Praza do Souto

Praza do Souto

jueves, 16 de febrero de 2017

Os bailes

Os  tempos de antes, aínda que duros polas múltiples carencias e os moitos sacrificios polos que pasaron os nosos antepasados, foron tempos sans nos que o mesmo traballo era fonte de alegrías. Eran os  tempos da esfolla, as mallas, momentos para a reunión, as cantigas, os cantos e as bromas, pero, pese aos múltiples traballos, gardaban un tempo para o lecer, para o baile do  domingo e dos días festivos.
TIRABEQUE
Non temos a data exacta de cando foi inaugurado o primeiro baile no pobo. Si estamos en poder asegurar que o baile máis antigo do pobo foi o  celebrado no Salón de Tirabeque, que tamén tiña aparte sala de billar. Algún tempo despois, Antoña de Marcelino abriu unha sala de baile no centro do pobo.
            Consultando o periódico “El eco de San Miguel” do ano 1918, aparecen anuncios destes dous locais, anuncios que se presentaban tremendamente atractivos:
 “Casa Tirabeque, acreditada fonda y tienda de comestibles y ultramarinos. Billar. Esta casa tiene la particularidad de servir el mejor café. Hay salón de Teatro y Baile.”
“Para evitar la gripe. Tomad café y licores en  Casa Tirabeque y así no tendréis nada que temer. El que apenas se registren casos de la misma obedece a que la gente del pueblo toma café y bebidas en esta casa”, rezaba un anuncio en “El Eco de San Miguel” en setembro dese ano. Ao parecer, en outubro xa non o puideron repetilo por mor da epidemia de gripe que arrasou un mundo con 40 millóns de mortos, e incluso tiveron que pechar a escola ese mes debido aos numerosos casos de gripe.
“El que desee pasar la tarde de los domingos y días festivos algo divertida… tendrá que visitar el Salón de Marcelino. Allí podrá disfrutar de la amena conversación de las más simpáticas jóvenes de San Miguel. Así que no hay nada que esperar… “ (“El Eco de San Miguel”, xuño do 1918).
Como xa dixemos anteriormente, Francisco Moreda (Tirabeque) foi o primeiro en organizar bailes no pobo. Concretamente o seu local  estaba no que posteriormente sería o Baile de Don Julián.
En agosto de 1918, “El Eco de San Miguel” anunciaba que o Tirabeque, que permanecera cerrado por un período curto de tempo, volvería abrir as súas portas en setembro tras un cambio de local, concretamente a onde está na actualidade.
  “El acreditado industrial de este pueblo, don Francisco Moreda, tiene el gusto de participar  a su numerosa clientela y al público en general que en el próximo mes de setiembre inaugurará su nuevo establecimiento de café y billares. El salón también estará dotado de material nuevo y tendrá también nuevas dos mesas de billar”.
Concretamente neste salón, o 5 de xuño do 1932 os rapaces do pobo organizaron unha velada teatral na que representaban dúas pezas: unha feita por Inocencio González (mestre, colaborador en varios periódicos do pobo e avó dos Mesos) e despois interpretaron outra peza chamada “La Niña de la Bola”.
Cando pechou como salón de baile, permaneceu durante moitos anos traballando como  bar.



Casa Tirabeque

SALÓN DE MARCELINO
O Salón Marcelino, máis coñecido como “as Marcelinas”, é o segundo salón de baile máis antigo.  Pertencía ás chamadas Marcelinas, e coñecíanse por ese nome porque seu pai chamábase precisamente Marcelino e as descendentes todas foron mulleres.
Antoña abriu este local  como salón de baile e rexentábao con man dura, non dubidaba en poñer no seu lugar a calquera home que pretendera facer algo ilícito no local.
Aparte de baile, o local tiña unha pequena taberna e un local para xogar ás cartas.
OS BENITOS
O 29 de xuño de 1933 o local pasa a ser levado polos “Benitos”: Benito Rodríguez e Benito Martínez (Benito de Marcelo e Benito das Marianas) que tras o seu periplo por América decidiron probar sorte no pobo.
         Así era anunciada esta inauguración no “Riberas del Eo”:
”El día 29 se ha inaugurado en este pueblo, y en el Salón Nuevo, un nuevo piano a manubrio, construido en los talleres Linares de Barcelona dotado de un afinado Jaz-ban y con un variado repertorio de los bailables más modernos”.
Este local, aparte de celebrar os bailes dos domingos e os festivos tamén, ofrecía periodicamente obras teatrais.  O 6 de xuño do 1934 os rapaces do pobo organizaron unha velada teatral na que interpretaron dúas obras: “Doña Claridades” e a obra de Curros Enríquez “El padre Feijoo”, así coma un par de diálogos e uns monólogos. Deste xeito deducimos que  os bailes contribuían  non só ao lecer dos nosos  avós, senón  que tamén contribuían  a espallar a cultura no pobo.
Os Benitos rexentaron este local ata o ano 1941 cando é traspasado a Antonio Mosquera  Otero, pasando a ser ata o fin dos seus días “Casa Mosquera”, ou dito por calquera sanmiguelense de pro, “Cas Mosquera”.
Antonio Mosquera Otero nacera na casa de Rosgaina, sendo o menor de seis fillos. Como moitos outros mozos do pobo, marchou para Cuba  e foi membro da Sociedade Hijos de San Miguel y Reinante.
Este  novo negocio, en realidade  eran catro, posto que era ultramarinos, ferraxería, taberna e salón. A tenda de ultramarinos e a ferraxería estaban ao fondo, e a taberna á man dereita segundo se entraba.
O primeiro que fixo Antonio cando colleu o negocio foi cambiar o mostrador que había por outro de madeira de mármore que imitaba a adega cubana na que el traballara.
Entre o mostrador do ultramarinos e a taberna había un paso que levaba á trastenda onde nun tempo se xogaba ás cartas.
O ultramarinos e a taberna estaban separados do salón de baile por un tabique de madeira que tiña no medio unha porta  que daba paso ao salón.
Cando se entraba no salón, á man dereita atopabamos cun moble para o tocadiscos e os discos  e, encima da porta, había unha plataforma na que estaba o órgano ou o chamado piano jazz-band, empregado nesta época para amenizar as veladas. Ao fondo, á dereita, estaba o palco para as orquestras  e nesa mesma parede, máis ao centro, un gran espello invitaba  ás raparigas a retocarse. Dende  este lugar anunciaban as orquestras que tocarían nos días seguintes.
Rodeaban  o salón, pegados ás paredes, bancos corridos nos que as mulleres máis maiores  se acomodaban vixiando aos danzantes.  Arriba destes bancos, uns ganchos de madeira e metal ofrecían servizo para pendurar os abrigos.
            Nos tempos de Mosquera, os domingos e festivos bailábase ao son do xiradiscos e, se se ía a luz, algo moi habitual, o organillo amenizaba a velada. O organillo tiña un tambor claveteado con dez pezas e cando remataban, volvían repetirse as cancións.
Nos días de feira ou durante as festas do San Rosendo, trocaban o xiradiscos por orquestras dos arredores: “Radio Jazz”, “Os Petos” co seu cantante Manolo Gil, “Os Mindonienses”, ”Monterrey”, “Os Ismaeles”…
Entre os últimos bailes que tiveron lugar nesta sala, chegados xa tempos mais modernos, actuou no Salón Mosquera un conxunto de corte moderno, tres guitarras, batería e órgano, que rompía coa tradición orquestral e musical do local. O grupo cun nome moi á moda anglófona da época, chamábase “The Breaker's” e estaba composto por cinco rapaces de Ribadeo. Entre eles, tocando a batería, viña o noso conveciño Luis Vieites.
Antonio Mosquera no seu bar. Foto cedida polos seus familiares.
Na porta, Antoño ou José de Rosgaina cobraban aos mozos. As rapazas e os nenos non pagaban. Benito de Marcelo botáballe unha man no organillo e Benito das Marianas ou de Martín, axudaba a servir.
Os rapaces  ían primeiro aos bailes que había nos pobos limítrofes e remataban a noite de festa no Mosquera.
Chegaban os máis acaudalados en bicicleta; os que non tiñan bicicleta, a veces traían a pinza colgada no pantalón simulando un descuido. As rapazas, vestidas de festa,antes de chegar ao Souto escondían as zocas ou zapatillas e cambiábanas polos zapatos. Algo bastante normal por mor do estado dos camiños naqueles tempos sen luz, sen asfalto e, moitas veces, enlamados.
 As rapazas bailaban entre elas ata que chegaban os mozos a separalas solicitándolles un baile… ou dous.


