O 5 de xaneiro de 1935
aparece o seguinte artigo no semanario ribadense “Las Riberas del Eo”:
San Miguel de Reinante
NUEVA SOCIEDAD Un grupo de jóvenes de este pueblo, ansiosos
de elevar el nivel cultural de sus vecinos, han ideado constituir una sociedad
deportiva, que abarcase a los jóvenes de todas las edades, para practicar toda
clase de deportes, prestándole preferente atención al conocido por Foot-ball.
Enseguida que se ha dado a
conocer la idea, muchos fueron los que han corrido a inscribirse, guiados por
la ilusión, de hacer los posibles para que, el pueblo de San Miguel, dentro de
poco figure entre los pueblos deportivos, con tres equipos de fútbol, uno
titular, y dos infantiles.
El pasado día 1.º se han
reunido todos los inscritos, habiendo nombrado una Directiva provisional,
encargada de llevar a la práctica, la organización de la misma, que llevará, al
igual que sus equipos, el nombre de “Iberia”. Forman la directiva provisional
los siguientes señores:
Presidente, D. Bautista
Vila; Secretario, D. Isidro Martínez; Tesorero; D. Vicente Debén; Contador, D.
Manuel Villamil; Vocal 1.º, D. José Ríos; Vocal 2.º, D. Antonio Mosquera.
También han sido nombrados
entrenadores, los señores don Rodolfo Tapia y don José Antonio Rocha, quienes
después de haber terminado la junta, han organizado un partido, con el fin de
ir seleccionando el personal que ha de componer el equipo principal,
inaugurando de esta forma el campo alquilado a este fin.
Dado el entusiasmo que reina
en todos y la seriedad de sus directivos, no dudamos que la naciente sociedad,
dentro de poco, hará sentir sus efectos, dando a San Miguel días de gloria.
CORRESPONSAL.
Segundo este artigo, pódese entón asegurar que foi o 1 de
xaneiro de 1935 cando se funda oficialmente o IBERIA CF, de San Miguel de
Reinante. Sen embargo, hai constancia de que a finais dos anos 20 (1926, 1928...)
a afección polo fútbol no pobo fixo que se formaran espontaneamente equipos
para disputar partidos entre as aldeas veciñas. Un deses equipos foi o chamado
“O Glorioso” e que xa vestía a mesma indumentaria que na actualidade: camiseta
branquiazul a raias verticais e pantalón azul. Este equipo non tiña directiva,
senón que se organizaban os propios xogadores para disputar partidos amigables e
trofeos contra outros equipos da comarca.
No “El Heraldo Gallego”, Órgano das colectividades galegas
en Bos Aires do 24 de outubro de 1926, aparece unha pequena reseña do partido
disputado polo GLORIOSO en Foz conta o Masca FC dese porto e no que o resultado
foi de empate: 0-0.
Outro dos equipos desa época foi o ESPAÑA F.C. que se
enfrontou ao KARABA F.C., de Foz, o día 17 de xuño de 1928, segundo aparece no
xornal “El Pueblo Gallego” daquela época. O resultado do partido foi 6-2
favorable aos de San Miguel.
Formaban estes equipos, entre outros, Paco de Clemente,
José Antonio Rocha, Manolo e Mauricio Maseda, Eduardo Cora, Manolo do Merlo
(Lángara), Virgilio Díaz, Secundino, Manolo do Colexio, Margolles, Mariano
Fraga, Amando do Coxo, Rivero do Saleiro, O Palla, Selmo do Roxo, Amancio de
Teixeira, Cachán, Edmundo, Alberto, Desiderio, etc.
O motivo de elixir o novo nome de IBERIA é puramente anecdótico,
posto que ao carecer o equipo de camisetas, Desiderio, un obreiro que traballaba
con Bautista Vila e natural de O Carballiño (Ourense), conseguiu un equipamento
con franxas brancas e azuis que traían gravada a marca Iberia, de coitelas de
afeitar. O seu logotipo era un león rampante. Pois ben, este símbolo pasou ao
escudo e o nome de Iberia ao equipo.
