira de ladrillo recebado de cemento, no que están os ocos das campas de do reloxo, e a máis alta, do mesmo material formando unha cúpula circular con 8 ocos con arco de medio punto.




A fotografía da fachada antiga indícanos que as obras empezaron despois do ana 1917, pois xa se ve a esquerda un remate das columnas do cemiterio vello que se puxeron ese ano, e hai outros dous datos que nos dan algunha sinal de que está rematada. No decorrer dos anos nesta historia chegamos ao ano 1929, e aquí encontramos dous apuntes de gasto que parecen complementar unha torre xa acabaada:

Adquisición de materiales y colocación del pararrayos de esta iglesia, pagué a un técnico de Villanueva, doscientas treinta pesetas.

A Don Ramón Martínez Pérez por montaje y materiales de los dos yugos de las campanas, cuatrocientas quince pesetas.

O pararraios poríase, como é natural, no cumio da torre, pero non é unha sinal fiable do remate, porque puido pasar un tempo, incluso anos, sin o aparello; non así as campas, no nos imaxinamos unha igrexa sin campas, e como se ve na foto da torre en construción, xa están colocadas antes de desfacer o andamio. Si ben o apunte do libro só fala dos xugos de madeira e a colocación, tamén nos parece natural que coa torre nova subiran as campas con madeiras novas. Con estes datos parece que podemos concluír que  no ano 1929 estaba rematada.

Quedan algunhas incógnitas amais dos anos concretos de construción: quen promoveu o cambio, de onde saíron os fondos ou quen pagou a obra.  Dolores García, sobriña do cura José Teijeira Moreda, informounos que cría recordar que para rematala o seu tio tivera que vender unha terra; si isto foi así tamén cabe a posibilidade de que fose construída en “dúas fases”.

Outros apuntes deste mesmo ano tamén son obras de reparación e adecentamento.

1929.- A Narciso Dorado López por dar cales al frente norte de la iglesia, cuatro cientas ochenta y seis pesetas y cincuenta céntimos.
Por dos carros de losa traídas de las canteras de la Insua, treinta y cinco pesetas.

Si no ano 1929 se deron cales pola fachada norte, no 1930 foi a fachada sur a renovada. Tamén se fai unha mesa de autopsias xa desaparecida, recordemos que estaba nun pequeno recinto pegado a parede do cemiterio onde hoxe están os lavabos.

Por traslado del cementerio de párvulos, construcción del nuevo, cales cemento y mesa de autopsias, pagué a D. Maximino Rocha trescientas noventa y cuatro ptas.

1938.-  A Narciso Dorado se le pagan por cemento y empleo en el suelo de la  torre de esta iglesia veintitres ptas.
Este año hubo el donativo de una imagen de San José que regaló a esta iglesia Dª Dolores García Díaz.

1942.- Una piedra de marmol para la entrada del cementerio 10 ptas.

Hago constar que Don Manuel Martínez Murias pago setecientas ptas. A Narciso López por pintar, barnizar a muñeca el retablo del altar del Carmen, o sea con goma laca.
San Miguel mayo de 1951

1943.- Cuerda y alambre a Abraído para toque de campanas desde casa veinte ptas y cincuenta cts.

Durante este año de 1943 falece  D. José Teijeira Moreda, e ata abril de 1945 firma os libros da parroquia, (P.O.) D.Manuel Maseda Otero párroco de Santiago de Reinante. Desde abril de 1945 ata xuño de 1949 pasa a exercer como cura D. José Louro Méndez que logo sería cura párroco de Benquerencia.
En xuño de 1949 faise cargo da parroquia D.Benjamín Prieto, durante 5 anos.

1952.- A Benigno Rocha  por hacer las cancillas del atrio, las tres, quinientas una ptas.

En xaneiro de 1955 toma posesión da parroquia como cura titular D. Pedro Cedrón Rivas que era natural de Ferreira a Vella, concello de Riotorto, e anteriormente fora cura párroco de Rinlo, onde ten unha rúa dedicada ó seu nome. Exerceu ata mediados do ano 1966.

1957.- Reparación del armonio, material y mano de obra doscientas diez ptas.
A Ramón González por material y mano de obra para pintar la iglesia quinientas ochenta ptas.

1958.- Por reparación del reloj a Celso Vázquez setenta y cinco ptas.

1964.- Reparación del armonio al “Valenciano” de Ribadeo y material trescientas ptas.

En setembro de 1966 faise cargo da parroquia D. Ricardo Díaz e durante 1967 fai obras de  pintando de toda a igrexa por dentro, dota a igrexa de bancos novos retirando así todos os reclinatorios particulares que cubrían a maior parte da superficie da igrexa. Realizando estes traballos de pintura foi cando, por casualidade, se descubriu o arco de cantería, que estaba cuberto con unha capa de cal, situado entre o presbiterio e a nave da igrexa.

Por bancos y obras en la iglesia 86.237 pesetas

A don Ricardo, que pasou a ser arcipreste de Ribadeo, sucedeuno en 1980 D. Jesús Otero Méndez ata o seu falecemento en febreiro de 2014. A sua aportación máis salientable para a igrexa foi quizais comprar e derrubar a casa pegada ao xardín do atrio, para facelo máis amplo e unha entrada máis accesible. Nos últimos anos tivo qu exercer simultaneamente como cura de varias parroquias da contorna.

Desde abril de 2014 é párroco de San Miguel, e outras varias parroquias da Mariña D. José Boullosa.





lunes, 16 de marzo de 2020

DON ANTONIO; UN MESTRE “REPUBLICANO” EN SAN MIGUEL.


Texto: Ramón Casas Oroza
Documentación: Seminario de Estudos Os Espigueiros



INTRODUCIÓN
Como ben dixo o filósofo Jorge Santayana, “aqueles que non recordan o pasado están condenados a repetilo”.  E o pasado non se refire só a aqueles tempos remotos dos castros ou dos señores medievais. O pasado é tamén aquelo que sucedeu hai relativamente pouco tempo, aquelo que aínda está na memoria de xente coa que convivimos pero que, desgraciadamente, se está perdendo con cada unha das persoas que nos van deixando.
Inevitablemente, cando empezamos un traballo coma este, véñensenos á cabeza as ocasións que temos  perdido de falar deste tema coa xente que o viviu, coa xente que formou parte deste cacho de historia que intentamos clarexar. Se cadra é mellor así. Hai moitos historiadores que manteñen que para facer historia se precisa un certo afastamento dos feitos que evite distorsións de tipo emocional que nos poden levar a sacar conclusións erróneas ou tendenciosas.
Cando desde “Os Espigueiros” me pediron esta colaboración e me facilitaron toda a documentación que tiñan recollida, non dubidei nin un segundo en aceptar a proposta. Coñecía de oídas a historia de don Antonio. Moitas veces lle tiña escoitado ao meu sogro falar, emocionado, do seu mestre. Daquel mestre que se tivera que marchar porque era “doutras ideas”. Pero nunca tivera ocasión de indagar máis a fondo sobre aquel tema. Agora tiña nas miñas mans o seu expediente de depuración grazas ao traballo de investigación do Seminario de Estudos Os Espigueiros e non podía perder unha ocasión como a que se me presentaba. Non sei se fun quen de aclarar algo ou se quedan aínda máis dúbidas que despexar das que había ao principio. Non sei se ten sentido publicar isto agora que xa faltan case todos os que foron partícipes desta historia. Pero o que si sei é que é moi interesante, e moi necesario, que coñezamos algo que pasou aquí mesmo, cunha xente igual ca nós, entre veciños como os que agora convivimos nesta parroquia; e que sexamos conscientes de que non estamos libres de que o mesmo que pasou no 1936 poida pasar en calquera momento.
No momento histórico que estamos a vivir, no que a nivel mundial se está notando un rexurdir de forzas de ultradereita que nunca pensamos que se puidese producir, creo que é ben recordar que todos os avances conseguidos despois de moitos anos poden derrubarse nuns poucos días.
 
