A busca do ouro galaico foi un dos moitos motivos que
atraeron aos romanos ao territorio galego, feito que propiciou que a partires
desta busca se detectaran importantes xacementos de ferro na zona noroeste da
provincia de Lugo, xa que a presenza de arseniopirita que se atopa nos
xacementos de ferro a veces vai moi parella á presenza de ouro.
As minas de ferro polo xeral eran explotacións a ceo aberto
nas que se traballaba onde mellor resultado se obtivera. A veces había tamén pequenas galerías pouco
profundas que ían seguindo a vena mineral.
No século XVI a metalurxia galega viuse sometida a un certo
proceso de modernización, motivado pola chegada de expertos ferreiros
procedentes do País Vasco que vían no ferro galego grandes posibilidades.
É de sobra coñecido que hai unha cova que foi unha antiga
mina de ferro explotada a principios do século XIX. E a medida que investigamos
encontrámonos con outras tentativas de explotación mineira nos montes de San
Miguel
Aínda que se poden atopar diversas pequenas minas de ferro
(covas) , a máis coñecida por todos é a Cova da Veneira ou “Furado de Ron” como
a coñecía moita xente do pobo, Lugar de numerosas historias de pequenos
exploradores que se introducían nas cavidades abertas no 1796 na busca de
aventuras e que acolleu a algún que outro escapado durante a guerra civil.
Desta cova situada no lugar da Barranca, extraeuse gran
cantidade de material para a emerxente fábrica de armas que Raimundo Ibáñez,
marqués de Sargadelos, posuía no lugar do mesmo nome.
Unha fábrica emerxente
que por aquel entón satisfacía a contrata de munición de guerra. Sortíase
de diferentes lugares da Mariña, entre eles, tres situados en Barreiros: San Miguel, San Pedro de
Benquerencia e Celeiro de Mariñaos. Un ferro pardo de excelente calidade tal e
como queda reflexado no Boletín da
Cámara Oficial Minera de Galicia en maio do 1927.
A Cova da Veneira na actualidade. |
No ano 1796 varios veciños de San Miguel firman un contrato
con Raimundo Ibañez, Marques de Sargadelos para abastecer a súa industria con
mineral da Veneira. O contrato recólleo Francisco Lanza no seu “Ribadeo
Antiguo”
O contrato para a explotación, firmouse ante o notario de Ribadeo D. José
Alvaro de Vila Vaamonde, e firmouse
entre Don Antonio Raimundo Ibáñez, fundador das fábricas de Sargadelos e varios
veciños de San Miguel e que foi refrexada por don Francisco Lanza no seu libro
“Ribadeo Antigo”
Firmábase este contrato na vila de Ribadeo o día 22 do mes de
outubro do 1796 entre Antonio de Verganza, Francisco Larrea (naturais de Somo Rostro pero actuais veciños do pobo de
San Miguel), Ramón Larrea e Ramon Gil, naturais e residentes en San Miguel de
Reinante e don Antonio Raimundo Ibáñez dono das fábricas de Munición de
Sargadelos. Contrato no que se establecía
que durante o prazo de seis meses
se traballaría no terreo dos asinantes no arranque de vena de
minerais de ferro poñendo estes o
correspondente número de peóns para extraer unha porción abundante deste mineral.
Fixábanse seis condicións para tal explotación:
Primeiro, que a mina ou vetas de ferro deben verificarse
metodicamente, continuaranse segundo se atopan abertas no dia deixando as
correspondentes columnas do mesmo mineral e non ensanchando máis do que conveña
na cova a fin de que se manteñan e non caian as bóvedas.
Segundo, que se se contradicían estas condicións quedaba por
conta dos contratantes os prexuízos causados e deberían deixar limpas as covas
Terceiro, que nas escavacións que están feitas non se debía
arrancar ningunha vena das columnas que quedan para sostelas, e continuar as
venas abertas segundo queda dito. Aqui tamén nos afirma que cando están
firmando xa hai escavacións e columnas. Tamén pode ser que estiveran abertas de
seis meses ou un ano por outros contratistas, pero non o sabemos. Sencillamente
sabemos que están firmando un contrato para sacar mineral para Sargadelos
Imaxe do tipo de columnas ás que se refire, esta está na mina de Castrillón (A Insua) |
Cuarto, debe correr da súa conta extraer e levar fora da
mina non so o mineral que se arranque se
non tamén a terra, pedra e escombro que con este motivo saia das escavacións.
Quinto, que a vena que se arranque nos seis meses pesarase
toda xunta ao final, debendo entregala
os contratantes limpa de pedra, terra e outros materiais estraños, que Don
Antonio Ibáñez considerará como
inadmisibles; se faltaran ao cumprimento desta condición. A admitida e pesada
pagaráselles por cada quintal macho de
cento cincuenta e cinco libras castelás que entreguen xunto á mina un real de vellón sen máis. Correrá a
cargo dos contratantes ferramentas, luz, peóns cestas e canto se poida precisar
na escavación.