O primeiro partido que disputa o IBERIA CF foi o día 1 de
marzo de 1935 contra o Racing Club Devesano, coincidindo cun dos días de festa
máis famosos do pobo: o San Rosendo. A continuación, transcribimos a crónica de
dito partido segundo “Las Riberas del Eo” (09-03-1935):
A
las tres de la tarde del citado día, el público empieza a abandonar el campo de
la feria, para dirigirse al de fútbol, en donde se iba a celebrar el partido anunciado,
entre el “Iberia” de esta localidad, y el Racing Club Devesano, que por ser el
primer partido que jugaban los locales, había despertado enorme interés. Y...
...A
las tres y media de la tarde, saltan al campo, entre una cerrada ovación, os
equipos contendientes, acompañados de sus respectivas madrinas, señoritas
Margarita Valiela Dorado, del Iberia, y Francisca Villamil, del Racing. Los
capitanes de ambos equipos, entregan hermosos ramos de flores naturales,
después de cuya ceremonia y bajo las órdenes del señor Rodolfo Tapia, empieza
el partido dando el kick-off, la madrina del club local.
Durante
todo el primer tiempo, ambos equipos ponen de su parte todo lo que pueden,
viéndose en ambas partes jugadas bonitas y pases preciosos, no habiendo marcado
los locales algunas veces, por tener mala suerte de luchar contra el aire, que
echaba a perder todas las oportunidades, terminando el primer tiempo, con un
empate a cero.
En
el segundo tiempo, el entusiasmo de los jugadores se acrecienta, y tratan por
todos los medios de lograr el desempate, llegando este, de una forma dudosa, a
la mitad del segundo tiempo que los devesanos lograron para ellos el único
tanto de la tarde.
Con
la anotación de 1 a 0, a favor de la Devesa, terminó este partido, con que el
Club Iberia debutó en la vida futbolística. Los equipos alinearon en la forma
siguiente:
“Racing
Club”: Casanova; Mena, Narciso; Domingo, Oroza, Rosendo; Fondón, Maño, Agustín,
Manolillo, Guerra.
“Club
Iberia”: Paco; Margolles, Villamil; Nemesio, Suso, Germán; Mariano, Dorado,
Desiderio, Fraga, Palla.
Durante
el descanso distinguidas señoritas amigas y compañeras de la madrina, han
efectuado entre la concurrencia una colecta con el fin de aumentar los fondos
de esta sociedad que a los dos meses de fundada, cuenta con un centenar de
asociados. CORRESPONSAL.
O segundo partido do Iberia CF foi en Foz para Xogar
contra o Villajuane. O resultado foi de 0-1, gol de Desiderio, co cal o Iberia
CF consegue a primeira vitoria da súa historia. A alineación presentada nese
partido foi a seguinte: Rocha; Villamil, Margolles; Germán, Suso, Fraga; Palla,
Amando, Desiderio, Iglesias, Mariano.
Outros partidos:
Iberia CF-Deportivo Foz (0-1) (31-03-1935)
Iberia CF-Villajuane CF (3-2) (07-04-1935)
Deportivo Foz- Iberia CF (1-2) (18-04-1935)
Iberia CF-Unión Sport Piñeira (2-2) (13-06-1935)
Iberia CF- Lóstrego de Vilanova (2-0) (16-06-1935)
Lóstrego de Vilanova-Iberia CF (2-2) (23-06-1935)
Villaronte-Iberia CF (1-5) (24-06-1935)
Nese mesmo ano
1935, disputa o seu primeiro campionato, o “Campionato de Rinlo”, coa
participación dos equipos Unión de Rinlo, Racing Club Devesa, Selección
Campesina de Vilaframil e Iberia CF.
Fórmase unha nova directiva o 9 de xullo de 1935:
Presidente, don José Miranda; Secretario, don Inocencio
González; Tesoureiro, don Benito Rodríguez; Contador, don José Antonio Rocha;
Vocal primeiro, don José M. Iglesias; Vocal segundo, don Domingo Otero.
O 14 de xullo comeza a disputa da COPA BUIDE. O comité encargado
da organización, presidido por don José Buide, está formado por persoas de gran
arraigo a San Miguel, pero alleas por completo ao Iberia CF. Os equipos
participantes son o Iberia CF, Unión Deportiva Corredoira de Villajuane FC,
Villaframil e Lóstrego de Vilanova de Lourenzá.
Resultou campión o Iberia CF ao que lle foi entregado o
trofeo nunha festa campestre.
En Ribadeo organízase outro campionato, a COPA DOMECQ, que comeza o 27 de outubro de 1935.
