Mariñeiros á ventura
dunha noite atreboada
que quizais non ten retorno
a ningunha madrugada...
(Darío Xohan Cabana)
O mar é unha “enorme extensión de auga
salgada que cobre gran parte da terra” segundo o define a Real Academia Galega
pero non deixa de ser unha definición técnica e algo aséptica; o mar é algo
mais que unha masa de auga salgada, é inspiración de artistas, ¡que poeta non
cantou ao mar! Sempre cambiante pero sempre atraente, sempre señardoso para o
que naceu e viviu a seu carón; é luz, ledicia e divertimento, e cantas veces
confidente das nosas inquedanzas ou das nosas penaas... é fonte de vida e medio
de vida para o mariñeiro ao que abala ou acanea... e como non, as veces tamén
se cobra un prezo en forma de sufrimento. Convértese nun mar de bágoas.
Aínda que somos pobo de costa, non somos pobo pesqueiro mais a nosa vida e a npsa historia sempre
esta ligada ao mar.
A turbeira milenaria da praia da Arealonga demóstranos que a nosa orixe esta alí.
A turbeira milenaria da praia da Arealonga demóstranos que a nosa orixe esta alí.
Os primeiros poboadores decidiron
asentar o seu pobo ben preto do mar en pleno cantil.
,Vilachá como di a lenda quedou
asolagada polo mar e o río …
o mar que grandioso deus que da vida e é vida, pero que con
forza nos goberna e incluso a veces nos castiga.
Sen embargo moi poucas familias chegaron adicarse a actividade pesqueira. Se
falamos de pescadores no pobo sempre se
nos virán á mente os “Mesos” ou os
fillos de Demetrio.
Eles dedicaron a súa vida á pesca, aínda que tamén combinaron esta
actividade recollendo o chamado “liquen” (ouca) nunha lanchiña.Este liquen, levaríano vender á fábrica de algas situada hai anos na Vilavella (Ribadeo). Todos temos
o recordo de Aurelia vendendo o peixe fresquiño no seu coche…
Este artigo
non vai falar do mar en si se centrará nos náufragos, non para que sexa causa de abatemento do lector, senón
pola curiosidade que suscitaron en nos algúns dos casos que relatamos.
UN ENTERRAMENTO NO CASTRO (non tiña sinales de que fose cristián...)
O
máis antigo que saltou aos nosos ollos data de setembro de 1854, concretamente
o antevéspera de San Miguel, (supoñemos cal sería tema o de conversa na espera
da misa ou a saída da mesma) no libro de enterramentos lemos literal:
“Eu Don Felipe González Díaz de la
Rocha Presbítero patrimonista e veciño de Santiago de Reinante, con la licencia
do propio párroco de San Miguel y de Reinante, Don Ramón Fernández Rios, que a
razón encontrase ausente, e coa presenza da Autoridade competente asistín a
darlle sepultura a un cadáver descoñecido que o mar botou nos Castros, término
desta parroquia de San Miguel. Nos mesmos Castros foi sepultado del modo propio
a un cadáver desta índole, xa porqué se desconcordia o seu carácter, xa tamén
porque os Profesores da Facultade Médica afirmaron que a sua extracción daquel
sitio ameazaba un contaxio a todo o pobo polo estado de putrefacción en que se
atopaba.”
O CASO DA FRAGATA ANGLO-AMERICANA
Este
caso de naufraxio tamén debeu ser ben comentado na comarca durante todo o
verán de 1861, e mesmo foi noticia da
prensa da Capital. A orixe do asunto, nos tamén no encontramos nos libros da
parroquia e comenza cando o mar bota as praias de San Miguel dous corpos...
pero mellor..., vamos coñecer o relato que o sr. cura de San Miguel Don Ramón
Fernández Rios fai no libro de enterramentos.
“Un cadáver lanzado polo mar.
En catorce se
xullo de mil oitocentos setenta e un deuse sepultura eclesiástica no cemiterio
a un cadáver que o mar botou al sitio da Pasada; e a pesar de haberse formado o
oportuno expediente pola Marina non puido identificarse, créndose sin embargo
sería un dos que se afogaron da fragata Anglo-Americana. En virtude pois do
oficio que me dirixiu o Asesor da Marina fíxoselle o oficio de sepultura e
enterrouse no citado cemiterio.”
Si
o día catorce aparecía o corpo dun náufrago na praia da Pasada, cinco días
despois, é dicir o dezanove de xullo de 1861 aparecía o segundo e a inscrición
reza nos mesmos termos, que non foi posible identificalo, que se soterrou no
cemiterio desta parroquia e que posiblemente se tratase dun dos que se afogaron
da fragata Anglo-Americana.