Sexto, que para manter
e pagar os peóns e outros gastos, faráselles conta cada mes de mil reais
de Vellón, a menos que polo traballo se
recoñeza que non merecen esta cantidade.
Polo contrario daráselles maior partida se Don Antonio Ibañez recoñecese
que a partida de mineral que arrancara o permitira. Entregaránselle por reconto as ferramentas que actualmente
ten na expresada vena, as cales deben pesarse para devolvelas ao cavo dos seis
meses e no mesmo estado que as reciben.
Na parte final do contrato afirman que se someten con poder
bastante á xustiza real militar do real corpo de artillería a que están
suxeitos, dado que o material é para a fabrica de municións de guerra.
.
A actividade mineira
da Veneira, deixou unha importante pegada canto menos na toponimia do
pobo. Así temos o lugar da Barranca un
topónimo que significa “ corte profundo”. Nesta zona sospeitase que se tamizaba
o material para separar a maior parte da
terra e con esta ían reenchendo os desniveis do terreo da Barranca.
Outro topónimo é A Ferrería que podía ser o lugar onde se faría unha primeira cocedura deste
ferro. Sacábase a ganga da veta e xa nun proceso posterior se sacaría a mena
aproveitable.
O ferro transportábase nun primeiro momento en carros tirados
por bois ata o mar, tal e como enuncia Francisco Lanza no seu libro, ata o
lugar de Porto Vello onde se depositaba en pequenas lanchas que transportaban o
mineral nun inicio aos pataches ancorados en lugar de maior calado e que se
dirixirían a San Cibrao.
Existe un lugar na praia de Arealonga abaixo do Feal da Paula
denominado así, mais en ningún momento se pode confirmar a existencia de porto
alí.
Sobre os minerais de San Miguel e a súa calidade, igual que
das outras minas de parroquias veciñas (Benquerencia ou Celeiro de Mariñaos)
encontramos un artigo no Boletín Oficial de la Camara de la Minería de Galicia
de maio de 1927 en onde o seu autor R. Martínez, membro da dita Camara, e
coñecedor desta zona polo que declara conta unha anécdota que lle sucedeu
estando traballando por esta zona a principios do século pasado. Di que un
capataz del (Mateo Echevarría) estando facendo unha exploración no barrio da
Ínsua a comezo de século,foi alertado polos traballadores que tiña, sobre que
na praia de San Miguel aparecían moitas pedra de mineral moi brillante e que pensaban si habería unha veta escondida.
Cando o autor do artigo viu o mineral e soubo onde se encontrara tivo que
explicarlles que aquelas pedras caerían dos carros do país ao tempo de
embarcalo nas lanchas para transportalas a Sargadelos.
Minerais de ferro na Arealonga |
Fala tamén da gran calidade dos minerais pardos desta zona
que desde antigo se utilizaba para mixturar cos procedentes do Pais Vasco.
Chegado ao porto de San Cibrao o Marques de Sargadelos tiña
construída unha estrada privada para o servizo da fábrica, pola cal daba
entrada as materias primas e daba saída á produción. Estrada que cando os
veciños que os veciños podían usar, pero previo pago dunha tasa.
Durante canto tempo durou a explotación da mina da Veneira
non o sabemos con exactitude, pero non debeu ser moito, porque as referencias
que atopamos non falan ben dos contratistas que as traballaron nesta época. Por
un lado o autor deste mesmo artigo di que lle informaron de que os pozos e
galerías abertas polo persoal de Sargadelos se anegaron e que naide se propuso
ou se atreveu a desaloxalos.
Por
outra parte atopamos unha tese doutoral realizada por Teresa Esteban Gómez na
cal analiza a Evolución e o cambio das formas cerámicas en Sargadelos: orixes e
características da empresa cerámica sargadeliana, na que recolle un escrito do
1859 no que don Ramón Cayetano Ramos director siderurxia sargadelense afirma saber
que as minas de San Miguel e Mondigo estaba
arruinada e inundada en su mayor parte al caer en manos codiciosas e inhábiles
destajistas”
Non sabemos de actividade mineira no pobo ata o ano 1847, ano
no cal aparecen no BOP unha relación das
minas rexistradas e outras abandonadas
na provincia de Lugo en agosto daquel ano. Algunhas das posibles minas
rexistradas sí se chegaron a abrir e ter actividade, outras parece ser que se
rexistraron en vistas de poder abrilas de ser necesario.