Participan os seguintes equipos: A.D. Lóstrego de Vilanova de Lourenzá, Amateur
FC de Ribadeo, Racing Club Devesano, Racing Club Ribadeo e Iberia CF. Así
quedou a clasificación:
|
EQUIPO
|
X.
|
G.
|
E.
|
P.
|
F.
|
C.
|
Pt.
|
01
|
Amateur FC
|
8
|
8
|
0
|
0
|
41
|
7
|
16
|
02
|
Rácing Devesano
|
8
|
3
|
1
|
4
|
10
|
12
|
7
|
03
|
Lóstrego
|
8
|
3
|
1
|
4
|
5
|
17
|
7
|
04
|
Racing CRibadeo
|
8
|
3
|
0
|
5
|
19
|
14
|
6
|
05
|
Iberia CF
|
8
|
2
|
0
|
6
|
12
|
37
|
4
|
Nos anos posteriores séguense disputando estes e outros campionatos entre os equipos da zona. Os partidos disputábanse sempre en campos cedidos ou alugados aos veciños, coma O Corello, Dourado, etc.
Coa guerra civil paralízase a actividade futbolística case
por completo ata o ano 1940. Nestes anos só se xogan algúns partidos do Iberia Xuvenil,
chamado por aquel entón o “Pequeno Iberia”.
A partir de 1940 reármase o equipo e nos seguintes anos sucédense
os partidos, campionatos, xogadores e directivos. “O Galleguito”, coa
colaboración de Xulián e os irmáns Baamonde, Xosé e Nilo, todos eles xogadores,
forma un potente equipo que participa en numerosos torneos da comarca.
Como anécdotas da época destacar que un socio protector
pagaba como mínimo 5 pesetas ao mes, a cota de socio era de 2 pesetas mensuais,
pagábase un aluguer mensual de 20 pesetas polo campo de fútbol, un par de botas
custaba 80 pesetas e un balón 300 pesetas.
O campo de fútbol onde se xogaba non era propiedade do
club: era o Campo de San Acisclo, máis coñecido polo nome de Campo de “A
Grila”, polo cal se pagaba unha renda ou aluguer a Dª Pura Fierros de Ribadeo.
1943
Palla- ? - Manolo
do colexio - Virgilio - ? - ? - Secundino - Suso Catalán - Valado -
Villaframil - Maruja Andrade - Ester Abraído - Blanca de don Inocente e
Margot
|
No ano 1944 xóganse varios partidos: o 18 de maio co San Cosme; en xuño, inauguración do campo do Villaframil e mais en Foz...
Neste mesmo ano créase un equipo chamado Celtibérico, que
vai estar formado por xogadores do Celta de Barreiros e o Iberia CF de San Miguel,
para participar no Campionato Copa Domeqc 1944, organizado polo Ribadeo FC. Os
outros equipos participantes foron o Viveiro FC, o Castropol e o CD Focense,
que se retiraría na segunda volta por discrepancias coa organización. O campión
deste torneo foi o Ribadeo FC, que foi derrotado polo Celtibérico precisamente
na primeira xornada por 2-1.
En febreiro de 1945 fanse porterías novas e tráense as
redes de Rinlo.
O 1 de marzo, día de San Rosendo, xógase o Iberia CF-CD Focense (2-4) e
recáudanse 266,50 pesetas. O 15 de abril devólvese a visita a Foz: CD
Focense-Iberia CF (3-3).
Durante este ano sucédense multitude de partidos: Burela, Mañente, Cervo,
Ferreira, Racing Devesano, Selección Ribadense Villaframil, Ribadeo FC,
Mondoñedo...
1944-45: Catalino –
Enrique – Pepe –Óscar – Néstor – Julián
Mingón – Marchante
– Velas – Baamonde e Fuco
|
1945 (2-SETEMBRO – A ESPIÑEIRA)
Baamonde – Fuco –
Suso de Caballero – Paquilín – Cafetero – Julián
Mario – Nilo –
Celestino – Néstor - Ricardo
|
1947 (En Ribadeo)
- Bagullo – Mario –
Macías – Ricardo – Cafetero – Enrique – Cardesín
José Baamonde –
Pepe do Correo –Mongo do Páxaro – Guerra - Mena
|
No ano 1949 fórmase unha nova Directiva:
Presidente: D. Rodolfo Tapia
Secretario: D. Jesús Pérez
Tesoureiro: D. Gerardo
Mosquera ata que ten que marchar para Cuba. É substituído por D. Antonio López
“Ñico”.