Remataba o baile á media noite avisando á xente cun apagado e acendido da luz. Os encargados da porta procuraban facer que este corte de luz fora algo prolongado para que os mozos, na escuridade, se puideran despedir fóra  de miradas indiscretas.
Como anécdota, destacar que unha noite, cando  Antonio e a súa dona se ían deitar tras rematar o baile, chegou Salvador (pai do Trini) para que lle abriran o local xa que o seu fillo non chegara e estaban moi preocupados a ver se o rapaz quedara alí. Efectivamente, cando abriron a porta o Trini durmía placidamente debaixo do palco.
O salón de Mosquera, pechou as portas no ano 1969. Aínda que deixou de facer  baile, seguiu mantendo o seu carácter social  facéndose aquí os cursos do PPO, clases, lugar de xogos…
A taberna  e o ultramarinos seguiron  funcionando ata o  31 de decembro do 1999 cando Mercedes Mosquera, Merceditas para todos os que a coñecemos, se xubilou.


Información aportada por Mercedes Agulleiro Mosquera



O BILLAR
En xuño do ano 1918 aparece un novo salón de Baile que convivirá co salón Marcelino e o Tirabeque durante un tempo. Será o Billar de Julián Díaz Moreda.
En breve se darán por terminadas las obras que viene realizando el propietario Don Julián Díaz Moreda, ínitmo amigo nuestro en las casas donde se hallaba antes instalado el Salón do Billar de Tirabeque, barbería y almacén de Abraido”. (“El Eco de San Miguel”, xuño de 1918).
Don Julián Díaz foi outro dos moitos emigrantes do pobo. Emigrou a comezos de século xunto con seus irmáns José Ramón e Antonio rumbo á illa caribeña.
            Alí en Cuba fixo algo de fortuna traballando na Berbena, a típica tenda de ultramarinos. Don Julián, como foi coñecido por todos, contribuíu enormemente ao fomento da cultura no pobo xa que xunto a seus irmáns, foi un dos socios fundadores da “Fundación Hijos de San Miguel y Reinante”, fundación á que tanto se lle debe neste pobo.
            Cando volveu a Galicia decidiu montar un negocio xunto a seu irmán José. Entre os dous compráronlle a Francisco Moreda, o local no que el comezara a facer os bailes con anterioridade a Casa Tirabeque..
Tiña dúas mesas de billar francés, de carambola. A base destas mesas era de pizarra pulida cuberta por un pano verde. Non se deixaba xogar aos nenos, e aos principiantes dábaselles a mesa máis gastada e os tacos máis deteriorados.
Había tamén unha máquina para arranxar os tacos dos paus que viñan dotados cunha zapata plana de coiro nunha punta. Este coiro adoitaba despegarse polo que requiría que o meteran nesta máquina para axustar a zapata.
O Billar, foto aportada por Antonio Díaz, neto de Don Julián.

No ano 1933 pecha as súas portas durante un curto período de tempo para reformar as instalacións, reabrindo o 13 de xaneiro do ano 1934 como Salón Casino
Funcionaba o billar como bar a diario, sendo moi coñecido polo seu café. Xente de Mondoñedo, A Veiga, Ribadeo… achegábase ao pobo para disfrutar do baile e do café, aínda que tamén servían viños “Cesa”, “Savín” ou “Coes” e mais cervexas “Sinalco”, das que o representante era Eliseo, o “Dula”, que foi promotor posterior da cooperativa Castillo San Damián.
Non sabemos cando cerrou as súas portas como baile. As hemerotecas do momento non o recollen. O salón de billar funcionou ata o ano 1954 e o bar ata o ano 1974, xa en mans do seu fillo Virgilio.


O Billar dende fora.



O LICEO
O máis “recente dos bailes” foi o Liceo.  Que foi fundado por Ramón Abraído xunto coa súa primeira dona, Amadora.
Anunciaba a súa apertura no periódico “Las Riberas del Eo”  na súa edición do 17 de xuño do 1933:
El pasado día 13 se ha inaugurado un nuevo salón de baile que lleva por nombre Liceo. Una numerosa concurrencia premió con sus aplausos a su propietario el comerciante de este pueblo don Ramón Abraído al que deseamos muchos éxitos en su nueva empresa.”
          O Liceo, ademais de baile, era sala de cine. Primeiro facían o baile e logo despois poñían a película. O Liceo era un baile de renome e prestixio,  incluso algúns afirman que ao Liceo ía a xente con máis poder adquisitivo daquela época.

