Ao longo dos anos presidiu o centro do
cemiterio de San Miguel, solitario e sempre cun pequeno aro de misterio.
Hoxe na lápida
vemos gravado un nome, Venancio Santar
Abraido, pero… ¿quen foi este home?¿ Un bispo? ¿Un sacerdote?¿ Que ilustre
personaxe repousa neste lugar?
Venancio Santar
Abraido naceu no 1844 en San Salvador de Piñera (Oviedo).
Foi fillo de Fernando Santar cirurxán e natural de San
Miguel de Reinante e Josefa G. Abraído de Taramundi.
A penas se sabemos
da súa vida, salvo que emigrou con menos de vinte anos á Habana xunto cun irmán, Xesús, e que anos
despois fixo fortuna en México.
Faleceu con 54 anos
en Puente Viesgo (Cantabria) intuímos que aqueixado dunha enfermidade e alí foi
enterrado nun primeiro momento.
Antes de falecer nomeou
varios albaceas que velarían polo cumprimento do seu testamento, entre as súas
disposicións ordeaba que se doarían cuarenta mil reais para a construcción dun
novo cemiterio na parroquia de San Miguel de Reinante.
Dous anos despois
do seu falecemento, o cemiterio estaba
construído facéndose o 26 de outubro do 1900 o primeiro enterramento.
Catro anos despois
comezouse a construír o panteón que todos coñecemos, e os seus restos foron
trasladados dende Cantabria a San Miguel.
Na cláusula do seu
testamento ordenaba ademais aos seus
albaceas que despois de cumprir e pagar todo o ordenado, do sobrante instituía
por herdeiras universais a cen mozas honradas entre quince e trinta anos,
sesenta da parroquia de San Miguel e corenta da Parroquia de San Pedro de
Benquerencia.
Parece que houbo
certos problemas co pagamento desta disposición por parte dos albaceas e o caso
foi tratado incluso no congreso dos deputados. O caso é que a lista destas cen rapazas foi feita non sen algunha que outra reclamación
de rapazas que se crían prexudicadas por non figuraren na lista.
Hoxe deixamos este pequeno
recordo en agradecemento ao seu bo facer polo pobo.
Traballo de campo de Faustino González Recalde.
Traballo de campo de Faustino González Recalde.
Panteón de Santar, por Andrés Bourio |
No hay comentarios:
Publicar un comentario