Foto cedida por Nelly de Moreda. |
DESPIDIÉNDOSE
"Han tenido la atención de
visitarnos despidiéndose de nosotros los soldados de esta provincia Ramón
Penabad y Modesto Flores, de San Miguel de Reinante; Juan, José y Antonio
Rodríguez y Belarmino Iglesias, de Santiago de Reinante; el cabo Antonio Otero
y el Soldado Francisco Edrosa, de San Pedro de Benquerencia; Antonio Vega
Villaamil, de San Justo de Cabarcos; Tomás Barreira, de San Cosme; y Leandro
Villarino Canto de Cillero de Mariñaos.
Que la suerte les acompañe a
todos."
Isto saía publicado en El Norte de Galicia
o día 16 de agosto de 1921, pronto sentimos a curiosidade de saber qué destino
levarían tan atentos mariñáns, se quedarían na península ou irían destinados a
África (que así era como se clasificaba, en primeiro termo, o destino para
facer a "mili" no exército de terra, en tempos non moi remotos).
Non nos fixo falta camiñar moito,
apartando a vista do recadro da nosa noticia, simplemente dando unha ollada á páxina enteira, comprobamos que ese día o tema militar acapara a portada do
periódico e polo relato que fai, a
cidade enteira vive una xornada de patriotismo, adhesión e empatía co Exercito.
"Momentos de verdadera emoción en Lugo.
La despedida tributada a la fuerzas fué una
imponente manifestación de patriotismo"
Tres días antes a autoridade militar
de Lugo, remitiu escrito ao alcalde comunicándolle a partida, e este escribiu
un bando que fixo colocar nun dos lugares mais céntricos da cidade, pedindo que " el
acto de despedida sea una grandiosa manifestación de amor a España y de cariño
a los valientes soldados."
Foron despedidos no cuartel de San
Fernando por varias comisións cidadás que os agasallaron coa recadación de varias colectas (entregadas
ao xefe do rexemento) e outra composta por distinguidas damas lucenses, las
cuales les repartieron tabaco, medallas y escapularios.
Despois de vibrantes discursos patrióticos saíron en formación polo centro da cidade dirixíndose á estación do tren..." y un público numeroso victoreaba sin cesar a las tropas."
Despois de vibrantes discursos patrióticos saíron en formación polo centro da cidade dirixíndose á estación do tren..." y un público numeroso victoreaba sin cesar a las tropas."
Na estación foron despedidos tamén
por numeroso e emocionado público de todas as clases sociais,
emoción que se desbordou á hora de arrancar o tren aos acordes de la
Marcha Real executada pola Banda del Regimiento.
Era o domingo 14 de agosto de 1921,
o Rexemento de Infantería Zamora nº 8 partía para África por ferrocarril as
17:34 horas, e con el os nosos veciños e outros moitos lucenses... MARCHABAN
PARA A GUERRA DE AFRICA!!!.
Un mes antes o exército español en África
sufriu, ao mellor a derrota máis amarga da súa historia con mais de 12.000 mortos
segundo os historiadores, ... Pero iso é outra historia; outra historia, que
coa perspectiva dos anos trocaría o patriotismo, o triunfalismo e a emoción en
indignación, vergoña e dor.
Hoxe a información está ao alcance
de todos. “Guerra de África 1921”,
“Guerra del Rif”, “Desastre de annual”, Abd El-Krim, “Batalla de
Alhucemas”.
Traballo de Campo de Faustino González Recalde
No hay comentarios:
Publicar un comentario