No lugar se San Miguel aparece a relación de varios rexistros
a mágoa é que non atopamos situación no mapa de moitas delas o cal nos axudaría
enormemente para ubicalas e sobre todo saber se chegaron a ser explotacions ou
so proxectos.
Carmen I
situada na Fraga Vella en San Pedro de Benquerencia e Carmen II situada no
Camiño Branco en San Miguel e que foi
rexistrada por José Ibáñez.
Rosita
situada en Penalonga e que sí tivo actividade do 1846 ao 1847 rexistrada por
Santiago de Vivero
Teresa
rexistrada no ano 1847 situada na veneria do Monte do Lodeiro rexistrada por
Don José Núñez CastañO (aparece que traballou tan so ese ano)
Demetria
rexistrada por Ramón de la Riva.
Carrileña
rexistrada por Francisco Piñeiro
Santiaguesa
rexistrada por Don Andrés Fariña Martínez e que funcionou do 1887 ao 1888.
Gachona
rexistrada por Santiago de la Riva
Compostelana
rexistrada por Don Luís de La Riva
Ramoneta
rexistrada por Don Salvador Buhigas
Luisa que
si traballou do 1901 ao 1903
Dos de Mayo
situada no Camiño Branco e rexistrada por Santiagao de La Riva
Envidiada
rexistrada por Don Salvador Buhigas
Ramonita que
funcionou do 1847 so 1848 rexistrada por Don José María Muñíz
E aparece tamén denunciada a mina enunciada como Pepico rexistrada por Don José
Ibáñez pero que tivo actividade posterior a esta data do 1847 ao 1851.
A principios de século, quizais ao calor do negocio do ferro
que espertaba a recente explotación da Pontenova e o tren mineiro a
Ribadeo, volvemos ver rexistros de superficies
nos montes de San Miguel
O trece de febreiro de 1901
no Boletín Oficial da Provincia Bernardino Alonso Rodríguez renuncia aos
dereitos que tiña no rexistro mineiro do ferro que tiña solicitado co nome de Los cuatro amigos así como outro
rexistro Carlos.
Curiosamente despois destas dúas renuncias, o 23 de febreiro
do mesmo ano volve aparecer o nome deste home rexistrando no Boletín Oficial da
provincia de Lugo a 30 pertenzas mineral Elisa
e o mineral Carlos.
O mineral Elisa está situado no terreo de Don
Carlos de Casas e de Don José en San Miguel no lugar denominado Ribón, que
testa ao norte e Este cos montes de Don Fancisco Dorado, Oeste con Manuel
Fernández e ao sur coas penas do Ribón. Figura que esta mina sí funcionou do
1901 ao 1903
Adquire a José Lamas (posible familiar dos Lamas do Pazo do
Outerio ) a propiedade situada no lugar da Roda para compra o dereito a extraer sobre unha
superficie de 32 pertenencias) os metais
denominados Carlos. Parte a
deste mineral no camiño que baixa das Pallaregas e dos montes de Comado
no lugar que fai cruce o camiño que vai ao lugar de Piñeiro e o que vai dende a
Barrosa. Funcionou do 1900 ao 1901 , polos topónimos que enuncia posiblemente
estivera en Reinante e non en San Miguel.
O Correo de Lugo pola súa parte faise eco da admisión
de varios rexistros mineiros por parte do Goberno Civil na parroquia de
San Miguel de Reinante.
Don Joaquín Bao Bermúdez de Barreiros aspira a posuír doce pertenzas de mineral de
ferro co nome de Tauro situado
en San miguel de Reinante que aparece
nun expediente de explotacións mineiras da provincia de Lugo con actividade
dende o 1900 ao 1903
Sabemos que nos anos corenta atopouse mineral xa elaborado na
zona da Barranca Vella que levaba tempo
no monte abandonado de anos pasados(poidera ser de cando iniciaron algún deses
rexistros, non compensaría e abandoouse mais non hai constancia de ningunha
actividade mineira.
Como podedes observar parte do subsolo dos nosos montes está en parte minado, a gran maioría destas son pequenas covas de non moita profundidade, algunhas delas tapiadas con sedimentos (descoñecemos se por derrubes ou por acción humana) das cales na actualidade temos localizadas catro máis á dereita da Veneira mirando cara ó monte, baixando cara ó rio. A estas na Barranca coñécenas como as minas de Severiano, poidera ser esta persoa Severiano Lizarraga xestor da mina da Pontenova e socio da Julio Lazurtegui, este membro da directiva da Sociedade Mineira de Vilaodriz? .
Covas de Don SeverianoRespecto á Cova da Veneira, a explotación
do Marqués de Sargadelos, foi tapiada pola Xunta de Galicia ante o
perigo de que algún curioso quedara atrapado nela.
Sellado da Cova da Veneira |
No hay comentarios:
Publicar un comentario