Praza do Souto

Praza do Souto

domingo, 24 de febrero de 2019


PROPOSTAS DE MELLORAS DO PROXECTO RIO.



Despois de 7 meses de traballo colaborativo veciñal seguindo as pautas, concesións e restricións que dende Augas de Galicia nos marcaron, informamos que rematamos os 6 tramos que en primeira instancia nos permitiron acometer. De forma xenérica limpiamos de vegetación morta, silvas e vegetación invasora e abrimos a senda natural segundo as pautas indicadas, con ferramentas de limpeza manuais e sen maquinaria pesada.Igualmente retiramos e recollemos residuos materiais e lixo que atopamos na ribeira fluvial.



Queremos informar que no tramo 6, nos últimos 350 metros do tramo,  cambiamos de lado na apertura da senda, o que corresponde a 120m antes e 230m despois do paso pola ponte da via do tren. Foi un erro noso decir no informe que iríamos pola beira esquerda, un simple matiz direccional, xa que non hai paso por esa marxe esquerda debaixo de dita ponte ( é obrigatorio o paso pola marxe dereita). De feito os veciños e veciñas dos barrios desa zona dixéronnos que por esa marxe dereita ía un antigo camiño que se utilizaba para ir ós 2 antigos muíños e lavadoiro que alí se ubicaban e tamén para subir ó centro do pobo (adxuntamos captura de Sigpac con esa parte do tramo 6 do cambio de  coloreado).



Adxuntamos algunhas fotografías dos 6 tramos donde se pode ver cómo queda a senda e o rio despois do traballo executado. Creemos que as fotos falan por si mesmas e a verdade é que tanto a xente do pobo coma os visitantes están a demostrar grande gratitude e respeto por ver como está quedando o noso rio e dando folgos para conseguir, por fin, ter a senda que chegará ó mar.



Asociado a este último desexo, que é o mesmo da nosa asociación dende que comezamos co proxecto, queremos trasladar a vontade de continuar limpiando o tramo 7 de maleza, silvas e a arboleda morta e seguir abrindo a desexada senda. Obviamente, e tal e como fixemos estes meses, respetando as limitacións e pautas que nos indiquen dende Augas de Galicia e sabendo que é zona inundable e protexida por Rede Natura, por suposto ( en época de choivas e auga non lle daremos uso á futura senda e así o comunicaremos nas redes sociais correspondentes, a través do concello, a vostedes, etc). Por esto queremos saber en qué condicións nos permiten rematar esta primeira fase do proxecto e chegar ó mar, ou nos fagan saber si facendoo como ata agora estaríamos no correcto. Por certo, todos os donos e donas de fincas que dan ó rio neste tramo 7 queren limpiar eses matoxos e silvas para ver limpias as fincas, volver a ver o rio (practicamente non se ve a auga de tanta silva que hai) e poder pasear ata o mar, ofrecéndose a traballar con nós ese 4 dias que duraría a limpeza do tramo. E sería o noso desexo que algún técnico do seu departamento viñera supervisar o traballo nesta zona máis “sensible”, daríanos confianza e seguridade. Serán 4 sábados de traballo dos meses de marzo e abril que lles comunicaríamos con antelación.



A continuación enumeramos unhas accións complementarias e requerementos a modo de melloras do proxecto que lles queremos comunicar e que acometeríamos nesta primavera unha vez rematemos esta fase de limpeza e apertura da senda :



  - Ampliar nuns 500 m o tramo 1 (dende onde comezamos o proxecto e cara ó sur, cara ó nacemento do rio) o traballo de limpeza e apertura de senda que estamos a facer ( adxuntamos zona marcada en cor no plano do Sigpac 1 ).



  - Repoboación de arboleda e vexetación autóctona en diferentes puntos da senda no tramo 5.Esta laboura está enmarcada nunha actividade colaborativa co CEIP de San Miguel de Reinante, na que alumnos e alumnas do colexio serán os protagonistas desta repobación, cunha perspectiva de educación medioambiental que iremos desenvolvendo co profesorado e alumnado de dito centro (e dentro do programa de educación medioambiental Voz Natura). Adxuntamos localización deses puntos de repoblación no plano de Sigpac 2. ·



  - Sinalización de puntos de interese e patrimonio etnográfico que hai en torno ó rio e nos termos de distancias, materiais e deseño que xa nos indicaron vostedes en anteriores resolucións no que respecta ó soporte elexido.