Ramón Abraído e a súa dona Estrella Rocha.
“Continúan en este moderno salón las proyecciones cinematográficas, todos los domingos, con mucha animación.
Por tal motivo, felicitamos sinceramente al empresario señor Abraído, que sin regatear esfuerzos ni mirar sacrificos está poniendo a San Miguel a la altura de muchas poblaciones.” (“Las Riberas del Eo”, 13 de xaneiro de 1934).
            Albergou grandes eventos da época como a famosa actuación do tenor Valeriano G. Abraído, sobriño do propietario, ou actuacións de corais, como Cantigas da Mariña, e algunha que outra peza musical.
 “El concierto del domingo. Como habíamos anunciado en nuestra reseña anterior , el pasado domingo, y en el Salón Liceo ha tenido lugar un concierto de canto y música primero a cargo del tenor Abraído, y la segunda a cargo de la señorita Blanca Maseda, de D. Antonio Pérez. El selecto público que asistió al acto, ha sabido premiar con sus aplausos la labor de los artistas que con gran acierto, han sabido ejecutar el selecto programa de obras nacionales y extranjeras.”
Imaxes do Liceo cedidas por Dori Abraído, neta de  Ramón Abraído.






Imaxes de Ramón Abraído (fillo) e a súa dona (abaixo) no ambigú do Liceo.






OS ANOS DE GUERRA E J.BARIL
Durante os anos da guerra os bailes suspendéronse. Sen embargo, no barrio dos Campos, e de forma non organizada, celebrábanse pequenas veladas. Algunhas mozas tocaban a pandeireta ata que chegaba Jota Baril co seu violín e a súa compañeira Visita que o acompañaba co bombo: “Dúas no bombo e unha no aro, e agora dúas no aro e unha no bombo.”
            Manuel Martínez Chao, máis coñecido como Jota Baril, foi un artista do pobo que, aínda que moi descoñecido para os máis novos, os veciños  que o coñeceron recórdano con moito cariño. El compoñía pequenas pezas musicais que posteriormente vendía nas distintas feiras e festas á que acudía. Moitas pezas eran cantares de cego que relataban sucesos acaecidos polos arredores, polo que, á hora da súa interpretación, moitas veces pechaba un ollo a modo de cego. Deixábase ver polo pobo máis ben chegado o inverno, xa que no verán ía de festa en festa.
A xente bailaba ao son das súas pezas e solicitaba unha e outra vez a interpretación dalgunha “jota” aclamando: “Toca outra jota, Baril”. Deste xeito chegou a nós como Jota Baril. A historia deste home resulta tremendamente interesante, polo que máis adiante dedicarémoslle un artigo.


JOANGO
Xa no ano 1969, o un de marzo, abre a sala de festas “Joango”,  rexentado por José Andrade González, que poucos anos despois fecharía as súas portas vítima do progreso e a modernidade que levaba á xente nova ás salas de festas como o Bahía de Foz ou Rosa Lar de Ribadeo. A xuventude  ía sacando carné de conducir e adquirindo coche o que  permitía desprazarse máis facilmente ata chegar a Burela, onde había grandes bailes nos anos 70 con dúas salas de festas funcionando, e ata Viveiro, onde había outras dúas que competían en presentar cantantes famosos do momento como Víctor Manuel, Los Tres Sudamericanos ou o mesmo Julio Iglesias.
Joango,  como as outras salas de festa do contorno nos anos setenta,  sempre ofrecía   música en directo con orquestras ou cos típicos grupos musicais dos setenta. Entre os que actuaban nesta sala estaban “Los Valles” e “Los Mejoranos” do Valadouro,  entre os que se encontraba o tristemente desaparecido músico Arcadio Mon, ou “Corazones Jóvenes”, de Ribadeo.
Nesta sala tamén se celebrou durante varios anos a gala de elección de mises en San Miguel,organizada polo empresario lucense Garalva.
mozos na Sala Joango, foto cedida por Faustino González Recalde.


PUB POPEYE
O 2 de xullo do 1977, no antigo taller de costura de Baamonde, Jose Antonio Fernán dez González (Popeye para todos) e Delfina González Martínez (Fina) abriron un bar ultramarinos. O dìa da inauguración, fora un éxito total tan so se lles esqueceu aos xoves propietarios ter en conta onde botar os cartos. Solucionaron o problema cunha caixa de zapatos que serviu como rexistradora nos primeiros meses... No 1984 abriron ao público a horta da casa reconvertida en terraza . Foi a orixe do Pub Popeye local de lecer da maioría da rapazada do pobo nas noites de verán, coa súa pereira presidindo a horta, o seu futbolin...
Á esquerda antigo taller Bahamonde, lugar onde despois se abriu o bar ultramarinos Popeye e posteriormente o pub.
Imaxe cedida por José Fernández.
O  Popeye pechou as súas portas no 2015 pero bueno... aínda queda a esperanza de que volva abrir non?

Tardaría algúns anos en abrir o Cinema no antigo cine Rimar, pasando a chamarse posteriormente Metro, Sala Boss e, na actualidade, Sala O Que Che Dixen II, xa moi lonxe estas salas do son do organillo de manivela propio dos bailes de comezo de século.





Hemeroteca: Faustino González, Francisco Teijeira e Xoan Manuel Díaz.

miércoles, 18 de enero de 2017

San Miguel un pobo de muiñeiros

“Vengo de moler morena de los molinos de arriba,
Vengo de moler morena de los molinos de arriba
Dormir con la molinera ole olé
No me cobra la molida
Que vengo de moler morena”

Co paso do tempo costa crer que este pobo de San Miguel fora un pobo de muiñeiros por excelencia. Temos os vestixios de varios destes muíños e nalgún caso a tremenda sorte de poder admiralos aínda que en mal estado de conservación.
Dende a Barranca, do rego do mesmo nome  ou o  Río Vello de nome popular, partía o Río Pequeno. Este era unha canle feita pola man do home, pola man dos antepasados para mover máis dunha ducia larga de muíños.
Esta canle tiña unhas dimensións  de 50-70 cms de fondo e unha dimensión  semellante de ancho.
Na Ferrería dende a casa de Marcos o río discorría por un leito feito encima dun paredón de pedra e terra que na parte mais alta chegaba a ter ata 2 metros de alto, isto era para darlle á auga a altura suficiente para mover un antigo muíño cuxas ruínas estaban no camiño que leva da estrada da Barranca ao río Vello.
                                   
                                   

                                                Muiños da Ferrería

Como di ao refrán "á fonte e ao muín sempre vai o máis ruín" polo que moitas veces ían os cativos da casa levar os sacos de gran.
 O muiñeiro botaba  o gran na muxega e este baixaba pola carraca cara a  pedra ou moa que era a encargada de relar o gran de trigo ou maíz.
A fariña unha vez relada quedaba recollida no caixón ou bombo.
A moa ou pedra era movida grazas á auga que baixaba pola canle, esta auga  facía mover o rodicio (peza baixo a auga que tiña áspas) . Para dar máis ou menos forza de auga ao rodicio había unha pequena trampilla que regulaba a cantidade de auga, o pecho.
A pedras nunca podían estar lisas  porque deste xeito non machucarían o gran polo que había que  picalas. Sacábanse do seu lugar grazas aos chamados apeadoiros que levantaban a pedra do seu sitio e deste xeito poderían picarse. Estas pedras nalgún caso procedían de Santander tal e como nos contou Fernando de Barreira.

