RAMÓN IGLESIAS DORADO (DON RAMONCITO)
Ramón Iglesias Dorado para todos don Ramoncito querido e admirado por todo o pobo, foto cedida pola familia. |
Ramón
Iglesias Dorado nace no seo dunha familia acomodada en San Miguel de Reinante
no ano 1905. Era fillo de Ramón Iglesias
Pérez, da Casa de Neira de San Cosme de Barreiros, e Aurora Dorado de San
Miguel.
casa na que naceu |
Cumpridos
os 11 anos, o neno Ramoncito partiu para Lugo para estudar o bacharelato no
Instituto da capital, ata o momento de principiar a carreira de medicina na
Universidade de Santiago de Compostela. En xuño de 1928 remataba os estudos
universitarios. Las Riberas del Eo da conta deste feito.
“Con
brillantes notas terminó la carrera de
medicina en la Universidad de Santiago el estudioso joven de San Miguel de
Reinante D. Ramón Iglesias Dorado, hijo de nuestro apreciable amigo y exalcalde
de Barreiros D. Ramón Iglesias Pérez.*
El
nuevo galeno continuará sus estudios en la Universidad Central para conseguir
el título de Doctor. Enviamos al aprovechado estudiante así como a sus padres
nuestra entusiasta felicitación.”
*(alcalde de Barreiros en 1918 e 1919)
Neste verán de 1928 recen licenciado en
Santiago, aproveitando a sua estadía no pobo e antes de partir para Madrid o xove Ramón é obxecto dun
homenaxe que lle brindan os amigos e achegados seus e da sua familia, que
queren celebrar o acontecemento con él. A celebración consiste nunha cea que
ten lugar no salón de Tirabeque “hábil y artisticamente transformado en
amplio comedor” o día 16 de xuño.
Co
homenaxeado sentáronse a mesa, segundo a crónica de Las Riberas del Eo, os
seguintes comensais: D. Manuel Roca, Secundino López, José Mourenza, Domingo
Lorenzo, Ramón Abraído, José Rodríguez, Alfonso Ibaseta, Esteban Rego,
Francisco López, José María Pérez, Daniel Dorado, Isidro Martínez, Jesús
Martínez, Vicente Debén, Eduardo Díaz, José Rodríguez Pérez, Narciso Díaz,
Francisco Rios, Lorenzo López, Germán Maseda, Ramón Conquero, Teolindo Dorado e
Manuel Villamil. Distinguimos tres mestres que exerceron a ensinanza no pobo e
bastantes nomes de personaxes que forman parte da historia da emigración de San
Miguel a Cuba
“Llegada la hora de los brindis comenzó D. Isidro Martínez
ofreciendo el homenaje y felicitando al festejado ya que además de los méritos
que corresponden al hecho de haber terminado de forma brillante sus estudios,
concurre también la circunstancia de ser el primero que puede ostentar el
Título de Licenciado en medicina en este pueblo”
Seguidamente
propón entregarlle un ramo de flores a nai do homenaxeado Doña Aurora Dorado
cousa que fan el mesmo e D. Vicente Debén. Seguidamente toma a palabra D.
Manuel Roca, médico de Barreiros que manifesta a sua satisfacción por celebrar
os éxitos do xove amigo e compañeiro, para o que desexa as maiores venturas e
felices acertos na delicada misión.
Seguen
os discursos e as loanzas, esta vez por parte do que foi seu mestre D. José
Mourenza afirmando que sempre estivo entre os mellores así no estudo como no
comportamento e deséxalle un rápido doutoramento.
Don
Francisco L. Fernández con amenidad y elocuencia brinda polo triunfo
alcanzado en plena xuventude e fai votos para que alcance os maiores éxitos na
sua profesión.
“En
un párrafo brillante le estimula a fin de que no se detenga en el camino
emprendido sino que procure siempre poseer un mayor número de conocimientos.
Termina diciéndole: Mas; siempre mas allá. Plus Ultra.”
Seguidamente
é a quenda de D. José M. Villamil, e
entre palabras eloxiosas di que o pobo de San Miguel xa ven rendendo ao novo
médico un homenaxe permanente xa que todos os seus veciños o distinguen co
cariñoso nome de Ramoncito. Acaba brindando por Galicia e polos médicos de
Galicia, por que figuran entre a flor e a nata da medicina española e da
medicina mundial.
E
non terminan os discursos, porqué toma a palabra D. Secundino L. Valcarce que
despois de abondar nos mesmos términos que os que o precederon di que
“todos
los pueblos conscientes sienten orgullo por los hijos predilectos que
contribuyen al enaltecimiento de su nombre, entre eses puede figurar desde hoy
San Miguel de Reinante.”
e finaliza animando ao recen licenciado para
“que prosiga por la escabrosa senda del estudio hasta
conseguir ver coronadas sus muy justas aspiraciones con los laureles del
triunfo, para de ese modo poder algún día celebrarle como una gloria de la
ciencia médica. La mejor manera de honrar a San Miguel, a Galicia y por ende a
España.”
