SINOPSE.
Proxecto encamiñado á recuperación social e natural
do Rego da Barranca, o río matriz do pobo, o noso rio.
O Río como arteria unificadora do pobo, dende a Barranca á Arealonga, todo é San Miguel. Preténdese a activación dende a asociación de toda a veciñanza para participar no proxecto, coma unha segunda acción do LAB SOCIAL da asociación.
O Río como arteria unificadora do pobo, dende a Barranca á Arealonga, todo é San Miguel. Preténdese a activación dende a asociación de toda a veciñanza para participar no proxecto, coma unha segunda acción do LAB SOCIAL da asociación.
*LAB SOCIAL : o brazo executivo-participativo
formado pola xente do pobo, interxeracional, que permitirá mellorar, adecentar,
recuperar ou potenciar espazos, lugares,…, de interese
histórico,emocional,festivo,arquitectónico ou natural do pobo, mirando ó futuro
do pobo.
ITEMS CONTEMPLADAS ( accións ).
1. LIMPEZA
XERAL.
2. POZO
DA CAINZADA ( e outros espazos
históricos de baño ).
3. APERTURA
DA SENDA FLUVIAL .
4. LIMPEZA
E INTERVENCIÓNS ESPECÍFICAS EN PATRIMONIO ( MUÍÑOS, FONTES,LAVADOIROS…).
5. DEPURADORA.
6. CONCIENCIACIÓN
EDUCATIVA MEDIO AMBIENTAL.
PROCESO E OPERATIVA.
Estructuramos ese plan de acción enfocado á
participación da veciñanza, coa asociación como motor , guía e articuladora de
dito obxetivo. Unha vez tido claro e definido o “proxecto rio” a nivel interno
na asociación, organizaremos una
CONVOCATORIA VECIÑAL para dalo a
coñecer, perseguindo involucrar e motivar á xente do pobo para colaborar e
acometer os traballos físicos que conleva dito proxecto. Neste encontro
escoltamos e apuntamos as propostas e aportacións coherentes por parte da veciñanza para este
fin.
Nesta convocatoria-xuntanza, definirase o CALENDARIO
OPERATIVO do plan ( normalmente nestes proxectos participativos teñen una
frecuencia mínima ”obrigatoria” quincenal ) . Así, propoñerase facer 2 dias de
traballo ó mes de mínimos, cada 15 dias.
Tentaremos fixar datas ordinarias para que vaian quedando como hábito na xente, por exemplo, segundo e último fin de semana de mes ( sábado ou domingo pola mañá ).
Tentaremos fixar datas ordinarias para que vaian quedando como hábito na xente, por exemplo, segundo e último fin de semana de mes ( sábado ou domingo pola mañá ).
Outra cuestión a mencionar, que xa o definiremos unha vez
confirmemos a execución do proxecto, é
que poderán levrse a cabo diferentes accións de adecuación e limpeza
simultáneamente en cada tramo do rio.
Por exemplo que no tramo “X” que toque acometer ese dia fagamos limpeza xeral,
limpeza dalgún muiño e adecuación dun pozo de baño, se houbera claro. Non facer
sólo unha cousa no tramo en cuestión senon traballos integrais no tramo.
Medio Ambiente comprometeuse dende un inicio a facer unha
laboura de acompañamento e asesoramento na posterior fase de execución e
accións contempladas
TRAMOS DO RIO
Definimos e mapeamos sete tramos do rio a modo de
sectores rematando na desembocadura na praia
de Arealonga.
Cada un destes tramos, xa cara á fase ejecutiva do
proxecto, subdividirémolos noutros duns
100/200 m que serán obxeto da acción de
limpeza e intervención diaria, a modo de calendario de obxetivos. Obviamente
teremos en conta a dificultade orográfico-xeolóxica , do estado de maleza e
limpeza ou das intervencións en patrimonio do tramo en cuestión, polo que éstas
son distancias intencionais.
Adxuntamos documento coa división mencionada e mapeo
de espazos e elementos patrimoniais.
DEPURADORAS E EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL.
Algo que nos preocupa especialmente é o estado
lamentable das x depuradoras que temos no rio, que denota falta de manta de
mantemento, revisión e mesmo limpeza. Non falamos só dos olores, de maleza ou
estado das mesmas, amplificámolo á sensación xeral de abandono e precariedade
que amosan. Non buscamos culpables, nin no concello nin na entidade autonómica
competente, só queremos axudar a mellorar esas instalacións e buscar unha
solución a un problema que medra cada ano. Xa non falamos da imaxe e impresión
que se levan os turistas cando pasan ó lado delas…Pedimos coordinación,
información e execución a quen corresponda, e amosamos a total disponibilidade
da asociación para axudar neste asunto.
Relacionado con este tema, queremos implantar un
programa de educación e concienciación medioambiental que teña o rio como
protagonista. Charlas e accións periódicas que organizaremos en canto se poña e
marcha a execución do proxecto, poniendo especial énfasis no tema dos vertidos
ilegais, basura e respeto da flora e fauna. Tamén contemplamos un proxecto co
Colexio Público de San Miguel de Reinante para implicar ós cativos e profesores
nestas accións medioambientais a modo de actividade extraescolar pero cun
marcado carácter participativo social.