  - Instalación dunha baranda de madeira nun tramo de 100 metros no centro do pobo, tramo 4, no que hai un paso de 1 metro de ancho pegado a un muro dunha finca pero cun desnivel de 1.5m/2m respecto ó rio. Adxuntamos fotografía deste paso. Atenderemos as especificacións técnicas e de materiais da baranda que vostedes nos indiquen. Adxntamos fotografía deste paso e localización do mesmo no plano de Sigpac 3).



  - Realización e instalación dunha pequena pasarela de madeira nun punto do tramo 2 onde é obligatorio cruzar o rio dunha beira á outra. Un paso sinxelo e seguindo as indicacións que nos fagan en canto a estructura e deseño. Contaremos coa axuda dun enxeñeiro superior de Camiños, Canais e Portos  número de colexiado28317. que é socio da asociación, especialista en estructuras, para realizar o deseño e proxecto técnico da pasarela. Adxuntamos fotografía e localización da futura pasarela no plano Sigpac 4.



  - Como indicamos anteriormente, seguir limpiando e facendo a senda no tramo 7 segundo as limitaciòns e indicacións que vostedes nos transmitan, e coa supervisión de técnicos de Augas de Galicia si o creen preciso. E tendo como prioridade o respeto absoluto e posta en valor da flora e fauna protexida desa zona de especial interese medioambiental. O apoio e vontade dos propietarios da fincas xa o temos, ó igual que a da veciñanza do pobo e da directiva da asociación, para conseguir o obxetivo social e medioambiental que perseguimos co Proxecto Rio.



  - Solicitamos tamén que se faga repoblación de troita no rio tal e como xa se fixo en anos anteriores.



  - Acordaremos co Concello de Barreiros ampliar a súa colaboración co proxecto ( actualmente recollida e traslado no camión municipal da vexetación cortada e acumulada e dos residuos e a basura atopados nos traballos de limpeza) para que antes deste verán e nos anos sucesivos fagan 1 limpeza e repaso xeral da senda aberta pola veciñanza. Esto corcorda co actual obxetivo marcado dende a Concellería de Infrastructuras da Xunta de Galicia respecto á necesaria colaboración do mantemento e limpeza dos rios por parte dos concellos galegos.   



 



 



  - Instalación dunha baranda de madeira nun tramo de 100 metros no centro do pobo, tramo 4, no que
PROPOSTAS DE MELLORAS DO PROXECTO RIO.



Despois de 7 meses de traballo colaborativo veciñal seguindo as pautas, concesións e restricións que dende Augas de Galicia nos marcaron, informamos que rematamos os 6 tramos que en primeira instancia nos permitiron acometer. De forma xenérica limpiamos de vegetación morta, silvas e vegetación invasora e abrimos a senda natural segundo as pautas indicadas, con ferramentas de limpeza manuais e sen maquinaria pesada.Igualmente retiramos e recollemos residuos materiais e lixo que atopamos na ribeira fluvial. 



Queremos informar que no tramo 6, nos últimos 350 metros do tramo,  cambiamos de lado na apertura da senda, o que corresponde a 120m antes e 230m despois do paso pola ponte da via do tren. Foi un erro noso decir no informe que iríamos pola beira esquerda, un simple matiz direccional, xa que non hai paso por esa marxe esquerda debaixo de dita ponte ( é obrigatorio o paso pola marxe dereita). De feito os veciños e veciñas dos barrios desa zona dixéronnos que por esa marxe dereita ía un antigo camiño que se utilizaba para ir ós 2 antigos muíños e lavadoiro que alí se ubicaban e tamén para subir ó centro do pobo (adxuntamos captura de Sigpac con esa parte do tramo 6 do cambio de  coloreado).



Adxuntamos algunhas fotografías dos 6 tramos donde se pode ver cómo queda a senda e o rio despois do traballo executado. Creemos que as fotos falan por si mesmas e a verdade é que tanto a xente do pobo coma os visitantes están a demostrar grande gratitude e respeto por ver como está quedando o noso rio e dando folgos para conseguir, por fin, ter a senda que chegará ó mar.



Asociado a este último desexo, que é o mesmo da nosa asociación dende que comezamos co proxecto, queremos trasladar a vontade de continuar limpiando o tramo 7 de maleza, silvas e a arboleda morta e seguir abrindo a desexada senda. Obviamente, e tal e como fixemos estes meses, respetando as limitacións e pautas que nos indiquen dende Augas de Galicia e sabendo que é zona inundable e protexida por Rede Natura, por suposto ( en época de choivas e auga non lle daremos uso á futura senda e así o comunicaremos nas redes sociais correspondentes, a través do concello, a vostedes, etc). Por esto queremos saber en qué condicións nos permiten rematar esta primeira fase do proxecto e chegar ó mar, ou nos fagan saber si facendoo como ata agora estaríamos no correcto. Por certo, todos os donos e donas de fincas que dan ó rio neste tramo 7 queren limpiar eses matoxos e silvas para ver limpias as fincas, volver a ver o rio (practicamente non se ve a auga de tanta silva que hai) e poder pasear ata o mar, ofrecéndose a traballar con nós ese 4 dias que duraría a limpeza do tramo. E sería o noso desexo que algún técnico do seu departamento viñera supervisar o traballo nesta zona máis “sensible”, daríanos confianza e seguridade. Serán 4 sábados de traballo dos meses de marzo e abril que lles comunicaríamos con antelación. 