Ante
estes dous enterramentos e a anotación do naufraxio dunha fragata
Anglo-americana levounos a buscar mais noticias do caso nas hemerotecas, e
pedir sorte. E a noticia apareceu no periódico EL CONTEMPORÁNEO (versión
dixital da Biblioteca Nacional), no seu número do 22 de agosto de 1961. A
noticia di textual:
Provincias
“En la tarde del 5 de julio del corriente
años embarrancó en la playa de San Bartolomé de Barreiros la fraganta mercante
de los Estados Unidos de América nombrada Live-Yankee, del porte de 1.638
toneladas de registro, con cargamento de carbón de piedra, que , procedente de
Cardiff, se dirigía á Bombay.
En seguida
que el comandante de marina de la provincia de Rivadeo tuvo noticia de este
suceso, se trasladó al lugar del siniestro, con el ayudante de la comandancia,
para los auxilios y demas efectos que se adoptaron desde luego, cumplimentando
en todas sus partes lo prevenido sobre el particular en las ordenanzas
generales del ramo; se procedió acto seguido al salvamento de los efectos del
buque, hasta el dia 13 del mismo, que á consecuencia de un fuerte temporal SO
quedó completamente destrozada.
Tanto el
capitán comandante de carabineros de dicha provincia, como el administrador de
la aduana y demas autoridades de Rivadeo, contribuyeron por su parte á prestar
los auxilios que se le pidieron, sin que el consignatario del buque tuviese
otra parte en el naufragio que el de inspeccionar y llevar la cuenta de los
efectos salvados, debiéndose el salvamento de ellos a las disposiciones
adoptadas por la autoridad de marina”.
Por
outras fontes soubemos que en San Cosme de Barreiros tamén deron terra en
presenza do capitán da nave e do resto da tripulación, a outros dous mortos
neste accidente, un o día 7 e outro do dia 17 de xullo.
GALERNA
NO CANTABRICO
En
decembro de 1893 o Cantábrico debeu mostrar a sua cara mais brava e indómita,
LA GACETA DE GALICIA, Diario de Santiago, recollía a nova de varios naufraxios
provocados polos temporais, na costa de Lugo, un barco de Pravia en Morás, un
de Viavelez en Burela, un de San Ciprian en Cangas, outro do Barqueiro e o
bergantín-goleta “Pepita” de Ferrol, que naufragou en San Miguel de Reinante
ocasionando dous mortos.
Nada
comparable coa que se chamou a gran galerna do Cantábrico en en Xullo de 1961
fundiu 23 barcos entre Lugo e Ondarribia e morreron 83 mariñeiros entre eles 34
galegos.
Pero
seguindo o orde cronolóxico poñémonos en xuño de 1899. O dia 24, dia de San
Xoán, o cura D. José Ramón Pérez Rodríguez escribe:
“asistí
a dar sepultura cristiana al cadáver de un hombre que apareceu na praia da
Arealonga desta parroquia, crendoo digno dela por atopar un escapulario entre
as suas vestimentas, habendo precredido a oportuna orde e autorización do
Xulgado.”
POBRE
FOLKWAG
En
xaneiro de 1900 e unha pequena nota de prensa di que “o tempo reinante estes
días esnaquizou por completo o barco “Folkwag” encallado en San Miguel de
Reinante”
A
noticia é asi de curta, non parece que se lle dera moita importancia ao
encallamento que por outra banda parece que non revestiu desgrazas persoais.
Pero a cousa non quedou así, porque a carga que levaba debeu espertar gran
interese entre os parroquiáns da zona xa que, días mais tarde, EL DIARIO DE
LUGO tira de ironía para puntualizar o “destorzo” do barco:
“¡Pobre
Folkwag!, o barco encallado en Foz estrelouse e fíxose mil pedazos en San
Miguel de Reinante.
¡A tempestade destruíno e encargáronse
de axudala os veciños de toda a costa!. ¡Pobriños!. ¡Como axudaron á
tempestade!”.
O
7 de maio de 1904 EL NORTE DE GALICIA publica outra noticia de naufraxio.
“en
San Miguel de Reinante (Barreiros) no punto chamado O Castro, un golpe de mar
fixo zozobrar un bote de pesca matrícula de Rinlo (Rivadeo) desapareciendo
cuatro de los seis tripulantes que llevaba”
Dous destes tripulantes foron
expulsados polo mar días mais tarde na costa de San Miguel. Eran José García
López, de 36 anos, casado con Eduarda Díaz e natural de San Pedro de Rinlo,
fillos de Pedro e María, e o outro era o seu fillo de catorce anos Pedro García
Díaz. Os dous recibiron sepultura no cemiterio católico da parroquia de San
Miguel de Reinante.
Artigo de Faustino González Recalde.
Tino, encantoume o artigo!!!!! Grazas a Os Espigueiros, por adicar o voso tempo libre á búsqueda da Historia do noso pobo. Ós nosos fillos e netos quédalles o mellor dos tesouros...
ResponderEliminar