 A mediados do século pasado a maioría  dos muíños particulares só servían para gardar os apeiros de labranza e outros trastes das casas a que pertencían e os que funcionaban facíano para moer por conta allea o trigo e o maíz que os veciños levaban para poder facer posteriormente o pan.
Os últimos muíños que se recordan moendo no pobo foron o de Ramón do Chaparro en Entrerrios, que nos últimos anos tiña motor eléctrico, o do Xastrón na Barranca,o da Cerdeira que levaban Tomás  do Neneto e Victorina do Rinlego noSouto e  o de Rocha en Pumarín.
           









            Muíño de Ramón en Entrerrios un dos últimos que se recorda moendo no pobo.





Había varios muíños dalgúns, so quedan as ruínas, outros  afortunadamente seguen en pe.
 Arriba do barrio da  Barranca, subindo o curso do río no medio do monte,  aínda existen as ruínas de tres muíños, os muíños da “Barranca de Enriba”
Dende a Barranca para abaixo tiñan muíño as casas de Barreira, Xastrón, Antón, Miranda, Avelino e o de  Marcos.
 Na Ferrería atopamos tres: o  de Marcelino, o de Gerardo e o de Francisco dos Martices,
Seguindo, en ruínas hoxe en día, atopábamos o muíño da Parcería, o de Ramón moi ben conservado,  o de Vitorina de Tomás do Neneto, o de Pacencia (hoxe perfectamente restaurado) o do Zarrulleiro (en ruinas), o de Rocha, o de Couso e o muíño do Merlín, a este último, ía sobre todo xente de Salxendrez xa que lles cadraba moito máis cerca que calquera outro.
Aos muíños no só se levaba o gran a moer; o muiñeiro tamén vendía fariña do gran que xuntaba conta do pago por usar o muíño, é dicir cando, el verquía o gran na moxega, cunha medida (maquía) sacaba o que lle pertencía segundo a cantidade  que lle levaban a moer. Chegábase a buscar fariña aos muíños de Celeiro de Mariñaos que era dos mais grandes da contorna ou aos de Esteiro. Con esta fariña facíase o pan na casa, aqueles  que tiñan forno. Mais tarde, entregábano a unha das tres panaderías que traballaban no pobo para que cocese e fixese as pezas de pan de ata catro quilos, pagando por elo ben en moeda ou cunha parte da fariña.
Tales panaderías eran a do Maeso (La Espiga de Oro) nas Pasadas, a de Xesús Dorado en Nogueiredo ou La Carruza que sendo de Benquerencia todolos días repartía o pan antes do xantar cun camión ata a Devesa.
Non resulta descabelado chegar a pensar que varios destes muíños teñan unha antigüidade de  máis de 200 anos.
Nunha escritura de venta do ano 1675 que fai Salvador Menéndez  faise referencia a un muíño ubicado no lugar do Curro en San Miguel falará do muíño do Zarrulleiro en Triana?.
“ Con mas el directo dominio y propiedades del molino do Curro sito en San Miguel de Reinante, que lo vendió Juan Domínguez de Fondós, vecino de Santiago de Foz a Don Juan Pardo Taboada y a Doña Isabel su mujer por escrituras de venta, la una pasó por tesimonio de Pedro Valea de Montouto, su fecha en 16 de diciembre de 1618 y la otra  ante Domingo Rodríguez Bermudez en 30 de mayo de 1620 con la pensión de una misa perpetua que se debe en la Iglesia de dicha feligresía de San Miguel y por que se paga de limosna en cada año al cura de ella cinco reales y medio el cual dicho molino llevan en foro perpetuo Domingo López Alvelo y Isabel Fernández su hermana, mujer de Juan Dorrego, vecinos de San Miguel y pagan el canon y pensión en cada una doce ferrados de trigo y un carnero de dos años conforme a la escritura de foro que hizo el dicho Don Juan Pardo a Juan Fernández Alvelo y pasó por testimonio del dicho Pedro Valea de Montouto, su fecha 20 de mayo de 1621”


Tamén  atopamos referencias  antigas do muíño de Couso, aínda que nas escrituras atopadas faise sempre referencia a éste como o muíño do lugar de Meigode.
Con data do 12 de xullo de 1744 dous irmáns Carlos e Gaspar Acevedo Pardo Taboada (donos do pazo)  dispútanse as pertenzas que quedaron á morte de súa nai María Josefa Pardo, aquí atopamos as primeiras referencias a este lugar.
“  pieza de heredad Cortiña que se halla pasado el río de junto a dicha casa, sembradura de seis ferrados que al presente labra Domingo de Oria según se alla sita donde dicen Meigode y testa por la parte de abajo con dicho rio y por la de arriba en la presa de dicho molino =  mas otra pieza de heredad y tojal sembradura de doce ferrados poco mas o menos que llevan por renta los herederos de Bartholomé Dourado según testa por el poniente en dicho rio viejo y camino que viene de los Campos de Pousada para dicha casa y por el levante en el balado y pared que la divide de la Cortiña de Juan Sánchez.......
                                                                           
                      Muíño de Couso, un dos muíños con máis historia no pobo

O muíño do Merlín, moi ben conservado aínda hoxe en día, tamén ten a súa historia. Soubemos da súa historia a raíz dunha reclamación de dúas fincas e unha permuta pola metade dunha casa pertencente tamén a Juan Acevedo (propietario da casa do Pazo de Pumarín) que levaba o párroco León da Fraga o 29 de outubro do 1764.
“ asimismo es propio y perteneciente a este dicho Monasterio, dos heredades sitas en la mesma feligresía y Veiga de Vilachá de ella, sembradura entrambas de siete ferrados … fue demandada a los causantes del propio, Don Juan de Acevedo,  la otra a los de Don Balthasar Menéndez, de las cuales se halla legítimo poseedor (o mosteiro) … donde pendió el pleito que ejecutó el presente escribano ejecutor, y de ellas se hallaba poseedor Don León da Fraga, cura y rector propio de la expresada feligresía y de la de Santiago de Reinante, …, por virtud de foro del poderhabiente (?) de dicho Don Juan de Acevedo y permuta del mencionado Don Balthasar Menéndez, que lo han ejecutado en la suposición que eran libres propias de los sobredichos, siendo incierto por seren de este propio Monasterio y como tales hállanse  condenados a su restitución…, al tiempo que han otorgado los instrumentos de foro y permuta a favor del referido cura, y este había hecho una casa en la permutada y además de ello una zanja para sacar el agua del rio que le servía de confin por la parte del poniente, y llevarla a un molino y batán que hiciera en heredad del mismo Don Juan de Acevedo, y sobre de que dicho cura levantase la casa y cerrase la zanja por donde corría el agua al molino y batán fabricado en heredad de dicho Don Juan de Acevedo, hubo cuestión y reconociendo éste como igualmente dicho cura los perjuicios que se le seguían porque, de tapearse la mencionada zanja se perdía el molino y el batán”
                 