A continuación enumeramos unhas accións complementarias e requerementos a modo de melloras do proxecto que lles queremos comunicar e que acometeríamos nesta primavera unha vez rematemos esta fase de limpeza e apertura da senda :



  - Ampliar nuns 500 m o tramo 1 (dende onde comezamos o proxecto e cara ó sur, cara ó nacemento do rio) o traballo de limpeza e apertura de senda que estamos a facer ( adxuntamos zona marcada en cor no plano do Sigpac 1 ).



  - Repoboación de arboleda e vexetación autóctona en diferentes puntos da senda no tramo 5.Esta laboura está enmarcada nunha actividade colaborativa co CEIP de San Miguel de Reinante, na que alumnos e alumnas do colexio serán os protagonistas desta repobación, cunha perspectiva de educación medioambiental que iremos desenvolvendo co profesorado e alumnado de dito centro (e dentro do programa de educación medioambiental Voz Natura). Adxuntamos localización deses puntos de repoblación no plano de Sigpac 2. ·




 







 

    



 



       























 

    



 



       










sábado, 9 de febrero de 2019

Disputa "nabal" na Veiga de Preguntoiro



Polo ano 1783 xurde un conflito na freguesía de San Miguel; un conflito entre dous bandos de veciños cos seus correspondentes lideres, os cales se arrogaban a representación da maioría dos labradores involucrados no asunto. Uns defendían unha innovación, unha nova forma de aproveitar mellor as terras que labraban na Veiga de Preguntoiro, pero non era só iso, trataban de solucionar unha  necesidade;  o outro grupo defendía a tradición, “la inmemorial costumbre”, o que se fixo sempre, pero non era só iso, trataban de defender o interese propio do grupo.
Unha pequena parte de Preguntoiro na actualidade.


Non foi un tema menor, pois o litixio pasou de San Miguel aos órganos xudiciais de Mondoñedo e non conformes con estes, houberon de apelar a mais alta instancia do Reino de Galicia: A Real Audiencia da Coruña. Nos fondos da Real Audiencia, no Arquivo do Reino de Galicia, gárdanse o expediente deste preito, aos cales tivemos acceso de forma presencial gracias ao servizo público que presta o Arquivo e a amabilidade do seu persoal.

A Veiga de Preguntoiro e mais a de Vilachá teñen abonda extensión como para pensar que mais valía un mal acordo que un bo preito, pero as antigas costumes utilizadas como razón, ou como escusa, levaron aos veciños de San Miguel pola segunda opción.

Neses tempos, estas veigas de contra o mar eran traballadas por veciños de Salxende, San Miguel e San Pedro, (San Pedro sempre aparece nos escritos cando o tema trata de Salxende, pois varias casas do barrio pertencen a parroquia de San Pedro). A costume era cerrar os accesos a toda a veiga con cancelas, para que non puidera entrar o gando ceibe desde novembro a xullo que se labraban cereais: trigo, centeo, cebada e aveas; logo quedaban en abertal, con acceso libre para pasto y guarida de ganados, serventías de entradas y salidas, até o mes de Abril do ano seguinte que se plantaba millo con fabas para recoller en outubro cerrando o ciclo, para, en novembro volver a plantar os cereais. Eran dous cultivos: cereais, e millo mesturado con fabas.

E como xurdiu o problema?. Pois cando varios veciños, posuidores ou levadores de terras nas veigas de Preguntoiro e Vilachá,  trataron de introducir un cultivo que nunca se labrara nesas terras: Varios veciños  de San Miguel decidiron sementar NABOS NA VEIGA DE PREGUNTOIRO!. Sementar nabos nos meses dos  invernos que a terra quedaba improdutiva, nabos “para el consumo de animales y de humanos”,  e iso trocaba a rotación de cultivos e o uso tradicional das terras, sería preciso cerrar as entradas da veiga, dende Salxende a Figueirido, e non se podería soltar o gando libremente a pacer, cousa que prexudicaba ós veciños que vivían máis cerca, ós veciños de Salxende; e tamén impediría o paso libre dos carros cargados de ouca para abono das terras.