O MESTRE “REPUBLICANO”
Antonio Pérez López, don Antonio, como era coñecido na parroquia chegou a San Miguel o 14 de novembro de 1931 para facerse cargo, como mestre propietario, da escola número 2 de nenos desta localidade.
Nacera en Lugo en 1904 e casou, estando en San Miguel, con Josefa Montesinos Coya, natural de Redondela e veciña de Vilalba. Durante a súa estancia nesta parroquia tiveron un fillo e unha filla; Antonio, bautizado o 14 de marzo de 1934  e María del Carmen, bautizada o 5 de maio de 1936, ambos os dous na igrexa parroquial de San Miguel de Reinante.
Era don Antonio un mestre “raro” un deses mestres “xenerosos, responsabeis e conscientes da súa función, os que como no conto de Manuel Rivas, non só se preocuparon polo mundo grande alén do Cadramón e do Cantábrico, senón tamén polo pequeno, isto é a espiritrompa ou lingua das bolboretas, para facer deste xeito unha escola de preguntas, de investigación e de aprendizaxe compartida”, en palabras de Antón Costa Rico. Un mestre que en vez  das “copias”, da repetición memorística sen sentido, dos problemas de matemáticas absurdos e descontextualizados, afirmaba en 1935  “Los maestros necesitamos sensibilizar  los conceptos a los niños para que éstos lleguen a su comprensión, porque las generalizaciones y definiciones abstractas no son captadas facilmente por sus inteligencias en formación”.  E para iso é preciso que os nenos experimenten, toquen, vexan, ulan as cousas que os rodean. “No se retiene lo mismo un objeto observado en láminas o grabados que percibido de una forma sustantiva, puesto que con la percepción directa, independiente de las cosas, se facilita la asociación del nombre de las mismas  con múltiples cualidades sensibles”
 Un mestre que coñecía e seguía as novas tendencias da pedagoxía española e europea, que coñecía as achegas da Escuela Moderna de Ferrer i Guardiá, da Institución Libre de Enseñanza ou da Escola Nova propugnada entre outros por Freinet. Todas elas conducentes á posta en práctica do que se denominou como “escola activa” e todas elas consideradas como “envenenadoras del alma popular” polos ideólogos franquistas.
É por iso polo que podemos cualificalo de mestre “republicano”, xa que aínda que, como veremos no estudo do seu expediente, el nega ter sido defensor da República, os seus métodos, os seus intereses e a súa maneira de actuar coinciden plenamente co que os historiadores deron en chamar “os mestres da República”


A EDUCACIÓN NA II REPÚBLICA
Ao proclamarse a II República en abril de 1931, máis do 30 por cento da poboación española era analfabeta, a educación estaba,  na maioría dos casos, en mans de institucións relixiosas e era máis un privilexio ca un dereito. Ante este panorama desolador, os primeiros gobernos da República fixáronse como prioridade mellorar a formación da poboación, de nenos e adultos, xa que consideraron que a educación era a base sobre a que levantar un país pobre e analfabeto. Había que implantar un Estado democrático e necesitábase un pobo alfabetizado. Era preciso “crear cidadáns en vez de súbditos”. O compromiso dunha xeración de mestres, mestras e intelectuais foi total con ese obxectivo republicano de cultura e escola para todos, sen discriminacións sociais, económicas ou de xénero. Por iso, Azaña, exaltando o empeño emprendido,  afirmaba que “la escuela pública debe ser el escudo de la República”.
Para conseguir isto duplicaron o número de escolas. Pero iso non era suficiente. Era preciso levar a cabo unha profunda renovación pedagóxica. Esta renovación nutriuse do espírito da Institución Libre de Enseñanza, das achegas de movementos pedagóxicos como a Escola Nova e a Escola Moderna, e das ideas dos reformadores da educación europea de principios do pasado século.
Isto deu como resultado un sistema educativo centrado no alumnado, converténdoo no protagonista das clases e da súa formación. Os nenos e as nenas saían ao campo para estudar ciencias naturais; tratáronse de substituír os monótonos coros infantís recitando leccións de memoria polo debate participativo e pedagóxico; os nenos e as nenas empezáronse a mesturar nas mesmas aulas, onde se educaban en igualdade, e favoreceuse un tránsito sen sobresaltos desde o parvulario á universidade. Foi unha escola na que se educou ás crianzas atendendo á súa capacidade, á súa actitude e á súa vocación, non á súa situación económica.
Así o facían tamén, e como exemplo, Antonio Pérez López e Arévalo Simón, desde as escolas de nenos de San Miguel e de Santiago de Reinante, ao propiciaren a edición da revista escolar El Pequeño Escolar: un xornal “de” e “para” os nenos que, con formato case de tabloide, comezou a editarse o 1 de febreiro de 1935 e do que coñecemos once números editados ata xullo de 1935. Foi editado nunha imprenta comercial e en cada numero incluíanse unha media de 18 textos que, na súa maioría, eran textos infantís, relacionados coa vida social, co contexto e coa vida escolar. Interviñan aquí varios mestres e, de feito, os textos proceden de vinte escolas da comarca da Mariña, das cales sete delas eran as mais representadas. O grande animador e mestre era Antonio López Pérez e tamén Gregorio Sanz García, por quen coñecemos inicialmente esta colección, tivo nela intervención.
El Pequeno Escolar era un instrumento de comunicación interescolar na perspectiva dos xornais escolares de orientación freinetiana, que se enviaba a algunhas outras escolas de localidades fóra de Galicia, aínda que apenas se alude nel a outros xornais infantís. Son pícaros e nenas as que escriben e fano raramente en galego.
Referímonos igualmente a mestres que escriben. Antonio Pérez deixounos constancia disto no seu relato “Excursión escolar en San Miguel de Reinante”, publicado na Revista de Pedagogía en 1935 dando conta da excursión monte arriba para mellor observar a rasa do Cantábrico.