Vocais: D.
Amando Rodríguez
D.
Narciso Blanco
D.
Francisco Pérez
D.
Eugenio Fernández
Continúase xogando cos equipos da zona: Vilanova de Lourenzá, Tapia,
Mondoñedo, Ferreira, Villaronte...
No ano 1950 hai un cambio na Presidencia da Directiva: Don Rodolfo Tapia é
substituído por Don José Andrade, seguindo a mesma Directiva reforzada con D.
Xosé Otero e D. Xosé López.
29 de xuño: Iberia CF-Mondoñedo (7-1)
9 de xullo: Ribadeo FC- Iberia CF (2-2)
23 de xullo: Iberia CF-Ribadeo FC (3-3)
30 de xullo: Vilanova-Iberia CF (4-1)
13 de agosto, na Devesa: Iberia CF-Arenas Club de Ribadeo
(2-0) Trofeo “Casa Maseda”.
15 de agosto: Iberia CF-Racing Devesano (5-2)
27 de agosto, en Vilanova: Iberia CF-Mondoñedo (3-2) I Trofeo Conde Santo
10 de setembro: Iberia CF-Estudiantil de Lugo (2-0)
29 de setembro: Iberia CF-Cultural Atlética Lucense (4-0) Festas patronais.
Neste mesmo ano, a nova Directiva do
Ribadeo FC, que acababa de unificar os tres equipos existentes na vila,
organiza un importantísimo torneo: o “Campeonato de Invierno 1950-51”. Nel ían
participar o Ribadeo FC, o Lorenzana CF, o CD Juvenil de Foz, o Iberia CF de
San Miguel, o Pelamios CF e o Remedios CF, estes dous últimos de Mondoñedo. O
campión do torneo foi o CD Juvenil de Foz (trofeo doado por Bazar Fernández) e
o subcampión o Iberia CF de San Miguel (trofeo doado por Casa Maseda). Como era
costume neste tipo de torneos, os trofeos entregáronse nun partido que
celebraron os dous primeiros equipos da clasificación o día 11 de marzo de 1951 no Estadio Municipal de Ribadeo. O
resultado foi de 3-0 a favor do Iberia CF.
Xogadores que participaron neste torneo
foron: Cafetero, Macías, Enrique, Bagullo, Casanova, Mario, Ricardo Mena, José
Baamonde, Néstor, Guerra, Pepe, Mongo Páxaro, Nilo Baamonde, Julián, Domingo do
Páxaro, Paco do Páxaro, Cañós, Petilán, Guillermo do Capataz...
Este foron os
resultados dos partidos e a clasificación final:
1ª XORNADA
|
6ª XORNADA
|
||||||||||||||
|
Juv.Foz-Lorenzana
Remedios-Ribadeo
Iberia -Pelamios
|
|
|||||||||||||
4ª XORNADA
|
9ª XORNADA
|
||||||||||||||
|
Pelamios-
Ribadeo
Iberia - Lorenzana
Juv. Foz-Remedios
|
|
|||||||||||||
2ª XORNADA
|
7ª XORNADA
|
||||||||||||||
|
Lorenz.-Pelamios
Ribadeo
- Juv. Foz
Remedios-Iberia
|
|
|||||||||||||
5ª XORNADA
|
10ª XORNADA
|
||||||||||||||
|
Ribadeo-Iberia
Remedios-
Lorenz.
Juv. Foz-Pelamios
|
|
|||||||||||||
3ª XORNADA
|
8ª XORNADA
|
||||||||||||||
|
Lorenz.-Ribadeo
Iberia-Juv. Foz
Pelamios-
Remed.
|
|
|||||||||||||
CLASIFICACIÓN FINAL CAMPEONATO DE
INVERNO 1950-51
|
EQUIPO
|
X.
|
G.
|
E.
|
P.
|
F.
|
C.
|
Pt.
|
01
|
Juvenil Foz
|
10
|
7
|
1
|
2
|
23
|
13
|
15
|
02
|
Iberia CF
|
10
|
5
|
4
|
1
|
27
|
9
|
14
|
03
|
Pelamios CF
|
10
|
3
|
5
|
2
|
13
|
12
|
11
|
04
|
Ribadeo FC
|
10
|
3
|
4
|
3
|
18
|
18
|
10
|
05
|
Remedios CF
|
10
|
2
|
2
|
6
|
16
|
27
|
6
|
06
|
Lorenzana CF
|
10
|
2
|
0
|
8
|
4
|
22
|
4
|
Unha vez rematado o
“Campeonato de Invierno 1950-51”, o 4 de abril de 1951 elíxese unha nova
Directiva:
Presidente: D. José Andrade
Vicepresidente: D. Manuel Otero
Secretario: D. Enrique Díaz
Vicesecretario: D. Antonio López
Tesoureiro: D.