Para
finalizar a festa, sobre das dúas da noite, con gran alegría e bo humor,
despois de entoar algunha cantiga rexional, española ou mesmo cubana, Ramón
Iglesias Dorado, Don Ramoncito, moi emocionado agradeceu a todos as súas
gabanzas e dirixíndose aos concorrentes dilles que oxalá nunca precisen os seus
servizos, pero que si así fose el “estaría sempre disposto a
prestalos na máxima medidas das súas forzas.”
invitación á homenaxe feita |
A crónica do acontecemento de xuño de
1928 de Las Riberas del Eo está firmada por J.M.V. (o mestre José M.
Villaamil quizais?)
“Sempre
disposto a prestar os seus servizos na máxima medida das súas forzas” (e tal vez en algunha ocasión mais aló das
súas forzas) ¡palabras
premonitorias! as que utilizou aos seus 23 anos para agradecer a homenaxe, esa
foi a sua bandeira e o seu credo, esa foi a dedicación que fixo da sua vida
como médico en San Miguel. Hoxe inda son moitas as testemuñas que de forma
unánime aseguran que sempre estivo disposto a ir alí onde o chamaban e a hora
que o chamaran, con bo tempo, de día ou con noites de invernía, e sin esperar
pago algún mais que o que o seu paciente,
boamente lle puidera dar. Subido nunha bicicleta e logo na sua moto percorreu
os camiños, non só de San Miguel..., de Reinante, de Benquerencia, de
Barreiros, San xusto, Cabarcos, A Devesa... Din del que para dar tranquilidade
ó enfermo sempre tiña a mesma frase: Ai! Iso tamén no tiven eu!... salvo cando
a doenza era propia dunha muller como un embarazo ou un parto que entón trocaba
o conto e dicíalle: Ai! Iso tamén lle pasou a Jesusa.
Jesusa
foi a sua dona; Jesusa Fuente Fuente, filla de Gregorio Fuente, dos Maragatos
de San Miguel e con ela tivo dous fillos: Ramón e José.
Don
Ramoncito dedicou a sua curta vida a atender, da mellor forma que sabía e coa
máxima dedicación aos seus pacientes. Finou o 8 de xuño de 1958 con 53 anos de
idade despois de varios anos de saúde delicada.
Ó
pouco tempo de falecer xurde a idea de renderlle un acto de recoñecemento, idea
que se nos antolla seria ben acollida por todas as capas sociais; era o ano
1959, o alcalde Casiano Moreno Sierra presidía a comisión prohomenaxe e
completábana os señores Díaz Gómez, Ferrero Villanueva, Maseda Dorrego, Díaz
Carreira, Díaz López, Baamonde, Rocha e Abraira García. O acto foi concibido
para a participación da veciñanza, e para eso se solicitou, a colaboración das
xentes do pobo para sufragar os gastos do mesmo.
Pasaron
catro anos mais para materializar o acontecemento, que por fin tivo lugar o
domingo dia 11 de agosto de 1963. Diversos persoeiros da cidade de Lugo e do
Concello presidiron os actos, de carácter eminentemente popular:
O Presidente do Colexio Médico de Lugo, Sr. Lomas, o Delegado Provincial do
ministerio de Información e Turismo, Sr. Santín, o Alcalde de Barreiros, Casiano Moreno Sierra
e o Cura Párroco, Don Pedro Cedrón Rivas.
Comenzou
cunha misa na igrexa parroquial e seguiu no Souto cun discurso do Presidente do
Colexio Provincial de Médicos poñendo de releve a bonhomía do falecido.
Di
a crónica de El Pueblo Gallego do 11 de agosto de 1963:
“la
numerosa concurrencia, entre la que se encontraba casi la totalidad de los
vecinos del pueblo y de la comarca, tributaron a los oradores grandes aplausos.
Fue un acto repleto de emotividad y de recuerdo para el extinto benefactor de
la comarca. Mas tarde se procedió a descubrir una placa de bronce en la casa
donde el naciera, y otras dos que dan su nombre a la calle principal de la
villa, siendo todas costeadas por suscripción popular.”
A
placa no balcón da casa onde naceu (sufragada por subscrición popular) está ben
visible hoxe en día, recordando a sua persoa e a sua labor, non así as que
sinalaban o nome da rúa a el dedicada, que non se atopan situadas en ningunha
das casas do traxecto da estrada nacional, este pode ser o motivo polo que rara
vez, por non dicir nunca, se fai referencia falada ou escrita a “Avenida
Ramón Iglesias Dorado”. Bo é
recordalo.
placa conmemorativa |
Artigo de Faustino González Recalde
Fotografía Andrés Bourio
No hay comentarios:
Publicar un comentario