                                                   Muíño do Merlín
Estes non son os únicos muíños dos que temos referencias antigas.
Lendo o Catastro do Marqués da Ensenada, datado do 1749, no referente aos muíños fariñeiros existentes no noso pobo, naqueles momentos 25, sitúan muíños xustamente en  lugares nos que aínda hoxe atopamos muíños ou restos dos mesmos.
No lugar da Barranca tan só aparecía inventariado naqueles momentos un só muíño que pertencía a Don Francisco Prieto Pasaron.
No catastro, fálanos do lugar da Ferreira, ¿referirase á Ferrería que todos coñecemos? Pode ser, xa que  aparecen reflectidos curiosamente tres muíños aquí: de Francisco Alonso el da Ferreira y consorte; Salvador Rodríguez  e o  de Vicente Alonso el da Ferreira
En“Tras dos Ríos”  quizais Entrerrios? Aparecen varios:  un de Alonso Prieto Pasarón el do Souto y cónxuxes , outro de  Don Gabriel de Soto y consortes, o de  de Caietano Gonzáles Trabieso, será un deles o muíño da Parcería?
No lugar chamado da Cerdeira,  Don Balthasar Moreda tiña un muiño e  Francisco Gonzáles de Balsa y consortes tiña outro, serán os muíños que hoxe  coñecemos polos Muíños da Cerdeira?
  En   Pumariño aparecen catalogados os muíños  de Don Francisco Gonzáles de la Rocha, o muíño propiamente de  Pumariño y consorte, o de Juan Pérez veciño de Santiago de Reinante y consorte e outro  ao que se lle atribúe a propiedade ao  Mosteiro de Vilanova de Lourenzá.
Algúns , dos muíños dos que nos fai referencia o catastro, aparecen en lugares nos que en teoría non pasan ríos, polo que sospeitamos que poderían ser de vento como no lugar da Granda que pertencente a Bernardo de Balsa González, en Casal de Yta e consortes, na Comporta propiedade de Francisco Alonso el da Ferreira e por ultimo dous nas Pasadas: un pertencente a  Don Balthasar Méndez  e outro  a  Juan Antonio Alonso
Varios dos muíños inventariados neste catastro, non sabemos o lugar xeográfico exacto xa que por desgraza toponímicamente non conservamos eses lugares.
No lugar chamado Bibeiro (sospeitamos que sería arriba da Barranca )mencionan varios muíños un  pertencente  de Francisco Alonso da Ferreira  e consortes, outro de   Gregorio Fernández Andrade, el do Souto e consortes;   outro que pertencía a  Gabriel do Rego e por ultimo un  pertencente a Vicente Alonso el da Ferreira.
No lugar chamado  de Barañego había un muiño que pertencía a   Don Balthasar Moreda veciño de San Pedro de Arante.
No Meixo  Gaspar Acevedo, propietario do pazo de Pumarín, tiña un muíño.
 E no  lugar denominado  dos Tarros (?)  posuía un muiño Juan Antonio Sánchez y consortes.
Tampouco sabemos onde se sitúa o  Carbeiro pero aquí tiña un muíño Pedro Pita el da Aspera y consortes.

Botando unha ollada ao pasado muiñeiro deste pobo, non se pode evitar sentir unha certa nostalxia ao observar o estado actual dalgún destes muíños. Esperemos que pronto poidamos velos sen silvas e maleza polo menos para honralos e recordalos como se merecen.





                         

domingo, 18 de diciembre de 2016

Os Espigueiros

OS ESPIGUEIROS
Hoxe non falarei de grandes voces no ámbito musical como foi Valerianito ou Tito González, nin de importantes filántropos que deixaron un gran legado para o pobo, nin de familias nobres ou heroes anónimos que partiron cara África
Nestes días próximos ao Nadal posiblemente a gran maioría das casas teñen o seu pino engalanado como a data o indica, antigamente ese pino íase buscar ao monte, recordo que meu avó sempre collía un que estivera moi cerca doutro para que polo menos un dos dous se lograra, curiosamente sempre acertaba en traer dos xemelgos o máis retorto e máis feo … pero  tamén despois falaríamos ao longo de todas as festas da árbore fea que trouxera Benino… pero hoxe non falarei  de nada diso, creo que a época do ano a merece  e falo desa xente humilde que no tempo da fame se botou aos montes recoller pinas para despois vender no mercado.
Foi nesta época cando se comezou a nomear aos de Foz chicharreiros, en Ribadeo os señoritos e en San Miguel... Os Espigueiros!.
Resulta estraño o termo Espigueiro xa que no pobo non se denominan espigas ás pinas, nin sequera é un termo que se empregara nos lugares nos que recollían pinas habitualmente os nosos homes e mulleres... a razón  puidera ser porque antes desta práctica a xente de escasos recursos recollía as espigas de trigo no denominado momento do rebusco...
Foron moitas as familias espigueiras unha delas foi a de  Camilo López e Rogelia Rocha que tiveron unha estensa familia de catorce fillos dos que tan só a maior deles Marina seguíu o oficio xunto co seu marido Eladio Pacios de todos coñecido como o cachelo. Os do Corello Florencio e Narciso Lende ( Nene), os de Pelaio Pedro, Plim,Malei, Gerardo de Amelia Tatá e Amelia .. os de Eloi, Domingo Soto ( o Caseto), Jesús Leiro García e a súa familia os do Pereiro ou Ramón Piñeiro Sandalio, moi coñecido tamén pola labor de limpador de traxes, e xa na última década os fillos de Demetrio, os Mesos aínda que a eles recordámolos máis por ir ao mar que ao monte.
Pedro de Pelaio

Os nosos Espigueiros nos inicios apañaban as pinas en montes de Cabarcos, Insua, San Xusto… nos que xente de boa fe lles deixaba incluso  tamén se trasladaban ata Budián, San Acisclo, Santa Cecilia...
 A carga nos primeiros tempos era transportada en burriños e incluso con algún saco ao lomboe a pe, aqueles que tiñan carro  eran afortunados incluso aproveitaban para traer unha carga de leña ou de palla. Xa nos últimos tempos cargaban as pinas nun camión que ía para Lugo e tan só lles cobraba o porte.
Cando apañaban por San Acisclo, Budian... parte do cargamento xa se ía vendendo polo camiño.Unha parte quedaba  no restaurante de Palmira en Vilaronte, e outra  descargábase na Espiñeira. O resto apearíase na casa de Don Vicente ( hoxe a casa de Tastás) e nas galerías do Souto esperando o día de mercado en Ribadeo, que daquela a parte de celebrarse en mércores como ata agora ( con Feira porcina), tamén se celebraba os domingos.