OBXETIVOS FINAIS DO PROXECTO.
1. Recuperar
o rio dende un punto de vista natural, medioambiental e por qué non decilo
estético, cun tratamento sanador global que frene a decadencia deste pulmón do
pobo.
2. Poñer
en valor elementos etnográficos e arquitectónicos que forman parte da historia
do pobo, do dia a dia dos nosos antepasados : muiños, fontes e lavadoiros.
Aínda que na mayoría dos casos sexa imposible recuperalos arquitectónicamente
polo estado actual que teñan e o custe que isto tería, sí que se poden adecentar,
limpiar e homenaxealos cun sinxelo panel informativo que fale do elemento en
cuestión ( estes paneis tamén se colocarán nas pozas ou recantos de interese).
3. En mente tiñamos recuperar
a zona de baño por excelencia do rio, A Cainzada, que tanto ben fixo polo ocio
sano e saude da nosa xente. Ese lado social do rio aportao una simple poza, na
que ó redor dela historicamente se xuntaban rapaces e maiores de San Miguel,
aparte da beleza que ten ese punto
concreto do rio. Non hai una persoa que non teña nostalxia da Cainzada.
Idem para outro punto de baño como é a Poza dos Moreda.non podemos recuperalo xa que requeriría facer intervencións no leito do rio conformaremonos con sinalalo cun panel informativo.
4. A
senda fluvial como senda de respeto e futuro do futuro do rio e do pobo. Aparte
de crear un paseo precioso que cruce o
pobo dende a Barranca á Arealonga, esta senda ten que metaforizar o respeto ó
medio ambiente en xeral e ó ecosistema do rio en particular, moi asociado tamén
ó respeto pola historia de San Miguel ( con eses paneis histórico-informativos
a cada paso por elementos de interese ). Cada paseo por esa zona tenlle que servir
á xente para reflexionar sobre a beleza e a historia do entorno no que vive.
Tamén axudará a ter un atractivo de ocio saudable para a xente do pobo e o
turismo que nos visita, UNHA VIA VERDE NATURAL E RESPONSABLE .
5. A memoria do rio. O rio ten memoria e a xente
tamén, el lémbrase do que foi noutros
tempos e nós e os máis vellos igualmente lembrámonos do mesmo. Pódese decir que
nos botamos de menos. Pero como a culpa do deterioro e estado actual do rio é
exclusivamente noso, da xente, da deixadez ou das nosas prácticas irrespetuosas
(si o comparamos cunha persoa maior impedida, que ninguén a atende, vive sóla e en estado de cuasi
abandono ) é a nosa obriga moral
adecentalo, limpalo e facelo accesible para que o veñan ver . E que a
xente, desde os máis cativos a ós máis maiores, o volte a disfrutar plenamente e
presumamos del . E con eses novos baños ou paseos pola beira do río seguro que
voltremos a botar un ollada atrás de respeto á nosa historia, á memoria do rio.
A XENTE.
Reivindicamos a idea do
LAB SOCIAL do pobo arriba explicada, o poder e vontade da xente para poder cambiar
as cousas si se une. Unha persoa motivada e ilusionada por algo ten moito de
imparable , e si conseguimos unir vontades cun fin común podemos crear algo
exemplarizante. O efecto motivador que parte do emocional, do afectivo, do amor
por algo ou alguén. Neste caso o motor ten que ser o pobo no que nacimos, hai
poucos motores máis potentes que esto, e o noso rio como protagonista e
aglutiador. É a nosa identidade e un sentimento de pertenza.
Este laboratorio de
acción ten que ser interxeracional, que acolla dende nenos a xubilados,
cunha vertente educativa, solidaria e emocional
do que se faga. Nenos ( o futuro), xuventude, adultos, xubilados e
vellos, todos xuntos reaprendendo e dandolle a mán ó do lado mentras corta unas
silvas ou lle conta o que era ese pozo…
Experimentando e
profundizando na parte participativa social multidimensiona un proxecto de por
si. Nestes tempos de nubarróns morais , éticos, económicos,… hai que
facerlle creer en algo á xente, motivar,
dar protagonismo sano, facer sentirse útil ás persoas, darlles unha causa que
xenere ilusión. E non só botar a culpa ás administracións
correspondentes se non pensar en cómo podemos mellorar as cousas nós mesmos e
buscar a axuda e colaboración legal, técnica e de recursos de ditas
administracións.
A asociación Seminario
de Estudos Os Espigueiros aposta por mellorar e enriquecer a vida do pobo de
San Miguel de Reinante, e o rio ( e o que conleva ) é obxetivo prioritario. E
buscamos facelo dende a ilusión, a vontade, o traballo e a legalidade. Buscamos
colaboracións e cómplices. Medio Ambiente xa nos amosou o seu apoio, recentemente recibimos a aprovación de Augas de Galicia e o Concello de Barreiros semella parecerlle un proxecto sumamente interesante... e ti veciño/a uneste a nós???
aquí o enlace con toda a información de tramos e elementos a ter en conta
No hay comentarios:
Publicar un comentario