Manuel Martínez
Vicetesoureiro: D. José Otero
Contador: D.
Eliseo Novo
Vocais: D. José
Dorado D. Salvador
Labrada
D.
Perfecto Alvariño D. Virgilio
Díaz
D.
Nilo Baamonde D.
José A. Rocha
D. Domingo Lombardero D. Emilio
Rodríguez
D. Francisco Salgado D.
Ángel García
Nesa Asemblea, a Directiva
considera que as medidas daquela (82 x 43 m) do Campo de San Acisclo (ou da
“Grila”) son insuficientes, polo que acorda formar unha comisión para
entrevistarse coa Grila, que ten unha parcela paralela ao campo, e emprender
negociacións para a ampliación. Unha vez feitas, acórdase arrendar por tres
anos e 500 pesetas anuais un monte de 16 áreas en San Acisclo que linda polo
sur co campo de fútbol. Tamén se acorda poñer uns bandos para solicitar
prestación persoal voluntaria nos pobos de San Miguel e San Pedro para os
traballos de ampliación do campo. O Sr. Lombardero di que sería conveniente
solicita-la inscrición do Club na Federación Española de Fútbol para poder
participar en torneos rexionais para equipos da nosa categoría. Acórdase
consulta-los gastos que ocasionaría dita inscrición, nomeando para este fin a
D. José Otero López. Dáse tamén lectura dunha invitación enviada desde San
Martín de Mondoñedo na que se indica que naquela localidade formouse un comité
organizador dun torneo no que participen equipos xuvenís, obsequiándose ao campión
cunha fermosa copa. O torneo chamarase “Trofeo de Primavera”.
Noutra reunión da Xunta Directiva, o 2 de xuño de 1951, considerando que o estado económico impón
restricións e que os adestramentos, debido á non asistencia dos xogadores, son
un gasto inxustificado, acórdase prescindir provisionalmente dos servizos de adestrador
a D. Antonio Macías, agradecéndolle os servizos prestados ao Club.
E o 7 de xullo do mesmo ano,
a Directiva acorda citar a tódolos xogadores para unha reunión extraordinaria
con vistas á participación do Iberia CF no Campionato Provincial de Fútbol
Modesto organizado en Lugo. Tamén se acorda gratificar aos xogadores con 10
pesetas por partido, e recábase a necesidade urxente de celebrar partidos co
equipo infantil para facer xogadores con vistas ao titular. O día 10 de xullo,
tódolos xogadores están de acordo en participar no Campionato de Modestos, coa
excepción de Francisco Alvariño (Ramallets). O capitán do equipo, Casanova,
solicita da Directiva ou do adestrador que cando un xogador non sexa alineado
no próximo partido, debe comunicárselle, a ser posible, o día anterior.
No Campionato de Modestos
1951-52 participaron nun principio oito equipos: Valle de Oro, Ribadeo FC,
Viveiro CF, Villalba, Mondoñedo, Iberia CF, CD Xuvenil de Foz e Lorenzana
(retirouse na xornada 10ª). Comeza o 12 de agosto e remata o 11 de novembro
proclamándose como campión o Ribadeo FC. O Iberia realizou un bo campionato,
segundo crónicas da época. Mágoa de non ter os resultados.
O 19 de xullo de 1952 nunha
Xunta Extraordinaria presenta a súa dimisión a Directiva por levar máis dun
ano. Días máis tarde, elíxese unha nova Directiva:
Presidente: D.
Antonio López Otero
Vicepresidente: D. Nilo Baamonde
Secretario: D.
Eugenio Fernández
Tesoureiro: D. Francisco Pérez
Vocais: D. Xesús Pérez
D.
Amando Rodríguez Rico
D.
Narciso Blanco
D.