No día de mercado saían a lombo do seu burro ou a pe ben cedo ( as seis da madrugada) nun tempo sen ningún tipo de alumeado podemos imaxinar o que podía ser, sobre todo para as mulleres espigueiras (e non espigueiras )que saían solas buscar o sustento e que relatan o moito medo que pasaban ...
Unha vez que chegaban á vila vendían o seu produto ao mellor prezo.
 A veces valíanse dalgunha pequena trampa como colocar as pinas máis grandes e abertas polos lugares do saco visibles, ou humedecíanas para que pesaran un chisco máis e sacar algo máis. Trala venta repartían as encargas polas casas da vila cos sacos ao lombo.
Nos anos sesenta sacar un peso por un saco de pinas daba para moito para ir ao baile, tomar uns viños e incluso pagar un coche entre varios para ir a Mondoñedo para o cine poucas veces chegaba nos contaba Valentín  López, o noso Valente, un dos últimos espigueiros.

Como xa dixen foron moitos os Espigueiros do pobo. Un deles foi Eladio Pacios, Eladio do Cachelo, xunto coa súa dona Marina, del curiosamente gardamos bos recordos grazas á memoria dos veciños que o coñeceron.
Contan que nun día de moita choiva o bo de Eladio foi a Ribadeo coa súa carga de pinas, o mercado moi bo non fora e as  súas madreñas durante a  viaxe a pe  acabaran de desgastarlle os calcaños dos chapos de la, polo que as zocas lle caían. Buscando remedio, decidiu tirar pola punta do chapo, que lle quedaba grande, ata darlle a volta ata o calcaño de forma que se lle axustara e a zoca non caera.
Eladio Pacios xungo á súa dona Marin e a súa filla Carmelina
O remedio resultou ata que tocou ir repartir un encargo.  Alá foi coincidindo na porta cunha veciña que ía levar froita. A señora da casa dende arriba da escaleira berrou- ai Eladio é mellor que saques as zocas que teño a escaleira  fregada e sube polo lado... Eladio por suposto quitou as zocas e subiu por un lado e baixou polo outro lado  cos chapos encharcados de tanto que chovera. Cando chegou ao fondo da escaleira co reparto feito, a veciña que vira os feitos dixolle- Pero Eladio, subiche por un lado e baixache polo outro manchachelle toda a escaleira. Ao que Eladio respondeu- Deso nada,subín polo meu lado dereito e baixei polo meu lado dereito. Non sabemos qué opinaría a señora dende que viu o resultado, sí sabemos que Eladio foi moi ben mandado.
Contado así moitos pensarán que era tarefa  sinxela apañar as pinas o que poucos pensariades é que puidera algún perder a vida neste empeño xa que non só recollían as pinas tiradas se non que tamén  trepaban ata o máis alto dos pinos recoller o prezado tesouro, incluso se algún pino estaba próximo a outro saltaban dun pino a outro.
 Foi precisamente nunha destas manobras cando o noso xa coñecido  Eladio caeu dun pino nun monte cerca de Cabarcos, os compañeiros trasladárono tendido nunha escaleira ata o pobo. Despois Elisardo de Castañolas,que era dos poucos que tiña coche en San Miguel, trasladouno  ata Lugo. Alí permaneceu durante varios meses inmobilizado. Disque que durante o seu ingreso prometeu que se saía do paso  levaría as festas do corpus, e así o fixo tan pronto recuperou. Levando posteriormente esas mesmas festas  durante moitos anos.
A maioría dos lectores non recordamos esta época relatada unha época na que o día a día era unha continua loita por sobrevivir e ter algo que comer. Nestes días ao carón do pino engalanado recordemos aos nosos Espigueiros xente humilde, forte e ante todo loitadora.



PROXECTO RIO


















Onte tivemos a primeira charla informativa de cara á posta en práctica do noso proxecto de recuperación do rego da Barranca.
Suso Latas expliounos pormenorizadamente o que sí podemos facer e o que non así coma todos os por qués. Dende os Espigueiroa agradecer o interese que se está poñendo no proxecto.








Fotografía Andrés Bourio, cartel Carlos Baamonde Bermúdez

jueves, 24 de noviembre de 2016

Venancio Santar




Venancio Santar Abraido

“En la casa del que esto escribe se custodia una hermosa sobrecarta ejecutoria de hidalguia de la carta ejecutoria expedida el 8 de agosto de 1497 a favor de Alvar González de la Casa solar de Santar de San Miguel de Reinante del cual descendia nuestro padre Don Agustín Lence Santar.
Alvar era nieto de otro Alvar González dueño de la Casa Santar, quien con la nobleza de Galicia, llamada por el rey Juan II asistió a la guerra de Baeza contra los moros”

 D. Eduardo Lence Santar y Guitian (Mondoñedo 1873-1960)



Encontramos varias ramas da familia Santar nos últimos séculos ademáis da de San Miguel, como por exemplo en Cabarcos ou en Mondoñedo. Descendente da familia Santar foi tamén o persoaxe do que nos ocupamos, Venancio Santar Abraído, ese nome que sempre vimos gravado na lápida central do bonito panteón de granito e vidreiras emplomadas, que preside un espazo destacado no cemiterio de San Miguel de Reinante. Non econtramos en cambio testimonios vivos que nos conten algo da sua historia, mais aló de que foi o persoaxe que doou o cemiterio, co convencemento, na maioria dos casos, de que foi un cura da parroquia.

Venancio Santar naceu en 1844 en San Salvador de Piñera (Luarca), feito que quizais se debera a profesión de seu pai. Era fillo de Fernando Santar (médico ciruxán), e neto de Alonso Santar (escribán), os dous de naturales de San Miguel de Reinante. A sua nai foi Josefa G. Abraído, natural de Taramundi. En 1864 á morte do pai, sabemos que eran seis os fillos que este deixaba: Clemente en Puerto Rico, e Venancio e Jesús en la Habana; en compañía da viuva, na sua casa de San Miguel de Reinante, quedaban as tres irmás Escolástica, Carmen e Vicenta.