Salxende na actualidade lugar de procedencia de dous dos implicados.


Non se trataba dun cultivo novo no pobo, de feito unha das acusacións que se facía aos veciños de Salxede era que eles xa plantaban nabos noutras terras:
...segregado, separado y cerrado del cuerpo de dichas dos vegas lo mejor y mas principal de las tierras que en ellas tenían, con el fin de sembrar y coger ellos con independencia, según lo hacen de algunos años a esta parte...

En 1783, cando chegou o mes de setembro, varios labradores amparados por un auto do Alcalde Mayor(1)  da Cidade de Mondoñedo -Don Andrés Antonio Aguíar y Montenegro rexidor perpetuo y alferez maior que haze de Alcalde Maior en esta dicha ciudad por no lo haver en propiedad- preparáronse para sementar nabos nas terras de contra o mar, rompendo pactos non escritos que veciños de Salxende invocaban para non permitir os cambios. Estes, explicábano cos seguintes argumentos, nas alegacións que presentaron por medio dos procuradores Don Antonio Moreda Ruiz y Somoza e Don Juan de Castro y Neira, nos órganos xudiciais de Mondoñedo e Andrés López de Couto na Audiencia da Coruña.

 Alonso Gómez vezino de la feligresia de San Miguel de Reinante y Luis Blanco vezino medianero(2) de ella y de la de San Pedro de Benquerencia, que hazemos por lo que nos toca, y a los más moradores del lugar de Salgendes en que vivimos que se compone de diez y ocho vezinos, unos feligreses de San Miguel, otros de San Pedro y otros de ambas parroquias, por los cuales nos obligamos y presentamos la suficiente caución ante Vs. como más bien aia lugar decimos, que en términos de dicha feligresía de San Miguel ay una vega llamada de Pregontoiro, contigua a las riberas del mar que es de mucha extensión en la que labran y benefician diversas tierras, no sólo los vezinos del citado lugar de Salgendes, sino también los de Benquerencia, San Miguel y Santiago de Reinante y otros, para cuio cultivo se valen de la olga y estiercol de la mar que sale a los sitios de Moledo, Area Longa, Cabana, Castro, Carreiros, Pasada, Corbeira, Lóngara y otros para cuios sitios ay distintos caminos y entradas en dicha vega, sin que àiga mas cancelas que en una parte, en la cual siempre se siembran los frutos de manoxo y el de maiz, sin que jamás se ejecutase de nabos […] sin atender a lo cual y a la inmemorial posesión  y costumbre de un acuerdo, y con fin torzido solamente por Bartholomé Remior, o uno de sus consortes,(3) que en todos no exceden de seis cuando los de los otorgantes pasan de ochenta […] acudió ante el Alcalde Mayor de esta ciudad, (Mondoñedo) y pudo conseguir auto con multa y apremio para que se conservase dicho fruto de nabos que es de corta estimación y obligan a todos los demás a que cerrasen la tal veiga […] nosotros y nuestros consortes con los más que labran bienes en la misma vega, hemos continuado la posesión ynmemorial en que estábamos y nos àllamos de usar de ella, así para el pasto de los ganados, como para sacar en los motivados sitios la olga, conducirla a las heredades, hararlas y cultivarlas [...] sin la menor contradizión hasta àora de próximo, que por algunos, mui pocos, de los de la citada de San Miguel, se discurrió sembrar nabos en algunas mui cortas porciones de la misma vega, que todas ellas no compone diez ferrados en sembradura, llevando toda ella más de tres cientas o quatrocientas anegas, con cuio motivo tienen dispuesto cerrar de piedra todas las heredades de ella por donde se acostumbra conducir los estiércoles de la casa y del mar impidiéndonos, y a nuestros consortes, esta serbentía y el pasar con toda libertad y sin ympedimento a arar y beneficiar nuestras propiedades, y por consiguientes el pasto de los ganados.

Pedían tamén unha causa sumarísima, que se resolvese polo método máis rápido posible, “como así se recomienda en derecho”, dado que de prolongarse aumentarían os danos causados por privalos do acceso á veiga, e do pasto do gando até o mes de abril en que empece a labranza do millo, porque non tiñan outro sitio onde apacentalos a non ser nos montes altos, pastos que ós de Salxende lles quedaban algo a contramán.