Antón Costa Rico - Uxía Bolaño Amigo. Represión política e castigo do profesorado republicano na provincia de Lugo.
As consecuencias do 36


A CHEGADA DA DITADURA: A DEPURACIÓN DO PROFESORADO

Tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, prodúcese o estalido da Guerra Civil, unha guerra que foi catalogada de relixiosa, de “cruzada”, segundo os gobernantes e ideólogos da época.

Estamos  entrando nunha época que foi cualificada como “a longa noite da escola franquista”, unha escola de himnos e de rezos, de crucifixos, de fotos de Franco e de José Antonio, unha escola de copias e contas, de ensino memorístico e medo. Desaparece o laicismo do ensino; decláranse obrigatorias as ensinanzas da Relixión e Historia Sagrada; rescátanse tradicións do culto como o exercicio do mes de María ou a saudación “Ave María Purísima”...
Tratábase de borrar todos os aspectos de renovación e avance educativos.
Fronte á idea republicana de “formación de cidadáns libres e iguais” agora tratarase de “formar leais e entregados súbditos da nova España que se estaba construíndo”. Todas as materias terían un marcado cariz ideolóxico e irían  dirixidas ao adoutrinamento neste sentido.
O segundo alicerce sería a defensa dos valores católicos na súa versión máis integrista ou nacional católica. O Estado desentendeuse da educación e a Igrexa alcanzou un poder educativo moitísimo maior que o que tivera nunca a cambio de que se inculcase o ideario do novo réxime na escola. Pola súa banda, a Igrexa non tivo ningún problema en aceptar esta condición.


Ou, en palabras do profesor Costa Rico, “Fronte ao modelo escolar liberal e republicano, o novo aparato ideolóxico escolar preconizaba  unha  rancia formación e inculcación ideolóxica españolizadora, patriótica e militarista, desde unha interpretación escurantista da relixión e moral católicas, así como dos valores católicos hispanos, poñendo en marcha para estes efectos unha intensa maquinaria administrativa e represora conducente a centralización e españolización do ensino, ao control político de tal aparato ideolóxico e formativo e a penalización das condutas mantidas polos funcionarios públicos –neste caso da ensinanza– durante o anterior tempo político republicano.”

Ao mesmo tempo, como afirma este mesmo profesor, “O profesorado era agora, “á forza”, un colectivo medoñento, autocensurado, autorreprimido, pasivo, resignado e submiso. Un colectivo ao que se chega, en moitos casos, de forma irregular como ex combatentes falanxistas ou mulleres da Sección Femenina”

Desde os primeiros momentos da sublevación militar púxose en marcha a maquinaria represiva sobre o profesorado e ditáronse en pouco tempo distintas medidas para proceder á  depuración de condutas políticas e sociais consideradas punibles polo novo Réxime (entre outros o Decreto 66 do 8/XI/1936, a Circular do 7/XII/1936, a Orde do 17/II/1937 e a Orde do 18/III/1939). Todo o profesorado  foi sometido a expedientes de depuración informativos que recollían, a través das opinións e escritos de diversos informantes, o comportamento político, moral e profesional de cada un no tempo da II República, en relación co que se establecían distintos cargos e castigos.
A depuración comezou de forma un tanto desordenada, coa finalidade de separar aos que se significasen durante a etapa republicana. Unha Orde de 19/8/1936 establecía que os alcaldes debían informar aos reitores dos respectivos distritos universitarios, antes do 30 de agosto, sobre a conduta político social e sobre a educación moral dos mestres da localidade. Os reitores poderían destituír aos que desenvolveran “un labor perturbador das conciencias infantís”. De todas formas, frecuentemente, as destitucións foron ordenadas directamente polos gobernadores civís.

Así aconteceu en Lugo, como sinalou María Jesús Souto no seu estudo sobre a represión franquista na provincia. O novo gobernador civil, Ramón Bermúdez de Castro, foi neste caso o máximo responsable do ditame de destitucións,  suspensións de emprego e soldo e traslados de escola dentro da provincia ao longo dos meses de agosto e setembro do 1936.
A primeira listaxe de mestres sancionados por decisión gobernativa leva sinatura do 26 de agosto e nela aplicouse xenericamente a separación do posto de traballo en forma de destitución.

 O “CASO” DE ANTONIO PÉREZ LÓPEZ

 Desde o momento da súa chegada a San Miguel, don Antonio converterase nun mestre exemplar e admirado polos seus alumnos. Unha persoa preocupada polas novas tendencias da educación que intentará poñer en práctica na súa escola: a prensa escolar inspirada nas ideas de Freinet, as saídas escolares, a educación baseada nos centros de interese do alumnado, a programación de actividades multidisciplinares, … Sirvan de exemplo as palabras pronunciadas por Antonio López Otero “Ñico”, o día do enterro de quen fora o seu mestre, en Granada no 1973: “Toda mi vida en la enseñanza he conocido educadores buenos y muy buenos; ninguno, ni de lejos, sea comparable a Don Antonio”. Tratábase, xa que logo, dunha persoa querida na parroquia e preocupada pola educación dos seus veciños, que non só atendía as clases dos nenos senón que tamén impartía aulas de noite para adultos. E volvemos ás palabras de Ñico referíndose a don Antonio: “ (...)responsabilidad en todo, esfuerzo por lograr la obra bien hecha, solidaridad con los conciudadanos, entrega en la eterna lucha por mejorar la sociedad heredada, respeto y gratitud por quienes nos la han legado,...”

Pero chegou a guerra. E aínda que A Mariña non foi un escenario de grandes enfrontamentos militares, si que sufriu a enorme represión que se produciu en toda Galiza. Xa en 1977, Costa Clavell escribía que “la represión fue en Galicia tan extensa y violenta, como expeditiva y sistemática” e nun recente informe, o profesor Lourenzo Fernández Prieto recolle unha relación de 14000 galegos e galegas represaliadas, entre eles os 4699 paseados  ou fusilados.

E a guerra tamén chegou a Barreiros. O 7 de agosto de 1936 a garda civil de Foz desaloxa do Concello á corporación democraticamente elixida  e presidida por Ramón García Moreda, de Izquierda Republicana. No seu lugar colocan a Justo Rodríguez Rico, persoa afín ao novo réxime.