O resto do coñecemento que temos da sua historia chegóunos gracias a hemeroteca, pois o seu legado fixo escribir mais dunha páxina de prensa, e algún que otro auto xudicial.
“ALMANAQUE GALLEGO”, publicación nacida en Arxentina a finais do século XIX dirixida polo lugués Manuel Castro López, adícalle un artigo, e fala del como El Filántropo D. Venancio Santar Abraido.
(...) era amante de la  ilustración, la poesía y, naturalmente, además de la propia, las lenguas latina, francesa e inglesa; en su testamento ordenó destinar 40.000 reales a la construcción de un nuevo cementerio en su parroquia.


En xullo de 1905 “ DIARIO DE PONTEVEDRA” facíase eco dunha noticia procedente de Lugo que titulaba “TESTAMENTO FAMOSO”, e comenzaba decindo:

"Hace ocho años falleció un acaudalado propietario, procedente de Mejico y vecino de San Miguel de Reinante.
Dotado de generosos sentimientos y en su afán de hacer algún bien positivo a su pueblo natal, dejó dispuesto que a su muerte, “despues cumplir y pagar todo lo ordenado, del sobrante que resulte de la liquidación, venta y redondeo de todos mis intereses, instituyo por mis únicas y universales herederas a cien muchachas honradas que se encuentren entre los quince y los treinta años de edad escogiendo entre las más pobres y necesitadas; de la parroquia de San Miguel de Reinante sesenta, y las otras cuarenta, también de las mas pobres y necesitadas, de la parroquia de San Pedro de Benquerencia”.

Como albaceas testamentarios han sido designados varios señores de marcada significación y respetabilidad, tanto por los cargos públicos que algunos desempeñan cuanto por la posición social que todos ocupan.


Venancio Santar morreu o 4 de agosto de 1898 en Puente Viesgo (Cantabria) aos 54 anos de idade solteiro e sin descendencia, e a pesar de que as suas intencións eran claras, sete anos despois, parte do seu legado estaba por cumplir. Aos dous anos do seu pasamento xa se había buscado un terreo axeitado, cumprido cos trámites eclesiásticos e gubernativos e comezaban a fabricarse os nichos do novo cemiterio. En octubro do 1900 faciase o primeiro enterramento, coa  oposición dalgunhos veciños próximos, que nunha carta ao gobernador rexeitaban a obra alegando razóns de saude pública.

Non aconteceu o mesmo coa disposición final do seu testamento. En xullo de 1905 os albaceas nomeados a pesar da respetabilidade que a noticia lles atribuía, non habían feito nada por elexir as mulleres que serían beneficiarias do legado de Venancio Santar. A noticia de prensa seguia decindo:
(...) que por las circunstancias especiales que entraña esta cuestión, por el grave y transcendental carácter que reviste y por la condición misma de las personas que intervienen en ella, no es necesario decir que está llamando la atención y que llegará sin duda a dar juego hasta en  los mismos tribunales de justicia, donde se halla ya el oportuno expediente”
Non temos noticia de cal foi o remanente don bens de Venancio Santar Abraído, pero sí de que o reparto levóuse a cabo, non sin certas diferenzas de criterio a hora de elexir as cen beneficiarias, porque en novembro de 1909, 11 anos despois da sua morte, “EL CORREO DE GALICIA” recolle unha noticia de tribunais dictando sentencia
(...) en el pleito seguido por el Juzgado de Ribadeo por Antonia Rodríguez Rico sobre nulidad de la lista de herederos de D. Venancio Santar Abraído y reconocimiento a la demandante del derecho a figurar en la aludida lista.
Os restos de Venancio Santar Abraído foron exhumados e trasladados desde Cantabria o día 3 de novembro de 1905, para reposar no panteón que a sua familia edificou en lugar preeminente do cemiterio co que el agasallou ó seu pobo, para ben dos seus veciños.
Para rematar, cabe decir que na data do seu falecemento, vivian en San Miguel de Reinante duas irmás solteiras e dous sobriños, fillos dunha delas, e que por documentos que nos achegaron, e testimonio do único descendente vivo da familia que coñecemos, as casas donde viviron os últimos membros da familia Santar están situadas na praza do Souto de San Miguel de Reinante.

Venancio Santar




Venancio Santar Abraido

“En la casa del que esto escribe se custodia una hermosa sobrecarta ejecutoria de hidalguia de la carta ejecutoria expedida el 8 de agosto de 1497 a favor de Alvar González de la Casa solar de Santar de San Miguel de Reinante del cual descendia nuestro padre Don Agustín Lence Santar.
Alvar era nieto de otro Alvar González dueño de la Casa Santar, quien con la nobleza de Galicia, llamada por el rey Juan II asistió a la guerra de Baeza contra los moros”

 D. Eduardo Lence Santar y Guitian (Mondoñedo 1873-1960)



Encontramos varias ramas da familia Santar nos últimos séculos amais da de San Miguel, como por exemplo en Cabarcos ou en Mondoñedo. Descendente da familia Santar foi tamén o persoaxe do que nos ocupamos, Venancio Santar Abraído, ese nome que sempre vimos gravado na lápida central do bonito panteón de granito e vidreiras emplomadas, que preside un espazo destacado no cemiterio de San Miguel de Reinante. Non econtramos en cambio testimonios vivos que nos conten algo da sua historia, mais aló de que foi o persoaxe que doou o cemiterio, co convencemento, na maioria dos casos, de que foi un cura da parroquia.

Venancio Santar naceu en 1844 en San Salvador de Piñera (Luarca), feito que quizais se debera a profesión de seu pai. Era fillo de Fernando Santar (médico ciruxán), e neto de Alonso Santar (escribán), os dous de naturales de San Miguel de Reinante. A sua nai foi Josefa G. Abraído, natural de Taramundi. En 1864 á morte do pai, sabemos que eran seis os fillos que este deixaba: Clemente en Puerto Rico, e Venancio e Jesús en la Habana; en compañía da viuva, na sua casa de San Miguel de Reinante, quedaban as tres irmás Escolástica, Carmen e Vicenta.

O resto do coñecemento que temos da sua historia chegóunos gracias a hemeroteca, pois o seu legado fixo escribir mais dunha páxina de prensa, e algún que otro auto xudicial.
“ALMANAQUE GALLEGO”, publicación nacida en Arxentina a finais do século XIX dirixida polo lugués Manuel Castro López, adícalle un artigo, e fala del como El Filántropo D. Venancio Santar Abraido.
(...) era amante de la  ilustración, la poesía y, naturalmente, además de la propia, las lenguas latina, francesa e inglesa; en su testamento ordenó destinar 40.000 reales a la construcción de un nuevo cementerio en su parroquia.