...sin que tengamos otro sitio ni baldío en que apacentarlos, sino tal cual de los montes altos a distancia de más de un cuarto de legua el más cercano, que por congostas estrechas han de ir y volver para las casas, con el riesgo de ofenderse unos a otros los mayores, acometerlos y herirlos especialmente a los menores lanares y de cerda, los perros de algunos lugares de dicha feligresía por donde  expresamente han de transitar, y con el de encontrarse con carros cargados que por no poder retroceder, es preciso que lo hagan los mismos ganados hasta algún sitio ancho y libre en que puedan detenerse hasta que aquellos pasen, cuyos daños, que siendo menester también justificaremos, se nos deben reparar...

Pois eso, quedan expostas as razóns dos veciños de Salxende. E quen eran os opoñentes?. Veciños que non vivían no lugar de Salxende, como os irmáns  Bartholomé, Miguel e Basilio de Rimior,  Francisco Gallo, Don Antonio de la Rocha, Gabriel da Telleira, Miguel do Couto... representados por Bartholomé Fdez. Rimior, que por suposto, tamén se arrogaba a representación  dos preto de oitenta veciños que tiñan leiras nas veigas de contra o mar. Asistidos tamén por escribán e os procuradores Don Julian de Beiras y Romay, Don Antonio Barros e Don Francisco Estaban de Santiago rebatían tales razoamentos explicando que de calquera maneira as veigas de Vilachá e Preguntoiro xa tiñan que ficar pechas durante catro meses tódolos anos con labrar só cereais e millo.
En la feligresía de San Miguel de Reinante a veintiséis días del mes de octubre, año de mil setecientos ochenta y tres, ante mi, el escribano y testigos, Bartholomé Fernández Rimior, vecino de ella dixo, que en sus términos, el sobredicho y más vecinos de que se compone, y cuyo número ascenderá o alcanzará el de ochenta, poco mas o menos, labran y benefician, además de las tierras acortiñadas de junto a sus casas, las vegas nombradas de Vilachá y Preguntoiro para su subsistencia, manutención, la de su familia y ganados, contra de pagar la renta a los respectivos dueños de la propiedad de unos y otros fundos, sembrando en una de dichas vegas trigo, centeno, cebada y avenas en los meses de noviembre y diciembre y recogiéndose  en últimos de julio; y en la otra, no menos se siembra por el de abril, fruto de maíz y habas que se recoge por el de octubre, unos y otros a la continua en cada un año [...] hasta que, en la que se hubiese cogido el insignuado fruto de trigo, centeno, zebada y abenas se siembre el maíz y habas; y en la que se recogiesen estas dos semillas, igualmente se siembren aquellas cuatro o cualquiera de ellas; de manera que, en cada un año forzosamente a un mismo tiempo, se benefician y permanecen cerradas las dos vegas en los cuatro meses de abril, mayo, junio y julio de cada año sin arbitrio de poder hechar ni apastar en alguna de las dos ningún género de ganado, a menos que sea de los mayores como son buey o vaca o caballería, con persona o pastor que cuide de que no destroce o cause perjuicio al fruto, como se hace en los más sembrados y cortiñas de esta feligresía;  manteniéndose apartados en interín todos los ganados ovejunos de ella en
los montes comunes que la pertenecen...

Tamén xutificaban a necesidade de aproveitar mellor a terra para producir mais, para o seu sustento e para aumentar a crianza de gando maior, que eso resultaría vantaxoso, non só para cada individuo en particular, si non para o ben común da freguesía enteira. Freguesía que si facemos caso as declaración dos mesmos había aumentado a sua poboación moito nos últimos anos. (aumento que coincide co gran desenrolo demográfico de España e de Galicia no século XVIII, segundo os primeiros censos oficiais.)

 ...por aumentarse desde poco más de veinte años a esta parte más de otros tantos edificios, cáñamas y hogares, y cuasi doble número de vecinos, siendo indispensable por esto mismo cultivar con afán las tierras y aprovechar los frutos que son capaces de producir...

Tiveron que ser días de moito movemento os de setembro e outubro de dito ano, e non só no plano xudicial, contratando procuradores, escribáns, alegando, contra alegando... e incluso, tratando de  recusar o dito Alcalde Mayor de Mondoñedo porque  “como no es de letras, y por consiguiente ignorante de todos los medios legales”... Tamén as cancelas e as paredes que tiñan que cerrar a veiga sufriron os efectos das decisións que se tomaban, con xuíces ou sen eles, á luz do día ou con nocturnidade. O gando dos veciños de Salxende campaba ó seu aire polas terras de Preguntoiro e Vilachá sin pastor alguno, según así es notoriamente visible. Relatan os partidarios de Bartholomé Rimior que ao devandito auto xudicial permitindo o cerre, respondía Luis Blanco no propio escenario dos acontecementos:  

... con notoria, manifiesta ignobediencia, altanería y desacato a los preceutos de Justicia, diciendo en público concurso al algualcil que notificó el mandato, que aunque estaba a su cargo por este año la cierra de la Boqueira de la Vega de Preguntoiro llamada do Pereiro, primero había de consentir que le enterrasen vivo en ella que convenir en cerrarla, sin que fuese bastante a contenerle el respecto de la Justicia...