INICIO DO EXPEDIENTE (1936-37)

Na orde gubernativa de 26 de agosto de 1936 (BOP do 28 de agosto) aparece unha resolución asinada polo gobernador civil, Ramón Bermúdez de Castro, na que figura destituído de cargo e escola, Antonio Pérez López. Non foi nada raro en canto esta foi unha medida que se aplicou de xeito sistemático. Primeiro, separábase do servizo á práctica totalidade do profesorado e os que quixeran reingresar tiñan que presentar unha instancia manifestando a súa vontade de continuar.
Así o fixo don Antonio, quen con data 9 de outubro presenta un prego de descargos diante do Reitor da Universidade de Santiago, que era nesas alturas, a autoridade competente para resolver estes casos. Nel fai referencia ao seu comportamento tanto a nivel persoal “como ciudadano, mi conducta fue siempre intachable, ya en el aspecto moral ya bajo el punto de vista político” como profesional “Como maestro hube de merecer la estimación de mis alumnos y de sus padres, y, sobre todo, fui honrado por la Inspección profesional con un expresivo voto de gracias” e solicita a anulación da devandita sanción. Para iso achega documentación entre a que podemos salientar a seguinte:
• Un informe do cura (José Teijeira Moreda) como presidente da mesa electoral do 16 de febreiro de 1936, no que indica que “prestó su colaboración a los trabajos de la mesa y a petición de la misma, con absoluta imparcialidad y sin exteriorizar lo mas mínimo, criterio alguno político”
• Un informe do mestre que o substituíu, Emilio López, no que indica que, “habiendo sido interrogados los niños del carácter de las explicaciones de dicho Sr. Pérez, contestaron unanimemente que habían sido favorables a las causas moral,  religiosa y patriótica”.
• 15 cartas asinadas por pais de alumnos nas que respondían ao requerimento que se lles fixera sobre si a conduta do mestre fora contraria “a la religión, a la moral o a la Patria”. Todos eles contestan indicando que nunca o fora e incluso algúns engaden  datos como que “las enseñanzas dadas a mi hijo fueron inmejorables” como dirá Gumersindo Eiroá;“… por el contrario, le inculcaba a mi hijo que los domingos acudiese al catecismo que el Sr. Cura explicaba en la iglesia” en palabras de Eugenio Soto ou Inocente Maseda Rocha; “y dicen también que les advertía el respeto a sus padres y personas mayores, así como el saludo de buenos días o buenas tardes al cruzarse con cualquier persona” indica na súa carta Guillermo Vázquez Vázquez; ou “… la enseñanza  desarrollada en la escuela ha sido siempre en fomento de la instrucción y la cultura”  como afirma Ramón Dorrego Fernández. Ademais dos mencionados presentan tamén as súas cartas en defensa do mestre,  Antonio García Díaz, Daniel Blanco, Francisco Moreda, Julián Díaz, José María Baamonde, Ramón Penabad, Ramón Pérez Martínez, Antonio López Iglesias, Ángel Bermúdez Fernández e José Iglesias.
• Copia do voto de gracias da inspección na que o inspector sinala “esta inspección ha podido observar con satisfacción que los niños han realizado grandes progresos bajo la dirección de D. Antonio Pérez López (...) La Inspección se complace en otorgarle un expresivo voto de gracias a fin de que le sirva de mérito y estímulo para su carrera”

Case ao mesmo tempo, o alcalde de Barreiros, Justo Rodríguez Rico emite un informe con data 15 de outubro, respondendo a un escrito do 13 do “Jefe de la sección administrativa de primera enseñanza de Lugo”, no que indica que “Don Antonio Pérez (…) se mostró publicamente como militante del partido político llamado Frente Popular”. E, para deixar ben clara a cousa e “por si se ha dado la circunstancia de haberse extraviado la anterior”, con data 7 de novembro expide un novo informe, moito máis detallado, no que ademais de reafirmarse no anterior, indica que “…si bien no ha hecho manifestaciones en contra del Movimiento Salvador de España, tampoco demostró cambio respecto a su política anterior” e máis adiante apuntilla “Que durante toda su permanencia en este distrito no se manifestó religioso en ocasión alguna, no tuvo manifestaciones que acreditasen convicciones católicas”

O 1 de outubro de 1936 o xeneral Franco tomou posesión oficialmente do seu cargo de xefe de goberno, aínda que todos os medios oficiais referíronse a el desde o principio como «Xefe do Estado», aumentando así o seu poder. A súa maior prioridade era alcanzar a vitoria militar e non tiña présa en formar un auténtico goberno. Por iso contentouse con crear unha Secretaría Xeral do Xefe do Estado dirixida polo seu irmán Nicolás e unha Xunta Técnica do Estado que era un organismo máis técnico que político.
A Xunta Técnica do Estado compúñase dunha presidencia e sete comisións. A súa sede principal estaba en Burgos. Aínda que a súa composición en comisións lembraba a un incipiente consello de ministros, estaba formada por personalidades de segunda orde que se encargaban de funcións administrativas rutineiras
A Comisión de Cultura e Ensino era, sen dúbida, a que tiña unha composición máis netamente política. Predominaban nela monárquicos vinculados ao grupo de Acción Española, como o seu presidente, José María Pemán, e os vogais Eugenio Montes e Vegas Latapie. De todos xeitos, quen levaría a voz cantante sería o vicepresidente Enrique Suñer.
Desde este momento, vai ser esta comisión a que se ocupe de resolver os expedientes de depuración. A tal fin publícase o decreto 66 de data 11 de novembro do 1936 no que podemos ler:

 “El hecho de que durante varias décadas el Magisterio en todos sus grados y cada vez con más raras excepciones haya estado influido y casi monopolizado por ideologías e instituciones disolventes, en abierta oposición con el genio y tradición nacional, hace preciso que en los solemnes momentos porque atravesamos se lleve a cabo una revisión total y profunda en el personal de Instrucción Pública, trámite previo a una reorganización radical y definitiva de la enseñanza, extirpando así de raiz esas  falsas doctrinas que con sus apóstoles han sido los principales factores de la trágica situación a que fué llevada nuestra Patria. A este efecto, con carácter temporal se crean las siguientes Comisiones:...”

Establécense pois, no caso dos mestres e mestras as comisións provinciais que terían como principal misión “formular propuestas razonadas de suspensión o separación del personal de Magisterio con destino en el territorio de su jurisdicción.”
Para o bo funcionamento destas comisións, con data 10 de decembro do 36 envíaselles unha circular na que se lles indican as normas a seguir por parte dos vogais das mesmas.


Tres propuestas pueden formular las Comisiones depuradoras, conforme a la Orden de 10 de noviembre, a saber:
l. Libre absolución para aquellos que puestos en entredicho hayan desvanecido los cargos de haber cooperado directa o indirectamente a la formación del ambiente revolucionario,
2. Traslado para aquellos que, siendo profesional y moralmente intachables, hayan simpatizado con los titulados partidos nacionalistas vasco, catalán, navarro, gallego, etc., sin haber tenido participación directa ni indirecta con la subversión comunista - separatista, y
3. Separación definitiva del servicio para todos los que hayan militado en los partidos del «Frente Popular» o Sociedades secretas, muy especialmente con posterioridad a la revolución de octubre y de un modo general, los que perteneciendo- o no a esas agrupaciones hayan simpatizado con ellas u orientado su enseñanza o actuación profesional en el mismo sentido disolvente que las informa.

Antes de formular esas propostas, as comisións debían solicitar información de distintas persoas sobre a actuación política, profesional, moral, patriótica e relixiosa de cada un dos mestres ou mestras sometidos a expediente, tendo en conta que:

Las Comisiones depuradoras, al dirigirse a cualquier autoridad o particular en demanda de informes, deberán hacerles presente la gravísima responsabilidad en que incurren para con Dios y con la Patria ocultando determinados extremos, cuando no, llegando a falsear los hechos, valiéndose de reprobables reservas mentales o sentimentalismos extemporáneos. También se ha de combatir y de hacer público, para perpetua vergüenza del que en tal falta de ciudadanía incurra, el nombre de quienes aleguen indebidamente desconocer los hechos o las personas sobre los que se interesen informes. Sería indigno que al heroísmo de nuestros oficiales, soldados y voluntarios que en las líneas de fuego desafían a la muerte soñando con una España mejor, correspondieran con la cobardía y falta de valor cívico las personas que gozan de la paz de las retaguardias. Si todos cuantos forman parte de las Comisiones depuradoras se compenetran de esta manera de pensar y la transmiten en patriótico contagio a aquellos que han de coadyuvar a su labor con sus informes, es cosa segurísima que antes de mucho tiempo, en esta España que hoy contemplamos destruída, empobrecida y enlutada, una vez restaurado su genio y tradición nacional, veremos amanecer en alborada jubilosa un nuevo siglo de oro para gloria de la Cristiandad, de la Civilización y de España.

Así o fai a comisión provincial de Lugo no caso que nos ocupa enviando un formulario, que deberá ser devolto convenientemente cumprimentado, no que solicita información sobre don Antonio ao cabo da Garda Civil, ao Alcalde, ao Cura Párroco e a un Pai de familia de “reputación intachable”, que, por suposto, fose afecto ao novo réxime ( Neste caso será José María García Díaz).
No informe do Alcalde, o mesmo que uns meses antes afirmaba categoricamente que don Antonio era militante do Frente Popular, agora responde a case todas as preguntas que se lle formulan con un moi significativo “lo ignoro”, e só ao final, no apartado de observacións indica que “con anterioridad al Movimiento Salvador de España, intervino en actuaciones públicas de carácter político izquierdista”
 Máis contundente é o informe do cabo da Garda Civil de Foz (Enrique Arias), quen afirma que despois das horas da escola se dedicaba a “hacer propaganda de sus ideas”, “hacía ostentación de ideas izquierdistas asistiendo a mítines de esos ideales”, “asistía a reuniones de carácter izquierdista”,  e despois de indicar que a súa conduta na clase de adultos era bastante mala e que a súa capacidade profesional era “regular”, remata afirmando categoricamente que pertence a “Izquierda Republicana” e facendo constar nas observacións que interrompeu un mitin en San Miguel dun partido de dereitas
Tampouco se vai quedar curto o Cura Párroco (José Teijeira Moreda), (o mesmo que o 1 de setembro do 36  certifica que “ no me consta que en su labor profesional haya enseñado doctrinas inmorales ni subversivas, y su vida particular aparece correcta”, o mesmo que noutra certificación de 18 de novembro do 36 afirmaba que “prestó su colaboración a los trabajos de la mesa y a petición de la misma, con absoluta imparcialidad y sin exteriorizar lo mas mínimo, criterio alguno político”  ou que o 27 de febreiro do 37 lle expedía unha “fé de bautismo” dos seus fillos), agora, seguramente influído polas instrucións da Comisión, e tendo  presente “la gravísima responsabilidad en que incurren para con Dios y con la Patria ocultando determinados extremos, cuando no, llegando a falsear los hechos, valiéndose de reprobables reservas mentales o sentimentalismos extemporáneos” vai facer un informe demoledor sobre o mestre don Antonio.
Despois de recoñecer que está casado e ten dous fillos lexítimos bautizados, indica que “se ignora” que relixión ten, que non asiste a misa nin el nin a súa familia e que fóra da escola se ocupa “en propaganda disolvente y perturbadora de sabor socializante”. Cando no cuestionario lle preguntan se facía ostentación e propaganda de ideas izquierdistas, responde “ Si, por cierto. Fue el único interventor  (sic) de un mitin de derechas celebrado para las elecciones de febrero, que pudo traer días de luto” para logo incidir en que “asistía a reuniones de clase izquierdista  rabiosa”. Non lle consta se levaba á clase ideas perturbadoras porque “el sacerdote no tenía en ellas intervención”, a pesares diso, afirma que na clase de adultos a conduta do mestre foi “bastante dudosa”. A nivel político afirma categoricamente que “era devoto del Frente Popular”, que estaba afiliado a “Trabajadores de la Enseñanza” e que pertencía ao “comité de izquierda republicana”.  Finalmente, no apartado de observacións, explica textualmente: “En las expresadas elecciones de febrero fue apoderado de los candidatos del Frente Popular. Esta actuación  y su vida nada religiosa, produjo estragos difíciles de reparar en esta parroquia. ¡Viva España!"

Pola súa banda, José María García Díaz, en calidade de “Padre de familia”, vai facer un informe en grande parte copiado do do párroco, que viña sendo o tío da súa dona, pero en termos máis suaves. O mesmo que en todos os informes, asegura coñecer a situación matrimonial e con dous fillos bautizados pero ignora a súa relixión. Afirma que foi un dos organizadores do comité de esquerdas desta parroquia e que asistía a reunións deste tipo. A respecto do seu labor profesional indica un total e absoluto descoñecemento con respostas do tipo “lo ignoro” ou “no me consta” a pesares de recoñecer que ensinaba ben. Por último, a nivel político, asegura que estaba afiliado ao Frente Popular e volve a insistir en que formaba parte do “Comité de Izquierda Republicana”.

En definitiva, como afirma o profesor Morente Valero
“o contido dos informes oficiais acababa tendo unhas características moi similares en todas partes; polo xeral eran concisos e carentes de matices, escasamente rigorosos, cheos de imprecisións (cando non estaban directamente baseados en rumores), etc.; as contradicións entre uns e outros eran constantes (ou, ao contrario, as coincidencias eran tan asombrosas que facilmente se descubría unha única fonte de inspiración para todos eles). Polo que pode afirmarse sen temor a equivocación que o conxunto da depuración se edificou sobre bases documentais que en calquera procedemento xurídico minimamente esixente conducirían sen remedio á declaración de absoluta nulidade de todo o actuado”.
 FRANCISCO MORENTE VALERO La depuración franquista del magisterio público. Un estado de la cuestión

Con todo, en base a estes informes, a comisión depuradora provincial presenta un “Pliego de cargos” con data 18 de febreiro de 1937 ao que deberá responder o imputado no prazo de dez días. Nese documento relaciónanse os cargos dos que se acusa a don Antonio:
1. Que en la clase de adultos hizo una labor bastante mala
2. Que no asistía a misa, ignorándose su religión
3. Que organizó un comité de propaganda izquierdista en la parroquia
4. Que era miembro de Izquierda republicana
5. Que pertenecía a Trabajadores de la Enseñanza
6. Que asístía a mítines de izquierda y hacía propaganda de esas ideas
7. Que interrumpió un mitin de derechas en San Miguel
8. Que su irreligiosidad y su actuación ocasionaron graves estragos en la parroquia
9. Que en las elecciones de febrero de 1936 fue apoderado del Frente Popular y aconsejaba  al Delegado gubernativo que detuviese a todos los contrarios a sus ideas.

Con data 26 de febreiro de 1937 (antes de que se cumpra o prazo establecido) Don Antonio Pérez presenta o seu prego de descargos. Once folios mecanografados onde vai rexeitando todos e cada un dos cargos imputados.

Nun resume moi sinxelo deste documento poderíamos dicir que, a respecto do primeiro cargo,  afirma o seu bo facer pedagóxico xustificándoo cos informes do alumnado da escola nocturna e co voto de gracias da Inspección, o seu bo proceder moral baseándoo nas opinións dos alumnos (acompaña un informe do alumnado da escola nocturna asinado por Fernando Suárez, Antonio Barreira, Francisco Pena, Amando Rodríguez, Isaac Rocha, José Fernández, José Longarela López, José Fraga Alonso, Manuel Fraga Acebo e Ramón Penabad Dorado, no que destacan o seu bo labor nesa escola) e da veciñanza e corroborándoo cunha certificación expedida polo cura párroco con data 1 de setembro do 36, na que indica que “no me consta que haya enseñado doctrinas inmorales ni subversivas” que, en palabras do propio mestre “... ya supone esa Comisión el valor de un “no me consta” en labios del Sr. Cura de una parroquia pequeña, donde todo se sabe ...” e o seu proceder político dentro da escola baseándose na obriga de todo funcionario de acatar a lexislación en vigor en cada momento da historia.

Sen dúbida algunha, o cargo que máis lle molesta e ao que lle dedica máis atención é o segundo. Non entende como a unha persoa profundamente crente como se define el mesmo, lle poden facer semellantes acusacións. “He de confesar que de los nueve cargos que se me imputan, es este el que más me ofende. Si yo contraje matrimonio canónico después de mi llegada a Reinante y este acto es conocido de toda la parroquia; si yo bauticé a mis dos hijos precisamente allí, ¿Cómo se ignora la religión a que pertenezco?. Sigue logo facendo unha extensa relación de feitos que xustifican o seu proceder como bo católico, acompañándoo de probas documentais como os certificados emitidos polo párroco de San Froilán (Lugo), o guardián do convento dos Franciscanos, tamén de Lugo, o coadxutor da parroquia de Santa María de Vilalba e mesmo dunha persoa de “reconocida solvencia” en Vilalba como é o médico Eugenio Basanta Silva. Todos eles no sentido de xustificar que cumpría co deber de oír misa todos os domingos (moitos deles en Vilalba, de onde era natural a súa dona). Nótase perfectamente a indignación que lle produce esta acusación cando se expresa do seguinte xeito: “Aquí se ve patente la saña con que se procede contra mi. (...) añadir que se ignora mi religión es una imputación canallesca lanzada por –él sabe perfectamente con que fin- no tiene inconveniente en manchar mi honra con tal de conseguir que no vuelva a ser maestro”. Non sabemos a quen se refire. Pode ser  ao alcalde? Era sabido que aos alcaldes foran aos primeiros que lles pediran informes. Ou se cadra refírese aos seus compañeiros e compañeiras mestres? Segundo a rumoroloxía popular as súas relacións non eran as mellores. Cos datos de que dispomos non podemos sacar ningunha conclusión neste sentido.

A respecto dos cargos 3 e 4, que responde conxuntamente, xustifica a súa NON participación en política na súa crenza de que “el maestro se debe a España, que pone en sus manos nada menos que la formación de sus hombres futuros; no se debe por tanto a un partido o disciplina política determinados”  e pídelle á Comisión que realice unha investigación a fondo para ver se o seu nome aparece nalgún “fichero, libro, recibo o documento cualquiera de ninguna Agrupación”.  Di non entender como se poden facer acusacións de pertenza a Comités directivos e mesmo de organizar partidos políticos, pero, así e todo, achega unha declaración dos veciños na que indican que non lles consta que fose o organizador do Comité de esquerdas da parroquia. Esta declaración, na que se indica textualmente que “ no nos consta que haya hecho labor mala en la  escuela durante las clases de noche (...) Tambien declaramos que no nos consta haya sido dicho señor quien fundó el comité de izquierdas...” aparece asinada por Francisco Rodríguez,  Julia Vda. de Ibaseta, Inocente Maseda, Antonio Mosquera, Antonio López, José María Baamonde, Ramón Abraído, Guillermo Vázquez, Ramón P. Martínez, José Mª García, Ramón Penabad. Antonio García, Isabel García, Domingo Dorado e José Dorado, e nela aparecen dúas aclaracións xunto ás sinaturas de Inocente Maseda e José Mª García na que fan constar que ignoran se pertencía ou non ao Comité. A este feito tamén se refire o mestre cando comenta: “En cuanto a que soy afiliado a dicho Comité de izquierdas es natural que no puedan declararlo los vecinos de derechas puesto que no pertenecían a él. Creo que basta para probar que no lo soy el hecho de que se lo callen, puesto que de saberlo lo habrían hecho constar”
Recoñece, como única relación posible que fixese pensar na súa implicación con grupos de esquerda, ter axudado a un grupo de persoas de San Miguel a facer os trámites legais pertinentes para crear unha asociación e incluso terlles redactado a acta de constitución, pero, pregúntase el mesmo, “enseñar a redactar documentos o instruir dentro de mis conocimientos (...) quiere decir que se identifique uno con el pensamiento o fines de los consultantes? Tal absurdo equivaldría a identificar vg. al abogado con el pleiteante o con el criminal que a él acude”

Polo que se refire ao punto 5, recoñece ter pertencido a FETE mentres este sindicato foi única e exclusivamente de traballadores do ensino, pero que se deu de baixa en 1935, xusto no momento en que se integraron na UGT.

Os cargos 6 e 7 tamén os responde conxuntamente: Nega rotundamente ter feito propaganda de ningún tipo de ideoloxía pero si recoñece ter asistido a mitins de esquerdas, pero tamén de dereitas “pues está patente mi presencia en un mitin de derechas cuando se me acusa de interrumpirlo” e máis adiante será contundente ao afirmar “Y si la asistencia a un mitin es delictiva yo me atrevo a asegurar que no hay en España persona culta que pueda librarse del castigo”. Recoñece tamén ter interrompido un mitin de dereitas coa súa intervención pero explícao detalladamente: “Hablaba el Sr. Laborda en San Miguel con motivo de la propaganda electoral última. (...) En un párrafo, de una exaltación que seguramente no controló bien, el Sr Laborda afirmó que el Magisterio estaba degenerado y que las derechas se proponían levantar de nuevo la educación. Rapidamente le interrumpí y le dije que el Magisterio no estaba degenerado; puede que esté, dije, un número mayor o menor de maestros, pero el Magisterio no. El sr Laborda no me respondió (...) Se produjeron murmullos que ni sé si estaban de mi parte o contra mi; continúo el acto y no hubo más nada.”

En canto ao cargo 8, despois de facer unha descrición dos actos que levou a cabo en favor da relixión durante a súa estancia, conclúe:  “Si tales actos no sirvieron para que mis acusadores se enteraran de mi religión, y fueron, en cambio, a su juicio, causa de estragos en la parroquia, tengo que decir también que no me arrepiento ni me arrepentiré de ellos, así como también que jamás ajustaré mi conducta moral y religiosa a la pauta que ellos quisieran ajustarlos, sinó unicamente a la que mi conciencia me imponga. Ignoro por lo demás que estragos se hayan  producido a consecuencia de actos mios y estoy segurísimo de su inexistencia.”

Por último, en resposta ao cargo noveno di: “...he de decir que en mi vida he visto cinismo mayor que el que se necesita para mentir tan descaradamente afirmando que aconsejaba al delegado gubernativo la detención de nadie”.  Explica deseguido como foi a súa participación nesa mesa electoral e achega como proba a certificación do Cura como presidente da mesa emitida o 18 de novembro de 1936 na que se facía referencia á súa colaboración e á súa imparcialidade.

Remata o prego esperando, confiado en Dios, o trunfo da xustiza, porque: “Me interesa por mis hijos que no se trunque inicuamente mi carrera (...) pero me interesa mucho más el borrón que en ella se intenta arrojar por los vecinos de un pueblo en la educación de cuyos hijos puse el alma. No tienen ellos la culpa, que ya sé como lamentan mi ausencia. La culpa la tienen otros que todavía no se han dado cuenta de que el Movimiento Nacional sigue gloriosa marcha porque lo apoya y lo hace fecundo con su sangre un pueblo que sólo añora verse libre de la cizaña caciquil y que se haga efectivo el imperio de la justicia”

 Toda esta documentación preséntaa, diante da Comisión depuradora do Maxisterio de Lugo o 26 de febreiro de 1937. Unha vez examinado o expediente, esta comisión propón, con data 22 de abril, por unanimidade “suspensión de empleo y sueldo por diez y ocho meses” e envía, como era de rigor, toda a documentación á “Comisión de Cultura y Enseñanza” presidida por Enrique Suñer, quen asina en Burgos, con data 7 de xullo de 1937, a sanción definitiva: “suspensión definitiva con todos sus efectos”.

REVISIÓN DO EXPEDIENTE (1938-40)

Sabemos, polos papeis presentados por don Antonio, que desde agosto do 36 está vivindo en Lugo dedicándose a “ganar particularmente mi sustento y el de mi familia” como indica na instancia de súplica que remite ao ministro de Educación Nacional o 15 de xullo de 1938. Nela declárase fiel seguidor das ideas do Glorioso Movimiento, afirma que ten a conciencia tranquila diante do “calumnioso de los cargos formulados por personas cuyos nombres ignoro y a quienes perdono,”  e solicita que de novo se revise o seu expediente, tendo en conta “... la creencia de que se adopta ahora un criterio más benigno, con arreglo al cual, de haberse estudiado mi expediente en este momento en lugar de estudiarlo en agosto del año pasado, seguramente no hubiese recaído contra mi una pena tan grave”.
Acompaña a esta instancia un certificado da Vicesecretaria da Asociación Católica de Maestros de Lugo no que se indica que “está conceptuado como un maestro competentísimo y trabajador, creyéndole a nuestro juicio que sea incapaz de enseñar a los niños doctrinas disolventes...” . Ademais, certifica que “...cumple con sus deberes religiosos como buen católico...”  e é un bo cidadán.
E  presenta así mesmo outra certificación de don Manuel Portela Nogueira, asesor político de FET y de las JONS de Lugo na que declara coñecer a don Antonio desde hai bastantes anos e que “...he podido observar siempre en él la conducta de un español católico, buen padre de familia y cumplidor de sus deberes.”

A pesares de que esta instancia leva data de xullo de 1938, aparece con rexistro de entrada no Ministerio do 12 de xaneiro de 1940. A partir de aí os acontecementos sucédense con relativa rapidez. O 18 de xaneiro a “Oficina Técnico Administrativa para la Depuración del personal” emite un informe ao Director Xeral de Primeira Ensinanza, recomendando a revisión. Este, á súa vez, traslada a petición de revisión ao Presidente da Comisión Superior Dictaminadora (22.xaneiro.1940).
O 24 de febreiro a Comisión Dictaminadora, tendo en conta que, despois de revisar o expediente, queda “unicamente de la prolija acusación una posible sospecha de ideología  izquierdista sin propaganda ni afiliaciones”, formula á superioridade a seguinte proposta: “Anular la sanción de destitución (...) sustituyéndola por la de traslado forzoso fuera de la provincia con prohibición de solicitar cargos vacantes durante un período de 2 años e inhabilitación para el ejercicio de cargos directivos y de confianza en Instituciones Culturales y de enseñanza por el mismo período de tiempo.”

Por fin, o 17 de maio de 1940, o Ministerio de Educación Nacional comunícalle oficialmente a resolución nos termos propostos pola Comisión Dictaminadora.

Esta actuación “dulcificadora” por parte do Ministerio  que fai que diminúan, na medida do posible, as separacións definitivas e as suspensións temporais, e se incrementen os traslados e outras sancións,  ten que ver con que tiveron que rebaixar a esixencia inicial pola falla de persoal docente. Iso non implicou tampouco que se deixasen de sancionar as condutas que se consideraban punibles na normativa; o que se fixo foi aplicar con criterio amplo o abanico sancionador, reservando a separación do servizo e as suspensións de longa duración para aqueles mestres considerados irrecuperables, mentres que se utilizaban de inmediato os servizos dos demais recolocándoos en lugares onde a súa actuación puidese estar máis controlada e os seus efectos fosen menos “daniños”.


E, VIVAN AS CONTRADICIÓNS!