Antonio Lombardero.
A cota mensual de socio queda fixada en 2 pesetas e
proponse o ingreso na Directiva de dous ou máis xogadores, quedando a estudio
este último punto.
Os partidos e torneos durante os próximos anos virán a
menos e non se ten constancia da maioría deles. Varios dos equipos cos que se
xogaba habitualmente, agora están disputando campionatos provinciais ou
rexionais: Ribadeo, Foz, Viveiro... e outros van desaparecendo.
O 15 de febreiro de 1959 disputouse un partido entre o
Ribadeo FC e o Iberia CF no Estadio Municipal de Ribadeo, de carácter benéfico
para axudar economicamente ao ex-xogador Emilio González Iglesias “Rubio” que
se encontraba enfermo.
Ese mesmo día constitúese unha nova Directiva que queda
así:
Presidente: D.
Manuel García Teijeira
Secretario: D. Nilo
Baamonde Novo
Tesoureiro: D. Antonio Martínez Pérez
Contador: D. Narciso Blanco Maseda.
Vocais: D. José Penabad Fernández
D.
Ramón Penabad Fernández
D.
Antonio Blanco Maseda
D.
Mario López Otero
D.
Justo Martínez Castro
D.
Emilio Rodríguez Penabad
A cota de socio pasa a ser de 5 pesetas mensuais e
entrada gratis a tódolos partidos.
1958-59
Milín – Carrilano –
Vila – Paco do Calderón – Juanito da Marola – Goyos
Andrade – Mazuco –
Neira – Zipi - Milucho
|
O Iberia CF participa nese ano nun campionato organizado
polo Mondoñedo e no que van estar ademais o Lourenzá, O Valadouro e Celta de
Barreiros.
O 18 de novembro de 1959 constitúese nova Directiva por
dimisión voluntaria do Presidente, Manuel García, do Secretario, Nilo Baamonde,
e do vocal D. Ramón Penabad, que explican os motivos polos que toman esta
decisión que é aceptada polos socios presentes. Despois de varias propostas, a
Directiva quedou do seguinte xeito:
Presidente: D.
Edelmiro López
Secretario: D.
Guillermo Vázquez
Tesoureiro: D. Antonio Martínez
Vocais: D. Narciso Blanco
D.
Antonio Blanco
D.
José Penabad
A primeira Reglamentación Social do Iberia CF pola que o
Club quedou afiliado Á Federación Española de Fútbol coa categoría de
“adherido”, data documentalmente do 19 de febreiro de 1960, participando nas
competicións que daquela a Federación organizaba dentro da súa categoría.
1960 (29 setembro)
Nilo–Villalba–Paco do
Calderón–Milucho– Milín– Juanito– Mario– Tabletas-Vila
Mazuco – Faxoco –
Pascasio – Domingo - Andrade
|
1960-61
Tabletas – Mazuco –
Faxoco – Arias – Pascasio – Juanito – Villalba
Verdego – Milín –
Delgado – Andrade - Domingo
|
Dispútase o Campionato Comarcal Zona Norte organizado en Mondoñedo e coa participación dos mesmos equipos, e volverase a repetir en 1962 ano no que quedará campión.
1962 – (En Vilanova de Lourenzá)
Tabletas – Felipe
Burelo – Carreiras – José de Piñeira – Carlos – Juanito
Carrina – Mazuco –
Ginzo – Mosqueira – Faxoco – Carlos de Roña
|
1966 – (Campo de San Acisclo ou da Grila)
Tabletas – Juanito
– Carlos – Leandro – Mazuco – Neira - ? – Milín
Andrade – Mosqueira
– Suso Docobo - ? – Faxoco - Popeye
|
Ata o ano 1967 que se forma unha nova Directiva, xóganse
coma sempre algúns partidos amigables. A nova Directiva queda así:
Presidente: D. José
Luis Otero (Chamusca)
Secretario: D.
Francisco Dorado Fernández
Tesoureiro: D. José Fernández (Pepe do Sacristán)
Vocais: D. José Antonio Fernández López (Popeye)
D.
José Andrade González
D.
Ramón González López
D.
Carlos Martínez Rocha
D.
Antonio Rodríguez Rodríguez
Partidos dese ano con: Lorenzana, Figueiras, Barres,
Vellas glorias, Vegadeo, Club de Mar de Celeiro, Foz...