En xullo de 1905 “ DIARIO DE PONTEVEDRA” facíase eco dunha noticia procedente de Lugo que titulaba “TESTAMENTO FAMOSO”, e comenzaba decindo:

Hace ocho años falleció un acaudalado propietario, procedente de Mejico y vecino de San Miguel de Reinante.
Dotado de generosos sentimientos y en su afán de hacer algún bien positivo a su pueblo natal, dejó dispuesto que a su muerte, “despues cumplir y pagar todo lo ordenado, del sobrante que resulte de la liquidación, venta y redondeo de todos mis intereses, instituyo por mis únicas y universales herederas a cien muchachas honradas que se encuentren entre los quince y los treinta años de edad escogiendo entre las más pobres y necesitadas; de la parroquia de San Miguel de Reinante sesenta, y las otras cuarenta, también de las mas pobres y necesitadas, de la parroquia de San Pedro de Benquerencia”.

Como albaceas testamentarios han sido designados varios señores de marcada significación y respetabilidad, tanto por los cargos públicos que algunos desempeñan cuanto por la posición social que todos ocupan.


Venancio Santar morreu o 4 de agosto de 1898 en Puente Viesgo (Cantabria) aos 54 anos de idade solteiro e sin descendencia, e a pesar de que as suas intencións eran claras, sete anos despois, parte do seu legado estaba por cumplir. Aos dous anos do seu pasamento xa se había buscado un terreo axeitado, cumprido cos trámites eclesiásticos e gubernativos e comenzaban a fabricarse os nichos do novo cemiterio. En octubro do 1900 faciase o primeiro enterramento, coa  oposición dalgunhos veciños próximos, que nunha carta ao gobernador rexeitaban a obra alegando razóns de saude pública.

Non aconteceu o mesmo coa disposición final do seu testamento. En xullo de 1905 os albaceas nomeados a pesar da respetabilidade que a noticia lles atribuía, non habían feito nada por elexir as mulleres que serían beneficiarias do legado de Venancio Santar. A noticia de prensa seguia decindo:
(...) que por las circunstancias especiales que entraña esta cuestión, por el grave y transcendental carácter que reviste y por la condición misma de las personas que intervienen en ella, no es necesario decir que está llamando la atención y que llegará sin duda a dar juego hasta en  los mismos tribunales de justicia, donde se halla ya el oportuno expediente”
Non temos noticia de cal foi o remanente don bens de Venancio Santar Abraído, pero sí de que o reparto levóuse a cabo, non sin certas diferenzas de criterio a hora de elexir as cen beneficiarias, porque en novembro de 1909, 11 anos despois da sua morte, “EL CORREO DE GALICIA” recolle unha noticia de tribunais dictando sentencia
(...) en el pleito seguido por el Juzgado de Ribadeo por Antonia Rodríguez Rico sobre nulidad de la lista de herederos de D. Venancio Santar Abraído y reconocimiento a la demandante del derecho a figurar en la aludida lista.
Os restos de Venancio Santar Abraído foron exhumados e trasladados desde Cantabria o día 3 de novembro de 1905, para reposar no panteón que a sua familia edificou en lugar preeminente do cemiterio co que el agasallou ó seu pobo, para ben dos seus veciños.
Para rematar, cabe decir que na data do seu falecemento, vivian en San Miguel de Reinante duas irmás solteiras e dous sobriños, fillos dunha delas, e que por documentos que nos achegaron, e testimonio do único descendente vivo da familia que coñecemos, as casas donde viviron os últimos membros da familia Santar están situadas na praza do Souto de San Miguel de Reinante.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

A guerra do Rif

Foto cedida por Nelly de Moreda.


DESPIDIÉNDOSE

"Han tenido la atención de visitarnos despidiéndose de nosotros los soldados de esta provincia Ramón Penabad y Modesto Flores, de San Miguel de Reinante; Juan, José y Antonio Rodríguez y Belarmino Iglesias, de Santiago de Reinante; el cabo Antonio Otero y el Soldado Francisco Edrosa, de San Pedro de Benquerencia; Antonio Vega Villaamil, de San Justo de Cabarcos; Tomás Barreira, de San Cosme; y Leandro Villarino Canto de Cillero de Mariñaos.
Que la suerte les acompañe a todos."

            Isto saía publicado en El Norte de Galicia o día 16 de agosto de 1921, pronto sentimos a curiosidade de saber qué destino levarían tan atentos mariñáns, se quedarían na península ou irían destinados a África (que así era como se clasificaba, en primeiro termo, o destino para facer a "mili" no exército de terra, en tempos non moi remotos).

            Non nos fixo falta camiñar moito, apartando a vista do recadro da nosa noticia, simplemente dando unha ollada á páxina enteira, comprobamos que ese día o tema militar acapara a portada do periódico e  polo relato que fai, a cidade enteira vive una xornada de patriotismo, adhesión e empatía co Exercito.
             "Momentos de verdadera emoción en Lugo.
La despedida tributada a la fuerzas fué una imponente manifestación de patriotismo"

            Tres días antes a autoridade militar de Lugo, remitiu escrito ao alcalde comunicándolle a partida, e este escribiu un bando que fixo colocar nun  dos lugares mais céntricos da cidade, pedindo que " el acto de despedida sea una grandiosa manifestación de amor a España y de cariño a los valientes soldados."

            Foron despedidos no cuartel de San Fernando por varias comisións cidadás que os agasallaron  coa recadación de varias colectas (entregadas ao xefe do rexemento) e outra composta por distinguidas damas lucenses, las cuales les repartieron tabaco, medallas y escapularios. 
Despois de vibrantes discursos patrióticos saíron en formación polo centro da cidade dirixíndose á estación do tren..." y un público numeroso victoreaba sin cesar a las tropas."

            Na estación foron despedidos tamén por numeroso e emocionado público de todas as clases sociais, emoción que se desbordou á hora de arrancar o tren aos acordes de la Marcha Real executada pola Banda del Regimiento.

            Era o domingo 14 de agosto de 1921, o Rexemento de Infantería Zamora nº 8 partía para África por ferrocarril as 17:34 horas, e con el os nosos veciños e outros moitos lucenses... MARCHABAN PARA A GUERRA DE AFRICA!!!.

            Un mes antes o exército español en África sufriu, ao mellor a derrota máis amarga da súa historia con mais de 12.000 mortos segundo os historiadores, ... Pero iso é outra historia; outra historia, que coa perspectiva dos anos trocaría o patriotismo, o triunfalismo e a emoción en indignación, vergoña e dor.

            Hoxe a información está ao alcance de todos. “Guerra de África 1921”,  “Guerra del Rif”, “Desastre de annual”, Abd El-Krim, “Batalla de Alhucemas”.


 Traballo de Campo de Faustino González Recalde