Praza do Souto

Praza do Souto

lunes, 25 de marzo de 2024

Parladoiro o Plantel da Extensión Agraria

 Día para xuntarnos, recordar e falar.

No ano 1969 os técnicos da oficina de extensión agraria de Ribadeo puxéronse en contacto coa xuventude de San Miguel para poñer en marcha un Plantel.

Ao fronte da oficina, Antonio Oca Fernández, acompañábano na  relación coa xuventude María del Carmen Carballeda Pérez, Ramón Lanza e Emilio Rodríguez Calvo.

Os Planteles ían dirixidos a mozos e mozas maiores de 14 años aos que lles ofertaban diversos tipos de actividades co fin de elevar os coñecementos destes non só en materia agraria se non a nivel de cultura xeral.

Onte contamos coa presenza de Antonio Oca no noso Parladoiro falándonos dos principios que dirixian o Plantel, os pequenos atrancos, o por que de facer aquí un Plantel...

Pero non so contamos coa súa presenza, se non que tamén asistiron gran número daqueles mozos e mozas que daquela tiñan grandes desexos de liberarse das antigas ataduras, que traballaron pola defensa da igualdade entre homes e mulleres, de empregar o noso idioma e preguntarse e opinar sobre temas que nas súas casas eran tabú. 

As reunións do Plantel  suscitaron a preocupación de máis dunha familia e incluso das autoridades pertinentes que vían certas accións que poderían atentar contra os principios do réxime. O que deu moito para falar.

Entre contos e contos chegamos as nove da noite e cunha vasiño de chocolate nunha man e unha filloa na outra despedímonos de Antonio. Un pracer atopar xente así e poder falar, aprender e desfrutar.

Un día perfecto esperamos vervos pronto na seguinte actividade.


Deixo o enlace a aquel artigo que fixéramos no seu momento sobre o Plantel.


https://osespigueiros.blogspot.com/2019/10/o-plantel-da-extension-agraria.html?m=1













No hay comentarios:

Publicar un comentario