1967
Tabletas – Burelo –
Carlos – Carrina – Juanito – Román
Amoedo - ? – Mazuco
- ? – Faxoco - ?
|
No ano 1968, o Iberia CF participa no “Campionato das Rías Altas” xunto cos equipos CD Foz, Viveiro CF, Club de Mar de Celeiro, R.C. Vilalbés, SD Burela, U.D. Chanca de Lugo, o Ribadeo FC e o CD Cariño. A clasificación final foi a seguinte:
|
EQUIPO
|
X.
|
G.
|
E.
|
P.
|
F.
|
C.
|
Pt.
|
01
|
Ribadeo FC
|
16
|
10
|
2
|
4
|
28
|
14
|
22
|
02
|
Viveiro CF
|
16
|
10
|
1
|
5
|
41
|
17
|
21
|
03
|
RC Vilalbés
|
16
|
8
|
4
|
4
|
29
|
21
|
20
|
04
|
CD Foz
|
16
|
8
|
3
|
5
|
33
|
25
|
19
|
05
|
CD Cariño
|
16
|
7
|
3
|
5
|
28
|
29
|
17
|
06
|
U.D. Chanca
|
16
|
7
|
1
|
8
|
18
|
20
|
15
|
07
|
Iberia CF
|
16
|
4
|
4
|
8
|
23
|
36
|
12
|
08
|
SD Burela
|
16
|
4
|
1
|
11
|
15
|
34
|
9
|
09
|
Celeiro Club Mar
|
16
|
3
|
3
|
10
|
15
|
34
|
9
|
Os xogadores que participaron neste campionato foron: Tabletas, Xirifo,
Toño de Cora, Chendo, Manolo de Aida, Gerardo, Moncho, Ibaseta, León, Celeiro,
Virgilio, Paquío, Julián, Amoedo, Nemesio, Chucho, José María, Jaime... O adestrador
na segunda volta foi Pestaña.
1968 - 69
Jaime – Xirifo –
Toño – Chendo – Nemesio – Gerardo – Tabletas
Virgilio – Ibaseta
– León – Pisco de Celeiro - Amoedo
|
No 1969 preside a Xunta Directiva D. Leandro Oroza.
Volveuse a participar no “Campionato
das Rías Altas”, pero con menos equipos: CD Foz, Viveiro CF, SD Burela, R.C. Vilalbés,
Ribadeo FC e Iberia CF. Foi un campionato convulsivo, coa retirada, incluso, do
R.C. Vilalbés, e no que quedou campión o Ribadeo FC. O adestrador foi Motorín,
de Ribadeo.
No ano 1970 só se participa
no Campionato de Xuvenís “Rías Altas” xunto cos equipos de Ribadeo, Foz,
Burela... O adestrador, Pepe de Neira.
1969 – 70 (A casa da Grila ao fondo)
Iríbar – Anuco –
Julián – Mauro – Moncho – Virgilio – Pablo Vizoso
Micky – Xele –
Labrada – Andrés – Luis Cortiñas - Basilio
|
A partir deste ano, vai haber
unha paréntese dunha década en canto á
participación do Iberia CF en partidos “oficiais”. A causa principal foi que o
Iberia CF non tiña un terreo de xogo propio e desenrolaba as súas actividades
nun campo alugado que non reunía as condicións esixidas para poder continuar
naquel tipo de competicións, sendo este o principal e case único motivo que o
apartou dos torneos oficiais, pois os medios económicos do Club non lle
permitían levar a cabo outro tipo de instalacións. A maioría dos xogadores fichan
por outros equipos da zona, principalmente para o Burela; outros para o Foz, o
Ribadeo... Cos xuvenís pasou o mesmo.
Nestes dez anos o Iberia CF xoga partidos de cando en vez,
cando se xuntaban un número abondo de xogadores, desprazábanse nas súas bicicletas
a pobos veciños, arranxaban as porterías, as redes, os balóns... e a xogar.
Como anécdota, dicir que o
campo de fútbol non tiña vestiarios, polo que os xogadores tíñanse que cambiar
no Salón Tirabeque, ir andando ata o campo de fútbol un quilómetro
aproximadamente, beber da auga do pozo da Grila e, ao rematar o partido,
“ducharse” os dous equipos no lavadoiro do río. Todo un espectáculo!
CONTINUARÁ...
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario