O Pazo de Pumarín, Casta Torre de Moreda aparece como a casa solariega máis antiga do concello de Barreiros posuindo unha apasionante historia, dende Alvaro Pardo de Taboada e Violante Andrade de Aguiar (1550) a Domingo Pérez de Moreda (1802) pasando polos numerosos preitos que houbo pola súa posesión ao longo dos séculos.
Sabemos que nun orixe a parte de ter un lugar de frutais cerrado, tamén posuía capela daí que posiblemente veña o nome de Casa Torre, co paso dos anos e dos litixios esta acabou desaparecendo.
Escudos da Casa Torre de Moreda ou Pazo de Pumarín.
Escudo esquerdo cuartelado en
cruz
Cuartel primeiro: 3
barras verticais nun escusón, rodeado de 8 caldeiros. Os dous superiores, máis
grandes, rodean ¿unha cruz, unha T...? que remata o escusón. Fai referencia a armas dos Taboada, cuxo escudo na Casa da Torre de Arcos en Chantada ten
catro barras verticais, rodeada de 6 caldeiros e na Casa Torre de Mera, en San
Lorenzo de Vilamaior de Negral en Guntín, no escudo jaquelado e partido dos
Ulloa e Taboada, ten oito caldeiros. Neste caso, os dous caldeiros darriba que
rodean unha cruz quizais fan referencia o emparentamento desta casa co apelido
dos Neira ou dos Rivadeneira.
Cuartel segundo, ou alto
dereito, un águia coas ás estendidas, das armas
de Aguiar
Cuartel terceiro, ou
baixo esquerdo: barra engolada de dous dragantes das armas dos Andrade
Cuartel cuarto, duas
serpes anudadas pola cola, facendo unha “S”.....????
escudo esquerdo |
CASA MOREDA escudo dereito según se
mira de frente a fachada
Escudo dividido en catro
por unha cruz ortodoxa
Primeiro cuartel:
...???? (parecen M-M-M-M-M da Casa dos
Moreda
Segundo cuartel:
...???????
Terceiro cuartel: ajedrezado
das armas dos Ulloa
Cuarto cuartel: un águia
camiñando cun rollo de papel no pico???
Presenta difícil lectura polo mal estado de conservación. No terceiro
cuartel adivíñanse 13 escaques (tablillas do taboleiro de xadrez )franqueadas
por bichos que entrelazan os rabos, blasón que semella dos Bahamonde.
O PAZO DE TRIANA
O Pazo de Triana
ou Casa do Curioso é do século XVII amosa o seu escudo as armas dos Moreda
Rivadeneyra e Aguiares con data do 1669. Aínda que por investigacións recentes
semella que casa en sí procede do ano
1500.
Na parte cental
do escudo aparece unha cruz con catro veneras nos extremos e que determina os
seus catro cuarteles tano a cruz como as veneras son propios dos de
Ribadeneira.
No seu escudo podemos ver unha torre de dous
pisos, unha árbore desraizada, unha aguia e tres veneras, no bordo aparece a
inscripción Armas de los Ribadeneiras,
Moredas Aguiares
ano 1669
Aparece un yelmo
con lambrequines con plumaxe
PAZO DE OUTEIRO
O pazo de
Outeiro cun escudo moi ben conservado Avante con la cruz avante.
O primeiro
cuartel banda engolada dos Andrade no que aparece a figura dun guerreiro que
suxeita unha lanza
Segundo cuartel,
aguia dos Aguiares cona ás despregadas coroada con tres coroas.
Terceiro
cuartel, outra aguia similar pero que mira ao lado contrario e cunha soa coroa
Cuarto cuartel
fachada dunha igrexa almohadillada e unha esvelta torre sen ameas.
Foi casa consistorial No ano 1840 cando
San Miguel chegou a ser a capital do concello de Reinante, este privilexio
duroulle tan só tres anos despois pasamos a formar parte do Concello de Cavarcos.
Este concello de Reinante
comprendía: Barreiros, Benquerencia, Celeiro, San Miguel de Reinante e Santiago
de Reinante.
Este pazo do Outeiro foi tamén
cuartel da garda Civil cando aquí estivo instalada.
Imaxes de Francisco Javier teijeira López
Información de Francisco José Campos Dorado e Emilio Piñeiroa Lozano
Información de Francisco José Campos Dorado e Emilio Piñeiroa Lozano
No escudo de casa moreda, se tedes unha escada podedes sacar un frotage (poñede papel fino e pasade un carboncillo por derriba) así igual podedes ver as figuras mellor anque este algo desgastado :)
ResponderEliminar