Actitude que consideraban debía ser castigada para que non se estendera o exemplo

...porqué deben ser con severidad castigados para evitar que otros a su imitación y exemplo vulneren y dejen de prestar a la justicia la obediencia, respeto y veneración que se merece...

 Era mediados de setembro, e co mandato xudicial a boqueira cerrouse... pero por pouco tempo, aos dous días estaba derrubada, vólvese a cerrar e denúnciase no xulgado, vólvese a derrubar, o Alcalde Mayor manda a San Miguel xuíz e escribán para que investiguen quen son os transgresores, e que ditasen providencia para que permanecese cerrada, pero ante o pasmo dos denunciantes ...

...en bed de executarlo así el citado juez, dándose las manos con el Luis Blanco, se acompañó para la execución con Francisco Martínez, escribano y compadre de este, que no dio paso útil en el asunto, ni procuró que se cerrase dicha boqueira.
No tira e afrouxa a Veiga de Preguntoiro permanecía cerrada ou aberta segundo o esforzo, a habilidade e os medios  que cada parte utilizaba para defender o cerre ou abertura das boqueiras. Así chegamos a finais de outubro de 1783, cando os representantes dos veciños de Salxende, moi descontentos coa actuación do Alcalde Mayor da cidade de Mondoñedo, ao que acusaban de no querer oir a mis partes como le está mandado, por medio dos seus procuradores piden a nulidade do actuado ante a Real Audiencia do Reino de Galicia sita na Cidade da Coruña.  

...porque todo esto conbenze la nulidad de todo lo actuado, no por mera ynoranza del Alcalde, sino por malicia mui perjudicial a los intereses de mis representados...

1. La de los alcaldes ordinarios era la primera instancia judicial. La segunda instancia era la de los cargos de alcaldes mayores, corregidores o gobernadores, mientras que la instancia superior era la de la Real Audiencia. (Wikipedia)

2. Medianero é o nome co que se denominaban veciños e casas de Salxende que, como aclara no escrito pertencen as dúas parroquias, San Miguel e San Pedro; quizabes porque os lindes eran discutidos, xa desde séculos pasados, polos curas de ambas parroquias. Este termo tamén o encontramos nos libros da parroquia cando se producía un nacemento, un casamento ou unha defunción nesas casas.

3. O termo consorte é empregado, como facilmente se pode deducir, como a/s persoa/s que comparte a sorte (terceira acepción do dicionario da RAE) e non como cónxuxe.


viernes, 11 de enero de 2019

As Visitas Pastorais dos séculos XVII e XVIII un reflexo da vida

O pasado oito de decembro, visitou a nosa parroquia monseñor Luis Ángel de las Heras Berzal, obispo da diócese Mondoñedo -Ferrol.
De seguro esta visita quedará na retina de moitos feligreses, como quedaron gravadas moitas das visitas pastorais feitas ao longo dos séculos.
Antigamente, estas visitas eran de vital importancia, nun mundo no que a vida xiraba íntimamente ligada á relixión . Era fundamental asistir a aquelas visitas pastorais, e máis importante, aparecer nas fotografías tomadas que servían para recontar quenes asistiran, eso cando apareceron os primeiros fotógrafos claro.
Estas visitas quedaban rexistradas nos libros de fábrica parroquiais. Libros nos que se anotaban as reformas feitas nas ermidas, igrexas…, os custes, as aportacións económicas dos feligreses… e claro, as visitas realizadas polo señor obispo, que na forma de mandatos, deixaba recollidas :reformas que se debían acometer na parroquia, así como deben asistir os feligreses á igrexa…
Cando comezamos nesta andaina, acudimos principalmente aos libros de fábrica para  recoller datos das capelas do Santo Estevo e do Carme, xa que era a única maneira de saber da súa historia, daí que principalmente teñamos recollidos mandatos sobre esas dúas capelas, aínda así algún que outro chamou a nosa atención polo curioso.
O primeiro que enunciarirei data do ano 1690 sendo párroco don Gregorio Fernández Vidal e o obispo Miguel Quijada.
   Neste mandato en concreto o señor obispo do momento trala súa visita, manda facer obras no templo parroquial, que posiblemente sexan as obras que lle deron a forma e o tamaño que a igrexa tivo ata comezos do 1920 (aproximadamente) que é cando calculamos que comezou a construción do torreón de cantería que suxeita o campanario diante da porta principal.
Aspecto da igrexa parroquial antes da construcción do campanario


Construción do campanario
Consideraba o bispo que o templo non lucía acorde ás riquezas dos veciños, e ínstaos a executar obras de reforma pagando a escote según as súas posibilidades económicas, o rico como rico e o pobre como pobre baixo ameza de excomunión.
As obras consistirían en elevar a capela maior xa que está máis baixa que o resto da igrexa, blanquear as paredes.