Analizando detidamente o expediente, o primeiro que se nos ven á mente é o cúmulo de contradicións que nel se observan, a cantidade de imprecisións e de respostas subxectivas que farían, como di o profesor Molero, que “calquera procedemento xurídico minimamente esixente conduciría sen remedio á declaración de absoluta nulidade de todo o actuado”
E como sempre nestes casos, o medo como pano de fondo nunha situación marcada polo terror. O medo dos perdedores e o medo dos gañadores; o medo a ser descuberto como opositor ao novo réxime e o medo a non ser suficientemente afín ao réxime. Medo que fai mentir, negar a evidencia ou pensar que facían “o que tiñan que facer”.
Só así se poden entender os comportamentos de persoas que se contradín abertamente nas súas declaracións, persoas como o cura de San Miguel, que é quen, unha vez finalizada a guerra, de axudar a escapar a José María Bourio Fernández, recoñecido esquerdista que tiña estado fuxido durante a guerra, vestíndoo de cura e acompañándoo a Coruña para que poida saír cara ao estranxeiro, que emite varias certificacións favorables aos intereses de don Antonio e que, ao mesmo tempo, é capaz de facer un informe do máis negativo sobre esta mesma persoa.

Contradicións como as de José María García Díaz, que no informe “secreto e confidencial” de data 25 de xaneiro, afirma categoricamente que don Antonio é un dos organizadores do Comité de esquerdas na parroquia e que está afiliado ao Frente Popular, e o 23 de febreiro asina un documento “público” xunto con outros veciños de San Miguel no que se di que non lles consta que dito señor fundase o comité de esquerdas, e só se limita a facer unha anotación ao lado da sinatura indicando “En cuanto a lo del Comité lo ignoro en lo demás conforme”. En que quedamos, sabía que fora un dos fundadores ou ignorábao?

Pero non acaba aí a cousa, o Alcalde de Barreiros, Justo Rodríguez Rico, afirmaba o 15 de outubro, e ratificábao o 7 de novembro de 1936, que este mestre era militante do Frente Popular; no entanto, no informe do 11 de febreiro de 1937 afirma “ignorar” se estivo ou non afiliado a algún partido político.

Finalmente, no que si hai coincidencias, dentro da contradición, é no tema da relixión; tema moi importante polo que se observa tanto nos pregos de cargo como nos de descargo. Todos os informantes coinciden en que “estaba casado canonicamente e tiña bautizados aos fillos”, pero todos coinciden en que “non se sabe” que relixión profesaba. A primeira vista semella difícil de entender.

Todo isto lévanos a pensar que a maioría dos informes estaban feitos ao ditado de alguén da “superioridade”, de aí a coincidencia tan asombrosa que se dá nas respostas. Antón Costa recolle algunhas das máis repetidas en toda Galiza e tamén no resto do Estado: “simpatizante del Frente Popular”, “simpatizante de izquierdas”, “su moralidad era bastante deficiente” “su orientación en la escuela era perturbadora y disolvente”.  Case todas elas aparecen nos informes aos que anteriormente fixemos referencia.

 Se cadra tamén é así como se pode entender o proceder contraditorio do propio mestre facendo renuncia expresa ás súas ideas sobre educación, en clara coincidencia coa idea educativa xeral do período republicano e, polo tanto, diametralmente opostas  ao novo modelo educativo propugnado polo franquismo. El, que un ano antes escribía “...hemos de reconocer el acierto que ha tenido el Ministerio al dictar la orden de 8 de agosto de 1934, que hace obligatoria su realización (refírese ás excursións escolares) por lo menos una vez al mes”  ou que facía referencia a que el se “ceñia a las prescripciones de la moderna pedagogía, introduciendo en su escuela los principios de la escuela activa”. Evidentemente, isto non concordaba coa idea de Escola do novo réxime, e se quería seguir de mestre non o podía defender.

“UNO DE TANTOS”

Collendo como referente o título que don Gregorio Sanz  (o que fora mestre en Benquerencia e que no inicio da guerra fora detido en Ribadeo e levado ao cárcere de Lugo) lles deu ás súas memorias, podemos afirmar que efectivamente, Don Antonio Pérez López foi un de tantos mestres e mestras que foron “depurados” coa chegada da Ditadura. Un dos 1810 casos (1056 mestres e 754 mestras) que detectou María Jesús Souto no período comprendido entre 1936 e 1942, na provincia de Lugo.

O seu é un proceso paradigmático. Trátase dun mestre “especial”, un mestre que coñece e aplica novos métodos pedagóxicos na súa escola, un mestre que mesmo chega a publicar un artigo na prestixiosa “Revista de Pedagogía” dirixida polo recoñecido pedagogo Lorenzo Luzuriaga... É pois unha “rara avis” vista desde as mentalidades máis retrógradas e conservadoras da parroquia que identifican todo o que tiña unha mínima aparencia de novidade como subversivo.

Como di moi acertadamente o profesor Antón Costa, “Nesta “Escola Azul” non había lugar para as xentes que mantivesen puntos de vista diferentes e foi así como empezou a funcionar unha enorme máquina represora: a da depuración dos funcionarios públicos”.

Lamentablemente non temos moitos datos da vida de don Antonio a partir dese momento. Sabemos pola información que nos pasou o seu alumno Ñico, que morreu en Granada no 1973 e que alí se dedicara a traballar para unha compañía de seguros. Este dato fainos pensar que o máis probable é que non se reincorporase ao ensino despois da guerra. De ser así, sería unha desas moitas perdas irreparables para a educación a que deu lugar  o proceso depurador do franquismo.

De todas formas, entendo que a mellor forma de rematar  é facelo coas esperanzadas palabras de don Gregorio Sanz nas súas memorias: “cuando las pasiones, las malas pasiones que ahora infectan el ambiente, hayan remitido, resplandecerá la verdad y se hará la verdadera justicia a cuantos ahora somos perseguidos.”

BIBLIOGRAFÍA:
COSTA RICO, Antón. “Escolas da Mariña: Espazos de vida e de comunicación”. Aprender no rural. III xornadas de historia local de Barreiros. CC Ollomao (2015)
COSTA RICO, Antón. Historia da educación e da cultura en Galicia.
COSTA RICO, Antón. - BOLAÑO AMIGO, Uxía. Represión política e castigo do profesorado republicano na provincia de Lugo.  As consecuencias do 36. Anuario Galego de Historia da Educación. Número 21.2017
PÉREZ LÓPEZ, Antonio. “Excursión escolar en un pueblo rural”, Revista de Pedagogía, nª 164, (1935),
MORENTE VALERO, Francisco. La depuración franquista del magisterio público. Un estado de la cuestión
MORENTE VALERO, Francisco. La escuela y el Estado Nuevo. La depuración del Magisterio Nacional (1936-1943)
F. PRIETO, Lourenzo. “As vítimas, os nomes e as voces: proxecto de creación dun Arquivo Publico da Memoria”.
SOUTO BLANCO, María Jesús. La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940)
PORTO UCHA, Anxo S.; IGLESIAS SALVADO, J. Luís “Dous modelos educativos, dúas escolas enfrontadas:
a escola republicana e a escola nacional-católica” Anuario Galego de Historia da Educación. Número 10, 2006