"Otrosí por cuanto habiendo estado personalmente Su Ilustrisima en la parroquia de dicha feligresía de San Miguel de Reinante y visto ocularmente que la Capilla Mayor de dicha iglesia estaba muy indecente así de Retablo, imágenes, como las paredes, altura y edificación de ella, por ser mas baja dicha Capilla Mayor que el cuerpo de la iglesia, haciendo por esta razón grande disonancia y fealdad para estar colocado el Santísimo Sacramento en ella con la veneración y culto posible, por lo menos, a los caudales de los vecinos de dicha feligresía. Por tanto mandaba y mandó Su Ilustrisima que dichos vecinos a su costa, por no tener caudal la Fábrica, levanten la dicha capilla y la pongan igual y de la misma altura que tiene el cuerpo de dicha iglesia, blanqueando sus paredes de suerte que estén limpias y con la decencia debida; y para executar esta obra por el menos coste que se pudiere, mandaba y mandó Su Ilustrisima que el dicho Don Gregorio Fernández Vidal, cura de dicha parroquia, con intervención de dicha feligresía llamen maestros y pongan cábalas, para que se remate en el que por menos coste se obligare a hacer la dicha obra, y para su satisfaccíón y coste, el dicho cura con asistencia de tres o cuatro personas, en la manera que se acostumbra, haga repartimiento de la cantidad en la que se ajustare la dicha obra entre los dichos feligreses y vecinos de la dicha feligresía, repartiendo al rico como rico y al pobre como pobre lo que le correspondiese de manera que no se haga agravio, y después de hecho el dicho repartimiento cada uno pagará lo que le fuere repartido dentro de dos meses, para que dentro de seis meses, que se contarán desde la publicación de este auto mio y dicho término, esté fenecida, hecha y ejecutada dicha obra y cada uno de los feligreses, por lo que les toca, cumpla lo aquí mandado dentro de término señalado hecho dicho repartimiento, so pena de excomunión mayor latae sententiae con apercibimiento, y siendo omisos en su cumplimiento pasado dicho término, el dicho cura avisará de los que fueran omisos, para que contra ellos se despache ministro que les compela a la paga."
 …
Nunha visita posterior, o obispo rectifica e no canto de que paguen está obra na súa totalidade os feligresía, ordea se retiren os cartos de dúas confrarías para sufragar os gastos, a razón desa decisión queda para a nosa imaxinación…

No mandato número 13 o bispo advírte de que na diócese e concretamente na nosa parroquia había xente que practicaba a adivinación para atopar cousas roubadas ou perdidas a través de formas sobrehumanas…

… se halla informado que reinan en esta Diocesis algunas adivinaciones para descubrir las cosas perdidas o hurtadas queriendo saber lo que por fuerzas o diligencias humanas no se puede alcanzar, en que precisamente ha de intervenir pacto explícito o implícito con el demonio como también en las vanas observaciones bastantemente usuales y que se practican para procurar la salud de hombres, mujeres, niños, animales con remedios impropios, de palabras supersticiosas que no tienen natural virtud para sanar las dolencias a que se aplican, y asimismo que en algunas partes prevalece la superstición mágica con que varias mujeres dejadas de la mano de Dios se valen del demonio para ofender y hacer daño a nacionales, brutos y sembrados. Por tanto manda Su Ilustrísima, en virtud de esta obediencia, (?) pena de excomunión mayor latae sententiae, al cura y otras cualesquiera personas que tuvieren noticia de estos torpes, feísimos y abominables abusos, procuren corregirlos y no siéndoles posible ni enmendándose los delincuentes darán cuenta a Su Ilustrísima para que apliquen los medios mas convenientes y eficaces para su corrección y enmienda…
Tamén sorprende neste mandato a costume de entrar naqueles momentos á igrexa con 0espuelas entre outras …

“Que ninguna persona entre en la iglesia con espuelas, pelo atado ni escopeta pena de un real para la primera vez y a la segunda dos para la fábrica y . . .(?) de mayor castigo.

Ademáis o bispo dalle poder ao párroco a que obrigue aos testamentarios herdeiros de calquer difunto a que para dispor do seu funeral dende que morre o familiar deben entregar o testamento ou memoria do defunto para non “demorar” os desexos do testamentario, que implicaría a celebración dunha serie de misas na súa memoria e fagan as doazóns á igrexa estipuladas no testamento.
“Que el cura obligue a los testamentarios o herederos de cualquier difunto a que para disponer su funeral, luego que expire el paciente le entreguen el testamento o memoria con que murió, para que por su flojedad o desidia no se retrasen los sufragios y de la omisión y repugnancia que en esto tuvieren los referidos herederos o testamentarios,


No ano 1703 temos unha nova visita pastoral na que entre varios mandatos destacaría tres deles polo curiosos que resultan. .
O primeiro deles é unha denuncia que fai o bispo de algunos pais que deitan aos nenos de curta idade con eles na cama ocurrindo certas fatalidades e prohíbe que se fagan estas prácticas ata que os nenos cumpran polo menos catro anos –ameaza con pena de excomunión e multa de douscentos maravedíes, e  sobre todo, que despois de pasados os 7 anos tampouco os deiten con eles. Non fala nada desta idade en diante.
nenos na catequese a comezos do século pasado

Tamén fai referencia á necesidade de facer un muro alto para evitar que o gando entre tanto na igrexa como no adro poñéndo unha cancela, este muro sería costeado e feito polos propios feligreses.
Neste ano fai referencia ao mal estado da capela do Santo Estevo indicando que se debe poñer unha porta con chave

Nun mandato datado do 1743,Don Gabriel Pérez Liciana prohibe aos párrocos da diócese contratar criadas menores de 40 anos. Imaxino que sería considerado indecente.

 Sendo obispo don Alejandro Sarmiento de Sotomayor no ano 1751,envía ao pobo como visitante  ao Capelán don Manuel González Traveso o cal, trala súa visita entre varios mandatos:ordea que non se debe dar misa na capela do Santo Estevo baixo multa ao párroco que celebre o oficio dado o estado indecente desta capela, na que non se celebrará o oficio ata que se poña cerradura á porta e se repoña todo o necesario para celebrar os oficios relixiosos.
capela do Santo Estevo co seu negrillo
Así mesmo ordea repoñer o caliz da capela da Nosa Señora do Carme antes de seis meses ,recebar as paredes da igrexa parroquial en catro meses.
Fai referencia á Escola da Obra Pía enunciando varias reformas que se deben facer de inmediato na escola como, levantar a chimenea, cambiar a pechadura, poñer dous encerados e vidrieiras nas contraventás antes de seis meses.

Dous anos despois, o 10 de agosto de 1753 visita a parroquia Don Carlos Riomol y Quiroga sendo párroco don León da Fraga. O primeiro que advirte o señor obispo é que non se executaron ningunha das obras indicadas e ordea se realicen inmediatamente, de non realizarse estas obras manda tumbar a capela do Carme dado o seu estado indecente levando as imaxes á igrexa parroquial. Do mesmo xeito indicaque se cumplan os mandatos feitos anteriormente sobre a capela do Santo Estevo que está moi indecente e sen chave na porta Pide aos feligreses que cubran o altar de teito e que  doten a capela do necesario para celebrar o sacrificio, e que se non cumplen o mandato que a manden tumbar en seis meses..
Prohibe ademáis  dar misa nas capelas antes que se celebre a misa da igrexa parroquial, posto que os feligreses non asisten á misa da parroquia asistindo aos oficios celebrados nas capelas.

O bispo nesta ocasión tamén visitou a Escola da Obra Pía e atopou que na sala onde debían impartirse as clases, estaba chea de camas e otras cousas que non correspondían a aquel lugar se non ao cuarto. E ordea ao párroco que saque todo aquelo da sala e que a dote de bancos para escoitar.

 Os mandatos respecto ás capelas do Carme e o Santo Estevo repítense ao longo do tempo 1755, 1758, 1763 ata que por fin se ve reformada a capela do Santo Estevo. A capela do Carme como podedes intuír,  caeu no esquecemento e foi destruída.As súas imaxes foron á igrexa parroquial, aìnda non podemos determinar o ano exacto no que ocorreu posto que nos arquivos parroquiais non está rexistrado, polo menos antes do 1810.

Hai moitos máis mandatos, claro q sí! Pero non desexo ser moi extensa no meu artigo e a parte mandatos recentes non resultan tan curiosos.

Agradecemento especial ao Arquivo de Mondoñedo que tanta axuda nos está prestando.